Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Levarase a acabo unha avaliación continua do plan cada trimestre do curso 2024-2025 onde se irá comprobando que as accións e os procesos propostos estanse a realizar nas datas marcadas previamente e no caso de non ser así será preciso realizar variacións que permitan que as propostas de mellora se materialicen.
No mes de Outubro faise o traslado de datos do PD 23/24 ao 24/25 e péchase para a súa revisión por parte da mentora de Adix.
No mes de Novembro tivemos unha reunión presencial coa mentora Adix para revisar o PD do curso e ver cómo melloralo.
Reunión co equipo de dinamización do plan dixital do Centro na última semana de clases do mes de DECEMBRO.
O 20 de Decembro de 2024 reuniuse o Claustro de profesores acordando non facer unha previsión de adquisión de equipamento dixital, xa que non saiu publicada ningunha subvención para tal fin e os docentes consideraron que non temos que non é preciso facer compra algunha de xeito inminente.
O 16 de Xaneiro de 2025 concertase cita para realizar o curso de Ciberseguridade e Acoso e ciberacoso para o vindeiro 25 de Febreiro.
O 23 de Xaneiro de 2024 en horario de mañá mantiven unha reunión co equipo de dinamización do plan dixital do Centro e o día 24 pola mañá reuníuse o Claustro de profesores acordando non facer compra ningunha de xeito inminente para adquisión de novo equipamento dixital, xa que non saiu publicada ningunha subvención para tal fin destinada aos Centros Privados-Concertados e non temos nengunha necesidade acuciante de dispositivos. Decídese convocar unha nova reunión no terceiro trimestre para valorar a posibilidade de adquirir novo material para o vindeiro curso, sempre dependendo das axudas publicas.
Os docentes tratan de mellorar as súas competencias dixitais realizando diversas formacións.
Avaliación
Ao finalizar o curso escolar farase unha avaliación final onde se poderá comprobar que os obxectivos foron acadados e no caso de non ser así tratarase de buscar unha nova solución para seguir acadando máis logros a nivel dixital nos seguintes cursos. Para facer esta avaliación analizaranse os resultados obtidos no seguimento dos Obxectivos plantexados o que nos permitirá tamén verificar se houbo avances no caso das propias competencias dixitais do profesorado sempre e cando sexa a cualificación superior á obtida con anterioridade, valorarase tanto a nivel xeral do centro como individual.
Comunicación e difusión
A comezo do curso o plan dixital do Centro será prensentado á comunidade educativa e será aprobado polo claustro e o consello escolar.
Este plan estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina EduCalidade e na web do Centro (https://fundacionbelarminofernandez.com/formacion/#PlanDigital)