1.1 Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro:
Características culturais e socioeconómicas do contexto do centro:
O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón de Celanova encóntrase situado na rúa Areal 13 de Celanova, dentro do casco histórico desta localidade.
O concello posee unha poboación de aproximadamente 6.000 habitantes e o núcleo urbano ao redor de 3.500.
Celanova é unha vila vinculada culturalmente dende a Idade Media co Mosteiro de San Salvador ao redor do que se artella a vila e a súa vida cultural. Tamén destaca pola súa tradición literaria: Curros Enríquez, Castor Elices, Celso Emilio Ferreiro ou, o que foi presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín son naturais de Celanova.
A orferta educativa vai dirixida a unha poboación moi heteroxénea en canto a nivel socioeconómico e cultural. A composicións familiares abarcan todos os tipos: familias con varios fillos,, monoparentais…Varias nacionalidades están presentes no centro, predominantemente de familias procedentes de Sudamérica cara a que houbo unha especial migración dende esta vila.
A situación económica das familias é variada aínda que marcada neste momento pola actual crise.
O atoparnos nun entorno rural boa parte do alumnado, un 20% aproximadamente, procede de aldeas pequeñas dos arredores de Celanova. A maioría das familias teñen estudos primarios, aproximadamente un 40%, un 20% bacharelato, e un 10% son diplomados ou licenciados.
O Plan Dixital pretende, principalmente, poner ao alcance da poboación escolar todas as posibilidades e vantaxes que pode ofrecer o uso das novas tecnoloxías nos procesos de ensino e aprendizaxe.
Para os alumnos o Plan Dixital debe ofrecer formación para poder desenvolverse dentro dos entornos dixitais e saber seleccionar información válida para a súa formación. No centro deben recibir esa formación e tamén deben disponer de terminais dixitais para practicar e traballar.
Para os profesores o Plan Dixital debe ofrecer formación suficiente para manexarse con soltura en entornos dixitais de ensino. Poder intercambiar información, crear materiais, compartir experiencias, agrupar materiais en bibliotecas online e saber empregalas, traballar en proxectos dixitais con outros centros e ver cunha perspectiva positiva as novas tecnoloxías.
Para as familias debe facilitar a comunicación co centro, o intercambio de información e colaboración a través das tecnoloxías: aplicacións de comunicación co centro, redes sociais…
A incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo será un factor importante para o seu bo funcionamento. Todas as accións que se van levar a cabo dentro do Plan Dixital serán accións que terán que ter a súa repercusión en todo o funcionamento do centro, falamos de ferramentas dixitais a disposición de profesores e alumnos para calquera actividade, falamos de educación dixital para alumos e profesores, de mellor comunicación entre as familias e os centros.
O PLAN DIXITAL está íntimamente ligado ao noso Plan TIC anual. Nos últimos cursos os obxectivos marcados neste plan foron:
- Mellor emprego das TICS no proceso ensino-aprendizaxe. Mellora da formación dixital do profesorado.
- Mellora das comunicacións entre o centro e as familias a través das TICS(App Tokapp).
- Mellora das infraestructuras dixitais do centro.
Estes obxectivos forman parte do plan de acción do novo Plan Dixital, pois foron as debilidades marcadas no noso estudio preliminar e xa foran detectadas no centro como necesidades de mellora.
A relación do PLAN DIXITAL cos outros plans do centro vaise concretar nos vindeiros cursos pero principalmente será a repercusión da posta en marcha do propio Plan e as accións que se leven a cabo: toda mellora na dixitalización do centro, na formación dixital dos profesores vai repercutir nos diversos plans do centro. Esta influencia irase reflectido curso a curso.
Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24. A contribución á Programación Xeral Anual será significativa pois incluirá a formación dixital do profesorado adaptada ás súas necesidades e á mellora das infraestruturas dixitais do centro (adquisición e recuperación de terminais e pantallas).
1.3. Breve xustificación do mesmo
O PLAN DIXITAL do noso centro adáptase ás diferentes normativas de educación que entraron en vixencia nos últimos cursos e que pretenden a mellora dos procesos de ensino co uso das ferramentas dixitais. Esto inclúe a mellora de instalación, a formación do profesorado e a comunicación coas familias:
Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022..
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
1.4. Proceso de elaboración
O Equipo de Dinamización do Plan Dixital organizou o proceso de elaboración do Plan Dixital segundo as pautas que nos foron ofrecendo dende a plataforma PLATEGA.