O Plan Dixital de Centro recollerá as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital do Instituto Aínda que o proceso de desenvolvemento e difusión das tecnoloxías é imparable, parece que xa se consolidaron unha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, non só os que pasa na aula, senón tamén todos aqueles que axudan a que os centros educativos cumpran coa súa función formativa. Tendo en conta o mundo no que vivimos, é necesario abordar o tema da tecnoloxía dende unha perspectiva máis global, mirando 0 centro como a unidade de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvolvidos co impulso do equipo directivo do centro. No tocante á lexislación con referencia ao Plan Dixital, hai que nomear:
- Marco Europeo para Organizaciones Educativas Digitalmente Competentes (DigCompOrg), desenvolto polo Centro Común de Investigación.
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
Si falamos de contextualización, no relativo ó alumnado, procede do medio rural (40%) e do medio semiurbano (60%) do concello de Cervo. Tamén hai alumnos e alumnas do concello de Xove, que acoden a facer os Bacharelatos, con características semellantes. As súas familias teñen un nivel socioeconómico medio, e son traballadores fundamentalmente da industria. Existe un número importante de familias inmigrantes doutras zonas do Estado e doutros países (Cabo Verde, Cuba, Portugal ...) que en xeral están ben integradas socialmente. Caracterízase por ser activo e participativo de cara ao deporte, con algunhas excepcións de desmotivación, falta de esforzo e desinterese polas actividades académicas e intelectuais.
Sobre as familias, caracterízanse por ser socialmente participativas a través de múltiples asociacións existentes, sobre todo as de carácter deportivo. As profesións máis abundantes son os traballadores por conta allea na industria de Alcoa, pero tamén existe un número importante de economía mixta: agrícola, mariñeira e de servizos. O nivel económico é medio. Constitúense en núcleos familiares reducidos, de non máis de 5 membros. No núcleo semiurbano, a lingua familiar é o galego nun 60% dos casos, aínda que esta se reduce ao 40% de uso polos seus fillos. No rural aumenta a porcentaxe achegándose ao 100% de uso, tanto polos pais coma polos fillos. A maioría das familias interésanse polo rendemento académico dos alumnos, e asisten con frecuencia ás reunións cos titores.
Respecto ao profesorado, nestes momentos a maioría do profesorado ten praza fixa no Centro. En xeral está preocupado e motivado pola súa formación profesional e participa en numerosas actividades de formación externa.
En relación co persoal non docente, no cadro de persoal deste Centro están integradas dúas conserxes, tres limpadoras e unha administrativa.
O centro sitúase xeográficamente aos pés do Cantábrico, formando parte da Mariña occidental lucense e de Cervo, concello que ocupa unha superficie de 75 km2, na que se asenta unha poboación de aproximadamente 5.000 habitantes que se distribúen en seis parroquias: Castelo, Cervo, Lieiro, Rúa, Sargadelos e Vilaestrofe.
Os símbolos de identidade do centro son: centro público con metodoloxía activa e innovadora, con valores democráticos e pluralismo baseados no traballo e a disciplina, co galego como lingua vehicular que forma persoas con atención á diversidade respectando a igualdade de oportunidades, educando na paz e na convivencia cunha xestión democrática.
Este plan formará parte do PEC a partir do curso 22/23, tendo importancia na redacción dos seguintes documentos: Plan de Igualdade e Convivencia, Plan de Atención á Diversidade, Proxecto Lector, Plan de uso da Biblioteca, Normalización Lingüística e estará tamén reflectido nas programacións didácticas tanto LOMCE como LOMLOE.
Ó estar dentro dos plans de centro para o curso 22/23 formará parte do PXA e terá unha información, un seguimento e unha avaliación durante o vindeiro curso. Será remitido ás autoridades educativas xunto ao PXA no primeiro trimestre de curso.
No tocante ó proceso de elaboración, despois do informe SELFIE e do Test CDD de cada etapa educativa por parte da comunidade educativa comeza a elaboración do Plan Dixital de Centro. Cos datos do informe SELFIE o Equipo de Dinamización Dixital xerou unha análise DAFO que forma parte do Plan e que serve para coñecer o punto de partida para a elaboración do Plan Dixital. Nunha segunda etapa completase o resto do Plan facendo especial fincapé no Plan de Acción no que se determinan os obxectivos concretando ata onde se quere chegar e as accións para conseguilo. Establecéronse obxectivos que se consideran medibles e alcanzables para o Centro. Tanto para a análise do DAFO como par a elaboración do resto do Plan Dixital de Centro seguiuse practicamente o mesmo proceso de elaboración: a continuación das reunións virtuais cos coordinadores que orientaron sobre o traballo a realizar polos distintos centros educativos realizase unha reunión de todo o Equipo de Dinamización Dixital para poñerse dacordo nas liñas directrices e para organizar as tarefas. Faise unha división en grupos de dúas persoas, tanto para a xeración da análise DAFO como para a elaboración do Plan de acción segundo os obxectivos determinados polos compoñentes de todo o Equipo. O resto de apartados cos que conta o Plan Dixital tamén foron repartidos por grupos tendo en conta a accesibilidade á información e a experiencia no centro dos diferentes membros do Equipo.