Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.
O plan dixital do CPR Belarmino Fernández Iglesias é un instrumento de planificación e integración para desenvolver a competencia en materia do uso das novas tecnoloxías e acadar un proceso de ensinanza-aprendizaxe máis acorde á situación global que estamos a vivir,  fomentando unha aprendizaxe máis autónoma do noso alumnado e facendo das TICs un recurso metodolóxico máis que axude ao profesorado a levar a cabo as súas funcións dun xeito máis acorde cos retos da sociedade actual, polo tanto é un proxecto que abrangue a toda a comunidade educativa e polo tanto debe  formar parte da programación do plan xeral anual para o curso 2023-2024, onde se dará continuidade ao plan implatando por primeira vez no curso anterior onde se implantará por primeira vez e será revisado de forma anual para trata de acadar unha maior competividade a nivel tecnolóxico. 
Este plan vainos axudar, ademais, a acadar un dos obxectivos que nos marcamos para levar a cabo un novo proxecto educativo enmarcado dentro do Programa Erasmus+ xa que tentareremos de utilizar diversos recursos tecnolóxicos para fomentar o intercambio de coñecementos do noso alumnado, coñecemento doutras culturas, así como mellorar as súas competencias lingüísticas.

Breve xustificación do mesmo.

Os centros educativos deben estar en cambio permanente para fomentar o acceso a un mercado laboral cambiante, hoxe en día, máis dixitalizado, motivo polo cal é imprescindible que se traten de mellorar as competencias dixitais do noso alumnado pero tamén é preciso que os docentes adquiran un certo nivel no manexo das novas tecnoloxías para poder levar a cabo o proceso de ensino-aprendizaxe. Por este motivo a implementación dun plan dixital faise necesaria e imprescindible para deseñar e emprender un proceso de transformación do noso Centro para converternos nunha organización dixitalmente competente.

Para poder desenvolver e  implementar o Plan Dixital baseámonos na seguinte normativa:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
  • Resolución do 4 de maio de 2022, da Dirección Xeral de Avaliación e Cooperación Territorial pola que se publica o Acordo da Conferencia Sectorial de Educación sobre a actualización do marco de referencia da competencia dixital docente (BOE 16-05-2022)
  • Marco Europeo para Organizacións educativas dixitalmente competentes (DigCompOrg) do Centro Común de Investigación (JRC, Joint Research Centre)
     

Proceso de elaboración.
O proceso de elaboración do plan dixital do noso Centro lévase a cabo pola dirección do Centro co apoio dos docentes.
Unha vez dados de alta no programa SELFIE, o alumnado, o equipo directivo e o profesorado cubriron as enquisas que foron pasadas na primeira avaliación e que tiveron que repetirse a comezos da segunda avaliación e ao final do curso.

Tendo en conta os resultados acadados no SELFIE, os resultados reflectidos no TestCDD e co coñecemento directo que temos do Centro fomos quen de realizar a análise DAFO. Ademais, neste proceso á hora de propor as Debilidades, Fortalezas, Ameazas e Oportunidades tivéronse moi en conta as opinión dos docentes do Centro.

Asemade, para trazar o Plan de Acción consecuencia da Debilidades e Fortalezas detectadas na análise DAFO a dirección tivo en conta a opinión de tódolos docentes do Centro.

Por iso podemos dicir que o Equipo de Dinamización do Plan Dixital no CPR Belarmino Fernández Iglesias está encabezado pola directora, pero nel están involucrados a meirande parte dos docentes. 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización deste Plan Dixital levouse a cabo un proceso de recollida de informacion previa, mediante diversas ferramentas como o Selfie para Centros e o Test de Competencia Dixital Docente que deron como resultado os informes que incluimos no apartado Anexos.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C8. Obsolescencia dos ordenadores Alumnado Si
Debilidade H1 y H3. Fomentar o comportamento seguro, responsable e respetuoso cos demáis ao traballar con internet Alumnado Si
Debilidade C1. Non hai suficiente infraestrutura dixital (dispositivos portátiles, pantallas dixitais) Infraestruturas Si
Debilidade C8. Obsolescencia dos ordenadores Infraestruturas Si
Debilidade C2. Implementación de equipamento para docencia que se está empregando na actualidade nos sectores das ensinanzas que impartimos (TPV's, PDA's, ...) Infraestruturas Si
Debilidade C3. Posibles fallos de conexión wifi Infraestruturas Si
Debilidade C4. Non contar coa asistencia técnica inmediata Infraestruturas Non
Debilidade A3. Uso no comedor do Centro de equipamento que se está empregando na actualidade nos sectores das ensinanzas que impartimos (TPV's, PDA's, ...) Oferta Si
Debilidade A. Dificultade para realizar cursos online das diferentes administracións xa que traballan con outras plataformas, habitualmente moodle Organización de centro Non
Debilidade B2. Falta de debate en profundidade do uso das tecnoloxías dixitais para a ensinanza Persoal docente Non
Debilidade E2. Creación e posta en común de recursos dixitais creados polos docentes Persoal docente Si
Debilidade A3. Falta de formación para a reciclaxe dos docentes para o uso das NNTT relacionadas coas profesións que se imparten (códigos QR, manexo de PDA's, ...) Persoal docente Si
Debilidade A3. Falta de motivación dalgunha parte do profesorado para mellorar as súas competencias dixitais Persoal docente Si
Debilidade E4. Emprego de tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa Persoal docente Si
Debilidade F1, F3 y F4. Incremento do uso de tecnoloxías dixitais para adaptalas ás necesidades de cada alumno/a, fomentar a súa creatividade e a súa motivación Persoal docente Si
Debilidade G1, G3 y G5. Incremento do uso das tecnoloxías dixitais para avaliar debilidades, retroalimentación e reflexión sobre a aprendizaxe do alumnado Persoal docente Si
Fortaleza C13. Permítese ao alumnado que traian os seus propios dispositivos portátiles e os poidan utilizar nas clases. Tamén se permite o uso do teléfono móbil Alumnado Non
Fortaleza H12. Utilízase a tecnoloxía para traballar os contidos impartidos nos módulos Alumnado Si
Fortaleza C8. Disponibilidade de ordenadores de sobremesa para o alumnado Alumnado Si
Fortaleza C3. Acceso a internet en todo o centro e con proxectores Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Acceso a ordenadores con conexión a internet con software libre tanto para profesorado como para alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Disponibilidade de ordenadores de sobremesa a disposición de toda a comunidad educativa Infraestruturas Si
Fortaleza A. Contamos con plataforma dixital de código aberto e gratuita para a ensinanza (EDMODO) Organización de centro Non
Fortaleza A1. Emprego de RRSS e web para comunicar noticias de interés a toda a comunidade educativa Organización de centro Non
Fortaleza A3. Infórmase ao profesorado dos cursos de reciclaxe que poden realizar para favorecer as súas competencias dixitais Persoal docente Non
Fortaleza B3. Videoconferencias con outras empresas e institucións para fomentar a aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza E3. Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado Persoal docente Si
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. Falta de fondos por parte da Administración que axuden á renovación e uso TICs Administración educativa Si
Oportunidade C16. Emprego dos repositorios, materiais e aplicacións que a Administración pon a nosa disposición para usar nas nosas clases Administración educativa Non
Oportunidade C3. Colocación ou conexión a internet mediante fibra óptica inmediata Contorna Non
Oportunidade C5. Cumplimento da LPD Lexislación Non
Oportunidade D3. Intercambio de experiencias con outros Centros, empresas... en relación co proxecto Erasmus+ Outras Non
Oportunidade B3. Videoconferencias con outras empresas e institucións para fomentar a aprendizaxe e reforzar contidos Outras Non
Oportunidade B4. Colaboración entre centros socios nos programas Erasmus+ para favorecer o intercambio de experiencias educativas Outras Non
Oportunidade C17. Uso de RRSS e páxina web para comunicar ofertas de emprego e actualización continua da bolsa de traballo Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os ítems que escollemos para transformalos en obxectivos consideramos que son os idóneos para continuar co proxecto de dixitalización máis ambicioso que seguiremos levando a cabo nas seguintes anualidades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Conseguir mellor calidade de conexión a internet
O02PD Mellorar o nivel de competencias dixitais do profesorado
O03PD Fomentar o comportamento seguro e respectuoso do alumnado en internet
O04PD Mellorar o nivel de competencias dixitais do alumnado
O05PD Modernizar os dispositivos dixitais para o aprendizaxe.

Seguimento

Procedemento

Levarase a acabo unha avaliación continua do plan cada trimestre do curso 2023-2024 onde se irá comprobando que as accións e os procesos propostos estanse a realizar nas datas marcadas previamente e no caso de non ser así será preciso realizar variacións que permitan que as propostas de mellora se materialicen.

1º Trimestre

Acórdase no mes de Setembro que os docentes D. David Cidre Guitián e Dna. Manuela Chouza Carou formarán parte do equipo de dinamización do Plan Dixital do Centro, aínda que todo o profesorado incluirá na aula virtual unha carpeta en cada módulo formativo na que subirá un enlace ao Plan Dixital do Centro.

 

Reunión o 27/09/2023 fixemos unha videoconferencia co Mentor Adix na que abordamos os seguintes temas:

  • Recordatorio de carga da coordinación no aplicativo equivalente a Persoal Centros para CPRs. Feito.
  • Coa colaboración da responsable de Cento, traslado de datos do PD 22/23 ao 23/24. Xa estaba feito.
  • Habilitación da coordinadora do EDPDC en Equipo de Vixencia de Educalidade. Estaba feito por defecto.
  • Comprobación de recepción de email alta AV ADIXLUGO2. Non procede.
  • Familiarización coa contorna de traballo de EduCalidade. Non procede.
  • Revisión do PD 22/23 en EduCalidade. Iniciada
  • Propor a necesidade de definir os obxectivos do PD 23/24. Feito
  • Fixar a data da vindeira videoconferencia: Venres, 13 de outubro a partir das 09:15.
  • Familiarización co entorno de traballo da AV ADIXLUGO2. Non procede.
  • Guiado na parte explicativa de EduCalidade. Lembrar.

 

Reunión o 13/10/2023 presencial co Mentor Adix. Nesta reunión realizamos as seguintes tarefas:

  • Revisión da aplicación Centros Privados para comprobar se xa é posible introducir o cargo de Persoa Coordinadora do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro. Non é posible.
  • Acceso público ao PD en EduCalidade. Feito.
  • Revisión da totalidade do PD para eliminar sobrantes do curso pasado. Feito.
  • Obxectivos: A coordinadora xa tiña redactados os obxectivos actualizados para o presente curso. En base a eles:

O01PD: Validamos.

O02PD: Modificamos indicadores e accións.

O03PD: Modificamos indicador e accións.

O04PD: Modificamos indicador e temporalización de accións.

O05PD: Modificamos indicador e temporalización.

  • O mentor facilita información sobre E-LBE.2 e Axudas para centros privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia no ámbito das bibliotecas escolares e o fomento da lectura para o curso 2023/24. Valoraremos se facer un obxectivo sobre isto.

 

Reunión por videoconferencia e teléfono, debido a un problema técnico, o 16/11/2023 co Mentor Adix (a reunión estaba axendada para o día 17/11/2023, pero debido a unha convocatoria de última hora que recibiu o Mentor Adix co Servizo Centrais para unha reunión no día de mañá á hora na que estaba fixada a videoconferencia con este Centro, tívose que adiantar). Os temas que se trataron foron os seguintes:

  • Actualización de lexislación: á espera de actualización para FP.
  • Revisadas as accións que xa pasaron a data máxima.
  • SEGUIMENTO: incorporar información das reunións co mentor ADIX, equipo de dinamización do PD de centro e outras información que sexa importante ter rexistrado neste cadro de texto.
  • Revisado presencia do PD na web oficial do centro: 

https://fundacionbelarminofernandez.com/formacion/?lang=gl

  • Queda pendente revisión de valores de indicadores.

 

Reunión por videoconferencia e teléfono, debido a un problema técnico, o 15/12/2023 co Mentor Adix. Os temas tratados foron os seguintes:

-Comprobación no aplicativo CENTROS PRIVADOS se permite engadir á persoa coordinadora do PDC: Non a aparece.

-A coordinadora confirma que lle chegou o certificado de 50 horas de innovación por ser coordinadora o curso pasado do PDC.

-Seguimento das accións:

  • AO2.2: Avances na consecución da acción rexistradas en seguimentos. 
  • AO3.3: Pendentes de confirmación da data de realización do curso de Ciberseguridade.

-Está a punto de acadarse a data máxima das accións AO5.1 e AO5.2 (31/12/2023) faremos seguimento na vindeira visita. AO5.3 Adquisición dun novo proxector Ultra HD High Dinamic Range.

-SEGUIMENTO: 1º Trimestre.

Deixamos axendada a próxima reunión para o venres, 9 de Febreiro de 2024 - 09:15-11:25 PRESENCIAL, debido a problemas de son nas dúas últimas videoconferencias.

 

Reunión co equipo de dinamización do plan dixital do Centro na última semana de clases do mes de DECEMBRO.

 

O 21 de Decembro de  2023 reuniuse o Claustro de profesores acordando non facer unha previsión de adquisión de equipamento dixital, xa que non saiu publicada ningunha subvención para tal fin e os docentes consideraron que non temos que non é preciso facer compra algunha de xeito inminente.

2º Trimestre

Reunión o 09 de Febreiro co Mentor Adix na que abordamos os seguintes asuntos:

1º) Revisión da aplicación Centros Privados para comprobar se xa é posible introducir o cargo de Persoa Coordinadora do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro. Non é posible.

2º) Obxectivos: A coordinadora xa tiña redactados os obxectivos actualizados para o presente curso. En base a eles:

O01PD: AO01PD.1 revisadas as actualizacións.

O02PD: AO02PD.2 revisada actualización.

O03PD: AO03.3, AO03PD.2 revisadas as actualizacións.

O04PD: AO4PD.3 revisadas as actualizacións.

O05PD: AO05PD.3, AO05PD.2 e Ao05PD.1 revisadas as actualizacións.

Deixamos axendada a próxima reunión para o venres, 22 de Marzo de 2024 ONLINE.

 

O 18 de Marzo de 2024 en horario de mañá mantiven unha reunión co equipo de dinamización do plan dixital do Centro e pola tarde reuníuse o Claustro de profesores acordando non facer compra ningunha de xeito inminente para adquisión de novo equipamento dixital, xa que non saiu publicada ningunha subvención para tal fin destinada aos Centros Privados-Concertados e non temos nengunha necesidade acuciante de dispositivos.

 

Reunión online o 22 de Marzo co Mentor Adix na que abordamos os seguintes temas:

1º) Comprobamos se en CENTROS PRIVADOS aparece a opción de indicar a persoa coordinadora de centro. Non aparece.

2ª) Comprobamos que podemos sacar informe en PDF. Con éxito.

3º) Non permite acceder á lapela VIXENCIA. Abortamos comprobación.

4º) Apoio en xestión de punto Laranxa. Creamos a conta: convivencia.cpr.belarmino@edu.xunta.gal

Axendamos a vindeira reunión o mércores, 3 de Abril de 2024 PRESENCIAL ás 09:15 hs.

 

3º Trimestre

O 3 de Abril de 2024 adiouse a reunión co Mentor Adix. Nesa mesma data recibimos un mail do Mentor Adix no que se nos pedía colaboración para proceder ao cambio de estado do Plan Dixital en EduCalidade. Dende o Centro fixemos o cambio e falamos co Mentor Adix e comprobamos que o cambio estaba feito.

O 14 de Maio acordamos ter unha nova reunión o venres, 14 de xuño de 2024 en horario de 09:15 a 11:30.

O 7 de Xuño mantivemos una videoconferencia para coñecer o desenvolvmento da proba de certificación de compentencias dixitais que o noso alumnado dos Ciclos Medios vai a realizar.

O 13 de Xuño o alumnado inscrito á proba  de certificación de competencias dixitais dos Ciclos Formativos de Grao Medio (4 persoas). Obtiveron a acreditacion de Competencias dixitais de nivel intermedio 2 alumnos/as dos 3 que se presentaron.

Na reunión celebrada o 14 de Xuño tratáronse os seguintes temas:

1º) Estado do PD en EduCalidade: Pechado-Seguemento.
2º) Revisión de obxectivos:
O01PD: Revisado. PENDENTE.
O02PD: Revisado. PARCIALMENTE.
O03PD: Revisado. ACADADO.
O04PD: Revisado. ACADADO.
O05PD: Revisado. ACADADO.
3º) Chegado o momento de cumprirse as datas máximas de cada acción, deben ser revisadas, así como os indicadores dos obxectivos e o estado dos obxectivos. Farase o correspondente seguimento do 3º trimestre, a avaliación e propostas de mellora. Despois de pasar por Claustro e Consello, a persoa directora do centro, pechará definitivamente o plan e a persoa coordinadora remitirá unha comunicación pola AV ADIX Lugo2 a través do foro ADIX-CENTRO para informar da situación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Ao finalizar o curso escolar farase unha avaliación final onde se poderá comprobar que os obxectivos foron acadados e no caso de non ser así tratarase de buscar unha nova solución para seguir acadando máis logros a nivel dixital nos seguintes cursos. Para facer esta avaliación volveranse a realizar as enquisas dentro do programa SELFIE o que nos permitirá tamén verificar se houbo avances no caso das propias competencias dixitais do profesorado sempre e cando sexa a cualificación superior á obtida con anterioridade, valorarase tanto a nivel xeral do centro como individual.

Valoración xeral

Neste curso académico para facer unha valoración xeral do Plan de Dixitalización do noso Centro non vamos a empregar a ferramenta SELFIE tal e como se indicaba no apartado Procedemento para a avaliación, consideramos que resulta máis proveitoso analizar os resultados obtidos no seguimento dos Obxectivos plantexados.

En relación ao obxectivo O01PD Conseguir mellor calidade de conexión a internet indicar que continuamos a ter o obxectivo pendente, xa que non se fixeron neste curso académico as obras necesarias por parte das institucións pertinentes para poder acadalo.

Con respecto ao obxectivo O02PD Mellorar o nivel de competencias dixitais do profesorado foi acadado parcialmente, xa que na metade dos indicadores plantexados ao comezo do curso non acadamos a porcentaxe marcada (pasar de A2 a B1 e pasar de B1 a B2). Hai que salientar que agás dous docentes, que neste curso académico estiveron de baixa a meirande parte do curso, o resto posúen como mínimo o certificado de competencias dixitais de nivel A2.

En relación aos obxectivos O03PD Fomentar o comportamento seguro e respectuoso do alumnado en internet e O04PD Mellorar o nivel de competencias dixitais do alumnado, consideramos que ambos foron acadado xa que o noso alumnado tivo a oportunidade de asistir a varias charlas formativas relacionadas con estos temas e superamos a porcentaxe que tiñamos marcada no primeiro obxectivo e a igualamos no segundo.

Con respecto ao obxectivo O05PD Modernizar os dispositivos dixitais para o aprendizaxe, indicar que o Centro educativo fixo un esforzo para adquirir novos equipamentos, xa que dende a Administración non se convocou ningunha axuda ou subvención para este fin á que puidera acceder o noso Centro.

Proposta de mellora

Tendo en conta os resultados obtidos, consideramos necesario manter os seguintes obxectivos para o vindeiro curso, aínda que no mes de Setembro voltaremos a reunirnos para analizar si incluimos algún outro obxectivo.

O obxectivo 1: Conseguir mellor calidade de conexión a internet propónse para o vindeiro curso xa que neste non fomos quen de acadalo.

O obxectivo 2 para o vindeiro curso titúlase: Seguir mellorando o nivel de competencias dixitais do profesorado.

O obxectivo 3 mantense do mesmo xeito: Fomentar o comportamento seguro e respectuoso do alumnado en internet, xa que consideramos que o alumnado que entre novo e o que xa está no Centro debe ter un comportamento seguro e responsable coa información obtida en internet.

O obxectivo 4 mantense no vindeiro curso académico e seguirá a chamarse: Continuar mellorando o nivel de competencias dixitais do alumnado.

Mantense o obxectivo 5: Modernización dos dispositivos dixitais para a aprendizaxe.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Antes do trinta e un de Xullo de 2024 o plan dixital do Centro será prensentado á comunidade educativa e será aprobado no mes de Setembro polo claustro e o consello escolar.

Este plan estará a disposición de toda a comunidade educativa na páxina EduCalidade e na web do Centro (https://fundacionbelarminofernandez.com/formacion/#PlanDigital)

Ademais, cada docente incluirá en cada módulo da aula virtual unha carpeta que se denominará Plan dixital, onde incluirá un enlace á web do Centro onde está este plan e na que se poderán colgar recursos, enquisas ou todo o que consideremos necesario para poder levar adiante a dixitalización do alumnado.