Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A oferta educativa do CIFP Porta da Auga para o presente curso 2021-2022 enmárcase dentro das seguintes familias profesionais

Familias Profesionais: Administración e xestión, Edificación e obra civil, Electricidade e electrónica, Servizos socioculturais e a comunidade, Transporte e mantemento de vehículos.

Na actualidade o claustro está formado por un total de 46 profesores/as (curso 2021-22).

Alumnado: 428 alumnos/as (curso 2021-22).

A) CONTEXTUALIZACION

A Vila de Ribadeo situase o norte da provincia de Lugo na denominada Mariña Oriental limitando co Principado de Asturias. Ronda os 10.000 habitantes repartidos en 12 parroquias. O sector terciario é a día de hoxe o principal motor da economía local con un 59% de ocupados. O comercio en xeral tanto o por menor, tendas, hostalería, etc.,  como as grandes transaccións vía porto comercial, así como, os profesionais liberais e servicios vinculados a administración forman parte deste sector.

B) CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO FUNCIONAL

O plan dixital pretende tamén servir como ferramenta que enlace e axilice todos os procedementos do centro tanto académicos como administrativos, tratando de que sexa unha axuda e unha mellora na propia xestión interna do Porta Da Auga, contribuíndo coa mellora de medios e formación para quen a precise, e sirva tamén para a difusión do centro vía redes sociais, empregando as ferramentas dixitais necesarias. Para elo potenciaranse recursos como espazo abalar e abalar móbil, aula virtual, redes sociais, xestións de programacións, xade, rede wifi, recursos dixitais docentes, etc. Tentando en todo momento dispoñer dos medios máis axeitados e actualizados posibles para cumprir os nosos obxectivos.

Neste senso, o Plan Dixital pretende aportar un enfoque estratéxico para o desenvolvemento dun plan de acción dentro do centro educativo, no eido tecnolóxico, que permita acadar os obxectivos establecidos no Plan Funcional do centro, e con especial atención aos obxectivos estratéxicos que veñen de implantarse por primeira vez no presente curso 2021/22 na rede de centros integrados de formación profesional.

C) CONTRIBUCIÓN AO PLAN ANUAL

O Plan Dixital, en canto que representa un documento organizativo máis do centro, deberá ser flexible e adaptable ás necesidades que vaian xurdindo conforme vaia avanzando o curso, e en especial atendendo aos obxectivos establecidos nos plans anuais das diferentes áreas que forman parte dos órganos de coordinación do centro.

Para a elaboración do plan anual do vindeiro curso académico 2022/23, será importante ter en conta a estratexia de actuación establecida no presente Plan Dixital como ferramenta para o desenvolvemento das competencias dixitais, tanto do profesorado como do alumnado, asi como tamén será importante puntualizar e concretar a forma na que se van a integrar as tecnoloxías da información e a comunicación para mellorar a organización interna do centro.

Débese facer unha labor de difusión entre o profesorado para que se implique e entre todos melloremos o funcionamento do centro especialmente en canto ao uso de ferramentas dixitais, tamén contando en todo intre co alumnado para identificar as súas necesidades. Tamén se pretende que nas programacións dos distintos departamentos quede reflictida a posibilidade de utilización das ferramentas dixitais para a consecución de obxectivos tanto académicos como de valores, etc.

BREVE XUSTIFICACIÓN DO MESMO

A través do presente documento preténdense establecer os principios, obxectivos e as actuacións que se recollen no marco do Plan Dixtal que se implementará dende o CIFP Porta da Auga a partir do curso 2022/23. Para contextualizar a liña metodolóxica de traballo que se vai a levar a cabo dende o noso centro educativo coa intención de acadar os obxectivos recollidos no plan de acción do Plan Dixital, considérase necesario partir do coñecemento e a análise tanto das necesidades sociais, como dos diferentes cambios acaídos no marco normativo en relación ao desenvolvemento das competencias dixitais no sistema educativo.

Atendendo ao marco social e cultural, a difusión e o desenvolvemento da tecnoloxía un feito doadamente contrastable na actualidade. Neste senso, os centros educativos teñen a obriga de constituirse como referentes na proporción de servizos e na utilización de diferentes recursos e ferramentas tecnolóxicas, promovendo unha formación adaptada ás necesidades dun mundo en permanente cambio, e no que a sociedade e o mercado laboral, cada vez máis dixitalizado, demandan persoas que posúan as competencias necesarias para adaptarase as necesidades dunha contorna cada vez máis dixitalizada. na que se melloren os procesos de ensino-aprendizaxe en aras de desenvolver a competencia dixital tanto de docentes como do alumnado.

Atendeno ao marco normativo hai que destacar:

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 .

A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Tomando como referencia o contexto social e normativo que se acaba de mencionar, constitúese como unha necesidade e establécese como obxectivo estratéxico do Plan Dixital o de: Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa para transformar os centros en organizacións educativas dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación.

PROCESO DE ELABORACIÓN 

Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro levou a cabo a análise da situación de partida mediante o SELFIE, ferramenta de autoavaliación habilitada para os centros educativos por parte da Comisión Europea, e o informe extraído do test CDD (Competencia Dixital Docente). Grazas a estas dúas avaliacións realizábase a fase de diagnose inicial. Unha vez se dispoñía destes datos, realizouse a análise DAFO, a parti da cal se redactaron os obxectivos do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar "Táboas SELFIE e CDD" en Anexos.

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Necesidade de concienciación da xestión correcta da información obtida a través das redes Alumnado Si
Debilidade Algún alumnado con poucos coñecementos dixitais Alumnado Non
Debilidade Preferencia polo traballo individual que polo colaborativo Alumnado Non
Debilidade Limitación de recursos TIC nalgunhas familias de alumnado Familias Non
Debilidade Escasa alfabetización dixital en moitos casos Familias Non
Debilidade Equipos do alumnado desactualizados. Infraestruturas Si
Debilidade Dotación de portátiles para o alumnado para potenciar o traballo diario de forma dixital. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de escáneres multicopia (Educalidade) Infraestruturas Si
Debilidade Actualizar a dotación de sistemas de proxección e de reproducición de audio. Infraestruturas Si
Debilidade Aumentar a dotación de pizarras dixitales Infraestruturas Si
Debilidade Déficit de formación interna realacionada co ámbito TIC Oferta Non
Debilidade Non se posúe persoal da especialidade de informática Oferta Non
Debilidade Acceso rudimentario as instalacións do centro, tanto internas como externas Organización de centro Si
Debilidade Non se dispón de espazos específicos para a implantación do Plan Dixital Organización de centro Si
Debilidade Precisamos fomentar a participación de profesorado en novas tecnoloxías Persoal docente Si
Debilidade Implicación deficiente de parte do profesorado en actividades de formación relacionadas con TIC Persoal docente Si
Debilidade As ferramentar que se empregan para retroalimentación e apoio se restrinxen ao uso da aula virtual do centro Persoal docente Si
Debilidade Necesidade de potenciar o uso das ferramentas dixitais como recurso de aula Persoal docente Si
Debilidade A maior parte do profesorado non emprega os recursos dixitais como método de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Bastantae persoal nos derradeiros anos da carreira profesional Persoal non docente Si
Debilidade Competencias TIC limitadas Persoal non docente Si
Fortaleza O alumnado ten acceso a equipos informáticos no centro Alumnado Si
Fortaleza Acceso a novas e información actualizada a través da páxina web do centro Alumnado Non
Fortaleza Comunicacións rápidas e efectivas entre os/as docentes e alumnado na xestión de procedementos relacionados co mesmo ( faltas de asistencia, apercibimento, cualificacións...) Alumnado Si
Fortaleza Eficacia na comunicación directa mediante mensaxería instantánea Familias Si
Fortaleza Actitude colaborativa no uso das TIC Familias Si
Fortaleza Comunicación rápida e efectiva entre os/as docentes e os/as titores/as legais do alumnado menor de idade na xestión de procedementos relacionados co mesmo (faltas de asistencia, apercibimentos, cualificacións...) Familias Si
Fortaleza Actualizáronse os equipos da sala de profesorado e oficinas. Infraestruturas Si
Fortaleza Disponibilidade de boa rede wifi e por cable Infraestruturas Si
Fortaleza Disponse dalgún espazo específico para o uso de equipos (aulas de informática) Infraestruturas Si
Fortaleza Participación de parte do profesorado en formación relacionada co eido dixital ofertada pola Consellería Oferta Si
Fortaleza Especialidades de Familias profesionais onde se manexan coñecementos relacionados co ámbito dixital Oferta Non
Fortaleza Programa dixital de control de asistencia ao centro Organización de centro Si
Fortaleza Amplos coñecementos en aplicativos da Consellería (Programacións, Educalidade, FCT,XADE,Datos persoais...) Organización de centro Non
Fortaleza Boas canles na comunicación co alumnado para a cesión áxil de portátiles Organización de centro Non
Fortaleza Formación do profesorado en empresas externas Persoal docente Non
Fortaleza Incremento do número de profesorado que emprega o aula virtual con respecto a cursos pasados Persoal docente Si
Fortaleza Participación, por parte do profesorado, en formación dixital ofertada pola consellería Persoal docente Si
Fortaleza Boa actitude fronte a actualización de competencias dixitais Persoal non docente Si
Fortaleza Ampla experiencia profesional nalgúns postos (secretaría) Persoal non docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carencia de Intranet Administración educativa Non
Ameaza Descoñecemento ou falta de información sobre o uso da nube dixital da Consellería por parte do profesorado Administración educativa Si
Ameaza Pouca implicación das empresas no plan dixital Contorna Si
Ameaza Reticencia de novas tecnoloxías por parte da contorna Contorna Si
Ameaza Baixa competencia dixital das familias Contorna Non
Ameaza Descoñecemento da aplicación práctica da Lei Lexislación Si
Ameaza Mala aplicación da política de Protección de Datos Lexislación Si
Oportunidade Mellora de equipos actualizados para a implementación do Plan Dixital Administración educativa Si
Oportunidade Ampla oferta de formación en ferramentas dixitais Administración educativa Si
Oportunidade Boa conectividade á rede Administración educativa Si
Oportunidade Dotar dunha intranet ao centro educativo Administración educativa Si
Oportunidade Maior difusión da actividade do centro docente Contorna Si
Oportunidade Ampliación de empresas en colaboración do centro- Bolsa de emprego Contorna Si
Oportunidade Facilitar webinar sobre as formacións do centro Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de colaboración con outros centros educativos da comarca Contorna Si
Oportunidade Incremento empresarial relacionado coas tecnoloxías Contorna Si
Oportunidade Publicación das actualizacións normativas referentes a FP na web Lexislación Si
Oportunidade Nova lexislación e regulación da FP Lexislación Si
Oportunidade Aparición da normativa que regula a implantación do Plan Dixital nos centros educativos Lexislación Si
Oportunidade Control de accesos intelixente Outras Non
Oportunidade Acceso ao aparcadoiro do centro mediante unha App de recoñecemento Outras Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tomando como referencia os datos expostos anteriormente no apartado 1, e unha vez analizados tamén os datos extraídos da realización da análise DAFO, hai que destacar que actualmente no CIFP Porta da Auga dispoñemos dos seguintes servizos dixitais e recursos tecnolóxicos:

 

a) No relativo a servizos dixitais que se ofrecen dende o centro:

 

•        Utilización da aula virtual para complementar o proceso de ensino-aprendizaxe.

•        Utilización de aplicacións dixitais (abalar) para mellorar a comunicación e información ás familias.

•        Plataforma para a elaboración e o seguemento das programacións de aula.

•        Rexistro documental para a xestión de toda a documentación do SXC a través da páxina web do centro.

•        Páxina web vinculada ás redes sociais do centro, que se empregan para informar da actividade diaria que se realiza e de procesos administrativos puntuais que se convocan ao longo do curso lectivo (matricula, validacións, acreditación de competencias, probas libres, etc).

 

 

 

b) En canto aos recursos tecnolóxicos, na actualidade disponse dos seguintes:

*A dotación tecnolóxica da que se dispón na actualidade é suficiente para o desenvolvemento da actividade docente, pero cómpre renovala en moitos casos debido a que algúns dos recursos dispoñibles están obsoletos e/ou o e seu estado non é o óptimo. Por outra banda, para asegurar o consecución dalgúns dos obxectivos propostos (elaboración de novos materiais didácticos dixitais e interactivos) precisará da dotación de novo equipamento.

 

 

c) A infraestrutura dixital da que dispoñemos na actualidade é  a seguinte (Táboa):

-        Boa conectividade e velocidade de rede. Disponse de servizo wifi en todo o centro, habilitado para toda a comunidade de forma gratuíta.

-        Infraestrutura de voz (telefonía).

-        Dúas aulas de informática (uso comunitario).

-        No marco da resolución do 8 de marzo de 2022 acábase de conceder ao centro educativo un orzamento para a conversión dun aula tradicional no denominado “Espazo de tecnoloxía aplicada”, a través do cal o alumnado da familia profesional de Electricidade e electrónica poderá realizar prácticas nun simulador dun espazo de carga para vehículos híbridos e eléctricos apoiado nunha instalación solar fotovoltáica.

 

No relativo ao mantemento que se leva a cabo dos diferentes recursos e infraestrutura dixitais, cómpre mencionar que, ademais do soporte técnico que se brinda dende a UAC e AMTEGA, dende o pasado curso 2020-2021 contratouse o servizo dunha persoa externa que é a que actualmente se encarga da revision do estado dos equipamentos informáticos, asi como da súa reparación e actualización cando é necesario.

 

Por outra banda, como persoa responsable de coordinar a prestación dos diferentes servizos dixitais que se levan a cabo dende o centro, dispoñemos da coordinación TIC, que se encarga  da xestión de servizos como:

 

 -  Aula virtual

 -  Actualización da información na web do centro e redes sociais

 - Educalidade: Plataforma para a xestión documental do SXC (Sistema de Xestión da  Calidade).

 -  Abalar

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos didácticos dixitais para a comunidade educativa
O02PD Instaurar o uso das TIC como principal ferramenta de comunicación entre o centro e as familias
O03PD Facilitar o acceso e coñecemento da diferente normativa apicable ao uso de recursos dixitais entre a comunidade educativa
O04PD Establecer unha rede de colaboración coas empresas dos sectores produtivos asociadas á oferta educativa do centro.
O05PD Actualizar e dotar ao centro con novo equipamento tecnolóxico.
O06PD Incentivar a formación do persoal docente en competencias dixitais
O07PD Formar ao alumnado en competencias relacionadas co uso responsable das TICs

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos formulados vaise  a realizar nos seguintes contextos:

 

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da realización, vai a ser como mínimo unha vez ao trimestre, polo tanto a Coordinación TIC convocará trimestralmente unha reunión de seguimento do Plan Dixital ás Xefaturas dos Departamentos Didácticos, a Xefatura do Departamento de Calidade, ao Departamento de Información e Orientación Profesional e á Secretaría do centro, e os aspectos a valorar, que serán:

 

-        O estado da execución das accións, realizando unha valoración de cada unha delas.

-        Nº accións realizadas/ Nº accións propostas x 100. Esta porcentaxe ten que ser igual ou superior ao 80%.

-         A análise e valoración dos resultados en relación aos indicadores propostos, segundo o establecido no plan de acción.

 

Seguindo as accións, nas reunións trimestrais, valoraranse os resultados que se van obtendo e o grado de consecución dos mesmos, para alumnado e profesorado (valoración interna), mediante o seguimento realizado empregando como referencia os indicadores recollidos nas propias táboas do plan de acción.

Tamén se indicarán as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora (como se vai a indicar no apartado seguinte 4.2).

1º Trimestre

OBXECTIVO 1:

Solicitación de grupo de traballo: Realízase vía correo electrónico polo coordinador de formación con data 29/09/2022.

O día 10/10/2022 vólvese mandar un email recordatorio para realizar o grupo de traballo.

O 19 de xaneiro, realízase a primeira reunión do grupo de traballo. 

OBXECTIVO 2:

Infórmase no claustro que se utilicen Abalar e Aula virtual 

Na reunión das familias de FPB infórmase verbalmente que, na medida do posíbel, se utilice Abalar para a comunicación entre centro e alumnado.

Envíase un correo recordatorio a todas as familias con alumnado menor de idade ca pílula da xunta do manual de Abalar móbil.

2º Trimestre

OBXECTIVO 3:

Elabóranse pílulas informativas para o profesorado sobre a utilización de educalidade

Envíanse emails as familias con titorial de Abalar

OBXECTIVO 4:

A bolsa de emprego organiza o DIOP do centro.

Está na páxina web, no apartado de Bolsa de emprego.

Pode utilizalo tanto empresas como alumnado.

OBXECTIVO 6: 

A persona encargada da coordinación de formación, envía todos os meses un email ca formación relacionada de cada un dos departamentos e a información máis xeral para as persoas docentes.

Neste correo tamén da a informacion dos cursos que se comezarán no ámbito das competencias dixitais

 

3º Trimestre

OBXECTIVO1: 

O grupo de traballo constituído por 6 membros de diferentes Dptos. didácticos elaboraron materiais dixitais(recursos de gamificación e presentacións canva) que foron xa facilitados á Asesoría do CEFORE. 

OBXECTIVO2: 

Posposto

OBXECTIVO 3:

Creouse na páxina WEB un espazo dentro da área de Calidade e a Coordinación TIC para subir a normativa. 

OBXECTIVO 4:

Fíxose achega as empresas colaboradoras na FCT unha carta de agradecemento de colaboración na que se fixo a difusión sa bolsa de emprego e do procedemento ARA

OBXECTIVO 5:

Dotouse dunha impresora Scanner multicopia.

Dotouse nun 10% do programado dos equipos de son das aulas.

Hai unha parte importante da dotación que foi solicitada á Consellería pero non se recibiu polo que quedan pendentes varias das accións programadas para conseguir este obxectivo. 

 

OBXECTIVO 6: 

Durante todo o curso dende a Coordinación de Formación e Innovación do centro, difundiuse mediante correo eléctronico a oferta formativa relacionada coas competencias dixitais.

Na derradeira reunión dos Dptos. recollerase nun punto a información sobre o impacto da formación recibida ao longo do curso por distintas entidades ( CEFORE, CAFI, Formación Interna...)

 

OBXECTIVO 7:

Levouse a cabo unha formación en Protección de Datos para o profesorado o día 7/06/23

Durante o curso empregouse o abalar e o aula virtual como mediuo de comunicación principal co alumnado e as famillias por parte dos/as docentes e da Xefatura de Estudos. 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación final de resultados empregaranse os indicadores asociados a cada un dos obxectivos, dos que xa se vai realizando un seguimento ao longo de todo o curso.

Con esta información a coordinación TIC elaborará unha memoria final, na que plasmará: O seguimento do plan, a avaliación final anual e as propostas de mellora.

 

Memoria final Plan Dixital: recollerá unha valoración do grao de logro dos obxectivos en base aos resultados finais, describindo o proceso levado a cabo para conseguilos, e as accións. Tamén se recollerán as propostas de mellora que se trasladen nas reunións trimestrais e as conclusións finais das mesmas. Posteriormente trasladaranse os resultados a Área de Calidade e Innovación do CIFP Porta da Auga.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Das modificacións e propostas de mellora trimestrais, farase un seguimento, tendo en conta o resultado final (xuño):

Trala avaliación final, que se plantexa no apartado anterior, na que se recollerán as propostas de mellora do Plan Dixital, manterase unha reunión entre a Coordinación TIC do centro, e os departamentos, trasladando está mellora para realizar no seguinte curso.

 

Estas propostas serán xunto cos obxectivos do Plan o punto de partida de traballo no curso seguinte.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital, unha vez informado o Claustro, debe ser aprobado no Consello Social e asumido por todos os membros da comunidade educativa do CIFP Porta da Auga e polos diferentes axentes que a compoñen, involucrándose no seu desenvolvemento.

 

Con carácter xeral, o equipo directivo e a persoa coordinadora de TIC, serán os máximos responsables da difusión do mesmo e levarán a cabo as actuacións necesarias para que o plan sexa coñecido, aplicado e valorado por todos e todas.

 

Así mesmo, de xeito máis concreto, poderemos especificar unha serie de actuacións que se levarán a cabo ao longo do curso e mediante as cales as diferentes persoas responsables tamén axudarán difundir e responsabilizar do cumprimento dos obxectivos do plan ao resto da comunidade educativa.