Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao
trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e
valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as
propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os
aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as
propostas de mellora.
Utilizaranse as táboas do Plan de Acción comprendido dentro deste Plan Dixital como un
medio que facilite o seu seguimento.
Os primeiros obxectivos "1. Mellorar o dominio por parte das familias da contorna dixital ABALAR" e "2. Mellorar o coñecemento por parte das familias da Aula Virtual e de EDIXGAL" foron acadados satisfactoriamente no principio de curso, no mes de setembro, nunha reunión informativa e formativa que se tivo coas nais e pais do alumnado. Valórase positivamente e recoméndase continuar con esta liña de trraballo no próximo curso, como xa contempla o presente Plan dixital.
No tocante ao obxectivo 3 aínda estamos pendentes de recibir o material do Polo Creativo.
Así mesmo, no tocante ao oxbectivo "4. Incorporación de novos materiais dixitais no centro" xa se fixeron as primerias xestións, como o inventariado dos equipos informáticos que se deben cambiar, e xa se encargou a primeira tanda de cinco equipos novos que serán instalados ao logo do mes de xaneiro se se cumpren as previsións do proveedor.
No tocante ao obxectivo 3, aínda que non temos o material do Polo Creativo a estas alturas de curso, nin se nos informou de que material se nos enviará, xa comezamos a formación con material emprestado do CEFORE.
No tocante ao obxectivo 4. Xa se mercou o novo material (cinco ordenadores) e está instalado e en funcionamento.
Chegados á terceira avaliación xa só quedou pendente o cumprimento do obxectivo 3 relativo ao Polo Creativo, e se ben si se impartiu a liña de formación cunha impresora 3D que nos emprestou o CEFORE a tal efecto, non puido concretarse a comunicación e constitución do Polo entre a comunidade educativa como estaba previsto pola falta do material. Lamentablemente neste obxectivo non foi posible seguir avanzando, e agardamos que no próximo curso académico poidamos, por fin, ter o material comprometido.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración xeral da posta en marcha do presente Plan Dixital é positiva. O cumprimento dos obxectivos "1. Mellorar o dominio por parte das familias da contorna dixital ABALAR" e "2. Mellorar o coñecemento por parte das familias da Aula Virtual e de EDIXGAL" permitiu favorecer o desenvolvemento da faciana máis dixital do proceso de aprendizaxe do noso centro, facilitando a comprensión ás familias das nocións indispensables para o uso correcto das tres grandes ferramentas dixitais á súa disposición: ABALAR, Aula virtual e EDIXGAL.
No tocante ao obxectivo "3. Comunicar e desenvolver unha liña de formación para o profesorado relativa aos Polos Creativos", cómpre salientar que a pesar de non chegar a recibir o material do Polo Creativo, si puidemos desenvolver a formación correspondente con material prestado polo CEFORE, mais a formación específica co material que nos sexa definitivamente asignado non puido desenvolverse lamentablemente. De feito, o Plan Dixital tivo moito peso nas dúas lñas formativas que se impulsanos no IES do Camiño, posto que á liña de Polos Creativos engadimos unha liña específica chamada Plan Dixital na que se traballaron diversas apps para implementar nas aulas nos diferentes procesos de aprendizaxe, desde apps de elaboración e repaso de contidos, ata outras de verificación de información e localización de plaxios ou fake news.
Finalmente, en relación ao obxectivo "4. Incorporación de novos materiais dixitais no centro" conseguiuse incorporar os cinco equipos informáticos requiridos para este primeiro ano de implantación. A finalidade desta liña de traballo é poder ofertar ao noso alumnado unha equipación dixital alternativa se, como é previsible, nos proximos cursos académicos o centro decaera da súa participación no programa EDIXGAL.
De cara ao futuro recoméndase seguir actuando nas catro liñas descritas polos obxectivos do presente Plan Dixital (de feito xa estan temporizados de xeito miltianual) agardando que no próximo curso académico se poda superar a eiva de non dispor do material do Polo Creativo e se concrete de mellor forma esta formación. Como proposta de mellora tamén se propón a incorporación de algún outro obxectivo a maiores que poda favorecer un modelo de dixitalización o máis acaído posible ás múltiples necesidades do noso alumnado, e que cubra as deficiencias detectadas na enquisa DAFO.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado o Plan Dixital do Claustro e Consello Escolar, farase público na páxina web do centro e será exposta unha copia impresa na Sala de profesorado.