Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN

O Plan Dixital xurde como a resposta do ensino ao proceso de transformación dixital da sociedade actual. Este proceso abrangue unha serie de dimensións a ter en conta dende as nosas escolas: o desenvolvemento de competencias para unha cidadanía dixital, o acceso democrático á información e o coñecemento, a formación para o traballo e o emprego, a innovación das metodoloxías docentes, a creación de comunidades de aprendizaxe en rede e o desenvolvemento de competencias tecnolóxicas para a innovación.

A xustificación para a creación dos plans dixitais nos centros educativos emanan das directrices da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación que regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. Neste senso o artigo 121 establece que o Proxecto Educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. A competencia dos equipos directivos para o impulso destas iniciativas no marco do Proxecto Educativo queda establecida no artigo 132 da citada Lei.

No ámbito da nosa Comunidade, a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22 establece que os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten. Estas instrucións serán implementadas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Adicionalmente, a ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa establece a súa condición de plan educativo de centro e os seus contidos mínimos.

CONTEXTUALIZACIÓN E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O CEIP Castrelo de Miño atópase na localidade de Astariz, pertencente ao concello de Castrelo de Miño (Ourense). A principal característica do alumnado e as familias é a diversidade: existen diferencias socioeconómicas reflectidas no acceso á tecnoloxía e a competencia dixital, cunha parte significativa da comunidade escolar amosando carencias neste eido. Deste xeito o colexio é a principal ou única porta de acceso ao mundo dixital máis alá de opcións de ocio de escaso valor didáctico e/ou competencial.

O Claustro para o curso 2023-2024 contará cos 4 mestres definitivos e un mestre en expectativa de destino (audición e linguaxe), que asumirá a coordinación TIC e do Plan Dixital.

Este Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como no resto dos procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, será un instrumento que integraremos no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual. Ademáis dotaremos ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.

PROCESO DE ACTUALIZACIÓN

No comezo do curso 2023/24 para o deseño e elaboración do Plan Dixital seguimos as seguintes pautas:

a) Avaliaremos a situación inicial deste curso, revisando o momento actual do noso SELFIE e da Competencia Dixital Docente (CDD) do claustro.

b) Revisaremos o noso informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO), realizando modificacións se fora preciso a partires da situación SELFIE e CDD analizada.

c) Realizaremos modificacións, adicións e eliminacións de obxectivos, accións e indicadores, de acordo coas valoracións xerais e as propostas de mellora recollidas no Plan Dixital 22/23, tendo en conta a situación de partida da revisión do DAFO.

d) Tras rematar a actualización do Plan Dixital, este será aprobado polo Consello Escolar, unha vez consultado o claustro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información previa realizamos unha revisión da autoavaliación SELFIE e do test de Competencia Dixital Docente (CDD) (ferramentas descritas na versión 1.0 do noso Plan Dixital), que nos servirá para actualizar a nosa Análise DAFO co obxecto de expoñer con precisión a situación actual do noso centro..

  • A autoavaliación SELFIE inicial, base do noso Plan Dixital 1.0, foi realizada no curso 2021-2022 e amosou un resultado global de 2,705 (sobre 5) tras realizar a media das 8 áreas avaliadas.
    • Na revisión realizada ao comezo do curso 2023/24 obsérvanse algúns cambios significativos en factores internos e externos, froito do proceso de implementación do Plan Dixital durante o curso 2022/23 e da recepción de novos equipamentos.
  • O test de Competencia Dixital Docente inicial foi realizado polos 4 mestres e mestras definitivos/as presentes no curso 2021-2022, e amosou unha puntuación media de 48,8 (sobre 192) que corresponde cun nivel de competecia A2 (explorador/a) no marco de progresión DigCompEdu da Unión Europea (a puntuación media nos centros educativos galegos é de 76,4 sobre 192 [B2 integrador/a] neste marco).
    • Na revisión da Competencia Dixital Docente, é preciso sinalar que ao comezo do curso 2023/24 permanecen no centro os mesmos 4 mestres e mestras definitivos/a mencionados, máis o mestre en expectativa de destino incorporado no curso 2022/23 encargado da coordinación deste Plan Dixital. Nesta revisión valoráronse, de xeito subxectivo, os progresos competenciais do profesorado no curso anterior que poidan resultar relevantes na actuañización do DAFO. 
Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H12 Escasas competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade C13 Carencia de dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H12 Baixa competencia dixital. Familias Si
Debilidade C13 Carencia de dispositivos dixitais. Familias Si
Debilidade C8 Dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade C13 Traer o propio dispositivo. Organización de centro Si
Debilidade C11-C12 Fenda dixital. Organización de centro Si
Debilidade A4 Tempo para recoñecer o ensino dixital. Organización de centro Si
Debilidade E3 Pouca participación do profesorado en redes colaborativas e entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade A4 Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Persoal docente Si
Debilidade D2 Formación insuficiente do profesorado en competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade E3 Non se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F5 Colaboración do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza A6 Participación das familias na estratexia educativa. Familias Si
Fortaleza C5 Eficacia da asistencia técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza C14 Espazos amplios e axeitados para a instalación dos equipos. Infraestruturas Si
Fortaleza C3 Acceso a Internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C2 Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Oferta Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Fácil coordinación entre o profesorado (centro pequeño, de poucas unidades). Organización de centro Si
Fortaleza C14 Espazos físicos. Organización de centro Si
Fortaleza A1 Estratexia dixital definida no Plan Dixital. Organización de centro Si
Fortaleza F3 Fomento da creatividade. Persoal docente Si
Fortaleza B3 Boa disposición do profesorado para encarar a formación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza F1 Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza F6 Proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza E1 Emprego crecente de recursos educativos en liña. Persoal docente Si
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B3 Escaseza de recursos económicos que inflúen negativamente na colaboración na estratexia dixital. ANPA Si
Ameaza C11-C12 Fenda dixital. Nivel cultural e socioeconómico medio-baixo. Contorna Si
Ameaza A3 Cambios constantes nas Leis Educativas. Lexislación Si
Ameaza C12 Pouca implicación do Concello cas familias para abordar a fenda dixital. Outras Si
Oportunidade C3 Acceso a Internet. Administración educativa Si
Oportunidade C5 Boa asistencia técnica. Administración educativa Si
Oportunidade C2 Novos equipamentos dixitais para o ensino. Administración educativa Si
Oportunidade B3 Colaboración. Disposición para ofertar actividades extraescolares. ANPA Non
Oportunidade B3 Colaboración das familias dentro das súas posibilidades económicas. Contorna Si
Oportunidade A5 Coñecemento das normas sobre os dereitos de autor, licenzas de uso e protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade B3 Colaboracións. Boa relación co Concello. Outras Si
Oportunidade A6 Colaboracións en proxectos con ONGs, asociacións, etc. Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

No noso Plan Dixital 1.0 a análise DAFO amosou a seguinte situación:

Os resultados da análise DAFO reflicten o contexto no que está situado o noso centro: unha zona rural de alumnado escaso e disperso, cunhas familias dun perfil socioeconómico e cultural heteroxéneo. Unha parte significativa dos fogares non dispoñen de equipamentos dixitais adecuados para o ensino, situación que compromete a súa incorporación aos novos avances tecnolóxicos en educación. Asemade, dende o claustro asúmese a propia fenda dixital, produto do emprego menos sistemático neste contexto dos recursos e ferramentas dixitais existentes. Estes feitos demoran e dificultan a implementación dende o centro das novas posibilidades tecnolóxicas dispoñibles no eido do ensino.

Na actualización da análise DAFO para o presente curso 2023/24, Plan Dixital 2.0, non apreciamos cambios significativos no contexto, que segue a ter algunhas carencias no eido da competencia dixital. Porén, no ámbito do centro é salientable a redución da fenda dixital percibida, grazas aos novos equipamentos recibidos (paneis TAFELTECH L75EG) e ao progreso competencial do profesorado, produto do emprego diario destes equipos na docencia e da formación recibida no campo tecnolóxico.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Xestión Xeral do Plan Dixital.
O02PD Potenciar a Competencia Dixital Docente.
O03PD Aproveitamento da Aula Virtual do centro.
O04PD Promover o emprego funcional da ferramenta AbalarMóbil.
O05PD Mellorar as habilidades dixitais do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do Plan Dixital no noso centro abranguerá dúas liñas de actuación:

  • O seguimento diario, facilitado por ser un CEIP moi pequeno que permite a comunicación contínua entre docentes. Esta situación favorece e axiliza a coordinación e seguimento das accións determinadas nos obxectivos.
  • O seguimento sistemático e planificado, mediante as reunións organizadas a tal fin. Nelas faremos un seguimento global do desenvolvemento do Plan, dende unha perspectiva trimestral máis ampla que permita avaliar eficazmente o grao de consecución de cada obxectivo
1º Trimestre

Para facer o seguimento do noso Plan Dixital, no 1º trimestre realizáronse dúas reunións: unha inicial en outubro coa presenza e asesoramento da asesora ADIX e outra a finais de decembro para facer balance do desenvolvemento xeral. As actas levantadas nelas son as seguintes:


DATA DA REUNIÓN: 26/10/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA

ORDE DO DÍA

- Reunión inicial coa asesora ADIX.

TEMAS TRATADOS

- Aspectos xerais da nova versión do Plan Dixital e da plataforma Educalidade.

- Información sobre actualizacións, ampliacións, aprobación e seguimentos do novo Plan.

- Liñas suxeridas de formación.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Realizar os axustes necesarios no Plan e aprobalo no Consello en prazo.

- Axustar as formacións ao novo contexto dos Polos Creativos.

- Manter contacto para vindeira visita.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA

- Seguimento do Plan.

- Formación no marco do PFPP.

- Desenvolvemento dos Polos Creativos.


DATA DA REUNIÓN: 18/12/2023 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA

ORDE DO DÍA

- 1ª Reunión seguimento Plan Dixital. 

- Formación no marco do PFPP.

- Desenvolvemento dos Polos Creativos.

TEMAS TRATADOS

- Exposición das formacións deseñadas inicialmente para o PFPP.

- Coñecementos previos sobre os contidos a traballar.

- Datas máis axeitadas para as formacións.

- Valoración de posibles cambios no ámbito formativo coa implementación dos Polos Creativos.

- Periodicidade das reunións de seguimento do Plan Dixital.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Programar as sesións de formación preferentemente nas tardes dos luns.

- Reorganizar os contidos deseñados atendendo as novas necesidades formativas xurdidas coa implementación dos Polos Creativos.

- Temporalizar formacións en función do desenvolvemento dos Polos Creativos: materiais previstos e docencias recibidas polo Coordinador.

- Reunirse trimestralmente para o seguimento do Plan.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA

- Seguimento do Plan.

- Formación no marco do PFPP.

- Desenvolvemento dos Polos Creativos.

2º Trimestre

No 2º trimestre realizamos unha reunión antes do remate do mesmo, pola incidencia dos Polos Creativos nas necesidades formativas do profesorado no eido dixital. A acta levantada foi a seguinte:


DATA DA REUNIÓN: 04/03/2024 HORA INICIO:15:45 HORA REMATE:17:45 TOTAL HORAS DE REUNIÓN: 2

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA

ORDE DO DÍA

- 2ª Reunión seguimento Plan Dixital.

- Formación no marco do PFPP.

- Desenvolvemento dos Polos Creativos.

TEMAS TRATADOS

- Seguimento Plan Dixital.

- Novos equipamentos recibidos tras roubo: situación, emprego, instalación e optimización.

- Relación dos posibles recursos de Polos Creativos a recibir antes do remate do curso.

- Valoración da formación en curso recibida polo Coordinador de Polos Creativos.

- Adecuación das formacións PFPP aos recursos en espera e á formación recibida polo Coordinador.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Concertar datas para actividades no marco da mellora das habilidades dixitais do alumnado.

- Mellora da funcionalidade dixital da sala de mestres e do despacho de dirección cos novos equipamentos recibidos.

- Revisar os contidos das formacións técnicas recibidas polo Coordinador ao seu remate.

PROPOSTAS PARA A PRÓXIMA XUNTANZA

- Organizar/adaptar as sesións formativas do PFPP ao contexto dos Polos Creativos.

3º Trimestre

Ao remate do 3º trimestre realizamos unha última reunión, o luns 24 de xuño, para valorar o desenvolvemento xeral do Plan ao longo do curso:

ASISTENTES: MARÍA VIRGINIA ÁLVAREZ GONZÁLEZ, MANUEL ÁLVAREZ RIVERO, LUIS RAMÓN ASTEINZA SÁNCHEZ, MARÍA IDOYA RODRÍGUEZ PAREDES, CAROLINA VARELA MARRA

ORDE DO DÍA

- Reunión final Plan Dixital 23-24.

TEMAS TRATADOS

- Avaliación xeral Plan Dixital.

- Valoración grao de consecución dos obxectivos e accións relacionadas.

- Previsión do impacto dos Polos Creativos no vindeiro curso a nivel organizativo e formativo.

- Propostas de mellora xerais e de reformulación, adición e supresión de obxectivos e accións.

ACORDOS E COMPROMISOS

- Manter as liñas organizativas establecidas no obxectivo O01PD

- Tentar continuar coas dinámicas de acción creadas no obxectivo O05PD

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o grao de consecución dos obxectivos propostos no noso Plan Dixital, é necesario valorar as accións asociadas a cada un deles. Nestas accións contaremos cuns indicadores específicos que nos permitirán estimar en términos claros e obxectivos o seu estado. Coa análise destes indicadores poderemos realizar unha avaliación efectiva do Plan dende dúas perspectivas ou contextos:

1. Unha avaliación procesual ou continua, cunha posta en común trimestral. Neste contexto teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:

a. Os indicadores específicos das accións deseñadas para cumprimentar cada obxectivo.

b. As experiencias diarias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, necesarias para realizar axustes e/ou correccións e optimizar a súa aplicación.

2. A avaliación final, de carácter anual realizada ao remate do curso, e que formará parte da Memoria Anual do Centro. Neste momento teremos en conta os seguintes aspectos:

a. O grao de consecución dos obxectivos propostos, globalmente e en detalle a través das ferramentas descritas.

b. Análise actualizada dos avances do profesorado en materia dixital, de xeito subxectivo e en relación ás Acreditacións de Competencia Dixital Docente (CDD).

c. Posta en común das experiencias dos docentes implicados no desenvolvemento do Plan, co fin de obter unha visión global do mesmo e achegar propostas de mellora específicas máis alá dos marcadores obxectivos.

Valoración xeral

Valoración xeral

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS

1. Xestión Xeral do Plan Dixital. ACADADO

As accións de xestión do Plan Dixital desenvolvéronse axeitadamente e segundo as datas previstas. 

2. Potenciar a Competencia Dixital Docente. ACADADO

Os obxectivos propostos foron acadados a través das accións formativas deseñadas no marco do PFPP O2331072 'Optimización dos recursos dixitais do Polo Creativo para potenciar o ensino e a xestión'. O seu aproveitamento está reflectido nas Acreditacións da Competencia Dixital Docente do Claustro.

3. Aproveitamento da Aula Virtual do centro. PENDENTE

Este obxectivo non foi acadado e dende o centro valórase a súa supresión, pola moi escasa relevancia deste recurso na nosa práctica docente.

4. Promover o emprego funcional da ferramenta AbalarMóbil. PARCIALMENTE

Este obxectivo foi acadado parcialmente polo escaso impacto da ferramenta AbalarMóbil na nosa comunidade educativa, que segue a preferir, de maneira maioritaria, outras vías de comunicación co centro. 

5. Mellorar as habilidades dixitais do alumnado. ACADADO

Este obxectivo foi acadado de maneira destacada en todas as acción deseñadas para o seu desenvolvemento. O emprego dos paneis interactivos atópase completamente normalizado en todas as aulas, acadando o alumnado unha competencia significativa no seu manexo diario. As numerosas actividades realizadas no centro dedicadas á competencia dixital foron ben recibidas e aproveitadas polo alumnado, salientando as 3 sesións de Robótica e Programación impartidas pola academia Captioma de Ourense. Tamén valorouse positivamente a competencia dixital adquirida polo alumnado de 6º de primaria, co obxecto de favorecer o seu desenvolvemento curricular na Educación Secundaria Obrigatoria.

Proposta de mellora

Propostas de mellora

1. Obxectivo O01PD: sistematizar prazos e procesos para axilizar aspectos organizativos, facilitando a incorporación dos novos docentes ás dinámicas de xestión.

2. Obxectivo O02PD: seguir promovendo o desenvolvemento profesional continuo dende a oferta formativa de FPROFE, os PFPP de competencia dixital docente e os Polos Creativos, tomando como marco as competencias recollidas nas Acreditacións.

3. Obxectivo O03PD: valorar a supresión deste obxectivo pola escasa utilidade práctica do seu desenvolvemento.

4. Obxectivo O04PD: seguir incidindo nos beneficios do emprego da ferramenta AbalarMóbil no contexto educativo.

5. Obxectivo O05PD: sistematizar as actividades favorecedoras da competencia dixital no alumnado de 3º ciclo para facilitar o seu desenvolvemento curricular na ESO.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O noso Plan Dixital 2.0 foi aprobado o 3 de novembro de 2023 polo Consello Escolar, que comunicou ás familias os contidos e implicacións do mesmo.

Este Plan pódese consultar de xeito público en EDUCALIDADE, procurando o noso colexio no menú Plans dos centros.