Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital de Centro é a ferramenta que facilita o acceso ao uso dos medios dixitais no proceso de ensinanza-aprendizaxe de cara o desenvolvemento pleno e integral do alumnado. Trátase polo tanto dun instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, Proxecto de Dirección e o Programa Xeral Anual de cara a dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de xeito que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa que mostre coherencia e guíe no uso das tecnoloxías.

Datos básicos do centro

- Nome do centro: CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo (Amoeiro)
- Dirección: Rúa Souto S/N
- Correo electrónico: ceip.pedraio.amoeiro@edu.xunta.gal
- Páxina web: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceippedraioamoeiro/
- Etapas educativas: Educación infantil e Educación primaria

- Número de alumnos: Educación infantil: 19, Educación primaria: 58, Total: 77.

- Profesorado do centro: No curso 2023/2024 forman parte do claustro  13 mestres/as, tendo en conta que, ata o 15 de xuño está presente á mestra de PROA+ (Programa para a Orientación, Avance e Enriquecemento Educativo) dirixido ao alumnado de 6º de educación primaria. O centro conta cunha orientadora compartida co CEIP Virxe de Covadonga e unha mestra de relixión itinerante.

- Características singulares do centro: A singularidade do centro radica nas dificultades existentes para poder estimar a matrícula do curso seguinte. Do número de alumnado dependen os recursos persoais, materiais e organizativos dos que vai dispor o centro, xa que tanto as unidades que conforman o centro como os mestres están supeditados a este aspecto.

No curso 2023/2024 o centro conta con 7 unidades polo que se conta dentro do equipo directivo cos cargos de director/a e secretario/a. Noutras ocasións, o centro dispón de 5 unidades ou menos, o que conleva a modificación dos recursos persoais conforme o establece a normativa vixente.

Contextualización do Plan Dixital do Centro

O Plan Dixital de Centro (PDC) é un instrumento de planificación que debe estar integrado no Proxecto Educativo, segundo se recolle na LOE que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. Neste sentido, non pretendemos que sexa un documento que xere conflitos, senón que recolla o que se leva facendo anos no colexio e que aglutine todas as actuacións no ámbito dixital e tecnolóxico que queremos abordar de cara ao futuro. Intentaremos que encaixe nos programas nos que xa participa o colexio: Edixgal, todas as liñas de contratos programa, plans proxecta...

Xustificación do Plan

En base á normativa vixente e como parte do Proxecto Educativo do CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo, elabórase este Plan Dixital, documento que pretende regular a relación coa tecnoloxía nas distintas etapas educativas e ofrecer unha guía de referencia para as familias e profesorado que sexa sinxela e efectiva. Neste documento trataremos de atopar o equilibrio necesario para que a tecnoloxía se introduza nas aulas de xeito natural sen ter dependencia dela, pero sendo conscientes de que no século XXI o alumnado debe adquirir unha serie de competencias en relación co seu emprego. 
A nivel lexislativo, para a elaboración do plan, tivemos en conta:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Proceso de elaboración

O equipo de Dinamización do Plan Dixital fórmano case todos os compoñentes do claustro sendo, a coordinadora, a directora. No curso 2022/2023 levouse a cabo un PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) con tres liñas diferentes, no que, unha delas, era a elaboración do plan Dixital do centro. Tivemos reunións periódicas ao longo do curso para tratar os diferentes aspectos (SELFIE, TCDD, DAFO, elaboración dos obxectivos...). Nestas reunión elabórase e impleméntase o Plan dixital a través do análise do cuestionario SELFIE, todo o profesorado do centro realiza o TCDD, elabórase o DAFO e elabórase o Plan Dixital completo por parte de todo o equipo de mestres/as.

No curso 2023/2024 actualízase o Plan Dixital segundo as características do centro ao longo dese curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non dispoñen de recursos dixitais para unha aprendizaxe mixta. C8 Alumnado Si
Debilidade Insuficiente comportamento seguro e responsable do alumnado. H1-H3 Alumnado Si
Debilidade O alumnado non emprega a tecnoloxía para comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. H4 Alumnado Si
Debilidade Baixo uso das tecnoloxías con fins pedagóxicos fóra do centro educativo. H3 Alumnado Si
Debilidade Escaso dominio das ferramentas ofimáticas. H10 Alumnado Si
Debilidade Dispoñen de dispositivos dixitais insuficientes ou mala conectividade. Familias Si
Debilidade Insuficiente formación no uso e existencia de determinadas ferramentas e aplicacións dixitais. Familias Non
Debilidade Falta de competencias dixitais nas familias sobre todo relacionadas coa escola. Familias Non
Debilidade Algunhas familias reticentes ao uso das tecnoloxías. Familias Non
Debilidade Escaseza de dispositivos para facilitarlles ao alumnado en caso de que os precisen. C8 Infraestruturas Si
Debilidade Non están actualizadas e son insuficientes os equipamentos e as redes. C2 Infraestruturas Si
Debilidade Falta de infraestrutura dixital para docentes e alumnado. C1 Infraestruturas Si
Debilidade Insuficiente política de protección de datos. C7 Infraestruturas Non
Debilidade Non existe actualmente ningunha modalidade de ensino en relación ás tecnoloxías dixitais. A3 Oferta Si
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. H12 Organización de centro Si
Debilidade Estratexia dixital en proceso de definición. H12 Organización de centro Non
Debilidade Asistencia técnica insuficiente. C5 Organización de centro Si
Debilidade Formación do docente non axustada ás necesidades que se demandan. A3 Persoal docente Si
Debilidade Dificultade do profesorado a explorar o ensino dixital e tempo para facelo. A4 Persoal docente Si
Debilidade Falta de seguridade do profesorado para a creación de recursos dixitais. E2 Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de mellora na retroalimentación e autoreflexión da aprendizaxe. G3-G5 Persoal docente Si
Debilidade Dificultade para aplicar as tecnoloxías dixitais ás necesidades individuais do alumnado. F1 Persoal docente Si
Debilidade Non emprego de canles de comunicación internas corporativas entre o persoal docente e non docente. B3 Persoal non docente Non
Fortaleza Acceso aos dispositivos E-Dixgal fóra do centro educativo. C8 Alumnado Si
Fortaleza Alta motivación ao alumnado ao traballar coas novas tecnoloxías. C10 Alumnado Si
Fortaleza Gran capacidade de aprendizaxe no uso das novas tecnoloxías. H10 Alumnado Si
Fortaleza As familias amosan boa vontade para participar e implicarse nos proxectos do centro. Familias Si
Fortaleza Emprego do espazo abalar para a comunicación coas familias. Familias Si
Fortaleza Boa relación co equipo directivo e co profesorado. Familias Si
Fortaleza Participan en redes sociais. Familias Si
Fortaleza Dispoñemos de espazos para facilitar o ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. C14 Infraestruturas Si
Fortaleza Todas as aulas dispoñen de PDI e ordenador do profesor. C2 Infraestruturas Si
Fortaleza O centro solicita os diferentes plans de Apoio educativo (ARCO e PROA+) para atender ás necesidades individuais do alumnado. A3-A2 Oferta Si
Fortaleza Existencia dunha boa comunicación coa comunidade educativa (abalarmóbil, páxina web, correo electrónico...). C15 Organización de centro Si
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital así como un plan de comunicación. A1 Organización de centro Non
Fortaleza Empréganse entornos virtuais de aprendizaxe (EVA) co alumnado E-Dixgal en 5º e 6º de EP. E3 Persoal docente Si
Fortaleza Docentes motivados para formarse en competencias dixitais. D2 Persoal docente Si
Fortaleza Relación cordial entre o profesorado e a capacidade de traballo en equipo. B3 Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado recibe formación a través dos PFPP. D2 Persoal docente Si
Fortaleza Hai persoal definitivo involucrado, responsable das TICS. B3-D2 Persoal docente Si
Fortaleza Suficiente participación en proxectos interdisciplinares. F6 Persoal docente Si
Fortaleza Boa predisposición á colaboración cos membros da comunidade educativa. B3 Persoal non docente Si
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Insuficientes equipos para o ensino. C2 Administración educativa Si
Ameaza Asistencia técnica externa ineficaz. C5 Administración educativa Si
Ameaza Excesiva carga burocrática e administrativa na actualización dos recursos tecnolóxicos. Administración educativa Si
Ameaza Non existe certificación en competencias dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Non están actualizados os equipamentos nin as redes. C1-C3 Administración educativa Si
Ameaza Presión para alcanzar unha dixitalización por parte da Administración Educativa ás familias e ao profesorado sen establecer uns prazos acordes á realidade individual de cada centro. Administración educativa Si
Ameaza A provisionalidade do profesorado para a continuidade do proxecto. Administración educativa Si
Ameaza Non existe proposta de actividades extraescolares relacionadas coas tecnoloxías. H11 ANPA Si
Ameaza Non existe oferta formativa no ámbito dixital por parte da administración pública da contorna. C11 Contorna Si
Ameaza Escasa difusión por parte do Concello das actividades relacionadas co centro educativo. C12 Contorna Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna para levar a cabo unha formación e un cambio atendendo ás necesidades dixitais que se nos presentan. C11 Contorna Si
Ameaza As institucións alleas ao centro educativo só contan con nós para lucir algún proxecto seu. C11-C12 Contorna Si
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. C12 Contorna Si
Ameaza Cambios constantes na lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza Falta de continuidade nas leis educativas relacionadas no eido dixital. Lexislación Non
Ameaza Insuficiente política de protección de datos relacionados co profesorado. C7 Lexislación Non
Ameaza Pouca oferta educativa dixital público-privada para os centros educativos. B3 Outras Si
Oportunidade Adecuada oferta de actividades formativas. Administración educativa Si
Oportunidade Aumento e uso das aplicacións dixitais establecidas pola Administración educativa (XADE, abalarmobil, proens, persoalcentros, fprofe, fondolibros, admisionalumnado...). C2 Administración educativa Non
Oportunidade A administración aposta e apoia a transformación educativa a través das tecnoloxías dixitais. C2 Administración educativa Si
Oportunidade Moitas aplicacións en liña dispoñibles. C2 Administración educativa Non
Oportunidade Existencia da Rede DixitalGal promovida pola Administración. C2 Administración educativa Non
Oportunidade Adecuada e boa relación coa AFA. ANPA Non
Oportunidade Interacción con outras entidades locais en diferentes proxectos (concello de Amoeiro, mancomunidade de santa Águeda). C12 Contorna Si
Oportunidade Nova lexislación que permite o acceso a novos programas e a unha nova financiación e dotación de recursos dixitais. Lexislación Non
Oportunidade Implicación con entidades externas público-privadas que ofertan actividades dixitais para centros educativos (Deputación, Fundacións, Abanca...). B3 Outras Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO tanto a nivel interno como externo. En canto a nivel interno atopamos 23 debilidades das cales 5 son a nivel do alumnado, 4 de familia, 4 de infraestruturas, 1 de oferta, 3 de organización de centro 5 de persoal docente e 1 de persoal non docente. Por outra banda, en canto a nivel externos nos atopamos con 19 fortalezas das cales 3 son referente ao alumnado, 4 as familias, 2 a infraestruturas, 1 a oferta, 2 a organización do centro, 6 a persoal docente e 1 a persoal non docente. Polo tanto podemos deducir que a nivel interno hai máis debilidades que fortalezas, destacando un maior número de debilidades a nivel de alumnado e persoal docente, mentres que en fortalezas destacamos ao persoal docente.

Por outro lado en canto ao nivel externo atopámonos con 17 ameazas, das cales 7 corresponderían á administración educativa, 1 á ANPA, 5 á contorna, 3 á lexislación e por último 1 no apartado de outros. En canto ás oportunidades observamos 9 das cales 5 corresponderían á administración educativa, 1 á ANPA,  outra á contorna, outra a lexislación e por último 1 no apartado de outras. Polo tanto podemos concluir con que temos casi o dobre de ameazas que debilidades, destacando no apartado de ameazas as correspondentes ao apartado de administración educativa mentres que no apartado de oportunidades podemos destacar o mesmo apartado de administración educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos dixitais na plataforma E-Dixgal por parte do profesorado.
O02PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital.
O03PD Revisar e actualizar os equipos existentes.
O04PD Empregar actividades de aprendizaxe dixitais que fomenten a creatividade do alumnado.
O05PD Empregar os foros na aula virtual como instrumento de avaliación.
O06PD Formar ao alumnado de segundo e terceiro ciclo en ferramentas ofimáticas.
O07PD Favorecer a formación do profesorado no ámbito da innovación educativa.

Seguimento

Procedemento

Levarase a cabo un seguimento trimestral para verificar que obxectivos do Plan Dixital se cumpliron e cales non comprobando as datas previstas para cada un destes obxectivos. 

1º Trimestre

Iniciouse o PFPPMetodoloxía e posibilidades de traballo no Polo Creativo do noso centro educativo”, durante o primeiro trimestre o coordinador do mesmo comezou a recibir formación sobre os Polos Creativos a través dunha xornada presencial en Santiago, ademáis de formación didáctica vía telemática.

A principio do curso levouse a cabo unha revisión xeral dos equipos dos que dispón o centro para detectar cales presentan problemas coa intención de arranxalos.

O alumnado de 3º de primaria iniciouse no uso do ordeador a través da navegación na rede e na creación de documentos de texto no ordeador mediante actividades concretas dirixidas pola titora.

O alumnado de 3º ciclo traballou cos ordeadores durante todo o trimestre.

O alumnado de todos os cursos utilizou as pantallas interactivas das que se dispón no centro para a visualización de vídeos, imaxes, música e a realización de actividades nas mesmas de maneira interactiva.

 

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre continuose co trabalo no PFPP Metodoloxía e posibilidades de traballo no Polo Creativo do noso centro educativo” a través da creación de recursos audiovisuais, no que participou e colaborou todo o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

Á volta das vacacións de nadal fíxose unha revisión xeral dos equipos dos que dispón o centro, en relación ao O03PD.

O alumnado de 3º de primaria continuou co achegamento ao uso do ordeador e das ferramentas ofimáticas, o alumnado de 3º ciclo contiuou co traballo nos ordeadores de E-Dixgal  e o resto do alumnado utilizou as Pantallas Dixitais Interactivas nas súas aulas en relación ao O07PD.

O profesorado de terceiro ciclo creo recursos e actividades na plataforma E-Dixgal, en relación ao obxectivo  O01PD.

 

3º Trimestre

O profesorado de terceiro ciclo creo recursos e actividades na plataforma E-Dixgal, en relación ao obxectivo  O01PD. 

Durante o terceiro trimestre continuouse co traballo no PFPP de polos creativos impartíndose unha formació ao profesorado sobre ferramentas dixitais educativas basadas na IA en colaboración co CFR (atendendo aos obxectivos O02 e O07).

O profesorado de 5º e 6º curso continuou utilizando a plataforma EDixgal para crear tarefas a materiais para o alumnado en relación ao O01.

Comezouse a utilizar as tablets do centro para o alumnado NEAE e instalouse unha Pantalla Dixital Interactiva na aula de 3º de Educación Primaria. Deste xeito todo o alumnado do centro pode realizar e realiza actividades dixitais de fomento da aprendizaxe (O03, O04 e O06)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O plan de acción avaliarase tendo en conta:

- Avaliación procesual: a avaliación está relacionada coa táboa dos obxectivos marcados neste plan, pois en cada un deles aparece establecido a data de fin prevista e o seguimento da acción.

- Avaliación final: unha vez ao ano, no mes de xuño. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Durante este curso escolar 22/23 no seminario do Plan Dixital leváronse a cabo diferentes e diversas actuacións a nivel de centro. A valoración xeral do Plan Dixital é boa, foronse cumprindo os obxectivos establecidos na medida do posible grazas á implicación do profesorado. Non obstante quedan obxectivos por cumplir, ben por falta de tempo ou ben por falta de medios ou cuestións de organización. Estes obxectivos quedarán pendentes de cara ao vindeiro curso que se valorarán ao comezo deste e se tomarán as medidas correspondentes a cada obxectivo.

Durante o primeiro trimestre continuouse co PFPP relacionado coa formación Edixgal en recursos dixitais para os mestres/as os días 7 e 14 de Febreiro, solicitáronse e acudiron dende o Plan Director da Garda Civil a dar unha charla sobre as novas tecnoloxías e viñeron a deuse unha charla ao alumnado do fotografado e visualización na páxina web do cole. Ao principio do curso escolar levouse a cabo un chequeo xeral dos equipos informáticos que temos no centro (hardware, software, internet,...) para detectar cales presentan problemas para que os poidan reparar. Introduciuse ao alumnado no emprego de distintas actividades de aprendizaxe dixital: genially, quizziz, kahoot,...).  No 3º ciclo preparouse ao alumnado en prácticas de coavalliación mediante rúbricas, iniciouse no emprego de ferramentas ofimáticas e realizouse unha proba práctica para comprobar o dominio de ditas ferramentas. Ademais púxose en común o obxectivo co profesorado implicado.

Durante o segundo trimestre continuouse coa liña de traballo do trimestre anterior. Seguiuse formando ao alumnado do 3º ciclo nas prácticas de coevaluación mediante rúbricas e practicando o dominio das diferentes ferramentas ofimáticas. Ademais tamén se formou ao alumnado sobre o uso dos foros e o comportamento responsable na publicación de comentarios dentro da aula virtual e fora de ela. Dandolle a escoller tamén os diferentes temas para poder debatir nos foros da propia aula virtual e que eles mesmos escollan diferentes temáticas a tratar.

No terceiro e polo tanto, último trimestre do curso escolar a liña de traballo foi a mesma que a do resto do ano. Profundizouse na utilización dos foros e un uso responsable do mesmo do alumnado do 3º ciclo en temáticas como por exemplo os seus rincóns favoritos para a lectura. Tamén se profundizou no uso de diferentes ferramentas ofimáticas e o uso e coñecemento  por parte de todo o centro dos novos paneis interactivos. Levouse a cabo unha revisión e análise dos obxectivos pendentes de este curso escolar e a revisión dos mesmos para o próximo curso escolar.

Proposta de mellora

En canto ás propostas de mellora do Plan Dixital para o vindeiro curso, tendo en conta o traballo levado a cabo este curso e en vistas ao vindeiro:

- Maior coordinación do equipo para unha posta en común dos obxectivos de xeito mensual.

- Información clara e concisa sobre as actuacións do Plan Dixital para un traballo efectivo e útil.

- Favorecer e facilitar o traballo do Plan Dixital para levar a cabo unha proposta real e efectiva.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital atópase na nosa web do centro ao cal se pode acceder mediante o seguinte enlace: Plan Dixital CEIP Plurilingüe Ramón Otero Pedrayo.

Tamén queda incorporado ao noso Proxecto Educativo do Centro (PEC).