Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de Dinamización do PD realizará alomenos unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.
A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, unha visita ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD o desenvolvemento do proxecto.
No procedemento de seguimento do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :
- Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez trimestralmente. Nela, incidiremos na observación de aspectos como: o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
10/10/23 Reunión mentor Adix.
20/10/23 Asistencia á xornada de coordinadores de Polos Creativos.
3/11/23 Reunión pola aula virtual para modificar últimos detalles do plan antes de que peche.
19/12/24 Rematamos o inventariado do material informático de administración e dirección.
27/02/24 Reunión co mentor Adix
5/03/24 Reunión equipo Adix para organizar os obxectivos que quedan por acadar e pensar xa nalgún para vindeiro curso.
Formación da coordinadora de Polos Creativos.
2º formación realizada pola coordinadora de Polos Creativos.
Reunión co mentor Adix
Reunión do equipo de plan dixital para establecer os obxectivos do vindeiro curso.
26/05/24 Rematamos o inventario do equipamento dixital accesible por nos.
27/06/24 Evaluación por parte do claustro de Mestres dos obxectivos propostos no plan dixital e acordó para os novos obxectivos.
Avaliación
No procedemento de avaliación do desenvolvemento do Plan e para a consecución de obxetivos, teremos en conta dous tipos de avaliación :
- A avaliación final: se realizará mediante a memoria de centro ao finalizar o curso 2023-2024 onde se incluirá a valoración dos obxectivos e as propostas de mellora para o curso seguinte. Esta avaliación vai servirnos como feedback, para recibir de novo información e mellorar as accións e obxetivos do curso seguinte.
Para poder avaliar o Plan será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados así como as actuacións levadas a cabo para acadalos.
O claustro de profesorado valora positivamente os obxectivos porpostos e as actividades que se propuxeron para acadalos.
Para o vindeiro curso por consenso no claustro de mestres acordamos os seguintes obxectivos:
- Crear biblioteca de recursos en liña para a comunidade educativa.
- Reportar a web do centro á plataforma corporativa.
- Inventariar o material informático do centro.
- Desenvolver un PFPP en relación co material de polos creativos e promover o seu uso no curriculo.
- Crear unha radio na escola.
Comunicación e difusión
Este plan publicarase na páxina web do centro e enviarase ás familias e profesorado a través da aplicación Abalar móbil, así como que estará totalmente visible dentro da plataforma de EduCalidade.