Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Como mínimo unha vez ao trimestre realizarase unha xuntanza do equipo de dinamización do PD para valorar o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Executáronse todas as accións que estaban deseñadas para este primeiro trimestre, tendo en conta que tanto o calendario do uso dos ordenadores portátiles por parte do alumnado do segundo ciclo, así como a programación para mellorar a competencia dixital deste alumnado, son documentos abertos e flexibles que poden ir sufrindo modificacións ou melloras ao longo do curso.
Executáronse todas as accións que estaban deseñadas para este segundo trimestre. Tras a análise das TIC nos documentos de centro, detectouse a necesidade de elaborar unha "Guía para o uso responsable das TICS", documento que está en proceso de elaboración. A análise das TIC nos documentos de centro é unha tarefa que habería que realizar en cada curso académico debido aos cambios constantes que se producen neste eido polo avance das tecnoloxías da información e comunicación e o seu uso por toda a comunidade educativa.
Executáronse case todas as accións que estaban deseñadas para este terceiro trimestre. Elaboramos a "Guía para o uso responsable das TICS" pero non se chegou a elaborar nin o protocolo nin a Estratexia Dixital, accións do obxectivo “Deseñar unha estratexia dixital para o centro (A1)” que deberán desenvolverse nos vindeiros cursos . Considérase que aínda que este ano se acadaron os obxectivos " Mellorar as habilidades dixitais do alumnado” e “Participar no proxecto de innovación Polos Creativos”, son obxectivos que poderían plantexarse tamén nos vindeiros cursos.
Avaliación
A final de curso farase unha valoración do grado de consecución dos obxectivos propostos e unha proposta dun novo plan de acción para o curso seguinte.
A valoración xeral do Plan Dixital é en xeral boa, acadáronse case todos os obxectivos propostos no inicio do curso excepto o primeiro “Deseñar unha estratexia dixital para o centro (A1)”. Isto foi debido a que adicamos moito tempo ao obxectivo “Participar no proxecto de innvoación Polos Creativos”.
Como coordinadora do equipo considero preciso agradecer a colaboración tanto do equipo directivo coma do equipo que participou no desenvolvemento do Plan Dixital, así como da asesora ADIX, que estivo implicada en todo o proceso.
Nos vindeiros cursos deberemos seguir traballando no obxectivo “Deseñar unha estratexia dixital para o centro (A1)”, elaborando o protocolo e a Estratexia dixital. Considérase que aínda que este ano se acadaron os obxectivos "Mellorar as habilidades dixitais do alumnado” e “Participar no proxecto de innovación Polos Creativos”, son obxectivos que poderían plantexarse tamén nos vindeiros cursos, debido aos cambios e evolución das novas tecnoloxías así coma do seu uso no eido educativo ano a ano. Do mesmo xeito considérase necesario que o claustro siga realizando formación permanente do profesorado nesta materia.
Outra proposta de mellora sería a de que non coincidira na mesma persoa a coordinación deste equipo coa coordinación de Polos Creativos, ou de ser o caso, que tivera máis liberación horaria para poder levar a cabo os dous proxectos correctamente.
Comunicación e difusión
Unha vez informado o Claustro e aprobado polo Consello Escolar, o PD será publicado a través dunha ligazón na web do centro.
Tamén se pode ver na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27016728