Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro.

• Dirección: CEIP Monseivane, Moreda s/n. CP: 27816. Lanzós. Vilalba. Lugo

• Correo electrónico: ceip.monseivane@edu.xunta.gal

• Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmonseivane/

• Etapas educativas: Educación Infantil e Educación Primaria

• N.º de alumnado: 52 alumnos/-as

• N.º de profesorado: 4 (por catálogo), 9 (en funcionamento, debido á mestra que está en comisión de servizos asumindo a dirección, aumento dunha unidade en Educación Infantil, dúas reducións de xornada e unha mestra de AL/PT en calidade de mestra de atención preferente) ademáis dunha mestra de Relixión e un orientador itinerantes.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O CEIP Monseivane está situado nunha zona rural, Moreda, na parroquia de Lanzós a 8 km da localidade de Vilalba, provincia de Lugo. Como centro situado nun núcleo rural, está a sufrir as consecuencias da despoboación e a falta de establecemento dunhas zonas de influencia claras que favorezan a matrícula. Con todo, grazas ao traballo do profesorado para dar a coñecer entre a poboación as virtudes dos centro rurais, a matrícula aumentou notablemente nos dous últimos cursos. As características socioeconómicas das familias poderíanse catalogar, de xeito xeral, dun nivel medio en canto a educación, ocupación e ingresos. A pesar de atoparnos no medio rural, non hay unha predominancia clara da dedicación ao sector primario. Debido á dispersión da poboación e a orografía do terreo a conexión a internet dunha parte importante das familias limítase aos datos do teléfono móbil. En canto á traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías, actualmente non estamos dentro da rede de centros Abalar nin Edixgal , ademáis de carecer de equipos actualizados, tempo e persoal con coñecementos suficientes para afrontar a tarefa de deseño, elaboración e implementación dun Plan Dixital ambicioso. Participamos nos Contratos-Programa Inclúe. Como contribución ao Proxecto Educativo e a PXA espérase que, a actualización do Plan Dixital, favoreza tanto a mutua comunicación entre o centro e as familias, como a consecución de aspectos máis puramente pedagóxicos como:

• A aprendizaxe desde unha ollada ao contorno con curiosidade e interese.

• Permitirlle ao alumnado moverse con seguridade entre a superabundancia e rápida renovación da información, fomentando habilidades para a busca, selección, procesamento, tratamento e comunicación dela.

• Procurar que o alumnado aprenda a aprender, sendo progresivamente máis autónomo e capaz de autorregular as aprendizaxes.

• Atender á diversidade de habilidades, destrezas, intereses...

• Responsabilizarse dun uso ético e axeitado da tecnoloxía.

 

1.3. Breve xustificación do mesmo.

 • Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación. Artigo 111 bis. Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

2. As contornas virtuais de aprendizaxe que se empreguen nos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán a aplicación de plans educativos específicos deseñados polos docentes para a consecución de obxectivos concretos do currículo, e deberán contribuír á extensión do concepto de aula no tempo e no espazo. Por iso deberán, respectando os estándares de interoperabilidade, permitir aos alumnos e alumnas o acceso, desde calquera sitio e en calquera momento, ás contornas de aprendizaxe dispoñibles nos centros docentes nos que estuden, con pleno respecto ao disposto na normativa aplicable en materia de propiedade intelectual, privacidade e protección de datos persoais. Así mesmo promoverán os principios de accesibilidade universal e deseño para todas as persoas, tanto en formatos e contidos como en ferramentas e contornas virtuais de aprendizaxe.

5. As Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para desenvolver as tarefas de ensino e aprendizaxe. 7. As Administracións públicas velarán polo acceso de todos os estudantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións. Artigo 121. Proxecto educativo. 1. [...] O proxecto educativo do centro recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5. Artigo 132. Competencias do director ou directora 6 c) Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro. l) Promover experimentacións, innovacións pedagóxicas, programas educativos, plans de traballo, formas de organización, normas de convivencia, ampliación do calendario escolar ou do horario lectivo de áreas ou materias, de acordo co recolleito no artigo 120.4. m) Fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro. RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/22. Disposición adicional quinta. Plan dixital de centro Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

1.4. Proceso de elaboración.

Partimos da base de que o noso centro non dispoñía dun Plan Dixital. Ao longo do presente curso participamos nun PFPP a través do cal fomos recibindo información e algunhas orientacións para comezar. O punto de partida consistiu en avaliar as competencias do profesorado en materia dixital a través de dous tests:

• Test SELFIE.

• Test CDD.

Trala realización de ambos tests, realizamos unha análise DAFO para determinar as liñas de actuación a desenvolver no noso centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro CEIP Monseivane xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Equipos informáticos obsoletos e pizarras dixitais non operativas.C2 Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para formarnos e informarnos sobre os recursos e cursos dispoñibles.A4OP Oferta Si
Debilidade Dispoñibilidade no horario.A4OP Organización de centro Si
Debilidade Creación de contidos dixitais.E2 Persoal docente Si
Debilidade Falta de experiencia e inseguridade (pérdida de tempo lectivo).H7 Persoal docente Si
Debilidade Uso axeitado dereitos de autor e licenzas de uso. C7 Persoal docente Si
Debilidade Empleo dos entornos virtuais de aprendizaxe.E3 Persoal docente Si
Debilidade Descoñecemento en "programación".H7 Persoal docente Si
Fortaleza Interese nas TICs.F4 Alumnado Si
Fortaleza Proxectores e pizarras dixitais nas aulas ( a falta de configuración). C2 Infraestruturas Si
Fortaleza Concienciación por parte do equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital de Centro real e práctico.D1 Organización de centro Si
Fortaleza Interese por mellorar a formación e afondar nos coñecementos do uso das TICs.D2 Persoal docente Si
Fortaleza Parte do profesorado se considera competente no uso das TICs.E3 Persoal docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesiva burocracia.E4 Administración educativa Non
Ameaza Asistencia técnica presencial. C5 Administración educativa Si
Ameaza Problemas de conectividade. C3 Contorna Si
Ameaza Insuficiente variedade de imaxes con licenzas Creative Commons para o seu uso na creación de contidos dixitais educativos que satisfagan os intereses didácticos dos/as docentes.E1 Outras Si
Ameaza Familias con escasa competencia dixital.A1A3 Outras Si
Oportunidade 1. Oferta de cursos en materia de TICs e programación.D2 Administración educativa Si
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A medida que avanza a implementación do Plan Dixital no noso centro, observamos que cunha mellor coordinación e aplicando as ferramentas axeitadas, imos solventando certas dificultades iniciais. A oportunidade de continuar cun PFPP contribúe a mellorar a competencia do profesorado. Isto, unido a unha mellora nos equipamentos, pode axudarnos a atopar solucións aos escollos que viñamos arrastrando en materia dixital. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD E4: Uso de Abalar Móbil
O02PD E3: Cada docente creará e subirá 2 REAS á Aula Virtual.
O03PD Posta en marcha de Polos Creativos.
O04PD Utilizar as tablets de Snappet por parte do alumnado de Educación Primaria.

Seguimento

Procedemento

1. Avaliación procesual: Con esta avaliación valoraremos o estado de execución das accións.

1.1. Avaliación Procesual.Temporalización : A frecuencia da súa realización será dunha vez por trimestre distribuída nas seguintes datas: - Decembro 2022, marzo 2023 e xuño 2023. 

1.2. Avaliación Procesual. Estado de execución de cada acción: Para a avaliación procesual de cada acción terase en conta o estado de execución: Realizada, aprazada ou pendente.

1.3. Avaliación Procesual. Análise e valoración dos resultados: Analizarase o resultado das acción a desenvolver durante o curso 2022/2023.

1.4. Avaliación Procesual. Modificación das accións e propostas de mellora (se é necesario).

1º Trimestre

O01PD: Ao comezo de curso informouse á comunidade educativa sobre o emprego de Abalar móbil para as comunicacións. 

O02PD: Estanse a crear recursos educativos para posteriormente subilos á Aula Virtual.

O03PD: Está en marcha o proxecto Polos Creativos e temos pensado o espazo para ubicalo. 

O04PD: Estamos utilizando as tablets de Snappet co alumnado de Educación Primaria e engadindo recursos a través da aplicación Kahoot. 

 

2º Trimestre

O01PD: Ao comezo de curso informouse á comunidade educativa sobre o emprego de Abalar móbil para as comunicacións. 

O02PD: Estanse a crear recursos educativos con Kahoot, Canva, Genially..., para posteriormente subilos á Aula Virtual

O03PD: Está en marcha o proxecto Polos Creativos e temos pensado o espazo para ubicalo, e estamos pendentes de recibir o material para montar a aula.

O04PD: Estamos utilizando as tablets de Snappet co alumnado de Educación Primaria e engadindo recursos a través da aplicación Kahoot. 

3º Trimestre

O01PD: Ao comezo de curso informouse á comunidade educativa sobre o emprego de Abalar móbil para as comunicacións e mantívose a asistencia á comunidade educativa ao longo do curso para solventar posibles incidencias. 

O02PD: Estanse a crear recursos educativos con Kahoot, Canva, Genially..., e foron subidos á Aula Virtual do centro. Tamén xeramos códigos QR para facilitar o acceso ás familias a recursos, actividades e informacións varias relativas á comunidade educativa. 

O03PD: Está en marcha o proxecto Polos Creativos e temos o espazo habilitado e estamos pendentes de recibir o material para poñelo en funcionamento. 

O04PD: Estamos utilizando as tablets de Snappet e portátiles recibidos para a brecha dixital co alumnado de Educación Primaria e engadindo recursos a través de diferentes aplicacións.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O Plan Dixital favoreceu tanto a ampliación dos recursos dixitais como un maior emprego dos dispositivos e un conseguinte aumento na potenciación da competencia dixital do alumnado e do profesorado do centro.

Proposta de mellora

Intentaremos manter os obxectivos deste curso e potenciar un uso maior dos dispositivos dispoñibles a seguir renovando os equipos obsoletos. Cabe a posibilidade de solicitar algún PFPP relativo ao emprego dos paneis dixitais, a solicitude do Plan Director para tratar a ciberseguridade. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital entre os membros da comunidade educativa, plantexamos as seguintes accións:

1. Dar a coñecer o Plan Dixital á comunidade educativa a través da páxina web do centro.

2. O Plan Dixital recollerase no Proxecto Educativo do centro así coma na Programación Xeral Anual.

Ligazón ao Plan Dixital: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27015724