Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Avaliación do plan
-
Avaliación procesual: Haberá unha reunión trimestral do equipo de dinamización do plan dixital, máis outra nas datas previstas que finaliza cada un dos obxectivos do plan de acción para valorar o estado da execución das accións, as modificacións que haxa que realizar e a valoración dos resultados (nas outras 3 reunións.
-
A avaliación final, realizarase en xuño de 2023, na última reunión, onde se considerará a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
No claustro de inicio de curso (setiembre) aprobouse por parte do profesorado o plan dixital do curso 2022-2023. Acordouse facer as seguintes actuacións:
- Obxectivo: Converter a Aula Virtual nun instrumento de uso diario
- Durante o mes de Setembro e Outubro o profesorado fixo a proposta de actividades e as sube á aula virtual.
- A finais do mes de Outubro o alumnado realizou un par de clases nas materias de Tecnoloxía e Tics dedicadas a o uso da aula virtual.
- Obxectivo: Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital.
- No mes de setembro chamouse a UAC para realizar o cambio de aula de 2 pizarras dixitais. A pizarra dixital situada na aula de audiovisuais se instalaría na aula de primeiro da ESO, e a situada na aula de convivencia instalaríase na aula de terceiro da ESO.
- Obxectivo: Presentar traballos do alumnado en medios dixitais
- Durante o mes de novembro, o 80% das materias solicitaron algún traballo desde a aula virtual ao alumnado para presentar antes de que remate a primeira avaliación.
- Obxectivo: Crear repositorios en liña a través da Aula Virtual
- O profesorado comprometeuse a introducir durante a primeira avaliación apuntes ou material de ampliación na aula virtual para que o alumnado poda consultalo.
O día 20 de decembro reuníuse o equipo de dinamización do plan dixital para comprobar que obxectivos se acadaron:
- Obxectivo: Converter a Aula Virtual nun instrumento de uso diario
- AO1.1:Proposta de actividades na aula virtual: Este obxectivo dase por cumprido.
- AO1.2: Traballo coa aula virtual no centro para concienciar ao alumnado: Este obxectivo dase por cumprido.
- A01.3: O alumnado visita todos os días a aula virtual:
- Aínda que o alumnado non visita a diario a aula virtual, si que acceden polo menos dúas veces á semana.
- Durante a segunda avaliación seguirase traballando este aspecto.
- Obxectivo: Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital.
- A UAC non instalou os encerados dixitais. Síguese a espera.
- Obxectivo: Presentar traballos do alumnado en medios dixitais
- AO3.1:Presentación de traballos en Powerpoint: Ao alumnado explicouselle en varias materias durante o primeiro trimestre o uso de LibreOffice.
- AO3.2:Presentación dos traballos na Aula Virtual:
- O alumnado presentou polo menos un traballo en cada materia na aula virtual. Durante o segundo trimestre acórdase que polo menos presenten 2 traballos máis.
- Obxectivo: Crear repositorios en liña a través da Aula Virtual
- AO4.1: Recursos para a creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
- Durante o curso 2021-2022 fíxose un PFPP sobre a creación de recursos dixitais. Este PFPP é de 2 cursos, polo que sigue no presente curso.
- AO4.2: Creación de recursos dixitais
- O 60% das materias conta con información de consulta para o alumnado. Acórdase seguir traballando este aspecto durante a segunda avaliación.
- AO4.1: Recursos para a creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
O día 22 de Marzo reuníuse o equipo de dinamización do plan dixital para comprobar que obxectivos se acadaron:
- Obxectivo: Converter a Aula Virtual nun instrumento de uso diario
- A01.3: O alumnado visita todos os días a aula virtual:
- Aproximadamente o 40% do alumnado accede á aula virtual a diario
- Durante a terceira avaliación seguirase traballando este aspecto.
- A01.3: O alumnado visita todos os días a aula virtual:
- Obxectivo: Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital.
- A UAC non instalou os encerados dixitais. Síguese a espera.
- Obxectivo: Presentar traballos do alumnado en medios dixitais
- AO3.1:Presentación de traballos en Powerpoint: Este obxectivo dase por cumprido.
- AO3.2:Presentación dos traballos na Aula Virtual:
- O alumnado presentou polo menos dous traballos en cada materia na aula virtual. Durante o terceiro trimestre acórdase que polo menos presenten 2 traballos máis.
- A03.3:Posta en común dos traballos a nivel grupal: Acórdouse que durante o terceiro trimestre o alumnado faga exposicións orais de xeito grupal durante a clase apoiadas por traballos presentadas na aula virtual.
- Obxectivo: Crear repositorios en liña a través da Aula Virtual
- AO4.1: Recursos para a creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
- Durante o curso 2021-2022 fíxose un PFPP sobre a creación de recursos dixitais. Este PFPP é de 2 cursos, polo que sigue no presente curso.
- AO4.2: Creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido.
- A04.3: Publicación de recursos dixitais
- O 70% das materias conta con información de consulta para o alumnado. Acórdase seguir traballando este aspecto durante a terceira avaliación.
- AO4.1: Recursos para a creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
O día 14 de Xuño reuníuse o equipo de dinamización do plan dixital para comprobar que obxectivos se acadaron:
- Obxectivo: Converter a Aula Virtual nun instrumento de uso diario
- A01.3: O alumnado visita todos os días a aula virtual:
- Aproximadamente o 50% do alumnado accede á aula virtual a diario
- A01.3: O alumnado visita todos os días a aula virtual:
- Obxectivo: Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital.
- A UAC non instalou os encerados dixitais. Síguese a espera.
- Obxectivo: Presentar traballos do alumnado en medios dixitais
- AO3.2:Presentación dos traballos na Aula Virtual: Este obxectivo dase por cumprido.
- A03.3:Posta en común dos traballos a nivel grupal: Este obxectivo dase por cumprido.
- Obxectivo: Crear repositorios en liña a través da Aula Virtual
- AO4.1: Recursos para a creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
- AO4.2: Creación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido.
- A04.3: Publicación de recursos dixitais: Este obxectivo dase por cumprido
Conclusións:
- Como resumo, cumpriuse case todo o proposto para o plan dixital, a excepción do uso do encerado dixital, xa que non foron instalados e terá que esperarse ao ano que ven.
- Tanto o alumnado como o profesorado acostumouse a o uso da aula virtual. Durante cursos vindeiros seguirase traballando para aumentar os repositorios en liña e seguir na liña de que as clases teñan o apoio deste recurso.
Avaliación
Avaliación Procesual
Realizarase unha reunión trimestral para ver cómo avanza o plan dixital.
Realizarase unha autoavaliación por parte do profesorado responsable donde se valorarán os seguintes aspectos:
- Obxectivos acadados
- Obxectivos non acadados
- Problemas atopados
- Propostas de mellora
Durante o curso 2022/2023 acadáronse prácticamente todos os obxectivos do Plan Dixital. Sen embargo, debido a que seguimos á espera de que a UAC instale as pizarras dixitais nas aulas de 1º e 3º da ESO, non puido realizarse o punto 2 do plan de acción: "Familiarizar ao alumnado e profesorado co emprego do encerado dixital"
Aínda que se realizou un PFPP no centro no que participou unha gran parte do profesorado para a realización e seguimento do Plan Dixital no que se estivo formando no uso da aula virtual, aplicacións, uso de Linux e demais, bótase en falta máis formación de cara ao profesorado. Non estaría de máis unha maior oferta de cursos de formación en FProfe.
En canto as acreditacións en FProfe da competencia dixital do profesorado, hai moitas cousas que non se toman en conta como os estudios realizados, coordinación do Plan Dixital, etc. Ademais, cando lle das a buscar formación polo xeral non aparece nada.
A aplicación de "Educalidade", en xeral funciona ben, pero non estaba de mais aumentar o tamaño nas partes de redación, xa que queda especialmente pequeno.
Comunicación e difusión
- O plan de acción presentouse ao profesorado no primeiro claustro do curso. Tamén se presentou ao consello escolar durante a última reunión do curso 2021-2022, o 30 de xuño.
- Publicarase na páxina web do centro a principio de cada curso para facilitar a súa consulta.
- Para anos vindeiros, presentarase ao profesorado e ao consello escolar durante o claustro e a reunión do consello a final do curso (previsiblemente o día 30 de xuño de cada ano).