Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Actualmente son de gran importancia o sector servizos e o sector turístico. Ribadeo é o centro dun enclave turístico en expansión. O sector industrial non está propiamente representado en Ribadeo. En consonancia histórica co carácter comercial de Ribadeo e do seu porto, e reforzado polo crecemento experimentado polos servizos nas últimas décadas, o sector terciario mantense hoxe como o principal motor da economía local, o comercio, dende o que é polo miúdo ata as grandes transaccións que teñen lugar no porto comercial, e os servizos vencellados á administración, profesións liberais, ocio, turismo… son os causantes do crecemento económico de Ribadeo nos últimos anos. O porto de Mirasol foi e segue sendo o grande motor comercial de Ribadeo e, dende 2004, é o único da costa de Lugo autorizado para o comercio con países externos á UE. O segundo sector en peso ocupacional é o secundario, a actividade industrial, que está centrado na transformación agropecuaria, na madeireira e na elaboración de prefabricados de formigón. O sector primario ten un peso escaso no conxunto da economía local. Este sector primario baseado na gandería, sobre todo no vacún de aproveitamento lácteo, e na produción forestal, ten pouca relevancia. A actividade da pesca, centralízase no porto de Porcillán, pero cómpre dicir que ten moi escaso peso na economía local, aínda que nos últimos anos gañaron tamén protagonismo a exportación de algas e a cría de ostras. O porto deportivo de Ribadeo é un actor clave no proceso de desenvolvemento da vila, un verdadeiro axente de transformación social no que conflúen trazos socioculturais, lingüísticos, históricos e económicos. O Concello de Ribadeo posúe tamén varios recoñecementos internacionais (Rede Natura 2000, LIC, ZEPA, Reserva da biosfera...). A situación xeográfica de Ribadeo, no litoral da Mariña lucense, e a súa situación entre as autonomías de Galicia e Asturias converten a este concello nun lugar estratéxico que abarca a Mariña oriental lucense e a Mariña occidental de Asturias, a distancia que separa Ribadeo dos seus concellos veciños en Asturias é mínima. Ribadeo forma parte tamén do camiño norte ou primitivo de Santiago, polo que é visitado cada ano por milleiros de persoas, moitas delas procedentes doutros puntos de Europa. Esta poboación ábrese, de forma histórica, a outras culturas con curiosidade, e cada vez mais, se precisa un sector de servizos que domine linguas estranxeiras. A praia das Catedrais é tamén un gran reclamo turístico da Mariña lucense, e en especial do concello de Ribadeo. Milleiros de persoas de diferentes países a visitan cada ano debido á beleza e á espectacularidade das súas formacións rochosas. Sabedores de que o mantemento e a divulgación dos nosos valores culturais pasa por á formación e á educación, unha parte importante do noso traballo vai encamiñada a divulgación doutras culturas, xunto coas súas linguas. 

O PD está deseñado para ser un documento que permita traballar na consecución dos obxectivos do Proxecto educativo do centro, artellando estratexias e plans de accións que contribúan a desenrolar a actividade didáctica nun contexto cada vez mais dixital. Os plans de acción foron deseñados co gallo de formar parte de plans de innovación educativa e da competencia dixital do alumnado e  profesorado. No curso 2022/23 farase unha revisión do PEC para adaptalo a este novo contexto educativo como o ensino virtual, cursos semipresenciais etc.

A escola conta cunha biblioteca cunha adquisición progresiva de fondos. A inclusión da biblioteca no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares fai isto posible. A biblioteca é un lugar acolledor para o alumando, onde se poden levar a cabo diferentes actividades de dinamización de lectura que se programan cada curso. ¿ Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23. A Programación Xeral anual do curso 22/23 contará co Plan Dixital, a súa implantación será un dos obxectivos do curso. Ademais da implantación terase en conta a actualización e novas adquisicións de equipos, a formación do profesorado e establecer un plan de comunicación dixital e protocolo de boas prácticas.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre o outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas. Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os seguintes principios:

A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá. b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente. c) A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

O Plan Dixital permitirá planificar a liña de formación e realizarase en base a información recollida do informe de análise da situación do centro. Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, para así iniciar a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital. Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso Plan Dixital. No último trimestre do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro. O centro poderá realizar, previo á aprobación, unha segunda análise da situación da competencia dixital do centro para a elaboración do PD. No curso 2022/2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar "Táboas SELFIE e CDD" en Anexos.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Ás veces o alumnado carece de competencia dixital polo que resulta complicado implicar ao alumnado nas estratexias dixitais ou no uso das diferentes plataformas corporativas do centro. Alumnado Non
Debilidade Unha parte do alumnado informa que o uso dos dispositivos dixitais os distrae dos seus obxectivos académicos. Alumnado Non
Debilidade Parte do alumnado non coñece as vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo, porque o centro non dispoñe de suficientes medios tecnolóxicos. Alumnado Non
Debilidade O alumnado conta con espazos e actividades que lles permitan a autorreflexión sobre a aprendizaxe dixital. Alumnado Non
Debilidade O alumnado demanda espazos e actividades que lles permitan a autorreflexión sobre a súa aprendizaxe dixital e a comunicación e colaboración cos seus compañeiros na mellora da competencia dixital. Alumnado Non
Debilidade Unha gran parte do alumnado implícase moderadamente nas actividades que requiren competencias dixitais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado carece de coñecementos que lles permita facer un uso seguro e responsable dos medios dixitais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado carece das competencias que lles permita verificar a calidade da información á que teñen acceso. Alumnado Non
Debilidade O alumnado carece das competencias que lle permiten outorgar recoñecemento ó traballo dos demais Alumnado Non
Debilidade O alumnado carece dos coñecementos prácticos que lles permitan a creación de contidos en formato dixital Parte do alumnado do centro non conta coas capacidades dixitais necesarias para o seu desenrolo académico. Alumnado Non
Debilidade Parte do alumnado carece de software libre na súa casa. Alumnado Non
Debilidade O alumnado emprega pouco a tecnoloxía no centro. Ás veces o alumno non utiliza a tecnoloxía na casa o que impide a súa implicación nas estratexias dixitais do centro. Alumnado Non
Debilidade Unha parte do alumnado ten problemas para atopar espazos tranquilos onde usar dispositivos dixitais. Familias Non
Debilidade O centro non conta con unha estratexia ou plan de protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade O noso centro carece de rede wifi a disposición do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade O profesorado non se pode conectar cos seus propios equipos. Infraestruturas Si
Debilidade O centro carece dunha asistencia técnica inmediata. Infraestruturas Si
Debilidade Os equipos informáticos cos que conta o centro son insuficientes para a súa utilización nalgúns entornos de aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade O centro carece dunha base de datos de provedores de formación actualizada para ofrecer ó alumnado. Oferta Si
Debilidade O noso centro non conta cunha estratexia dixital definida debido a que a realidade de cada aula é diferente. Organización de centro Non
Debilidade O noso traballo de aula é moi persoal polo que é o propio profesorado quen desenvolve cada estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non hai unha retroalimentación ou debate sobre o aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade O centro non promove o debate sobre o uso das novas tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade Non hai no centro unha avaliación de progreso no eido da estratexia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Algúns docentes carecen de formación no campo das novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade Segundo os alumnos, non se levan a cabo os suficientes proxectos interdisciplinares que permiten unha aprendizaxe de contidos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado emprega plataformas dixitais como TokApp como medio de comunicación co profesorado. Alumnado Si
Fortaleza Baixo de alumnos por aula o que facilita o emprego de novas ferramentas e estratexias dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A maior parte do alumnado sabe como usar o software ou ten facilidade para resolver algún problema que poida xurdir. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado coas competencias dixitais necesarias realiza actividades académicas cos medios dixitais dispoñibles no centro. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado é avaliado empregando a plataforma dixital CentrosNet. Alumnado Si
Fortaleza No centro o alumnado pode mellorar as súas competencias dixitais e comunicativas mediante o emprego das Novas Tecnoloxías xa que dispón de espazos habilitados con equipos dispoñibles. Alumnado Non
Fortaleza O alumando recibe avisos e notificacións a través da plataforma de comunicación Tokapp. Alumnado Si
Fortaleza A través da páxina web do centro o alumnado ten acceso a toda á información que precisa. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado coas competencias dixitais necesarias realiza actividades académicas cos medios dixitais dispoñibles no centro. Alumnado Non
Fortaleza No centro o alumnado pode mellorar as súas competencias dixitais e comunicativas mediante o emprego das Novas Tecnoloxías xa que dispón de espazos habilitados con equipos dispoñibles. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado atopa con certa facilidade a información que precisa na web do centro. Alumnado Si
Fortaleza O emprego da aula virtual permítelle ao alumnado realizar o seu seguimento de actividades. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado utiliza de maneira habitual as tecnoloxías no seu fogar para o ocio o que facilita, nalgunhas ocasións, o desenvolvemento de actividades con contidos dixitais na aula. Alumnado Si
Fortaleza A maioría dos alumnos conta cun acceso a dispositivos fora do centro. Alumnado Si
Fortaleza Poden acceder á información actualizada a través da páxina web do centro ou a través de avisos mediante plataformas dixitais de comunicación. Familias Non
Fortaleza Unha parte do alumnado pide axuda ás familias para utilizar o software empregado no centro. Familias Non
Fortaleza O centro conta con equipos informáticos a disposición do alumnado. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro dispón de ordenadores e equipos portátiles a disposición do profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Facer reunións de tódolos membros do equipo docente permítenos coñecer as carencias dixitais do noso centro. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado crea recursos educativos en liña adaptados ás necesidades e diversidade do alumando. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado deseña recursos dixitais que fomentan a creatividade do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Hai unha avaliación de xeito dixital do noso alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado adapta as súas actividades ao nivel de competencia dixital do alumnado obxectivo. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza medios dixitais de comunicación co alumnado (TokApp, e-mail, aula virtual, etc). Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado conta co apoio do equipo directivo para probar novas formas de ensinanzas dixitais. Persoal docente Non
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración non dota ao centro con equipos nin dispositivos dixitais. Administración educativa Si
Ameaza A formación dispoñible para o profesorado non é, ás veces, específica na formación de linguas e para profesores de escolas de idiomas. Administración educativa Si
Ameaza Non facilitar formación en competencias dixitais en horario de mañás. Administración educativa Si
Ameaza Mala conectividade. Problemas técnicos frecuentes debido á rede wifi. Administración educativa Si
Ameaza O centro atópase nunha área na que se carece dunha oferta formativa externa no eido dixital para o alumnado. Existen problemas de conectividade na zona, tanto en cobertura móbil nas áreas rurais como na línea fixa que presenta cortes frecuentes incluso nos servicios de fibra óptica. Contorna Non
Ameaza Os prazos marcados na normativa pola administración dificultan, ás veces, a adquisición de equipamento informático cando se precisa. Lexislación Non
Ameaza Non contamos con apoio de empresas externas que participen na nosa estratexia dixital. As entidades externas que colaboran con nós son pagadas polo propio centro para cubrir as nosas necesidades; non son proporcionadas pola administración. educativa Outras Non
Oportunidade O centro conta con recursos económicos para a adquisición de equipos. Administración educativa Si
Oportunidade A Consellería proporciona ao profesorado formación en competencia dixital. Administración educativa Non
Oportunidade O centro colabora con outro centros da contorna e participa en actividades colaborativas empregando as novas tecnoloxías. Contorna Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a normativa para a adquisición de equipamento informático para o centro Lexislación Non
Oportunidade Persoa allea ao centro que repara os equipos informáticos e soluciona problemas técnicos. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Servizos dixitais e mantemento dispoñible

               A Escola Oficial de Idiomas de Ribadeo conta cun aula multimedia para o alumnado dotada de tres ordenadores portátiles; dende a escola inténtase fomentar o seu uso entre o alumando. A sala de profesores está dotada con tres equipos informáticos con conexión a Internet e tódalas aulas dispoñen de ordenador con conexión a Internet e proxector. Só unha das aulas conta con pizarra dixital.

Ás veces, temos que lamentar a calidade baixa da sinal wifi no centro o que repercute na práctica didáctica dos docentes. Os equipos son propiedade do centro que foi mercando de forma progresiva, polo que a UAC non se fai cargo de resolver os problemas cos equipos polo feito de non ser da Consellería. As incidencias coa conexión son continuas e foron un problema grave no momento que pasamos ao ensino telemático.

Na escola utilizamos a aula virtual como apoio á práctica docente e como medio de intercambio de información entre docentes e alumnado. Tamén traballamos coa plataforma de comunicación TokApp para a comunicación co alumnado e persoal do centro.

Para a avaliación do alumnado e carga de cualificacións, os docentes empregan a plataforma Centrosnet

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Deseñar xornadas de formación no centro para fomentar a competencia dixital do profesorado.
O02PD Actualización dos equipos da escola
O03PD Deseñar un plan de comunicación dixital do centro.
O04PD Deseñar un protocolo de actuación cos datos que manexamos no centro no eido do tratamento e protección de datos.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

 

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

1º Trimestre

Nestre trimestre deseñamos a formación en ferramentas de ensino e aprendizaxe dixital de linguas xunto coa asesora do CFR de Lugo. Avaliamos as necesidades de equipamento do noso centro e solicitamos equipamento novo así como a mellora da conectividade sen fíos. Comezamos co deseño do plan de comunicación dixital do centro.

2º Trimestre

No segundo trimestre recibimos as formacións en ferramentas dixitais para o deseño de materiais de ensino das linguas. Publicamos o plan de comunicación dixital do centro.

3º Trimestre

Neste trimestre recibimos o novo equipamento solicitado e comezamos a familiarizarnos co seu uso e ferramentas. Tamén creamos e compartimos recursos grazas á formación recibida en ferramentas dixitais de ensino e aprendizaxe.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Acadamos case na súa totalidade os obxectivos deseñados para este curso. Cómpre mellorar a implicación de todo o claustro para un desenvolvemento cara a dixitalización do ensino no noso centro. 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, gustaríanos recibir formación no uso dos PDI. Rematar coa renovación do equipamento nos despachos de dirección e xefatura, así como na sala de mestres. Incorporación á práctica didáctica das ferramentas dixitais aprendidas no curso. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A páxina web da escola servirá como medio de difusión do Plan Dixital e estará a disposición para o coñecemento de tódolos membros da comunidade educativa.