Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

A EEI Fingoi n.º 2 é un centro público urbán, situado na zona sur da cidade de Lugo, concretamente no barrio de Fingoi. Comenzou o seu funcionamento no ano 1980, sufrindo algún cambio na súa infraestructura en torno ao ano 2006, se ben as remodelacións e as melloras non foron significativas. En xuño de 2022 acométense novas obras: cambio de ventás e chans, luminaria de baixo consumo na totalidade do centro, substitucións de portas e pintado integral, quedando unhas estancias máis confortables.Trátase dun edificio de planta baixa, dividido en 3 aulas de infantil (unha delas con baño propio), un baño para alumnado, outro para profesorado, un despacho de dirección, unha aula de A.L, unha pequena sala de profesores e un hall de entrada multifuncional (biblioteca, aula de desdobre,..). Na parte exterior dereita atopamos un espazo cuberto aberto e na parte traseira do inmoble a zona de areeiros e parque infantil.

O centro atópase nunha zona ben comunicada e dotada de recursos.

O alumnado maioritariamente forma parte da área de influencia, sendo o nivel socioeconómico das familias medio-alto.

O Plan dixital pretende a mellora e modernización dos procesos, procedementos, hábitos e comportamentos do centro e das persoas que, facendo uso das tecnoloxías dixitais, melloren a súa capacidade para facer fronte aos retos da sociedade actual. Isto redundará na mellora dun aprendizaxe competencial, na mellora da experiencia, dos resultados de aprendizaxe e nun reforzo da equidade, a cuxo servizo se supedita dita transformación. Esta transformación dixital engloba tres ámbitos de actuación: organización e xestión do centro, procesos de ensino-aprendizaxe e información e comunicación tanto interna como externa.

Obxectivos por ámbitos de actuación:

Organización e xestión do centro:

- Optimizar o uso de tecnoloxías de aprendizaxe dixital en espacios de aprendizaxe.

- Promover un plan de formación sobre creación de recursos e materiais dixitais.

- Participar en plans e proxectos de innovación convocados pola Consellería (o centro non dispón de experiencia previa neste tipo de proxectos).

Procesos de ensino-aprendizaxe:

- Adaptar espazos que faciliten metodoloxías activas con novas estratexias tecnolóxicas.

- Elaborar e implementar bancos de recursos na nube onde se integren contidos dixitais.

Procesos de información e comunicación:

- Fomentar o uso de sistemas de comunicación dixitais: espazo Abalar, AbalarMóbil.

- Manter actualizada a páxina web do centro.

- Fomentar a secretaría virtual para trámites habituais.

Na Programación Xeral Anual detallarase unha concreción anual do Plan dixital con obxectivos e accións a desenvolver durante o curso.

- Breve xustificación do mesmo.

O Plan dixital de centro susténtase no seguinte marco normativo:  

A LOMLOE (Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación) recolle no seu Art. 111 bis, que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensinanza e aprendizaxe. As Administracións educativas deberán establecer as condicións que fagan posible a eliminación no ámbito escolar das situacións de risco derivadas da inadecuada utilización das TIC, con especial atención ás situacións de violencia na rede. Fomentarase a confianza e seguridade no uso das tecnoloxías prestando especial atención á desaparición de estereotipos de xénero que dificultan a adquisición de competencias dixitais en condicións de igualdade.

O Ministerio de Educación e Formación Profesional elaborará e revisará, previa consulta ás Comunidades Autónomas, os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

As Administracións públicas velarán polo acceso de todos os estudantes aos recursos dixitais necesarios, para garantir o exercicio do dereito á educación de todos os nenos e nenas en igualdade de condicións. En todo caso, as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e os recursos didácticos que se empreguen, axustaranse á normativa reguladora dos servizos e sociedade da información e dos dereitos de propiedade intelectual, concienciando no respeto de dereitos de terceiros.

Do mesmo xeito, no artigo 132.c) establécese como competencia da dirección do centro: exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro.

Na Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021/22, recóllese que o Plan dixital será elaborado no presente curso 21/22 de acordo coas instrucións dictadas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.

- Proceso de elaboración.

O equipo de dinamización do Plan dixital está composto pola totalidade de mestras do centro, actuando de coordinadora a directora (responsable da dinamización das tecnoloxías da información e a comunicación).

Dito equipo constitúese no primeiro trimestre do curso, sendo a primeira tarefa a realización do Test Selfie, no que participan 2 de 5 mestras e a directora (único membro do equipo directivo).

No segundo trimestre do curso procédese co Test CDD, realizado por 5 de 6 mestras e coa DAFO.

Por último, no terceiro trimestre abórdase o Plan de acción e a redación do Plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe Selfie e o Test CDD, o centro elaborou unha análise DAFO que permitiu un coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital do alumnado referida a búsqueda, filtrado e uso da información en medios dixitais, condicionada pola súa idade (3-6 anos). (H1-H3-H4, H6, H7, H8, H11 e H13) Alumnado Si
Debilidade Deficiente dotación de medios dixitais para poder arrancar o Plan Dixital de centro. Infraestruturas Si
Debilidade Insuficientes equipos dixitais para uso do profesorado e alumnado que permitan a implementación na aula e o centro de tecnoloxías dixitais.(C1-C2) Infraestruturas Non
Debilidade Inquedanza pola baixada de matrícula do centro e que inflúa na dotación orzamentaria. Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado dunha soa etapa educativa con forte curiosidade e motivacións polas tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza - Confianza e colaboración co equipo docente do centro para a implementación de tecnoloxías dixitais no centro. Familias Si
Fortaleza - Alta satisfación e dominio de aplicacións corporativas de comunicación dixital entre centro e familias Familias Non
Fortaleza O centro conta cunha estratexia dixital (A1) Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de boa conexión a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza o do Equipo directivo. (A3) 2.- Alta motivación, formación e competencia dixital do profesorado. (E1- E2- E3-E4-E5) Persoal docente Si
Fortaleza Claustro maioritamente definitivo receptivo á implementación e mellora da súa formación para consolidar un plan dixital viable. Persoal docente Si
Fortaleza Boa dispoñibilidade do profesorado ante o cambio dixital e apoio do Equipo directivo. (A3) Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Moi escasa dotación de equipamento tecnolóxico que se adapte á nova realidade dixital do centro. (C1-C2-C15) Administración educativa Si
Ameaza Falta de tempo do profesorado, en horario lectivo, para preparar novas estratexias metodolóxicas de traballo educativo con ferramentas dixitais. (A4) Administración educativa Non
Ameaza Deficiente asistencia técnica pública para solventar problemas relacionados con tecnoloxías dixitais. (C5) Administración educativa Si
Ameaza Pouca continuidade no tempo da directiva e membros (tres cursos máximo). ANPA Non
Ameaza Inexistente colaboración entre centros no apoio e uso das tecnoloxías dixitais. (B4) Contorna Non
Ameaza Insuficiente orzamento para adquisición de equipamento tecnolóxico Lexislación Non
Ameaza Escasa colaboración con entidades ou fundacións Tics no apoio e cesión de recursos e tecnoloxías dixitais. Outras Non
Oportunidade 1.- Boa existencia de oferta en formación dixital. Administración educativa Si
Oportunidade - Bo nivel de participación e colaboración da AMPA no relativo ao eido dixital. ANPA Non
Oportunidade - Suficiente oferta e asistencia privada para solventar problemas relacionados con tecnoloxías dixitais. (C5) Contorna Non
Oportunidade Posibilidade de desenvolver unha estratexia educativa máis cercana á realidade dixital das nenas e nenos. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partires da análise do DAFO realizouse o Plan de Acción cos distintos obxectivos a conseguir.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar unha maior competencia do alumando na búsqueda, filtrado e uso da información en medios dixitais.
O02PD C.16: Informatizar a biblioteca do centro.
O03PD Implementar os recursos do Polo Creativo nas aulas.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso farase trimestralmente un seguimento do Plan dixital sobre os obxectivos formulados no plan de acción. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Accións a desenvolver do obxectivo 1 para este trimestre:

Comenzouse coa concienciación do alumnado na navegación segura en internet, coa proxeción dun conto dixital (elaborado polo equipo do PD) sobre o Sr. Google.

Programouse un taller informativo, a cargo de Raúl Ordóñez, sobre uso responsable de medios dixitais na primeira infancia, para o día 5 de marzo, de 17 a 19 horas.

Accións a desenvolver do obxectivo 2:

No mes de novembro e comezos de decembro realizáronse dúas sesións de formación en Koha, tal e como fora programado, dentro da liña: Dixitalización da biblioteca do centro, do PFPP do centro. Dita acción atópase realizada.

No mes de decembro o profesorado do centro realizou o rexistro en Koha de 20 fondos da biblioteca.

Accións a desenvolver do obxectivo 3:

A coordinadora do PD asistiu a unha formación en Santiago, de 5h, o día 20 de outubro de 2023, para Coordinadores de Polos Creativos onde participou en diferentes ponencias, sobre recursos, impartidas por distintos profesionais, así como lle foi trasladada información sobre o programa por parte de responsables da Consellería.

Programouse unha sesión formativa sobre manexo e aproveitamento didáctico do plotter Rotutex para o martes, 9 de xaneiro de 2024, dentro da liña do PFPP: Aproveitamento dos recursos do Polo Creativo.

2º Trimestre

Accións a desenvolver do obxectivo 1 para este trimestre:

Realizouse un obradoiro informativo, a cargo de Raúl Ordóñez, sobre uso responsable de medios dixitais na primeira infancia, o día 5 de marzo, de 17 a 19 horas, coa asistencia do 25% das familias.

Accións a desenvolver do obxectivo 2:

Neste trimestre continuouse co rexistro de fondos bibliográficos no programa Koha, e seguindo o calendario formativo da liña: Dixitalización da biblioteca do centro, do PFPP do centro. O número de rexistros efectuados sitúase en torno ao 20% do número

A mestra responsable de biblioteca rematou, con data 04/03/2024, a formación aparellada á implementación do Koha-Bescolares cunha duración de 50h.

Accións a desenvolver do obxectivo 3:

Desenvolveuse unha sesión formativa sobre manexo e aproveitamento didáctico do plotter Rotutex o martes, 9 de xaneiro de 2024, dentro da liña do PFPP: Aproveitamento dos recursos do Polo Creativo, no que participaron catro mestras do claustro.

A coordinadora do PD asistiu a unha formación no Cfr de Lugo, de 3h, o día 13 de marzo de 2024, para Coordinadores de Polos Creativos onde participou nunha xornada sobre Intelixencia Artificial nos Polos.

Programouse unha nova xornada de formación para o día, 9 de abril, sobre creación e edición de contidos multimedia.

 

3º Trimestre

Accións a desenvolver do obxectivo 1 para este trimestre:

Realizouse un traballo importante, por parte das titoras, dentro de cada grupo de accións encamiñadas a mellorar a competencia dixital do alumnado do centro, tendo presente a idade dos menores e precisando que ditas accións se manteñan no tempo para que poidan asimiladas e adquirir unha maior competencia.

Accións a desenvolver do obxectivo 2:

Neste trimestre continuouse co rexistro de fondos da biblioteca no programa Koha, con apoio a través da liña de formación solicitada. Á data actual o número de fondos rexistrados supón en torno ao 40% do total. Procede continuar con dito rexistro o vindeiro curso para lograr informatizar a totalidade dos fondos, xa que os tempos dentro do horario lectivo son escasos e non permitiron acadalo.

Accións a desenvolver do obxectivo 3:

A coordinadora do PD asistiu a unha formación no Cfr de Lugo, de 3h, o día 5 de abril de 2024, para Coordinadores de Polos Creativos onde participou nunha xornada sobre: Audiovisual edición con DDMM (medios dixitais).

Desenvolveuse, no centro, unha sesión formativa sobre creación de materiais e recursos dixitais con Canva e Genially, o martes, 16 de abril de 2024, dentro da liña do PFPP: Aproveitamento dos recursos do Polo Creativo.

Recibiuse tamén neste curso un kit Singular 11F que ben a completar o material asignado a Polos Creativos.

Neste curso quedou rematada a instalación de puntos wifi, con dominio: edu.xunta.gal.

 

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A final de curso realizarase unha avaliación final para coñecer o grao de consecución dos obxectivos, reflectíndose na correspondente memoria. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

O plan dixital elaborado polo centro establecía unha serie de obxectivos supeditados a tres ámbitos de actuación. No referente aos obxectivos plantexados para a organización e xestión do centro conseguiuse, con éxito, superalos na súa totalidade, así como se avanzou con resultado positivo naqueles encamiñados ao procesos de ensino- aprendizaxe e de información e comunicación.

O obxectivo 1 atópase parcialmente acadado na data actual, xa que aínda que se conseguiu superar as accións plantexadas para o mesmo precísase dun traballo máis extenso no tempo dada a idade do alumnado.

Con respecto ao obxectivo 2 non se acada completamente neste curso xa que o horario do profesorado non é suficiente para poder completar o rexistro nun curso.

O obxectivo 3 dase por acadado, xa que o profesorado foi quen de implentar, con éxito, os recursos do Polo Creativo nos proxectos de aula.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso o centro establece como obxectivos prioritarios a incluir na actualización do Plan Dixital:

- Acadar unha maior competencia do alumnado na búsqueda, filtrado e uso da información en medios dixitais.

- Informatizar a totalidade dos fondos na aplicación KOHA.

Á súa vez, seguiremos implementando os recursos do Polo Creativo nos proxectos de aula e actividades complementarias realizadas ao longo do curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan dixital polo Consello Escolar darase a coñecer á comunidade educativa a través da páxina web do centro.

Ligazón ao plan dixital