Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • XUSTIFICACIÓN: Tal e como se recolle na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá acelerou cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. 

  A Lei tamén insiste na necesidade de ter en conta o cambio dixital que se está producindo nas nosas sociedades e que forzosamente afecta á actividade educativa. Polo tanto, o desenvolvemento da Competencia Dixital é clave para que, tanto o profesorado como o alumnado, poidan desenvolverse nos novos escenarios, de maneira que o alumnado poida desenvolver as habilidades e competencias do século  XXI, e o profesorado poida mellorar e modernizar os procesos de ensino-aprendizaxe. É por iso, que todas as accións educativas que leven a cabo nos centros necesitan que se garantan tres piares básicos que conforman un  trinomio indivisible: pedagoxía, tecnoloxía e espazos inspiradores, onde cada elemento só ten sentido pola súa conxunción co resto.

     O Plan Dixital de Centro recollerá as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital da organización. Aínda que o proceso de desenrolo e difusión das tecnoloxías é imparable, parece que xa se consolidaron unha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, no só os que suceden na aula, senón tamén todos aqueles que contribúen a que os centros educativos cumpran coa súa función formativa. Dito plan é un instrumento de planificación que debe integrarse no Proxecto Educativo, como se indica na LOMLOE no seu artigo único. Modificación da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, sobre a educación, punto 62, sección 1.

  • CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN E CONTRIBUCIÓN AO PE: O CEIP “Vicente Risco” de Cualedro acolle a un alumnado predominantemente rural e de alta montaña procedentes de familias dun nivel socioeconómico e cultural medio – baixo, que non ofrecen un contexto axeitado de acompañamento académico nin de motivación. Sumado a que non todos teñen acceso as novas tecnoloxías, ben sexa o acceso a internet ou a ter un ordenador para poder manexar. Hai alumnos que non saben empregar os ordenadores e moito menos os recursos da web. Tendo en conta os aspectos descritos anteriormente, consideramos que era necesario poñer en marcha un proxecto adaptado aos nosos alumnos para crear unha maior participación que axude ao desenvolvemento e a adquisición das habilidades necesarias para manexar as novas tecnoloxías.

   O PLAN DIXITAL é un instrumento de planificación integrado no PE que persigue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza aprendizaxe. Será un documento vivo que contén os acordos acadados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares.

   É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun recurso compartido para todos os membros da comunidade educativa, que de coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, do Proyecto de Dirección e da Programación Xeneral Anual (PXA) do curso 2023/24. A finalidade dun centro educativo é que o seu alumnado aprenda, se forme e saiba desenvolverse como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, la propia organización va mellorando a través da súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece co seu entorno.

   Destacar que o CEIP Vicente Risco de Cualedro participa dende fai varios anos en diversos Plans e Proxectos de innovación como son: Digicraft; Plans Proxecta (Aliméntate Ben!, Programas Deportivos de Centro, Paisaxe e Sustentabilidade); Eduemprende; Contratos Programa (Recupéra-T; CP Inclúe, CP Innova), Polos Creativos. Polo que, o Plan Dixital elaborado para este centro terá en conta ditos plans, programas e proxectos; tentando traballar dende cada un deles o fomento das TICs por medio do tratamento da información, do uso responsable e seguro da tecnoloxía, impulsando a a alfabetización dixital e reducindo a brecha dixital do noso alumnado.

  • PROCESO ELABORACIÓN: O deseño do Plan Dixital do Centro debe recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo da escola no seu proceso de cambio e mellora (Resolución 3 de set.de 2021, instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022)

   A participación neste caso da directora do centro no proceso de deseño e implantación do plan dixital de centro é clave, tanto para a visión global que dende a súa responsabilidade pode contribuír (na fase de deseño), como pola capacidade de mobilizar recursos da organización e xerar liderados distribuídos que permitan o cambio segundo os principios democráticos (na fase de implantación). Este plan debe construírse coa participación de todos os sectores da comunidade educativa para que se converta nun proxecto compartido. O plan dixital central permitirá á comunidade educativa: visualizar onde se quere que chegue o centro; comprender onde está actualmente e debuxar o camiño que conduce dun estado ao outro.

Lexislación: Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro;Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro;Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro;Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro...

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

     Para a análise da situación actual do centro, realízase por un lado unha Autoreflexión sobre o uso actual de tecnoloxías nos proceso; e por outro, unha análise da realidade interna.

     Inicialmente, empregouse a ferramenta SELFIE (auto-reflexión sobre unha aprendizaxe efectiva mediante o fomento da innovación a través de tecnoloxías educativas innovadoras), que organiza a información segundo os bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación. Os cuestionarios que presenta SELFIE para o  autodiagnóstico son de tres tipos, segundo a quen queira dirixirnos. Estes tres cuestionarios contan cunha serie de preguntas básicas organizadas en seis áreas de práctica comúns:

  • Área A: liderado
  • Área B: infraestrutura e equipos
  • Área C: desenvolvemento profesional continuo
  • Área D: ensino e aprendizaxe
  • Área E: prácticas de avaliación
  • Área F: competencias dixitais do alumnado.

     Os datos recollidos no CEIP Vicente Risco, a través do informe SELFIE e do test CDD, que tomaremos de referencia para a elaboración e posta en marcha do noso Plan Dixital serán os mostrados no Anexo I.

     A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

    Grazas á detección da fotografía do centro realizada a través da ferramenta SELFIE, que nos proporciona un informe da situación, estariamos preparados para realizar a análise  DAFO. 

    DAFO é unha ferramenta de análise que estuda as características internas (debilidades e fortalezas) e externas (ameazas e oportunidades). Esta análise ha de realizarse coa maior claridade e sinceridade posible, expoñendo a realidade específica e actual do centro.

Interno
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. Competencia dixital do alumnado limitada e insuficiente en todos os aspectos (codificar, programar, resolución de problemas técnicos¿) (C11) Alumnado Non
Debilidade 2. O alumnado ten opción de empregar ordenadores na aula pero son de uso compartido, non posúen equipos da súa propiedade. (C8 - C10) Alumnado Non
Debilidade 3. O alumnado emprega ferramentas dixitais para a autoavaliación e coavaliación só de xeito esporádico e con contido concretos (G1 ¿ G3- G5). Alumnado Non
Debilidade 1. Familias cun nivel socioeconómico e cultural moi baixo, polo que posúen escasas competencias e recursos dixitais. Nin medios nin coñecementos para inculcar e axudar aos seus fillos/as. (C11) Familias Si
Debilidade 1. Parte dos ordenadores dos que dispón o centro son moi antigos e con sistemas e software obsoletos polo que xa non actualizan ou están fallando continuamente (C2-C5). Infraestruturas Non
Debilidade 2. Infraestruturas en continuas obras pola necesidade de renovalas dada a súa antigüidade (C1). Infraestruturas Non
Debilidade 3. Inexistencia actual dun espazo acondicionado para compartir recursos dixitais, debido ao estado das aulas non habitadas (C1 - C14). Infraestruturas Non
Debilidade 1. O centro non pode integrarse en novos programas como PLAMBE ou EDIXGAL, por falta de persoal e tempo que lles permita asumir ese compromiso (A3). Oferta Non
Debilidade 1. A organización e xestión do centro (burocracia; tarefas administrativas; papeis; atención telefónica, de proveedores e de pais; elaboración de documentos; solución de problemas técnicos ou doutra índole, comedor,...), recae sobre unha soa persoa que ten tan só 6 horas lectivas para tales funcións. Organización de centro Non
Debilidade 4. Especial sensibilidade no centro coa política de protección de datos (C7). Organización de centro Non
Debilidade 3. Inexistente estratexia dixital no centro (A1). Organización de centro Non
Debilidade 2. Plan dixital elaborado só por unha persoa. Organización de centro Non
Debilidade 1. Escaso persoal docente. Persoal docente Si
Debilidade 4. Dificultade para aplicar as TICs na avaliación do alumnado (G1). Persoal docente Non
Debilidade 2. Docentes especialistas con titoría de aula mixta (3 niveis) con excesiva carga horaria e de traballo, polo que non existe máis tempo para adicarlle aos programas de innovación, a explorar novas modalidades de ensino nin usar as TIC dentro da aula. (A3 - A4 -F3 - F6) Persoal docente Si
Debilidade 3. Aulas mixtas cunha estrutura horaria marcada polas especialidades o que implica ao uso de metodoloxías tradicionais na aula para poder avanzar curricularmente máis rápido. (A3- A4) Persoal docente Si
Debilidade 7. Uso esporádico de plataformas y aplicativos online como moodle, genially, canva, webex, aula virtual do centro¿ A falta de tempo limita o seu uso. (E1 - E3) Persoal docente Non
Debilidade 5. Escasa formación docente nas novas modalidades de aprendizaxes con TICs, na creación de recursos dixitais e no tratamento e uso das licenzas e dereitos de autoría (só 2 de 7 docentes). (A5-E2) Persoal docente Non
Debilidade 6. Docentes moi saturados de traballo con pouca motivación pola formación continua (D1 -D2). Persoal docente Si
Debilidade 1. Cociñeira fixa que colle baixas continuas o que supón días sen cociña e que os docentes perdan tempo a buscar comida na contorna, poñer a mesa... Persoal non docente Non
Fortaleza 1. O alumnado (máis o de 5º e 6º de Ed. Primaria) adquire habilidades dixitais en diferentes materias e gracias aos programas enfocados ás competencias STEM. Alumnado Non
Fortaleza 2. Incúlcaselle ao alumnado na búsqueda e cotexo da información para conseguir información de calidade (H1-H2-H3). Alumnado Non
Fortaleza 3. O alumnado está motivado e implicado á hora de traballar coas TICs. (F4 - F5) Alumnado Non
Fortaleza 4. Foméntase que o alumnado outorgue o seu recoñecemento ao traballo dos compañeiros a través de exposicións, debates,¿ (G6 - H6) Alumnado Non
Fortaleza 1. Colaboran e axudan ao centro sempre que se lle solicita. Familias Non
Fortaleza 2. Existe unha boa e continua comunicación coa comunidade educativa (E4). Familias Non
Fortaleza 1. O centro dispón de equipamento aceptable a nivel de aula: encerado dixital, proxector, internet, 1-2 ordenadores (C!-C2-C3-C8). Infraestruturas Non
Fortaleza 3. Plan de remodelación de todas as aulas que se usan actualmente (C1). Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Ordenador portátil para cada docente (C2). Infraestruturas Non
Fortaleza 4. O centro intenta cada ano adquirir algún ordenador, tableta dixital,¿ novo (C2-C8). Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Participación en programas de innovación educativa: Contratos Programa. Plan Proxecta, Seccións Bilingües, PFPP, ... (D1 - D2) Oferta Non
Fortaleza 3. O centro participa en programas que fomentan as competencias STEM: Digicraft, obradoiro Emprende MAKERS de robótica,¿ (A3 - F6) Oferta Non
Fortaleza 2. O centro oferta obradoiros, charlas, talleres¿ todos os anos fomentando a reflexión e o uso responsable das TICs, dos recursos dixitais, internet e as redes sociais: navega con RUMBO, plan director,¿ (H1-H2-H3) Oferta Non
Fortaleza 1. A dirección do centro traballa de xeito consensuado co claustro e co consello escolar. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Cultura de traballo en equipo. Persoal docente Non
Fortaleza 3. A directora conta con algúns coñecementos para solucionar algúns problemas técnicos e para o arranxo de equipos informáticos. Pero só pode facelo cando ten un oco libre (C5). Persoal docente Non
Fortaleza 2. Persoal xoven e con potencial. Persoal docente Non
Fortaleza 4. Emprego diario das tecnoloxías dixitais para adaptar o proceso de ensinanza-aprendizaxe ás necesidades persoais do alumnado (F1) Persoal docente Non
Fortaleza 1. Coidadora que apoia e axuda ao persoal docente co alumno con NEE toda a xornada lectiva, incluído no ámbito de ensino-aprendizaxe (F1). Persoal non docente Non
39 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de axudas económicas directas e de dotacións por parte da administración para actualizar os medios (C2-C8). Administración educativa Non
Ameaza 4. Falta de apoio técnico gratuíto, o centro ten que contratar a unha persoa allea para o arranxo dos equipos e dalgúns problemas técnicos que non sempre é tan rápido como se precisa (C5). Administración educativa Non
Ameaza 2. Sen estabilidade laboral na metade do persoal docente e con continuas faltas e baixas do persoal. Administración educativa Non
Ameaza 3. En ocasións a administración tarda en cubrir ou non cubre as baixas do persoal docente e non docente, o que supón unha sobrecarga aínda maior de traballo. Administración educativa Non
Ameaza 1. O centro non posúe ANPA pola falta de consenso e entendemento dos pais/nais do alumnado. ANPA Non
Ameaza 1. Contorna cunha condición socieconómica baixa. (C11) Contorna Non
Ameaza 3. Dificultade para ter boa e estable conectividade a internet en moitos dos pobos nos que vive o noso alumnado. (C3) Contorna Si
Ameaza 2. Entorno rural de montaña cunha gran brecha dixital debida ás malas infraestruturas, difícil acceso, poboación maior, moi dispersa e en decadencia (C11). Contorna Non
Ameaza 4. Poboación académica da contorna cada vez máis minguada. Contorna Non
Ameaza 1. Moita da lexislación publicada non ten en conta a realidade dos centros con poucas unidades e de entornos rurais. Lexislación Non
Ameaza 2. Excesiva burocracia e papeis que restan tempo do xa inexistente. Lexislación Si
Oportunidade 1. Oferta de plataformas dixitais e dun repositorio abalar (E1). Administración educativa Si
Oportunidade 5. Envío dalgunha dotación económica para poder renovar as instalacións (C1). Administración educativa Non
Oportunidade 4. Envía ocasionalmente algún material dixital solicitado (C2-C8). Administración educativa Non
Oportunidade 2. Aporta fondos económicos pola participación en programas de innovación como os contratos programa, os plan proxecta ou as seccións bilingües (F6). Administración educativa Non
Oportunidade 3. Existen anualmente diversos Proxectos de Formación Permanente do Profesorado (D1 - D3). Administración educativa Non
Oportunidade 1. O centro está emprazado nun entorno natural con moito potencial a nivel de educación ambiental. Contorna Non
Oportunidade 1. Dende o centro faise especial fincapé na lei de protección de datos (C7). Lexislación Non
Oportunidade FAMILIAS: 1. As familias participan activamente cando se lles solicita a súa colaboración e participación en actividades do centro. (E4) Outras Non
Oportunidade OUTRAS ENTIDADES: 1. O concello participa activamente co centro educativo todos os anos, aportando a man de obra para poder realizar a renovación das instalacións do centro, que teñen máis de 50 anos e nunca sufriran cambios (C1 - B3). Outras Non
Oportunidade OUTRAS ENTIDADES: 2. O centro colabora activamente con entidades como a Cruz Vermella, Portas Abertas, a residencia de anciáns¿ que nos aportan diversos talleres, obradoiros, charlas, actividades (B3). Outras Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

      Para explicalo dun modo moi sinxelo, cando temos que tomar unha decisión, sempre existe alguén que nos recomenda facer dúas columnas, a dos PROS e a dos CONTRAS. Cando facemos un análise DAFO é algo similar pero dun xeito máis completo.

    Non empregaremos dúas columnas senón catro:

  • Debilidades (factor interno).
  • Amenazas (factor externo).
  • Fortalezas (factor interno).
  • Oportunidades (factor externo).

     Unha vez analizada a información e as áreas de mellora, o deseño das accións do plan implica realizar os seguintes pasos:

     1. Determinar os obxectivos que queremos conseguir no CEIP Vicente Risco. Os obxectivos deben ser:

  • Específicos, é dicir, deben ser o máis concretos posibles. A lectura de o obxectivo por parte de calquera membro do claustro debe permitir comprender exactamente que se pretende facer e como;
  • Medibles, deben responder a metas cuantificables. Se o obxectivo non é  medible, non poderemos saber cando o conseguimos; 
  • Alcanzables, é dicir, poden e deben ser ambiciosos, pero posibles para a organización
  • Realistas, debemos expornos obxectivos que estean dentro das nosas posibilidades (tanto por recursos dispoñibles como por a motivación para logralos).
  • Relevantes e Axustados a un marco temporal. Isto permitiranos marcar as distintas etapas e fitos que nos permitirán alcanzalos.

     Os obxectivos estarán contextualizados a áreas de mellora en relación coas do marco DigCompOrg.

     2. Elixir os indicadores que permitirán avaliar a consecución ou non dos obxectivos. Os indicadores deben responder a escalas numéricas e deben ir acompañados dun valor obxectivo ou meta, que é aquel que nos marcamos en relación ao obxectivo ao que fan referencia.

  3. Definir as accións necesarias para alcanzar os obxectivos. As accións incluirán: os recursos (humanos, materiais e financeiros) necesarios para levalas a cabo e o prazo de execución.

     Identificar o esforzo que cada acción require e o beneficio ou impacto que ten na mellora da competencia dixital do noso centro educativo axudaranos a priorizar unhas accións sobre outras, ou mesmo a refugar algunha.

     Podemos enmarcar as accións en diferentes liñas estratéxicas que nos deben levar a mellorar a competencia dixital da organización, por exemplo:

  • Liña estratéxica 1: Comunicación.
  • Liña estratéxica 2: Desenvolvemento Profesional Docente.
  • Liña estratéxica 3: Política de uso aceptable.
  • Liña estratéxica 4: Avaliación.
  • Liña estratéxica 5: Boas prácticas.

     Así pois, na parte final do Plan Dixital de Centro recolleremos as distintas accións que debemos emprender, incluíndo os recursos necesarios, o esforzo que requiren (é dicir, se son  abordables ou non a medio ou longo prazo), os axentes implicados, un marco temporal para cada acción e indicadores que permitan coñecer o nivel de consecución de cada acción. A esta parte denominarémolles Plan de Acción (ANEXO II).

    Para cada obxectivo cumprimentamos unha táboa que recolle información sobre:

  • Áreas prioritarias de actuación.
  • Obxectivos que queremos conseguir.
  • Indicar ata onde queremos chegar para cada un dos obxectivos e con que elementos. Esta información reportarana os indicadores e os seus valores de partida e de chegada.
  • Accións que plantexamos para conseguir cada obxectivo, elixindo os responsables das mesmas, acordando unha temporalización e determinando os recursos necesarios.

    A mesma táboa empregarase para facer o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan de Acción do CEIP Vicente Risco de Cualedro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Realizar o inventario do material dixital existente no centro. (C2-C8)
O02PD Ter activa e actualizada a páxina web do centro.
O03PD Iniciar o uso do plotter de corte.

Seguimento

Procedemento

     O presente PLAN DIXITAL é de obrigado cumprimento por parte de todos os membros da comunidade educativa deste centro. Realizaranse as revisións periódicas que se consideren oportunas para adaptalo as novas circunstancias ou a modificacións lexislativas.

            As pautas de actuación para o correcto seguimento do Plan serán:

  • Para realizar o seguimento do noso Plan de Acción empregaremos cada unha das táboas que cumprimentamos cos obxectivos a perseguir no Plan de Acción. Deste xeito poderemos realizar o seguimento de cada obxectivo na fase de avaliación do Plan.
  • Estableceranse os mecanismos de control e avaliación das actividades desenvoltas e a súa adecuación ao centro e ao alumnado.
  • Poderanse deseñar instrumentos de avaliación como enquisas e cuestionarios.
  • Estableceranse indicadores de calidade e propostas de mellora para cada unha das liñas de actuación propostas que se incluirán na memoria de autoavaliación anual.

     Proporanse indicadores para a avaliación anual do Plan Dixital de Centro e das actuacións.

     Devanditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principios de cada curso, para adecualos ás condicións concretas de cada centro.

1º Trimestre

Durante o 1º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.1:Retirada do equipamento deficiente.

  • AO2.1: Debate sobre as necesidades que ten que cubrir a páxina web.

  • AO2.2: Proposta de cambios a efectuar na páxina web.

  • AO3.1: Presentación do plóter e as súas posibilidades

  • AO3.2: Manexar o programa “Sign master”.

  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia

ANÁLISE:

     Unha vez finalizado o 1º trimestre acadáronse as seguintes accións:

  • AO1.1:Retirada do equipamento deficiente.

  • AO2.1: Debate sobre as necesidades que ten que cubrir a páxina web.

  • AO2.2: Proposta de cambios a efectuar na páxina web.

  • AO3.1: Presentación do plóter e as súas posibilidades

 

 Cumplíronse as espectativas propostas para este trimestre.

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.2: Inventariar o material informático de Infantil.
  • AO1.3: Inventariar o material informático de Primaria.
  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web.
  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia.

ANÁLISE:

 Unha vez finalizado o 2º trimestre acadáronse as seguintes accións:

  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia.
  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web.

As demais accións que nos propuxemos para o primeiro trimestre están en proceso:

  • AO1.2: Inventariar o material informático de Infantil.
  • AO1.3: Inventariar o material informático de Primaria.
  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web.

 Cumplíronse as espectativas propostas para este trimestre.

3º Trimestre

Durante o 3º trimestre faremos o seguimento das seguintes accións:

  • AO1.2: Inventariar o material informático de Infantil.
  • AO1.3: Inventariar o material informático de Primaria.
  • AO1.4: Inventariar o material informático do equipo directivo e administración.
  • AO1.5: Inventariar o material informático da aula de informática e da sala de mestres.
  • AO2.4: Difusión na comunidade educativa da páxina web do centro.
  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia.
  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web.

ANÁLISE:

 Unha vez finalizado o 3º trimestre acadáronse as seguintes accións:

  • AO2.3: Reestruturación e modificación dos bloques da páxina web.
  • AO2.4: Difusión na comunidade educativa da páxina web do centro.
  • AO3.3: Creación de materiais de elaboración propia.

As demais accións que nos propuxemos para o primeiro trimestre están en proceso:

  • AO1.2: Inventariar o material informático de Infantil.
  • AO1.3: Inventariar o material informático de Primaria.
  • AO1.4: Inventariar o material informático do equipo directivo e administración.
  • AO1.5: Inventariar o material informático da aula de informática e da sala de mestres.

 Cumplíronse as espectativas propostas para este trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

     A avaliación corresponde a un proceso por medio do cal podemos coñecer o progreso e a evolución do Plan Dixital.

     A avaliación supón un proceso sistemático e obxectivo do plan de acción, en curso ou concluído, na súa etapa de deseño, posta en práctica e os seus resultados. O seu propósito é determinar a pertinencia e o logro dos seus obxectivos, así como a eficiencia e a eficacia e o impacto. Unha avaliación deberá proporcionar información crible e útil, que permite incorporar resultados e retroalimentación para unha toma de decisións.

     O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase a través de:

  • Avaliación final: No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

     Ao final de cada curso, unha vez consolidadas as actuacións, volverase a avaliar globalmente a competencia dixital do centro empregando a ferramenta SELFIE.

Valoración xeral

     Gracias a esta ferramenta, toda a comunidade educativa e especialmente os membros que participaron nel, deben coñecer o Plan Dixital de Centro. É unha forma de que recoñezan e valoren positivamente o impacto que tivo a súa participación.

       Unha vez que o Plan Dixital de Centro está ao dispor de toda a comunidade educativa chegaría o momento de implementar as accións que recolle o plan de acción.

       SELFIE permítenos facer o diagnóstico inicial, e unha vez definido e posto en marcha o noso Plan Dixital de Centro é o instrumento que nos facilitará avaliar a consecución dos obxectivos do noso Plan, así como a efectividade das accións que deseñamos.

      Esta avaliación se realizará preferentemente ao final do curso escolar, cunha cadencia anual e dará pé á revisión e actualización do Plan Dixital de Centro.

 

A VALORACIÓN FINAL.

    Podemos decir que ao longo do curso 2023/2024 se acadaron os obxectivos plantexados no Plan Dixital.

Queda por realizar o inventario do centro pero este obxectivo está supeditado a aplicación que a Xunta está pendente de publicar.

Proposta de mellora

    O plan debe contemplar indicadores de logro para realizar anualmente unha avaliación de progresos do Plan Dixital de Centro.

  • Serán indicadores significativos do grado de consecución dos obxectivos para poder facer os axustes e melloras que sexan precisos.
  • O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxectivos e prazos previstos, e das condicións de aplicación.
  • O informe de progreso formaría parte da Memoria anual del centro.

     A avaliación do Plan irase realizando ao longo do proceso de aplicación do mesmo. A información así obtida permitirá facer axustes e modificacións, tanto no seu desenvolvemento como ao final do curso, co fin de melloralo e que sirva de punto de partida para darlle unha continuidade.

     Os aspectos a revisar para a avaliación e realizar propostas de mellora coherentes serán:

  •  Nivel de consecución dos obxectivos.
  • Actividades realizadas. As planificadas e non realizadas. As incorporadas no proceso.
  • Eficacia das actividades en función do alumnado, do profesorado e das familias.
  • Grao de implicación dos tres sectores mencionados anteriormente. Cambios operados no centro.
  • Necesidade ou non de rectificación da acción.
  • Os instrumentos que se utilizarán serán eminentemente cualitativos en base a observación, entrevistas e cuestionarios abertos.
  • As fontes de información serán o alumnado, os profesores e as familias.

    A elaboración do informe realizarase nas reunións do Equipo de TICs e difundirase a todos os implicados. Recolleranse as achegas de cambio e mellora nas actas correspondentes.

TRAS ESTE ANÁLISE...

    De cara ao ano que ven seguiremos na mesma línea de traballo.

  • Sendo un dos principais obxectivos a alfabetización do noso alumnado e das familias; co fin de disminuír a brecha dixital que nos rodea.
  • Continuarase coa formación do profesorado da plóter de corte e da impresora 3D.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

     O CEIP Vicente Risco de Cualedro publicará e divulgará este documento por diferentes medios á comunidade educativa, facilitando o seu coñecemento por parte de todos/as.

 

     O Equipo Directivo será o encargado de difundilo polas seguintes canles:

Ø Plan Dixital de centro:  educalidade (xunta.gal)

Ø  Publicación na páxina web do centro.