Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Comezouse cun inventario de equipamentos TIC, procedendo á retirado de equipos obsoletos nas aulas e substituíndoos por equipos portáiles facilitados pola Consellería de Educación.
Por outra banda, puxéronse operativas as aulas virtuais de cada aula ou asignatura(ESO), a través das cales se envían contidos didácticos e o alumnado pode enviar traballos sobre diferentes contidos a solicitude do profesorado.
Nas primeiras reunións do curso celebradas co profesorado se informa sobre o protocolo a levar a cabo para a boa práctica de uso TIC e se facilita a localización do libro de rexistro de incidencias TIC.
A Consellería de Educación enviou unha reposición de equipos informáticos para a aula de informática. Realizouse unha reestructuración dos equipos que sobran nesa aula. Destinaronse a outras aulas con docencia , como equipo de profesor e tamén á sala de profesorado.
Durante este trimestre se reorganizan os equipos que sobran na aula de informática e se colocan na sala de profesoraso, na que había equipamento obsoleto. Outros equipos quedan na aula de informática, de forma que hai un maior número de equipos disponibles para uso do alumnado.
Avaliación
Para realizar o seguimento do Plan centrarémonos en dous tipos de avaliación.
Unha avaliación procesual e outra final.
Na avaliación procesual centraremos a atención nos indicadores específicos
das accións propostas que nos axudarán a determinar si o obxectivo proposto foi
realizado, está aprazado ou pendente de ser levado a cabo ou, pola súa contra, se é
preciso realizar variacións no plantexamento destas accións para que ás propostas
se materialicen. Esta avaliación foi realizada unha vez ao trimestre.
Coa análise deses indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que
se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de
mellora para os cursos posteriores.
Neste curso tivo lugar unha mellora sustancial no equipamento informático do centro.
Para o vindeiro curso agardamos recibir as pantallas interactivas que faltan nas aulas de primaria e a totalidade da ESO.
Inda continúa a haber certas incidencias cos equipos que presentan un software desactualizado.
Comunicación e difusión
Para realizar a difusión do Plan Dixital é preciso establecer dous canles de
comunicación. O primeiro ao Claustro de profesores e o segundo a toda a
comunidade educativa.
A comunicación ao Claustro de Profesores levarase a cabo nas diferentes
reunións de CCP, Claustro e Consello Escolar, onde se irán comunicando os cambios
e as decisións tomadas no Plan en caso de existir.
A Comunidade Educativa, farase mediante a inclusión do Plan Dixital no Proxecto
Educativo do Centro, dando o seu coñecemento vía abalar, páxina web do centro e a
comunicación a ANPA para a súa difusión.