Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital do centro concíbese como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións.

A implantación do programa EDIXGAL no centro supón un paso adiante na mellora de tódolos aspectos relacionados co mundo dixital, tanto en mellora dos equipos do centro, como en dotación, recursos, utilización de novos sistemas operativos, iniciación ao mundo dixital no caso de algúns nenos e nenas e afondamento noutros casos. Así como a necesidade de traballar cos libros electrónicos suporá unha necesidade de utilización e dominio por parte do alumnado e o profesorado, e involucrando tamén ás familias neste proceso de dixitalización.

Marco lexislativo

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi a aplicación SELFIE.

Interno
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Descoñecemento no uso de software básico. Alumnado Non
Debilidade Problemas para ter acceso a medios dixitais, especialmente ordenadores. Alumnado Non
Debilidade Rede a internet pouco axeitada. Familias Non
Debilidade Falta de ordenadores. Familias Non
Debilidade Os dispositivos dixitais non son os axeitados ou son mellorables e necesitan actualizarse. Infraestruturas Non
Debilidade A infraestrutura dixital para o ensino é deficitaria. Infraestruturas Non
Debilidade Ausencia de horario para atender as demandas tecnolóxicas do centro. Persoal docente Non
Debilidade Competencia dixital insuficiente. Persoal docente Non
Debilidade Non teñen conta específica para o acceso á rede wifi do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Alumnado matriculado reducido. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado recibe formación específica para ter un comportamento responsable e seguro na rede. Alumnado Non
Fortaleza Dispoñibilidade de dispositivos móbiles. Familias Non
Fortaleza Temos a nosa disposición contornas de aprendizaxe, recursos educativos e ferramentas corporativas de utilidade. Infraestruturas Non
Fortaleza Transporte escolar. Oferta Non
Fortaleza Erasmus+ Oferta Non
Fortaleza Apoio do equipo directivo ás actividades de innovación educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Hai unha estratexia dixital marcada e en pleno desenvolvemento. Organización de centro Non
Fortaleza A participación do profesorado en programas de desenvolvemento da competencia dixital. Persoal docente Non
Fortaleza O uso de contornas dixitais como a Aula Virtual e a páxina web do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Hai unha conciencia de mellora na utilización das TIC. Persoal docente Non
20 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipamentos mellorables e insuficientes. Administración educativa Non
Ameaza Nova lei educativa e adaptación aos cambios normativos. Lexislación Non
Oportunidade Implicación no desenvolvemento dixital do centro. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con outros centros educativos, concello e asociacións. Contorna Non
Oportunidade Pertencer a redes como RAOGAL ou o Plan Director. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Evitar os riscos relacionados co uso da tecnoloxía que podan supoñer unha ameaza para a integridade física e o benestar psicolóxico.
O02PD Difundir os polos creativos entre a comunidade educativa, recompilar manuais e experiencias e organizar espazos para o seu uso.
O03PD Crear recursos educativos dixitais para facilitar as prácticas de avaliación do alumnado incluíndo información e retroalimentación, tanto na Aula Virtual como en EDIXGAL.
O04PD Difundir as actualizacións pertinentes no tocante á normativa de protección de datos da comunidade educativa así como cumprir coa mesma na publicación dos traballos realizados durante o curso académico

Seguimento

Procedemento

Realizarase unha revisión trimestral.

1º Trimestre

Se acadaron todas a accións previstas para o primer trimestre.

2º Trimestre

Se acadaron todas a accións previstas para o segundo trimestre.

3º Trimestre

Se acadaron case todos os obxectivos previstos para o terceiro trimestre, salvo a elaboración sde rúbricas no EDIXGAL.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

Valoración positiva xa que se completaron case o 100% dos obxectivos propostos.

Proposta de mellora

Fomentar o uso das tarefas e rúbricas do EDIXGAL para a avaliación dos proxectos. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital entre toda a comunidade educativa porase en coñecemento das familias do centro o presente documento, a través das canles oficiais (Abalar e web oficial do centro).