Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

·       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

·       Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

·       Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

·       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

·       Resolución de 7 de septiembre de 2021, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, por la que se seleccionan, con carácter experimental, los centros docentes públicos que constituirán la Red Gallega de Educación Digital, para el curso 2021-2022.

O Plan Dixital integrarase no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual do vindeiro curso. Contribuirá marcando obxectivos específicos, de cara á consecución dunha mellora dixital do centro, empezando por un impulso na competencia vencellada ás tecnoloxías, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado. Asemade, tratarase que o PD aporte un enfoque sobre o aproveitamento máximo das posibilidades dos recursos dixitais dispoñibles no centro.

Dende o curso 2019/2020 o centro vén de participar en distintas liñas de traballo dentro do PFPP encamiñadas á análise da competencia dixital, actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes, recursos dixitais para a aula virtual, radio escolar e robótica. A tendencia do claustro é de seguir formándose neste senso para mellorar o seu coñecemento e competencia dixital.

No vindeiro curso 2022/2023 co centro participará no proxecto E-Dixgal en 5º de educación primaria, estendéndose a 6º de educación primaria no curso 2023/24.

Para a elaboración do Plan Dixital de Centro creouse un grupo de traballo que se foi reunindo periodicamente para a realización e posta e común dos distintos apartados do plan: enquisas, SELFIE, informe DAFO, plan de acción...

Todo isto, baixo a orientación e pautas marcadas pola mentora Adix da zona.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os intrumentos de recollida que se empregaron para a elaboración do DAFO foron o informe SELFIE (para cada unha das oito áreas que recolle) e o Test de Competencia Dixital Docente.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F. Pouca utilización de ferramentas de gamificación na aula Alumnado Si
Debilidade H7. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse usando as tecnoloxías Alumnado Si
Debilidade G1. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Alumnado Si
Debilidade A1. Estratexia dixital desactualizada Organización de centro Non
Debilidade B. Escaso traballo cooperativo en redes por parte do profesorado Persoal docente Non
Debilidade C. Insuficiente formación do profesorado en competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade E3. Creación escasa de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade E3. Uso insuficiente da aula virtual do centro Persoal docente Si
Fortaleza E4 Boa comunicación coa comunidade educativa ( Abalar móbil, páxina web, redes sociais...) Familias Non
Fortaleza C2/C8 Dispoñemos de dispositivos dixitais para o proceso de ensino aprendizaxe (mercados polo centro) Infraestruturas Non
Fortaleza F. Impártense en 4º e 6º de educación pri-maria como materias de libre configuración robótica e expresión na radio. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Empregamos novas modalidades de ensinanza Organización de centro Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. Non están actualizadas as redes (conexión) Administración educativa Non
Ameaza C. Lentitude por parte da administración respecto da atención de averías e dotación/renovación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade F3. Solicitude de diferentes plans e proxectos: biblioteca creativa, radio na biblio, E-Dixgal... Administración educativa Non
Oportunidade D. Participación en diferentes liñas do PFPP Administración educativa Non
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO establécense unha serie de áreas prioritarias para  o centro en función das debilidades e ameazas detectadas. Por tanto, os obxectivos que queremos acadar contribuirán a mellorar a capacidade dixital durante o vindeiro curso académico.

Estas áreas prioritarias de mellora están en relación coas do marco DigCompOrg, e que para o noso centro serán as relativas, principalmente, a:

-Competencia dixital de persoal e alumnado.

-Colaboración e traballo en rede.

-Infraestrutura dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer a creación de contidos dixitais e a comunicación usando tecnoloxías por parte do alumnado de 5 e 6 EP
O02PD Solicitar plans enmarcados no PLAMBE: liñas de radio e biblioteca creativa
O03PD Fomentar o uso da aula virtual do centro

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital terá un seguimento mensual por parte dos membros do equipo.

Trimestralmente, o profesorado será informado do estado de cumplimento dos obxectivos.

 

1º Trimestre

Trimestralmente, o profesorado será informado do estado de cumplimento dos obxectivos.

2º Trimestre

Durante o 2º trimestre acadáronse as acción 1 e 2 dos tres obxectivos.

3º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase dende dous contextos:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Acadáronse notablemente os criterios establecidos:
- Cando menos, o 50% do alumnado dos cursos de 5º e 6º de primaria adquiriu unha competencia dixital  que lle permite a creación de contidos dixitais sinxelos que aproveita no proceso de aprendizaxe.
- Solicitáronse os plans propostos (radio e biblioteca creativa) Unha porcentaxe moi elevada do profesorado coñece unha boa parte dos recursos e fai uso deles para integralos na práctica docente co alumnado, sendo acollido polo alumnado moi positivamente.

-A aula virtual está sendo integrada como un recurso máis por gran parte do profesorado e valórao favorablemente como achega de contidos e recursos ao alumnado.

-O centro incorporouse ao programa EDixgal, polo que se recibiu formación relacionada con este proxecto dixital.

Proposta de mellora

Seguir formándonos no uso dos recursos existentes no centro en relación ao material dos Polos Creativos, considérase interesante formarnos na mellora e aproveitamento dos espazos e períodos de lecer, para ofrecerlle ao alumnado outras alternativas e favorecer a prevención e resolución de conflitos que podan xurdir.

Estudar engadir algún obxectivo co programa EDixgal e outros materiais recibidos como as pantallas dixitais, e actualización do inventario a través da aplicación que propón a Consellería.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital foi presentado ao Claustro e ao Consello Escolar, quedando aprobado, na derradeira xuntanza destes órganos no curso 2021/22

O plan dixital publicouse na páxina web do centro para deixalo a disposición de toda a comunidade educativa, sendo as familias do alumnado informadas a través da aplicación AbalarMóbil.