Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO

Nome do centro: CEIP de Cervo

Código: 27015301

Dirección: Pedrouzo s/n 27891 Cervo

Correo electrónico: ceip.cervo@edu.xunta.gal

Niveis educativos: Educación Infantil e Primaria

Número de alumnado: 118

Número de profesorado: 18

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

Integración e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa...

Actualmente, o centro forma parte do PLAMBE, Plan LIA.2, Bibliotecas creativas, Radio na biblio, Clubs de lectura, Lectura e familias, Digicraft, E-twinning, Plan Proxecta (nas modalidades de Proxectos de Vida Activa e Deportiva, Proxecto Ríos e Recíclate con Sogama), CPInnova (EDUSaúde), Voz Natura e contrato-programa Recupérate (ARCO e PROA+). Contamos tamén cun PFPP.

Contribución do PD á PXA no curso 2022/23

O PD pretende aportar un enfoque estratéxico para o desenvolvemento duns plans de acción dentro do centro educativo, no eido tecnolóxico, que permita acadar os obxectivos establecidos.

BREVE XUSTIFICACIÓN DO MESMO

A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121.1 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis.5, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.

Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os principios:

  1. A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.

  2. O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.

  3. A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.

Seguindo a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, elabórase ao longo deste presente curso, o documento aquí deseñado.

PROCESO DE ELABORACIÓN

O Plan Dixital permitirá planificar a liña de formación a realizarse en base á información recollida dos informes de análise da situación do centro.

Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE. No segundo trimestre fixémolo a modo individual grazas ao Test CDD, para así iniciar coa fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.

Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso Plan Dixital. No último trimestre do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro.

O centro poderá realizar, previo á aprobación, unha segunda análise da situación da competencia dixital de centro para a elaboración do Plan Dixital.

No curso 2022/2023, o centro procederá á implementación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar anexo "Autoavaliación SELFIE e Test CDD"

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro o alumnado aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao usar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade No noso centro o alumnado desenvolve habilidades dixitais, mais non en todas as materias. Alumnado Non
Debilidade O equipo docente non dispón dunha asistencia técnica rápida cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro o profesorado non emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Debilidade No noso centro non avaliamos con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade No noso centro non debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade No noso centro non usamos tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado, nin para facilitar retroalimentación adecuada ao alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para traballar en grupo. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira segura e responsable en internet, así como a comprobar se a información que atopa é fiable e precisa. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais, así como a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro o alumnado aprende certas nocións de codificación e programación. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro dispoñemos de bo acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais para usar na nosa labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado EDIXGAL recibe asistencia técnica efectiva e áxil. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que o alumnado pode usar cando precise. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro hai dispositivos portátiles que o alumnado pode levar a casa se así o precisa. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado emprega novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro, o profesorado busca e crea recursos educativos dixitais para reforzar a súa labor de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado do noso centro emprega contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro o profesorado usa tecnoloxías dixitais para adaptar o seu método ás características de cada alumno/a, así como para fomentar a súa creatividade, e estimular a motivación. Persoal docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo Un elemento atopado.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Oportunidade No noso centro usamos tecnoloxías dixitáis ao colaborar con outras organizacións. Outras Non
Un elemento atopado.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Chegar a acordos a nivel de claustro sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino con tecnoloxías dixitais
O02PD Contar cun Plan Dixital de centro dende o curso 2022/23
O03PD Crear unha biblioteca dixital
O04PD Desenvolver no alumnado habilidades dixitais en todas as materias
O05PD Utilizar tecnoloxías dixitais para avaliar actividades

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos: No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo deDinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións dasaccións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non. No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Incluímos a concreción anual do Plan Dixital na Programación Xeral Anual do centro, aprobada en Consello Escolar o 10 de outubro de 2022. Imprimimos a táboa de obxectivos do Plan Dixital para este curso 2022/23 e colocámola nun lugar visible da sala do profesorado.

2º Trimestre

Introducimos o Plan Dixital na aplicación Educalidade. Continuamos probando material de Polos creativos e ímolo empregando progresivamente co alumnado.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectosa valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non. No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

2022/23

A incorporación das tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no proceso de ensino-aprendizaxe permitiu o acceso a recursos educativos en liña, a mellora das habilidades tecnolóxicas dos estudantes e a personalización dos materiais educativos. Ademais, facilitou a comunicación e colaboración entre docentes e familias, pero será necesario abordar retos como a formación do profesorado para a correcta utilización do novo material de Polos creativos.

En resumo, confiamos en que o Plan Dixital sexa unha proposta valiosa que mellore o proceso de ensino-aprendizaxe dos estudantes e fomente o seu desenvolvemento tecnolóxico. As TIC permitirán acceder a recursos educativos en liña, personalizar os materiais e fortalecer a comunicación entre docentes e familias.

Proposta de mellora

2021/22

O Plan Dixital vixente nese momento será incorporado ao Proxecto Educativo cando se actualice o mesmo. Unha concreción do Plan Dixital será incorporada á Programación Xeral Anual, posiblemente xunto con outros obxectivos relacionados coas TIC que non aparecen neste Plan por ter este unha estrutura demasiado ríxida e polo pouco prazo que nos dan para a realización do mesmo. As propostas de mellora serán recollidas polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital na memoria xeral do centro.

2022/23

Acadar completamente os obxectivos propostos no Plan Dixital. Debatir no Equipo de Dinamización do Plan Dixital novos retos e propostas para o vindeiro curso. Unha vez realizada a obra do novo espazo do Polo creativo revisar e actualizar o Plan para adaptalo ao novo equipamento dispoñible.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado en Consello Escolar, o Plan Dixital estará dispoñible paratoda a comunidade educativa na páxina web do centro. O enlace publicarase nas RRSS do centro (na actualidade, Instagram e Twitter) e enviarase a todas as familias a través de EspazoAbalar (AbalarMóbil).