Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O colexio está localizado no entorno urbano de Muras, que é un concello situado no norte da provincia de Lugo, de 163,82 km². Pertence á comarca da Terra Cha e está formado por cento noventa e oito entidades de poboación distribuídas en oito parroquias repartidas nunha área montañosa en pleno corazón da Serra do Xistral. Conta na actualidade cunha poboación aproximada de 611 habitantes. A economía do concello depende en gran medida dos sectores agrícola e industrial, destacando a aportación das empresas Ferroplast SL, TEP SA e Tras Gra Mur SL.

Un sector destacado nesta área é a produción de enerxía eólica (enmarcada dentro das enerxías renovables) con importantes inversión das empresas Iberdrola, Acciona, ECYR e Norvento. Este feito redundará moi positivamente na economía da zona, sendo un dos concellos da provincia que máis se beneficia desta casuística. Tamén son importantes os ingresos económicos procedentes do emprego ofertado nos concellos limítrofes: a industria das Pontes de García Rodríguez e os servizos de Vilalba e Viveiro. Dada a natureza do centro non se conta cun Proxecto Educativo actualizado, tarefa que se irá realizando nos vindeiros cursos académicos. O Plan Dixital contribuirá a desenrolar dentro da Programación Xeral Anual aspectos vencellados á adquisición de competencias en novas tecnoloxías que non se estiveron a abordar nos anteriores cursos, o que nos leva a estar no punto inicial que se desenvolve no apartado nº 2 deste documento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan Dixital permitirá planificar a liña de formación, e realizarase en base a información recollida no informe de análise da situación do centro. Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou unha análise da situación mediante a ferramenta de auto-avaliación SELFIE e o test CDD. Logo iniciouse a fase de diagnose e finalmente o deseño e elaboración do Plan Dixital.

Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso Plan Dixital. No último trimestre do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro.

O centro poderá realizar, previo á aprobación, unha segunda análise da situación da competencia dixital de centro para a elaboración do Plan Dixital. E no curso 2022/2023, o centro procederá a implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado conta con poucas oportunidades, e polo tanto poucas competencias, en contornos dixitais Alumnado Si
Debilidade Non hai actividades extraescolares dispoñibles na contorna que poidan reforzar a implementación do plan, como poden ser por exemplo unhas clases de mecanografía. Familias Non
Debilidade Dispoñemos de poucos equipos informáticos. Os espazos de traballo actuais son inadecuados para levar a cabo unha metodoloxía TIC Infraestruturas Non
Debilidade A tipoloxía do colexio limita o tempo dispoñible dos mestres para invertir no plan dixital Oferta Non
Debilidade Escasa formación TIC do persoal docente Persoal docente Si
Fortaleza Os grupos son moi reducidos o que permite atender as demandas do alumnado Alumnado Si
Fortaleza As familias están moi implicadas no proceso ensinanzaaprendizaxe dos seus fillos/as. Familias Non
Fortaleza Hai suficientes espazos libres no colexio para albergar unha aula TIC, da que actualmente non dispoñemos Infraestruturas Si
Fortaleza A existencia de actividades de formación TIC terían boa acollida ao no haber actualmente ningunha oferta desta tipoloxía na contorna Oferta Non
Fortaleza O centro conta cunha excelente implicación por parte do profesorado Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobre o CEIP planea a ameaza dun peche inminente Administración educativa Non
Ameaza Dada a situación xeográfica do centro (de montaña e poboación dispersa) percíbese certo illamento sociocultural das familias e do noso alumnado Contorna Non
Oportunidade O CEIP é moi pequeno , polo que se require de pouca inversión económica Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA está moi implicada no proceso de ensinanza e aprendizaxe dos seus fillos e colaboran moito co colexio. ANPA Si
Oportunidade A lexislación vixente aboga pola progresiva mellora das competencias dixitais do alumnado Lexislación Non
Oportunidade O concello móstrase colaborador en todas as propostas que se lle plantexan Outras Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O centro conta cunha boa conectividade a Internet tanto por cable como sen fíos. Non ten unha aula específica de novas tecnoloxías e na actualidade non se desenvolve ningún proxecto dixital, nin se dispón dun responsable do departamento TIC. Contamos soamente con 4 equipos informáticos para a disposición dos mestres e 1 para a disposición do alumnado. Dispoñemos dunha páxina web actualizada e de aulas virtuais que actualmente non se están a usar

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Adquirir máis equipos informaticos.
O02PD Habilitar un espazo de traballo que favoreza a competencia dixital.
O03PD Mellorar as competencias dixitáis do equipo docente.
O04PD Proporcionar ao alumnado novas experiencias en contornos dixitais

Seguimento

Procedemento

FARASE UN SEGUIMENTO DO PLAN DIXITAL CADA TRIMESTRE. 

1º Trimestre

O01PD: Solicitar apoios para a compra de equipos por parte da AMPA e do concello, amaiores de AMTEGA

O02PD: Habiliatarase un espazo TIC.

O03PD: Participarase en programas de formación en colaboración co CEIP Terra Chá de Román

O04PD: Tentarase activar a aula virtual do centro e dinamizala con actividades para o noso alumnado.

2º Trimestre

O01PD: Solicitar apoios para a compra de equipos por parte da AMPA e do concello, amaiores de AMTEGA

O02PD: Habiliatarase un espazo TIC. Grazas á axuda proporcionada polo concello, a aula TIC xa conta con dous puntos de traballo máis.

O03PD: Participarase en programas de formación en colaboración co CEIP Terra Chá de Román. Xunto a isto, as dúas mestras do centro están a realizar sendos cursos de actualización TIC.

O04PD: Tentarase activar a aula virtual do centro e dinamizala con actividades para o noso alumnado. A aula virtual xa está actualizada e irase subindo contidos paulatinamente.

3º Trimestre

O01PD: Coa chegada de duas pantallas e 4 ordenadores como dotación por parte de AMTEGA damos por acadado este obxectivo.

O02PD: Habilitarase un espazo TIC. Grazas a axuda proporcionada polo concello, a aula TIC xa conta con dous puntos de traballo máis.

O03PD: Participarase en programas de formación en colaboración co CEIP Terra Cha de Román. Xunto a isto as dúas mestras docentro están a realizar sendos cursos de actualización TIC.

O04PD: Activase a aula virtual do centro e dinamizala con actividades para o noso alumnado. A aula xa está actualizada e subironse contidos o longo do curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O01PD. Número de ordenadores que se poidan adquirir. 

O02PD Creación dunha aula TIC específica

O03PD Mellora efectiva das competencias dixitais do profesorado

O04PD O centro facilita ao alumnado novas experiencias en espazos dixitais O centro solicita a ANPA e ao concello que oferten actividades orientadas a favorecer a competencia dixital do alumnado fóra do centro 

Valoración xeral

O01PD. 10 ordenadores para crear unha aula de informática

O02PD Creación dunha aula TIC específica

O03PD Ao final de curso o profesorado acada a competencia dixital suficiente que lle permita manexarse de forma doada en contornas dixitais o que lle vai a permitir a creación de recursos dixitais propios

O04PD Uso regular da aula virtual por parte do profesorado e alumnado Ampliación da oferta de actividades extraescolares relacionadas cas TICs

Proposta de mellora

O01PD. É PREVISIBLE QUE NON SE ACADE O OBXECTIVO, PERO SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA QUE SE ACADE O VINDEIRO CURSO

O02PD O obxectivo acadariase coa creación da aula TIC

O03PD Seguir formandose en competencias dixitais

O04PD Seguir mantendo o uso da aula virtual

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan será presentado en Consello Escolar ao remate do curso 2021/22, e unha vez aprobado, será difundido entre toda a comunidade educativa. Para elo proporcionaráselle un exemplar a ANPA, unha versión dixital estará a disposición de todos os usuarios na páxina web do centro e unha copia en formato papel quedará na sala de profesores para poder ser consultado en calquera momento por todo o claustro.