Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES de Becerreá localízase no concello do mesmo nome, porta xeográfica da comarca da Montaña Lucense, que se caracteriza por ter unha das densidades de poboación máis baixa de Galicia e un índice socioeconómico medio-baixo. O alumnado da ESO procede dos Concellos de Becerreá e As Nogais, nunha parte importante de pequenos núcleos rurais, e polo tanto, son usuarios dos servizos de transporte e comedor escolares.

Desde o curso 2007/08 estamos dentro do programa de Seccións Bilingües na ESO (materia de Educación Física en todos os cursos). No 2012/13 comezou a nosa participación no Proxecto Abalar, e estamos integrados no Proxecto E-Dixgal desde o curso 2017-18. Por esta razón, a maioría do profesorado actual do centro participamos nun proxecto de formación en centro sobre o mesmo nos cursos 2017-18 e 2018-19. Desde o curso 21-22, este proxecto estendeuse a todas as materias dos cursos 3º e 4º da ESO. Igualmente, desde a incorporación a este último proxecto, apreciouse unha máis que significativa mellora da conectividade a internet por parte das familias, xa que dunha situación na que aproximadamente a metade delas non posuía conexión á rede, agora estamos diante dunha situación na que practicamente a totalidade dos fogares do noso alumnado si posúe equipamento informático propio e conectividade a internet.

Con este Plan Dixital esperamos poder sistematizar as actuacións transversais que, dentro do Proxecto Edixgal, se reflictan dentro do apartado e “Obxectivos e actuacións prioritarias para o curso 2022-23” da nosa Programación Xeral Anual do vindeiro curso, coa intención de continuar e afondar no proceso de integración das ferramentas dixitais no que nos atopamos actualmente, baseado nas etapas anteriores desenvoltas tanto desde o Proxecto Abalar como desde o actual Edixgal.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, Test CDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade G5, G6. Insuficiente práctica de autoavaliación e coavaliación do alumnado empregando ferramentas dixitais (ESO) Alumnado Non
Debilidade H6. O alumnado non aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atopa en internet. Alumnado Non
Debilidade C7. Insuficiente percepción da existencia de sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade A1, A2, A3. Si existe unha estratexia dixital, na que o profesorado se sinte involucrado e percibe o apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxía dixital. A información para titores/as recóllese mediante ferramenta dixital. Organización de centro Non
Debilidade B1. Insuficiente avaliación dos progresos propios sobre a ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade G6. Insuficiente utilización das tecnoloxías dixitais para facilitar experiencias de coavaliación entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F5. Uso insuficiente das novas tecnoloxías para fomentar actividades cooperativas co alumnado. Persoal docente Non
Debilidade F6. Non se fomenta suficientemente a participación do alumando en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza C8, C10. O centro posúe ou xestiona suficientes dispositivos dixitais para que o alumnado utilice cando os precise, incluso no seu fogar. Alumnado Non
Fortaleza H3. Si aprende a actuar de maneira responsable en internet. H4. Si aprende a comprobar se a información atopada en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza H7. O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza H10. Asegúrase o uso das tecnoloxías dixitais desde diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza E4. Suficiente aproveitamento dos medios dixitais para a comunicación coas familias. Familias Non
Fortaleza C1, C2, C3, C8, C10, Suficiente dotación de equipamento informático para alumnado e profesorado, e boa conectividade á rede. Infraestruturas Non
Fortaleza A1, A2, A3. Si existe unha estratexia dixital, na que o profesorado se sinte involucrado e percibe o apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinanza con tecnoloxía dixital. A información para titores/as recóllese mediante ferramenta dixital. Organización de centro Non
Fortaleza E2. Suficiente creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza E3. Suficiente utilización de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Si se utilizan as tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza D2. Suficiente acceso ás posibilidades de DPC Persoal docente Non
Fortaleza D3. Percepción positiva do intercambio de experiencias sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G8. Facilítase ao alumnado tecnoloxía dixital para documentar a súa aprendizaxe e estudo. Suficiente compromiso do profesorado no Proxecto Edixgal, no que participan todas as materias da ESO agás unha. Persoal docente Non
Fortaleza F4. Percepción positiva respecto a unha maior participación e implicación do alumnado nas tarefas cando se utilizan ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Ten acceso á rede wifi do centro e conexión en rede dos ordenadores dos que dispoñen ás fotocopiadoras. Equipamento informático actualizado. Os/as auxiliares de conversa non teñen acceso á rede corporativa nin ao EVA (Edixgal). Persoal non docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Tempo insuficiente/inexistente no horario do profesorado para explorar e/ou afondar nas posibilidades do ensino a través de medios dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Apoio técnico limitado ou inexistente nos fogares. Calidade da conexión a internet mellorable, en moitos casos, para as familias. Contorna Non
Ameaza Lexislación relacionada coa educación moi ampla e variada, con moita a carga burocrática sobre os centros e os seus profesionais. Lexislación Non
Oportunidade Desenvolvemento do Proxecto Edixgal e dotación informática e conectividade á rede axeitada ás necesidades de dixitalización. A oferta de PFPP directamente relacionados coas tecnoloxía dixitais e a súa aplicación no ensino. Administración educativa Non
Oportunidade Creada este curso, temos agora a oportunidade de colaborar estreitamente no eido dixital do centro. ANPA Non
Oportunidade Suficiente dotación de equipamento informático entre as familias e conectividade a internet nos fogares, incrementados desde a nosa integración no Proxecto Edixgal. As familias aceptaron de moi bo grao a participación no Proxecto Edixgal, tanto desde o seu inicio como na ampliación a 3º e 4º da ESO. Contorna Non
Oportunidade Participación no ¿Plan director para a convivencia¿ (organizado desde a Delegación do Goberno en Galicia) no referido ao uso correcto das tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade Colaboración co Concello de Becerreá para a organización e desenvolvemento de actos conxuntos con motivo de efemérides ou celebracións concretas. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Incrementar a utilización das fichas dixitais compartidas para as titorías, nas que se recolle, por materias, información que se traslada ás familias
O02PD Potenciar a subscrición do profesorado na aplicación Espazo Abalar e fomentala na nova aplicación AbalarPro
O03PD Manter/potenciar o nivel de uso da Aula Virtual do centro na etapa de Bacharelato
O04PD Introducir prácticas de avaliación e autoavaliación no proxecto transversal do centro Hora de ler
O05PD Introducir prácticas de autoavaliación e ou coavaliación na materia Proxecto competencial de primeiro e terceiro da ESO

Seguimento

Procedemento

Procederase a facer seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos propostos, realizando:
-    Unha avaliación do proceso, unha vez  ao trimestre, valorando a realización das accións, o logro dos resultados sinalados segundo os indicadores asociados aos obxectivos e recollendo as propostas de modificación das accións e de mellora que se consideren oportunas.
 

1º Trimestre

Se iniciaron todos los objetivos

2º Trimestre

Se desarrollaron

3º Trimestre

Se finalizaron

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao remate do curso realizarase unha avaliación final, sobre o conxunto dos obxectivos recollidos no plan de acción e recompilando as propostas finais de mellora que se consideren oportunas.

Valoración xeral

Teniendo en cuenta la encuesta realizada al profesorado implicado, se considera que la aplicación tanto de la formación relacionada con el Plan Digital como del desarrollo del propio plan, ha sido bastante alta, entre un 65% y 90%.

En lo referente al uso del libro digital, la mensajería, el uso de materiales compartidos y la publicación o retroalimentación se ha manifestado un incremento sustancial de la utilización por parte del profesorado en general. Esto está vinculado a los tres primeros objetivos del Plan, quedando los dos últimos pendientes para el próximo curso.

Proposta de mellora

Organización

Demasiados proyectos

Muchos profesores para pocas cosas

fuimos muy ambiciosos

ser más realistas, teneiendo en cuenta el horario disponible del profesorado

plantearse indicadores más bajos, y por consiguiente, más asumibles.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Entre o alumnado: porase no seu coñecemento desde as titorías e terano dispoñible na aula virtual do centro e no espazo “alumnado” da páxina web do centro.
Entre as familias: comunicaráselles a través da aplicación Abalarmóbil e nas guías de curso elaboradas para as familias ao comezo dos mesmos de que esta plan está dispoñible na nosa páxina web, no apartado “documentación oficial” da nosa web (onde se dispón tamén o PEC), e tamén na aula virtual do centro.
 


Entre o profesorado: será presentado nas xuntanzas do Claustro ao comezo de cada curso, ademais de ser enviado por correo electrónico, tendo tamén acceso a el desde a aula virtual do centro e páxina web.