Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.E.I.P. Península da Paz sitúase na vila de San Cibrao, ao norte da provincia de Lugo, e pertence ao Concello de Cervo, que á súa vez está integrado na comarca de A Mariña Oriental. Este Concello tivo unha notable importancia no período histórico da Ilustración, coa ubicación aquí das Reais Fábricas de Sargadelos, na actualidade transformadas nunha importante industria da artesanía cerámica, na que se segue conservando esta tradición.

O ambiente económico e socio-cultural correspóndese cun nivel medio, coa característica de que a maioría de pais/nais de alumnos/as son traballadores da factoría ALCOA de Alúmina-Aluminio, situada nesta localidade. Un número importante de familias da nosa comunidade escolar viñeron doutras comunidades autónomas a traballar aquí (Asturias, Castela-León) e tamén doutros lugares de Galicia. Ademais, hai unha significativa porcentaxe de alumnos e alumnas, que son fillos de nativos da vila de San Cibrao, adicados a actividades varias: mariñeiras, comerciais...Da derradeira enquisa sociolingüística realizada ás familias do Centro, conclúese que: un 81,7 % dos alumnos son castelán-falantes.

O alumnado ascende aproximadamente a 140 escolares, dos cales 25 alumnos/as de 5º e 6º nivel de Primaria desenvolven a súa aprendizaxe no contorno dixital de aprendizaxe Edixgal. Os equipos docentes reúnense alternativamente os luns de 16:00 a 18:00 h. A atención aos pais/nais e titores dos nosos alumnos/as é todos os luns de 18:00 a 19:00 h.

 

O colexio conta con 19 mestres/as; dos cales tres son compartidos con outro centro de primaria do Concello: 1 profesora de relixión, 1 mestra de AL e a orientadora escolar. Durante o curso escolar 21-22 a metade do claustro está formado por persoal interino ou con destino provisional. Sen embargo tras publicarse o novo CXT ao longo do curso 22-23 a totalidade do claustro estará formado por persoal con destino definitivo no centro. Este profesorado organízase en ciclos de dous anos (salvo a Educación Infantil). Así mesmo, ademais de aqueles órganos de coordinación docente contemplados na lexislación, no centro establécense diferentes equipos de traballo para facilitar a coordinación e o desenvolvemento das distintas competencias. Entre eles atopamos:

 

  • Equipo encargado das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

  • Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.

  • Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

  • Equipo de dinamización da Biblioteca

 

A elaboración deste Plan Dixital persigue contribuír á consecución dos valores expresados no noso Proxecto Educativo, entre eles; construír unha escola plural e intercultural fomentando o coñecemento e o respecto cara ás diferencias ideolóxicas, relixiosas, sociais, culturais, idiomáticas..., para conseguir unha escola coeducativa, tolerante, solidaria e participativa. Impulsar un proxecto que potencie e estimule a autonomía organizativa e curricular que incardine a adquisición das competencias básicas, dos valores e as actitudes que propicien o desenvolvemento integral da persoa.

Asi mesmo, este documento tratará na medida do posible contribuír ao logro dos obxectivos marcados no resto de plans e proxectos do centro, especialmente o proxecto da biblioteca e o proxecto lingüístico. Neste contexto, e tendo en conta que a implementación deste Plan Dixital se iniciará ao longo do curso 22-23, este documento será plantexado co obxectivo de contribuír ao desenvolvemento da Planificación Xeral Anual de dito curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar "Táboas SELFIE e CDD" en Anexos.

Interno
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O centro non conta con medidas fiables para identificar as dificultades que xurden co aprendizaxe mixto relacionados cas necesidades de aprendizaxe dos alumnos e o seu contexto socioeconómico. Familias Non
Debilidade 15. Noso centro necesita poñer en marcha proxectos integrados de ensinanza e aprendizaxe vinculados con tecnoloxías dixitais, concretamente: ¿ Aprender a crear contidos dixitais. ¿ Aprender a codificar ou programar. Oferta Si
Debilidade 1. O centro non conta cunha estratexia dixital; o cal implica que non avaliamos os nosos progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade 2. Non noso centro o profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais, desenrolar materiais ou dar retroalimentación al alumnado. Organización de centro Si
Debilidade O noso profesorado necesita mellorar as súas competencias dixitais para integrar completamente as tecnoloxías dixitais na súa práctica diaria e asegurar así que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Persoal docente Si
Debilidade En termos xerais, o equipo docente non presenta iniciativa nin motivación cara á formación e implementación das tecnoloxías dixitais na aula. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado do centro non emprega os recursos dixitais para reforzar o seu método nin para adaptalo ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade No noso centro, o conxunto de docente non crea nin emprega recursos ou actividades de aprendizaxe dixitais que motiven ó alumnado e fomenten a súa creatividade. Persoal docente Si
Debilidade O equipo docente non aproveita completamente as posibilidades das tecnoloxías dixitais na avaliación. Concretamente para: ¿ Heteroavaliación (Avaliación das habilidades do alumnado e facilitar unha retroalimentación axeitada) ¿ Autoavaliación (A reflexión do alumnado sobre a súa aprendizaxe) ¿ Coavaliación (Realizar observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros) Persoal docente Si
Debilidade 6. O conxunto de docentes do centro busca recursos educativos dixitais, sen embargo, estes non son procurados para a súa implementación en liña na aula. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado do centro necesita participar en actividades de ensinanza e aprendizaxe para: ¿ Actuar de xeito seguro en internet. ¿ Comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. ¿ Comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza 11. O alumnado do centro ten nocións básicas sobre como actuar de maneira responsable en internet. Alumnado Non
Fortaleza 13. Boa relación coa ANPA do centro Familias Non
Fortaleza 14. Participación das familias Familias Non
Fortaleza 1. No noso centro a infraestrutura dixital respalda a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. (O centro conta con dispositivos e cun bo acceso a internet para facilitar a ensinanza e a aprendizaxe). Infraestruturas Si
Fortaleza 2. O C.E.I.P. Peninsula da Paz conta con dispositivos dixitais que son propiedade do centro e están xestionados por el e que o alumnado pode utilizar cando os necesita. Infraestruturas Si
Fortaleza 3. No noso centro, hai dispositivos portátiles que son propiedade do centro o están xestionados por el e que o alumnado pode levar a casa cando sexa necesario. Infraestruturas Non
Fortaleza 7. Noso profesorado fomenta a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 4. O equipo docente do centro debate sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza 5. No noso centro debatemos sobre as nosas necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza 8. Empregamos tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ó centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza 9. O conxunto do persoal do centro apoia e séntese apoiado para explorar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
22 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 2. A inestabilidade laboral do persoal docente non permite o desenvolvemento dunha estratexia dixital a curto ou longo prazo. Administración educativa Non
Ameaza 8. O profesorado do centro ten dificultades á hora de empregar as tecnoloxías dixitais para facilitar la colaboración entre el alumnado cando as ferramentas postas a disposición tanto do equipo docente como do alumnado esta condicionada por problemas de compatibilidade e uns criterios de seguridade, na nosa opinión, demasiado estritos. Administración educativa Non
Ameaza 3. A asistencia técnica do centro cando xurde un problema cas tecnoloxías dixitais é lenta, ineficaz e non resolve os problemas na súa totalidade. Administración educativa Si
Ameaza 4. As características do software instalado en los equipos utilizados no centro non corresponden ca realidade dixital fora do mesmo. Administración educativa Si
Ameaza 6. O profesorado do centro non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais Administración educativa Si
Ameaza 1. Noso profesorado ten acceso a posibilidades de Desenvolvemento Profesional Continuo no relativo á ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Ameaza 1. Baixa competencia dixital das familias. ANPA Non
Ameaza 3. As familias do centro non empregan as tecnoloxías dixitais dispoñibles fóra do centro con fines de aprendizaxe. Sen embargo, empregan ditos dispositivos para o ocio. ANPA Non
Ameaza 2. Faise necesario establecer proxectos integrados de aprendizaxe nos que colaboraren organizacións externas ao centro. ANPA Non
Ameaza 1. Tanto a lexislación educativa coma lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo impide que as ideas contempladas na mesma non sexan aplicables á realidade educativa do noso centro nas condicións horarias e de coñecementos do profesorado. Lexislación Non
Ameaza 2. As características do software empregados nos centros impide en moitas ocasións a utilización das tecnoloxías dixitais al colaborar con outras organizacións. Lexislación Si
Ameaza 1. No noso non se dispon de asistencia técnica eficaz e inmediata cando xurden problemas co hardware dos dispositivos dixitais. Outras Non
Oportunidade 7. A utilidade da orientación ou do asesoramento interno, así como de todos as vías de formación permanente do profesorado, dependen da súa idoneidade con respecto ás necesidades do profesorado e da súa utilidade práctica na aula. Administración educativa Non
Oportunidade 9. A Administración educativa axuda ao noso profesorado a que intercambien experiencias dentro da comunidade educativa sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade 4. O alumando ten acceso a dispositivos dixitais fóra do centro para a realización das tarefas escolares. ANPA Non
Oportunidade 5. Existen estratexias de comunicación con outros centros educativos. ANPA Non
Oportunidade 6. No noso centro realízanse actividades en colaboración con persoas e institucións alleas ao centro educativos. ANPA Non
Oportunidade 2. Participación das familias nas actividades propostas polo centro. Contorna Non
Oportunidade 1. Boa relación coa ANPA do centro. Contorna Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O noso centro educativo conta co seguinte equipamento dixital. (Táboas)

Así mesmo, o centro participa no Proxecto Edixgal nos niveis de 5º e 6º de Educación Primaria. Ademais no centro empregamos a plataforma Abalar para a comunicación coas familias e a Web Dinámica do centro para proporcionar información a toda a comunidade educativa. O centro conta cunha aula virtual desenvolvida cara á aprendizaxe mixto no caso de ser necesario. 

            En referencia á participación do centro en diferentes programas e plans da Conselleria de Educación, o centro participa nos contratos programa a través de catro liñas de acción: Inclúe-T, Integra-T, Iguala-T e Emociona-T. Do mesmo xeito, participamos no Programa ARCO  co fin de seguir avanzando cara á consecución dunha escola de calidade e inclusiva que responda ás necesidades de todo o alumnado, e para continuar traballando polo fomento do éxito escolar. Ademais o centro encamiñase cara a inclusión no Programa de Bibliotecas Escolares para o vindeiro curso mediante a aprobación do PLAMBE.

            Con respecto ao mantemento do equipamento, aquel integrado programa Edixgal, contam co soporte do Servizo Premium. Igualmente, os servizos de mantemento dos equipamentos dixitais do centro proporcionados pola administración educativa, contan co soporte da Unidade de Atención a Centros (UAC).

            Cabe mencionar neste apartado que con respecto a todo o equipamento adquirido polo centro educativo que traballa cun sistema operativo Windows, na actualidade non contamos con ningún soporte nin mantemento.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Desenvolver as competencias dixitais do conxunto do profesorado do centro.
O02PD Establecer un espazo no centro que facilite o desenvolvemento de tarefas integradas vinculadas ás aprendizaxes dixitais e creativas.
O03PD Organizar os horarios do centro para facilitar as tarefas de coordinación, asesoramento e ensinanza e aprendizaxe de coñecementos dixitais por parte do profesorado.
O04PD Mellorar os servizos de mantemento informático do centro.
O05PD Establecer una estratexia dixital que inclúa unha progresión de contidos dixitais ao longo dos niveis.

Seguimento

Procedemento

A principio do curso, no mes de setembro, o equipo do Plan Dixital realizará unha reunión inicial co obxectivo de establecer os calendarios de accións incluídas neste documento así como a proposta destas accións ao resto do Claustro do centro.

            O seguimento do Plan Dixital se realizará de maneira trimestral mediante reunións do Equipo do Plan Dixital. Nestas reunións valorarase o grado de consecución dos obxectivos marcados en cada unhas das accións detalladas.

            No caso de que as accións non sexan realizadas e os obxectivos non poidan ser alcanzados en tempo e forma, se analizará o motivo deste atraso e se realizarán as modificacións necesarias para a futura realización da actividade así como a data para a cal se empraza o logro do obxectivo e o desenvolvemento das accións encamiñadas á súa consecución.

1º Trimestre

Analizáronse as necesidades reais do claustro en canto ás competencias dixitais. Identificouse ao profesorado con maior competencias dixitais. Estableceuse un plan de aprendizaxe de ferramentas dixitais enfocado ao profesorado.

2º Trimestre

Buscáronse actividades para que o alumnado mellorara as súas capacidades dixitais, entre elas a mecanografía, en 3º e 4º cursos de Ed. Primaria, de cara á preparación para Edixgal. 

3º Trimestre

Posta en práctica das ferramentas dixitais exploradas ao longo do curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No caso de que as accións non se poidan realizar no curso, as accións quedarán como pendentes especificando o motivo. Neste caso, realizarase igualmente unha análise pormenorizada das causas e un calendario para a realización de modificacións enfocadas na súa realización.

            Ademais, se realizarán todas aquelas reunións do equipo que se consideren necesarias. Destas reunións levantarase acta nas que se indicarán todas aquelas decisións e acordos adoptados polo equipo así como  todas aquelas cuestións que se consideren relevantes para a realización e o seguimento do Plan Dixital do Centro. 

Valoración xeral

O Plan Dixital é unha ferramenta poderosa, que axuda na organización do centro tanto a nivel formativo como competencial mais, isto non tería sentido sen a aportación do Asesor Dixital e da colaboración e orientacións aportadas desde a implantación deste plan. 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, gustaríanos dispoñer dunha maior asistencia técnica e dunha formación máis específica para o emprego dos novos dispositvos dixitais do centro, como os Paneis Dixitais Interactivos ou os portátiles do alumnado en cursos non Edixgal.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento será difundido a toda a comunidade educativa do centro       . En primeiro lugar será analizado polo Claustro de profesorado do centro na última reunión do curso para a súa aprobación e posteriormente será presentado ao Consello Escolar do Centro.

            Unha vez aprobado polo Consello Escolar será publicado na web dinámica do centro para a súa difusión