Normativa que fai referencia ao Plan Dixital:
Obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:
- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”
Concreción da estrutura que como mínimo debe contemplar o Plan dixital:
- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
- Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
O IES Lois Peña Novo está situado en Vilalba, capital da Comarca dá Terra Cha no centro de provincia de Lugo. A súa superficie total é de 379 km2 cadrados, repartidos en vinte e nove parroquias. Topograficamente, estamos fronte a un municipio ocupado no seu maior parte por unha extensa chaira, excepto na súa zona norte onde se sitúan as serras da A Carba e O Xistral. O feito de que se sitúe nunha gran chaira pode considerarse moi favorable para a explotación agraria. O clima do municipio é tépedo, cunha temperatura media ao redor dos 11,5º, e no verán os 18º. É unha rexión eminentemente rural, aínda que segue o proceso de concentración urbana propia destes tempos. A poboación de Vilalba ascende a un total de 13.881 (2022) habitantes, dos cales aproximadamente o 40-45% residen no centro urbano. A rexión de Terra Chá caracterízase por un alto peso do sector primario, relativamente pouco desenvolvida pola falta de modernización e de economías de escala, combinado por un alto desenvolvemento do seu centro urbano, que actúa como centro de servizos - sanitarios, deportivos, culturais, educativos e de lecer-. En canto ao desenvolvemento empresarial, cabe destacar que Vilalba conta cun tecido centrado basicamente na capital municipal. Tamén incidir na existencia dunha actividade cada vez máis importante ao redor da denominación de orixe do queixo de San Simón. En canto ao sector de servizos cabe destacar: • Un centro de atención á primeira infancia, un preescolar, cinco centros de educación infantil e primaria, dous institutos de educación secundaria, un centro ocupacional de discapacitado mental e CMUS profesional (Conservatorio). • Un auditorio municipal , unha casa de cultura, un museo arqueolóxico e biblioteca municipal. • Un fogar da mocidade, un fogar de anciáns e varias instalacións deportivas. • Outros servizos básicos son: Xulgados, Delegación da Xunta de Galicia, Servizo de Protección Civil, Policía Municipal, Cruz Vermella ... Nas seguintes táboas indícase o alumnado matriculado en cada unha das ensinanzas ofrecidas no centro:
O centro conta cun Claustro formado por 39 docentes e ten asignados una persoa na categoría de persoal administrativo, dúas persoas na categoría de persoal subalterno e outras dúas na categoría de persoal de limpeza.
Os centros educativos non son alleos ao mundo exterior e, polo tanto, están en permanente cambio. Forman parte dunha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado e por iso, deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedade e do mercado laboral para formar cidadáns do futuro coas habilidades necesarias para funcionar nun entorno dixitalizado. Podemos afirmar con total convicción que é inevitable o uso da tecnoloxía nas diversas prácticas que teñen lugar nunha organización escolar, dende as relacionadas con cuestións organizativas, as dos procesos docentes e moita máis aínda na aprendizaxe do alumnado. Non debemos esquecer que as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e aproveitar ao máximo a tecnoloxías da información e da comunicación, e recursos educativos dixitais. Os obxectivos que se pretenden acadar mediante a elaboración deste plan son: • Avaliar a situación dun centro educativo en relación co uso da innovación e das TIC en diferentes elementos clave incluídos no Marco Europeo para as organizacións educativas dixitalmente Competente, para posteriormente deseñar e acometer un proceso de transformación no centro. • Recoñecer o Plan Dixital Anual como un recurso fundamental para a planificación da estratexia dixital dunha organización educativa. • Transformar o centro educativo nunha organización que aprende, sendo posible só se é a organización dixitalmente competente. • Valorar as implicacións das organizacións escolares para desenvolver unha cultura dixital en o mesmo.