Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

- Nome do centro: CEIP Plurilingüe de Monterroso.

- Dirección:Barrio dos Piñeiros, 9. C.P. 27560 Monterroso (Lugo)

- Correo:ceip.monterroso@edu.xunta.es

- Páxina Web:https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonterroso/

- Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria.

- Nº de alumnado: 184  alumnos e alumnas.

-  Nº de profesorado: 18 profesoras.

 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro. O C.E.I.P. Plurilingüe de Monterroso pertence ó concello de Monterroso, que se sitúa na comarca da Ulloa. A meirande parte do noso alumnado procede da vila capital do concello, e menos dun cuarto dos alumnos e alumnas proceden da zona rural. O nivel socioeconómico das familias é medio e medio-baixo, sendo a gandaría e os servizos as actividades máis destacadas. Nos últimos anos está a haber un certo crecemento nas actividades relacionadas co turismo, en parte porque o camiño de Santiago pasa polo concello.
O concello de Monterroso conta cos servizos básicos: gardería, centro de saúde, instalacións deportivas, biblioteca pública... Neste concello hai unha casa de acollida de menores tutelados pola Xunta de Galicia. Eses nenos acoden á nosa
escola. En Monterroso hai un instituto de secundaria, ó que o noso centro está adscrito. No instituto hai ensinanzas de E.S.O., bacharelato e varios graos de F.P. (un deles un grao superior relacionado co turismo).  A lingua maioritaria é a galega pero a presenza do castelán é moi importante.
No curso 2022/2023 o centro consta de 9 unidades, 3 unidades de infantil e 6unidades de primaria (194 alumnos).  A nosa xornada é intensiva. O horario do centro é de 09:35 a 14:35. Contamos cos servizos complementarios de comedor e transporte escolar. Existe unha asociación de nais e pais, pero son poucas as familias que forman parte dela. Este curso somos 18 docentes: catro de infantil, seis de primaria, unha de francés, unha de música, unha de educación física con perfil de inglés, unha de inglés, unha de P.T., e unha de A.L. con horario completo no centro. A orientadora e a mestra de relixión teñen base no noso centro, pero a orientadora acode un día á semana ó CEIP Plurilingüe Virxe da Luz, de Portomarín e a mestra de relixión vai dous días á semana ó CPI San Tomé de Taboada. Este curso contamos con dous coidadores, pois hai dous alumnos con NEE en primaria. Temos tamén unha auxiliar de conversa procedente da India.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro.
O Plan Dixital atópase estreitamente relacionado co Plan de Integración das Tic do centro. Dito plan, en consonancia co Proxecto Educativo de centro busca adecuar os modelos pedagóxicos ás novas tendencias sociais, científico e tecnolóxicas, apostando por una educación de calidade; así, o uso das TIC, contribúe a potenciar a aprendizaxe do alumando en todas as áreas e materias do curso. Ademais, seguindo a liña iniciada en cursos anteriores, búscase continuar traballando no desenvolvemento da competencia dixital de todo o centro, tanto do alumnado como do profesorado. O Proxecto educativo de centro recollese como materia de libre designación á materia as Tics.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.
O Plan Dixital contribúe a alcanzar os obxectivos establecidos na Programación Xeral Anual do centro. A PXA do curso 2022/2023 seguirá a liña establecida na do presente curso 2021/2022, polo que o Plan Dixital atópase directamente relacionado co obxectivo seguinte: “Fomentar o uso das novas tecnoloxías en tódolos niveis do centro, como unha ferramenta ó servizo do desenvolvemento do individuo, adquirindo coñecementos e habilidades básicas no marco do Plan Tic
do centro. Así mesmo este curso elaborarase o Plan Dixital de Centro”.

1.3. Breve xustificación do mesmo
O presente Plan Dixital atópase fundamentado no marco legal vixente que se indica a continuación:
-  Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
- Disposición adicional quinta da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
1.4. Proceso de elaboración
Para o proceso de elaboración de Plan dixital do centro solicitouse en setembro a participación nun Plan de Formación Permanente do Profesorado no Centro de Formación e Recursos de Lugo centrado na liña de traballo prioritaria “Plan dixital do centro. Integración didáctica das TIC. Traballo colaborativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital”, establecida na Resolución do 15 de Xuño de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a selección de plans de formación permanente do profesorado que se van implantar en centros educativos públicos dependentes desta consellería no curso 2021/22. Neste sentido, o principal obxectivo será a realización do Plan dixital de Centro e continuar coa formación do profesorado
nas Tics.
Unha vez concedido, constituíuse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital formado, inicialmente por seis docentes e, finalmente, por cinco mestras. Dende novembro, contouse co asesoramento do Equipo Adix de Lalín e desenvolvéronse as diferentes tarefas propostas en dúas fases:
-  Fase I. Análise e diagnose de situación do centro: configuración e envío do SELFIE do centro (decembro 2021);realización do Test de Competencia Dixital Docente por parte do profesorado (febreiro 2022); recompilación de datos, reflexión e análise dos mesmos para a realización do informe DAFO (marzo 2022).
- Fase II. Deseño e elaboración do Plan Dixital: Definición de obxectivos e accións a seguir para o curso 2022/2023 (abril-maio 2022); redacción do Plan Dixital (maio-xuño 2022).

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, dos resultados do TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que é de utilidade para a análise de situación e para a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital. Ademais de ter en conta a realidade presente no noso centro educativo. Nas seguintes táboas se recollen o resultado da análise DAFO.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. O alumnado realmente non é capaz de ver a seguridade ou inseguridade da rede. H3. Non é consciente dos perigos que Internet agocha. H4. Na actualidade existe unha dificultade clara para saber se a información que vemos é fiable e precisa. H6. Dende o centro non se fomenta o recoñecemento da autoría das recursos buscados a través da Internet. H8. Non podemos controlar a comunicación entre o alumnado que emprega as TIC fóra do centro. Alumnado Si
Debilidade C5. No noso centro non dispoñemos de asistencia técnica externa cando o precisamos. Organización de centro Non
Debilidade A3. O profesorado non está interesado en explorar novas modalidades dixitais de ensino. B2. Non existe un debate sobre as vantaxes e desvantaxes sobre o proceso de E/A con tecnoloxías dixitais. D3. Non se producen situacións de intercambio de experiencias xa que o profesorado non amosa interese no desenvolvemento das mesmas. E3. Parte do alumnado non dispón de medios de acceso á tecnoloxía polo que o uso por parte do profesorado deles é limitado. F6. Actualmente non se desenvolven proxectos interdisciplinarios que impliquen o uso das tecnoloxías. Persoal docente Si
Fortaleza H1. O alumnado realmente non é capaz de ver a seguridade ou inseguridade da rede. H3. No centro ensínase a actuar de forma responsable coas novas tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza C1.C2. C8. No noso centro contamos cunha dotación aceptable de recursos dixitais para facilitar a aprendizaxe do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza A3. Dende o centro ofértase a posibilidade de que o profesorado explore novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza D1 y D2. Dende o centro facilítase a participación nos plans de DPC e debátese sobre a formación do profesorado. E1. E4. O profesorado busca recursos dixitais en liña e emprega as tecnoloxías como medio de comunicación. Persoal docente Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C5. No noso centro non dispoñemos de asistencia técnica externa cando o precisamos. Administración educativa Si
Oportunidade C.1. A administración ofrece plataformas para mellorar o uso das tecnoloxías da información. C2. A administración dota de recursos dixitais aos centros para o seu uso na ensinanza. Administración educativa Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001 Implicar ao profesorado no desenvolvemento do Plan Dixital do centro.
002 Empregar por parte do profesorado as normas de dereitos de autor e licenzas de uso.
003 Realizar trimestralmente unha posta en común do traballo desenvolto coas tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe.
004 Mellorar e modernizar a dotación tecnolóxica do centro.
005 Solicitar a posibilidade de ter asistencia técnica .
006 Participar dentro dun PFPP nun itinerario formativo centrado na competencia dixital.
007 Utilizar de forma habitual a Aula Virtual do centro de terceiro a sexto de Educación Primaria.
008 Utilizar Abalar e a Páxina Web do centro como medio de comunicación coas familias.
009 Usar a tecnoloxía dixital para adaptar o método de Ensino/Aprendizaxe ás necesidades individuais do alumnado
010 Incrementar a formación do alumnado na competencia dixital: seguridade e privacidade na rede.

Seguimento

Procedemento

Ao longo dos difertentes treimestres realizarase unha recollida de datos e valoración respecto a consecusión dos obxectivos propostos.

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre realizaouse unha reunión para a valoración e análise os obxectivos e accións planteadas para o citado trimestre.

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre realizaouse unha reunión para a valoración e análise os obxectivos e accións planteadas para o citado trimestre.

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre realizaouse unha reunión para a valoración e análise os obxectivos e accións planteadas para o citado trimestre.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao longo do curso levarase a cabo o seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos dende dous puntos de vista: – Avaliación procesual: unha vez por trimestre valoraranse os resultados das accións propostas en cada un dos obxectivos para ese período de tempo, seguindo a Táboa do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para cada obxectivo. De ser o caso, estableceranse posibles modificacións das accións e propostas de mellora. – Avaliación final: a final de curso valoraranse os logros dos obxectivos establecidos no Plan de acción, seguindo a Táboa do Plan de Acción do Plan Dixital de Centro para cada obxectivo, e definiranse as propostas de mellora necesarias.

Valoración xeral

En proceso de desenvolvemento.

Proposta de mellora

Durante o curso 2023-2024 continuarase ca consecusión e profundización dos obxectivos marcados no Plan Dixital do centro.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital incorporarase á Programación Xeral Anual do centro. Deste xeito, a súa publicidade e difusión do mesmo, entre toda a comunidade educativa, realizarase a través da Páxina Web do centro dentro do mencionado documento. Este Plan Dixital foi presentado ao claustro o día 30 de xuño de 2022 e aprobado polo Consello Escolar o mesmo día.