Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP O Cantel conta coas etapas educativas de infantil e primaria. Actualmente forman parte del 21 docentes e 192 alumnos/as. Conta cos servizos complementarios de comedor escolar de xestión directa e transporte escolar. En canto ás características socioeconómicas e culturais do contexto do centro comentar que a zona de influencia do centro abrangue tanto zonas do casco urbano como diferentes parroquias do concello. Nos derradeiros anos estamos notando un incremento de alumnado procedente do casco urbano e das súas zonas periféricas debido ao incremento de novas edificacións nestas zonas. Esta nova situación debemos tela en conta dado que levou aparellado un descenso do alumnado procedente do rural.

En canto á actividade económica a maioría das familias están a desenvolver a súa actividade profesional no sector servizos. No que se refire á comunidade escolar, a idade dos proxenitores está comprendida entre os 25 e 45 anos e posúen un grao de formación media. Predominan as familias con 1 ou 2 fillos/as nas que habitualmente traballan os dous membros da unidade familiar, o que implica que moito do noso alumnado quede ao cargo dos avós. Debemos ter en conta tamén que contamos con alumnado inmigrante, maioritariamente de orixe marroquí.

A lingua materna predominante no centro é o galego. O Proxecto Educativo de centro pasará a incluir o Plan Dixital no seu Capítulo III dentro do apartado Plans e Programas. O centro participa no Proxecto E-Dixgal dende o curso 19/20. O Plan Dixital pasará a formar parte da Programación Xeral Anual do vindeiro curso 22/23, momento no cal se implementará dito plan e se levarán a cabo todas as accións estipuladas nel. O Plan Dixital de centro concíbese como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da
competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes. A elaboración do presente Plan Dixital levouse a cabo coa constitución do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e a través do Plan de Formación do centro do cal formaron un total de 9 mestres.

Para a elaboración deste plan realizouse a análise da situación de partida a través da ferramentade autoavaliación SELFIE e do test CDD, para poder ter unha diagnose clara para o posterior deseño e elaboración do plan dixital.A implementación efectiva deste plan producirase no curso 22/23 e estará sometido a un proceso de avaliación constante e continua mellora, desenvolvendo futuras versións do mesmo.

 

 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise DAFO empregouse a ferramenta de Autoavaliación SELFIE a partir da cal recollimos a información do resumo das áreas da etapa educativa de primaria.

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca capacidade de creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Marxe de mellora do alumnado para verificar a calidade da información e o recoñecemento do traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Dificultades para a utilización produtiva dos dispositivos dixitais cos que contan. Familias Si
Debilidade Falta de competencia dixital a nivel usuario en moitas familias. Familias Non
Debilidade A maior parte dos equipos precisan renovación pola súa antigüidade. Infraestruturas Si
Debilidade O acceso a Internet é moi deficitario pola pobre conexión coa que conta o centro. Infraestruturas Non
Debilidade Necesidade de reestruturación dos espazos físicos adicados ás TIC para a súa integración/inclusión dentro das aulas. Infraestruturas Non
Debilidade Non existe oferta de formación presencial na Mariña de Lugo. Oferta Non
Debilidade Demanda de máis horas presenciais nos cursos de formación. Oferta Non
Debilidade Necesidade de individualizar as formacións. Oferta Non
Debilidade Necesidade de empregar recursos de software con licenza para a realización dalgúns cursos. Oferta Non
Debilidade Falta de adecuación aos horarios de traballo en caso de necesidade de mobilidade. Oferta Non
Debilidade Incompatibilidade co horario lectivo. Oferta Non
Debilidade Estratexia dixital con moita marxe de mellora. Falta de tempo dentro do horario lectivo para explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade dun coñecemento máis profundo sobre a protección de datos dixitais, licenzas de autor ou dereitos de uso. Persoal docente Non
Debilidade Necesidade a aumentar a creatividade a través das TIC. Persoal docente Non
Debilidade Falta de coñecemento para a creación de recursos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Claustro estable pero pouco dinámico e resolutivo. Persoal docente Non
Debilidade Parte do claustro é reacio a participar en actividades de formación continua. Persoal docente Non
Debilidade Escasa/nula colaboración con outros centros ou organismos en relación ás TIC. Persoal docente Non
Debilidade O emprego de contornas virtuais de aprendizaxe está en desenvolvemento. Persoal docente Non
Debilidade Diferenza notable nas prácticas de avaliación entre os cursos Edixgal e o resto. Persoal docente Non
Fortaleza Bo uso no emprego das contornas virtuais de aprendizaxe nos cursos Edixgal. Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro e responsable no uso das TIC. Alumnado Non
Fortaleza Alta capacidade para comunicarse a través das TIC. Alumnado Non
Fortaleza Alumnado motivado pola competencia dixital. Alumnado Non
Fortaleza Teñen á súa disposición dispositivos dixitais. Familias Si
Fortaleza Centro dotado de recursos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º está dotado de dispositivos dixitais (Proxecto E-Dixgal). Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse dunha empresa local para a asistencia técnica de urxencia de forma habitual. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe oferta de formación tanto en Platega como de forma presencial. Oferta Non
Fortaleza Interese por ter unha estratexia dixital ben definida. Organización de centro Non
Fortaleza Interese/motivación no desenvolvemento da estratexia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Debatemos e analizamos sobre o uso das tecnoloxías no centro. Persoal docente Non
Fortaleza Claustro motivado para empregar metodoloxías dixitais/novas tecnoloxías. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego de recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Hai iniciativa para adaptar as necesidades do alumnado a través das TIC. Persoal docente Non
Fortaleza O claustro coñece as posibilidades de formación continua. Persoal docente Non
Fortaleza O claustro é consciente da existencia de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de ferramentas corporativas para a comunicación da comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Iniciación en proxectos interdisciplinares "Seccións Bilingües", "eTwining". Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para colaborar. Estabilidade no posto de traballo (conserxe). Persoal non docente Non
42 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa/ pouco eficaz asistencia técnica para resolver problemas dixitais por parte da Consellería (só Edixgal) Administración educativa Non
Ameaza Ratios moi altas. Administración educativa Non
Ameaza Carga lectiva moi alta. Administración educativa Non
Ameaza Nula dotación de equipamento tecnolóxico para os centros, así como nula renovación e asistencia técnica para o equipamento existente. Administración educativa Non
Ameaza Necesidade de máis horas específicas para levar a cabo a súa función. Administración educativa Non
Ameaza Falta de partidas específicas para recursos tecnolóxicos. Administración educativa Non
Ameaza Falta de dispoñibilidade horaria para os coordinadores TIC/ Edixgal. Administración educativa Non
Ameaza Existencia de diferenzas notables entre o centro e a ANPA. ANPA Non
Ameaza Descoñecemento da organización e o funcionamento dun centro educativo. ANPA Non
Ameaza Descoñecemento ou confusión das funcións dunha ANPA. ANPA Non
Ameaza Alumnado inmigrante. Contorna Non
Ameaza Existencia dunha brecha dixital importante. Contorna Non
Ameaza Nivel socio-económico medio-baixo. Contorna Non
Ameaza Excesiva burocracia que ocupa moito tempo a maiores do traballo de aula. Lexislación Non
Ameaza Pautas pouco concretas para a resolución de problemas específicos. Lexislación Non
Ameaza Necesidade dun marco lexislativo máis concreto, actualmente é moi aberto. Lexislación Non
Ameaza Desmotivación para participar en actividades de formación pola alta carga lectiva e o exceso de burocracia. Outras Non
Ameaza Cada vez menos oferta de actividades individuais no ámbito do CFR. Outras Non
Ameaza Desprazamento a outras provincias para obter formación específica. Outras Non
Oportunidade Oferta do Proxecto Edixgal para Educación Primaria. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dunha ANPA. ANPA Non
Oportunidade Existencia dun marco lexislativo. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de plan de formación específico no centro. Outras Non
Oportunidade Colaboración coas Facultades de Maxisterio (Practicum, Actividades deportivas...) Outras Non
Oportunidade Actividades de formación individual no ámbito do CFR Outras Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro.
O02PD Actualizar os dispositivos dixitais do centro.
O03PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado de segundo ciclo de E. Primaria.

Seguimento

Procedemento

O seguimento da avaliación do Plan Dixital farase conforme ao seguinte procedemento:
- Avaliarase a execución do Plan Dixital de forma trimestral tendo en conta o estado da execución dos obxectivos e das accións establecidas. Levaranse a cabo xuntanzas do equipo de dinamización do Plan Dixital onde se valorarán e analizarán os
resultados obtidos, posibles modificacións e propostas de mellora. Así mesmo, levantaranse actas de todas as reunións levadas a cabo.
- Levarase a cabo unha avaliación final con carácter anual, preferentemente no mes de xuño, na cal se reflexarán o estado dos obxectivos plantexados e as propostas de mellora para vindeiros cursos.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento da avaliación do Plan Dixital farase conforme ao seguinte procedemento:
- Avaliarase a execución do Plan Dixital de forma trimestral tendo en conta o estado da execución dos obxectivos e das accións establecidas. Levaranse a cabo xuntanzas do equipo de dinamización do Plan Dixital onde se valorarán e analizarán os resultados obtidos, posibles modificacións e propostas de mellora. Así mesmo, levantaranse actas de todas as reunións levadas a cabo.
- Levarase a cabo unha avaliación final con carácter anual, preferentemente no mes de xuño, na cal se reflexarán o estado dos obxectivos plantexados e as propostas de mellora para vindeiros cursos.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia a seguir para a difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa será a través da páxina web do centro. Tamén estará a disposición para quen o queira consultar no centro.