Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O plan dixital do CPI Plurilingüe Tino Grandío é un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que busca fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe. Debe ser o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensinanza-aprendizaxe, entendido desde o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumno. Para isto, é fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que teña coherencia e que guíe o uso das tecnoloxías. Este plan, está concibido como un documento vivo que contén os acordos acadados no centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Supón un compromiso por parte de toda a comunidade educativa, cada un, na medida das súas posibilidades e co seu nivel de formación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

2.1. Análise da situación do centro respecto do uso das tecnoloxías dixitais:

A análise inicial, realizarase tendo en conta os seguintes aspectos: - Análise da situación actual. - Análise dos recursos do alumnado. - Análise da infraestrutura, recursos e estado do centro. - Análise da competencia dixital do centro (alumnado, profesorado e membros do equipo directivo) coa ferramenta SELFIE. - Análise DAFO. A pandemia provocada polo SARS-CoV-2 acelerou a aposta pola ensinanza dixital dos centros educativos. Desde marzo de 2020, os centros tivemos que realizar unha actuación de emerxencia non planificada para resolver a grave situación de confinamento. Despois deste tempo, a situación actual é a seguinte: ¿ Aspectos positivos ¿ Concienciación da necesidade da implantación de ferramentas dixitais para o contorno educativo. ¿ Mellora das competencias dixitais do profesorado e do alumnado. ¿ Aspectos negativos ¿ Necesidade do profesorado e do alumnado de formación con ferramentas dixitais. ¿ Falta de recursos do alumnado en maior medida e do profesorado. ¿ Necesidade dunha planificación ante futuros contratempos.

2.1.1. Infraestrutura: equipamento tecnolóxico, conectividade, plataformas e servizos dixitais, mantemento dispoñibles, entre outras. O CPI Plurilingüe Tino Grandío dispón nas súas instalacións de diversos recursos dixitais á disposición do profesorado e do alumnado. ¿ Aulas de informática e ordenadores nas aulas O centro dispón dunha aula de informática con 16 ordenadores. Ademais forma parte do proxecto E-Dixgal, mediante o cal ten á súa disposición ordenadores portátiles para todo o alumnado de: ¿ 5º e 6º de Primaria ¿ 1º, 2º, 3º e 4º de Secundaria A todo isto debemos engadir que as aulas de referencia dos grupos contan cun ordenador en exclusiva (non así as de desdobres da ESO), ademais contamos tamén con 3 ordenadores de sobremesa na sala de profesorado e todo o profesorado que forma parte do proxecto E-Dixgal conta cun portátil. ¿ Software En todos os ordenadores están instalado os paquetes de software recomendados pola Xunta. ¿ Proxectores Contamos con proxector na aula de usos múltiples, na biblioteca e nalgunha outra aula específica. ¿ Taboleiro dixital Todas as aulas contan con taboleiro dixital. ¿ Unha Webcam ¿ Televisor Táctil ¿ Tabletas O centro conta con dúas tabletas xestionadas polo departamento de Tecnoloxía. ¿ Conexión Wifi En calquera punto das instalacións do centro é posible a conexión a internet mediante conexión wifi, agás no ximnasio e pavillón. ¿ Outros dispositivos O centro conta cunha mesa de mesturas, 4 altofalantes, micros inarámicos e dous micros omnidireccionais. ¿ Plataformas de uso habitual ¿ Páxina web do centro ¿ Aula virtual ¿ E-Dixgal ¿ Abalar ¿ Blog da biblioteca ¿ Facebook ¿ Instagram

2.1.2. Liderado e gobernanza (protocolos do centro, aspectos organizativos, procesos de comunicación) Os protocolos do centro atópanse recollidos tanto no PEC como nas NOF. En canto aos procesos de comunicación, detállanse a continuación: ¿ No caso do profesorado, a comunicación realízase en persoa e para as convocatorias de Claustro, CCP e Consello Escolar a través de correo electrónico. ¿ No caso das nais e pais do centro, a comunicación realízase na súa maioría empregando a aplicación ABALAR MÓBIL, tanto para comunicacións individuais como colectivas. ¿ No caso do persoal non docente emprégase o correo electrónico.

2.1.3. Procesos de ensino e avaliación:

A día de hoxe, non é maioritario o emprego das TIC no proceso de ensinanza, aínda que contamos con 6 cursos que se atopan dentro do programa E-Dixgal. Por outra banda, se no proceso de ensinanza o emprego das TIC non é maioritario, no de avaliación aínda temos que baixar considerablemente a porcentaxe, xa que moi poucos docentes empregan as TICs. De todas maneiras, este aspecto concreto queda ben reflectido no apartado 2.2. Autoavaliación SELFIE.

2.1.4. Procesos formativos en competencia dixital docente:

Actualmente o centro non se atopa inmerso en ningún proceso formativo en competencia dixital docente, é posible que algún dos docentes estea realizando algún curso con esta temática, pero non estaría coordinada desde centro. En todo caso, en anos anteriores o centro estivo mergullado nun proceso formativo en competencia dixital docente.

2.1.5. Mapa de activos:

recursos, persoas, institucións e/ou administracións que poidan contribuír aos obxectivos do plan A) Humanos: ¿ O propio alumnado do Centro. ¿ Claustro de Profesorado. ¿ Persoal non docente. ¿ Colaboradores do Comedor Escolar. ¿ Xunta de delegados/as. ¿ Equipos de Ciclo. ¿ Outros equipos de traballo. ¿ Departamentos. ¿ Titorías. ¿ Familias. ¿ ANPA. B) Materiais: ¿ PEC ¿ NOF ¿ PXA. ¿ Protocolo do Comedor e Plan de Actividades do mesmo. ¿ Protocolos proporcionados pola Consellería (acoso escolar, absentismo, etc.) ¿ Plan de mellora das bibliotecas escolares ¿ Proxecto de Convivencia Escolar ¿ Plan de Normalización Lingüística ¿ Plan de Actividades Extraescolares e Complementarias C) SERVIZOS COMPLEMENTARIOS: ¿ Transporte ¿ Comedor ¿ Actividades extraescolares.

 

 

Interno
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Externo
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Non se atoparon elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
A Establecer canles de colaboración entre os docentes das distintas etapas educativas para compartir estratexias, recursos e ferramentas dixitais que favorezan o ensino mixto.
B Debater sobre o uso da tecnoloxía entre o profesorado e co alumnado, favorecendo a creación das condicións necesarias para un correcto e asisado uso das mesmas.
C Crear as condicións idóneas para que xermole entre o profesorado a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, intentando cubrir a maioría das necesidades creadas
D Crear as condicións favorables para que todo o profesorado adquira as competencias necesarias para o uso de contornos virtuais de aprendizaxe, así como na creación de recursos dixitais para reforzar e mellorar a aprendizaxe do alumnado.
E Creación de recursos por parte do profesorado para cubrir as lagoas detectadas.
F Crear e, no seu caso, potenciar, o uso de tecnoloxías dixitais que favorezan a participación e reflexión do alumnado na súa aprendizaxe, así como realizar traballos cooperativos na rede, por parte do alumnado, que favorezan o coñecemento do seu propio traballo e o dos seus compañeiros (feedback).

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

¿ Avaliación procesual:

Consiste na valoración a través da recollida continua e sistemática de datos, do funcionamento do plan así como da súa eficacia ao longo dun período de tempo fixado para a consecución dunhas metas ou obxectivos. A avaliación procesual é de gran importancia dentro dunha concepción formativa da avaliación, porque permite tomar decisións de mellora sobre a marcha. Tendo en conta este marco referencial, o PDC estará sometido a una constante avaliación e revisión para cumprir coa súa función orientadora e reguladora. Así, unha vez ao trimestre, o equipo responsable do mesmo levará a cabo una xuntanza na que se valorará o cumprimento dos obxectivos propostos, tendo en conta o estado de execución de cada una das acción propostas, así como o resultado das mesmas. Esta análise pormenorizada traerá como consecuencia a posibilidade de adecuar esas acción, ou mesmo modificalas, se é o caso, para, dese xeito acadar os obxectivos planeados

Valoración xeral

Unha vez feita a avaliación procesual coa correspondente adecuación das accións e obxectivos, chegaremos cara ao remate do curso onde se levará a cabo unha avaliación final, empregando os seguintes instrumentos: - Enquisa en liña ao profesorado das distintas etapas, onde se reflectirá o grao de consecución individual de cada un dos obxectivos planeados . -Análise da inclusión de ferramentas dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe. -Análise do cumprimento do Plan de protección de datos do centro. -Recollida das opinións do profesorado sobre a formación (cursos, titoriais...) e os instrumentos postos ao seu dispor. - Recollidos e analizados todos estes datos, elaborarase unha proposta de mellora e/ou modificación do plan ou dalgún obxectivo ou acción proposta.Unha vez feita a avaliación procesual coa correspondente adecuación das accións e obxectivos, chegaremos cara ao remate do curso onde se levará a cabo unha avaliación final, empregando os seguintes instrumentos: - Enquisa en liña ao profesorado das distintas etapas, onde se reflectirá o grao de consecución individual de cada un dos obxectivos planeados . -Análise da inclusión de ferramentas dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe. -Análise do cumprimento do Plan de protección de datos do centro. -Recollida das opinións do profesorado sobre a formación (cursos, titoriais...) e os instrumentos postos ao seu dispor. - Recollidos e analizados todos estes datos, elaborarase unha proposta de mellora e/ou modificación do plan ou dalgún obxectivo ou acción proposta..

Neste curso 2022/2023 estamos a avanzar bastante na consecución dos obxectivos previstos no Plan Dixital, non obstante seguimos a detectar algunhas deficiencias, sobre todo na formación do profesorado respecto o uso de novas tecnoloxías. 

Proposta de mellora

Seguimos a detectar algunhas dificultades, sobretodo no uso das novas tecnoloxias por parte dalgún profesorado na aula. 

Tentaremos seguir traballando para motivar máis ao profesorado ofrecéndolles máis formación e dándolles máis opcións de aplicativos a empregar no seu día a día nas aulas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre a comunidade educativa é a seguinte:

¿ Información do Plan Dixital ao Claustro de profesorado.

¿ Información do Plan Dixital ao Consello Escolar.

¿ Información do Plan Dixital mediante mensaxería ABALAR a toda a comunidade educativa.

¿ Publicación do Plan Dixital na Páxina web do centro, ao igual que nas redes. sociais do mesmo (Instagram e Facebook).