Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES do Camiño encóntrase no concello lucense de Palas de Rei, na comarca da Ulloa. Este municipio conta na actualidade con 3.388 habitantes (INE 2019) e ademais do núcleo urbano, onde se sitúa o instituto, conta con unha ampla contorna rural.

Pola súa parte, Palas forma parte dunha comarca, a Ulloa, na que tamén se sitúan os concellos de Antas de Ulla e Monterroso. Entre as principais actividades económicas deste espazo destaca o sector primario, tanto en canto a agricultura como a gandería. Alén diso, Palas é unha importante referencia no Camiño Francés, o que repercute no sector servizos.

O Plan Dixital contribuirá aos obxectivos do Proxecto Educativo do centro axudando á adquisición de técnicas de traballo, así como de coñecementos de diversos tipos. Así mesmo, existen no centro outros plans e proxectos. Neste sentido, cómpre nomear a existencia no centro dun Proxecto Lingüístico, un Plan anual de traballo da biblioteca, un Plan anual do Equipo de Normalización lingüística, un Plan de atención á diversidade, un Plan de convivencia, un Plan de Formación do Profesorado, un Plan de Acción Titorial, un Programa TEI (Titoría entre Iguais), un Proxecto E-Dixgal, un Proxecto Abalar ou un Plan Proxecta de correspondentes xuvenís...

Así, o Plan Dixital contribuirá a fomentar a páxina web do centro; a coordinar a acción do profesorado das diferentes áreas en relación ao traballo coas TIC; a impulsar a comunicación con outros centros e localidades; a facilitar o acceso ás tarefas de apoio e reforzo por parte do alumnado con necesidades especiais de apoio educativo; a potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento; a utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo; a fornecer ao alumnado de estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das TIC; a utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas; a potenciar a comunicación cos seus iguais; a mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as TIC; a empregar as TIC para o traballo cotián e as actividades de aula; a intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como internet; a lograr a integración das TIC como medio dinámico de comunicación; a poñer en marcha mecanismos para aproveitar a infraestrutura tecnolóxica a disposición de nais e pais para favorecer a adquisición dos coñecementos necesarios para un uso proveitoso das TIC.

Neste sentido, o Plan Dixital será un elemento importante dentro da Programación Xeral do curso 22/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan Dixital do centro foi elaborado inicialmente creando un grupo de traballo coa intención de crear o documento. A través da Aula Virtual, obtívose o asesoramento externo e seguimento de todo o procedemento e materiais precisos (SELFIE, Plan de Competencia Dixital Docente, Plan de Acción...). O grupo de traballo reuniuse de forma regular e realizáronse reunións presenciais coa Coordinadora do Plan Dixital asignada ao centro por parte da administración educativa.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Cando é procedente, o alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet Alumnado Non
Debilidade Falta de conciencia da necesidade de comprobación se a información que atopa en internet é fiable e precisa Alumnado Non
Debilidade Non todas dispoñen de competencia dixital Familias Non
Debilidade Insuficiente política de protección de datos Infraestruturas Non
Debilidade Insuficiente formación sobre aprendizaxe mixta Infraestruturas Non
Debilidade Imposibilidade de ofertar todas as materias por baixa ratio. Oferta Non
Debilidade Dentro do horario non se contempla tempo dedicado á comunicación sobre o desenvolvemento coordinado do Plan Dixital do centro. Organización de centro Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxía dixitais para que o alumnado poida realizar observacións construtivas sobre o traballo dos demais. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficiente tempo para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Non
Debilidade Falta de claridade no feito de que as ferramentas dixitais sexan todas da súa competencia Persoal non docente Non
Fortaleza Suficientes dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Suficiente comportamento seguro e responsable do alumnado Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición ao emprego de tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza Elevado número de equipos e moi boa conectividade. Infraestruturas Non
Fortaleza O alumnado conta cos seus propios dispositivos portátiles Edixgal para a súa propia aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza Están actualizados os equipamentos e as redes Infraestruturas Non
Fortaleza Existe unha estratexia dixital. Oferta Non
Fortaleza Oferta de optativas relacionadas coas tecnoloxías dixitais Oferta Non
Fortaleza Suficiente variedade nas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza O número do alumnado co que contamos permite un bo aproveitamento dos espazos e recursos do centro educativo. Organización de centro Non
Fortaleza Centro de antiga implantación pero con infraestruturas actualizadas. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo involucra, de forma xenérica, ao profesorado na estratexia dixital do centro Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Suficiente utilización de recursos educativos en liña Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa a través de medios dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Entorno dinámico e traballador. Persoal docente Non
Fortaleza Traballo en equipo Persoal non docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza Creación dun perfil en XADE común a todos os centros co epígrafe ¿Orientación" Administración educativa Non
Ameaza Falta de renovación de determinados equipamentos informáticos de aula e insuficientes equipos a disposición do profesorado Administración educativa Non
Ameaza Dificultades dende Orientación para o envío de mensaxería a través de Abalar por non teren grupos asignados con docencia e imposibilidade de solicitar información ao profesorado Administración educativa Non
Ameaza Non existe a posibilidade de organizar actividades extraescolares en relación ás ferramentas dixitais ANPA Non
Ameaza A distancia entre os pequenos núcleos de poboación, xunto coa falta de infraestruturas, incide na fenda dixital non facilitando acceso de calidade a internet Contorna Non
Ameaza Amplitude e inestabilidade lexislativa. Lexislación Non
Ameaza Vixencia de varias leis educativas solapadas, cos seus conseguintes desenvolvementos normativos. Lexislación Non
Ameaza Carencia de espazos de uso público con medios e conectividade dixital. Outras Non
Oportunidade Apoio institucional ao plan dixital Administración educativa Si
Oportunidade Creación dunha ANPA ANPA Non
Oportunidade Existencia de equipamento dixital na maioría dos domicilios do alumnado para ser usados no proceso de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Moi boa ratio profesorado ¿ alumnado. Contorna Non
Oportunidade Algúns cambios lexislativos favorables, que ofrecen: equidade, seguridade xurídica, lexislación sobre o ciberespazo etc. Lexislación Non
Oportunidade Plan director do Ministerio do Interior: Ciberacoso, Internet e RRSS e Plan Proxecta+: Correspondentes xuvenís Outras Non
Oportunidade Apoios por parte do concello Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Logo da análise do SELFIE o Test de Competencia Dixital e a análise DAFO e reunións coa Coordinadora territorial do Plan Dixital, establecéronse áreas prioritarias que permitiron determinar os obxectivos (específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal). Estes obxectivos están contextualizados a áreas de mellora.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o dominio por parte das familias da contorna dixital ABALAR (Ítem B3*).
O02PD Mellorar o coñecemento por parte das familias da Aula Virtual e de EDIXGAL (Ítem B3).
O03PD Mellorar a capacidade de avaliación da fiabilidade da información buscada en internet (Ítem H5*).
O04PD Deseñar actividades dixitais para que o alumnado valore e retroalimente o traballo alleo. (Ítem H7*).

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao
trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e
valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as
propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os
aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as
propostas de mellora.
Utilizaranse as táboas do Plan de Acción comprendido dentro deste Plan Dixital como un
medio que facilite o seu seguimento.

1º Trimestre

Introducíronse os datos en educalidade e se acadaron as primeiras accións dos obxectivos.

2º Trimestre

Acadaron as segundas accións dos obxectivos.

3º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos superando os indicadores.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de
obxectivos consistirá:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será unha vez ao
trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e
valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as
propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os
aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as
propostas de mellora.
Utilizaranse as táboas do Plan de Acción comprendido dentro deste Plan Dixital como un
medio que facilite o seu seguimento.

Valoración xeral

Durante este curso académico, aplicouse un Plan Dixital que resultou moi positivo para todos os implicados. Tanto o profesorado como o alumnado e as familias mostraron unha gran satisfacción coa implementación deste plan.

Un dos aspectos máis destacables foi a facilidade na comunicación coas familias. Moitos máis profesores comezaron a utilizar a mensaxería dixital como ferramenta de contacto, o que permitiu unha comunicación máis fluída e rápida. Grazas a isto, as familias puideron estar máis informadas e implicadas no proceso educativo dos seus fillos.

Ademais, grazas á aplicación do plan, as familias tamén melloraron o seu coñecemento das plataformas dixitais. Agora, están máis familiarizadas co seu funcionamento e utilidade, o que lles permite participar máis activamente na educación dos seus fillos e colaborar de forma máis eficiente co profesorado.

Un aspecto moi positivo é que os alumnos adquiriron nocións sobre as "Fake News". A través do uso das tecnoloxías dixitais, puidéronse abordar temas de desinformación e ensinarlles a identificar e discernir información fidedigna de noticias falsas. Isto é de vital importancia na sociedade actual, onde a información flúe rápidamente e é fundamental contar coa capacidade crítica para filtrar a verdade.

Outra achega valiosa deste plan foi o aprendizaxe dos profesores na realización de actividades de retroalimentación na Aula Virtual. Grazas ás ferramentas dixitais, puideron crear tarefas interactivas, corrixir traballos e ofrecer feedback personalizado aos estudantes. Este enfoque pedagóxico favoreceu o proceso de ensino-aprendizaxe e promoveu unha maior participación e motivación dos alumnos.Tendo en conta os beneficios obtidos este ano, é probable que nos próximos cursos se sigan aplicando e mellorando as actividades de retroalimentación na Aula Virtual.

O Plan Dixital demostrou ser unha valiosa ferramenta que facilita a adaptación ás novas tecnoloxías e enriquece o proceso educativo.

En resumo, a implementación do Plan Dixital durante este curso académico foi un éxito, xerando satisfacción tanto no profesorado como no alumnado e nas familias. A comunicación mellorou, as plataformas dixitais foron mellor aproveitadas, os alumnos adquiriron competencias e os profesores aprenderon a implementar actividades de retroalimentación. Sen dúbida, este plan sentou as bases para un futuro educativo máis dixital e enriquecedor.

Proposta de mellora

Anualmente, de forma posterior á avaliación final, realizarase unha revisión con eventuais propostas de mellora do Plan Dixital para cursos posteriores. Así mesmo, de forma anual realizaranse enquisas SELFIE que faciliten a revisión do Plan Dixital.

Para os anos vindeiros, é importante considerar diversas propostas de mellora do Plan Dixital, co obxectivo de seguir avanzando no ámbito educativo dixital. É necesario reexaminar as metodoloxías existentes, os horarios establecidos para a formación e potenciar a parte práctica da educación, entre outros aspectos relevantes.

En primeiro lugar, resulta fundamental reconsiderar as metodoloxías de ensino-aprendizaxe no contexto dixital. É necesario adaptar os métodos pedagóxicos ás novas tecnoloxías, aproveitando ao máximo as ferramentas dixitais dispoñibles. Isto implica promover unha aprendizaxe máis interactiva, onde se fomente a participación activa dos alumnos e se promova a súa autonomía. A integración de recursos multimedia e actividades colaborativas pode resultar moi enriquecedora neste sentido.

Outra proposta de mellora implica a revisión dos horarios e a organización das aulas virtuais. É importante establecer un equilibrio adecuado entre o tempo dedicado ás aulas presenciais e o traballo individual en liña. Os horarios deben adaptarse para permitir unha combinación equitativa de actividades virtuais e presenciais, respectando as necesidades dos alumnos e profesores.

Ademais, é esencial potenciar a parte práctica da educación dixital. É necesario que os alumnos teñan a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos en proxectos prácticos, actividades de investigación e resolución de problemas. Incorporar experiencias prácticas pode axudar a consolidar os coñecementos e habilidades dos estudantes, así como a motivación e o interese pola materia.

No ámbito das avaliacións, é importante buscar formas innovadoras e eficientes de evaluar os coñecementos e competencias dos alumnos na educación dixital. Poderíanse explorar alternativas como avaliacións baseadas en proxectos, traballo colaborativo e autoavaliación. Isto permitiría unha avaliación máis holística, que valorase non só os coñecementos teóricos, senón tamén as habilidades prácticas e a capacidade de traballar en equipo.

Outra proposta interesante é promover a formación continua do profesorado no ámbito das tecnoloxías dixitais. É necesario proporcionar recursos e oportunidades de aprendizaxe para que os docentes se actualicen constantemente e poidan aproveitar ao máximo as ferramentas e metodoloxías dispoñibles. A formación podería incluír talleres, cursos e espazos de intercambio de boas prácticas entre profesores.

Finalmente, é importante fomentar a colaboración e a conexión entre os centros educativos, coa finalidade de compartir experiencias e recursos relacionados coa educación dixital. Poderíanse crear redes de colaboración que faciliten o intercambio de ideas e a implementación de proxectos conxuntos, co obxectivo de enriquecer o proceso educativo e a innovación na educación dixital.

En resumo, para os anos vindeiros é necesario reconsiderar as metodoloxías de ensino-aprendizaxe, reorganizar os horarios e potenciar a parte práctica. En definitiva, implementar estas propostas de mellora no Plan Dixital permitirá acadar unha educación dixital máis completa e enriquecedora para os anos vindeiros.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do Claustro e Consello Escolar, farase público na páxina web do centro e será exposta unha copia impresa na Sala de profesorado.