Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

Contribución do PD ao Proxecto Educativo e á PXA do curso 22/23

Tendo en conta o marcado carácter naturista e de achegamento á natureza e á contorna próxima que se establecen no Proxecto Educativo do CEIP de San Clodio, a contribución da implantación dunha estratexia e un plan dixital EFECTIVOS, poden supoñer grandes melloras no conxunto do proceso educativo.

Son múltiples as ferramentas dixitais aplicables para o coñecemento do medio, tanto próximo como doutros lugares, que se poderían empregar de termos os medios axeitados. Ademais, o centro posúe experiencia na implementación dun proxecto vencellado coas novas tecnoloxías como é ABALAR, o cal na actualidade se atopa obsoleto e non se emprega nin resulta operativo en absoluto, pero ao que no seu momento sí se lle deu uso. Na actualidade, estase a estudar a posibilidade de implementación de EDIXGAL, o cal non faría máis que afondar na mesma dirección do presente Plan Dixital.

Con respecto á contribución á PXA do curso 22-23, non se pode falar da contribución á mesma sen estar esta aínda redactada.

1.3. Breve xustificación do mesmo

No referente á contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro, cómpre salientar que este se basea na seguinte:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración do Plan Dixital do centro púxose en marcha un Plan de Formación Permanente do Profesorado, a través do cal se foron executando todos os pasos que se nos ian marcando. Dito PFPP foi coordinado polo Director do Centro, en colaboración coa coordinadora TIC do centro, quen foi executando as accións marcadas polos coordinadores ADIX. O funcionamento a nivel organizativo baseouse na realización de xuntanzas de acordo cos requisitos temporais de cada apartado do presente Plan Dixital. Deste xeito, houbo reunións de xeito mensual, quincenal ou mesmo en ocasións semanal. A maiores, leváronse a cabo actividades formativas dirixidas polos propios mentores ADIX, sendo outras xornadas adicadas ao traballo individual.

A modo de resumo, a folla de ruta foi a seguinte:

• 22/11/21: Reunión co asesor do CFR para tratar as liñas xerais de traballo, calendario de sesións e aspectos organizativos e de xestión da actividade.

• 23/11/21: Presentación do mentor, apertura da conta en SELFIE, elaboración das enquisas e revisión dos equipos do centro.

• 01/12/21: Realización das enquisas, tanto por parte do profesorado como do alumnado. • 03/02/22: Reunión para o deseño e implementación do PD.

• 10/02/22: Realización do Test CDD.

• 17/03/22: Instrucións para a realización do DAFO en base ás enquisas.

• 04/04/22: Items do DAFO e obxectivos e plan de acción do PD.

• 29/04/22: Redacción do plan de acción.

• 26/05/22-31/05/22: Elaboración do PD.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Levouse a cabo unha recollida de información a través de enquisas que trouxo consigo a realización do SELFIE e o test CDD. 

Interno
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Alumnado pouco competente no uso de ferramentas de edición de texto Alumnado Si
Debilidade Alumnado sen competencia no uso de ferramentas de correo electrónico Alumnado Si
Debilidade Alumnado con dificultades á hora de procurar e selecionar información Alumnado Si
Debilidade Familias, en xeral, pouco competentes no uso das novas tecnoloxías Familias Non
Debilidade Alta porcentaxe das mesmas pouco interesados na formación en TIC Familias Non
Debilidade Sectores con mala ou mesmo inexistente conexión á rede Familias Non
Debilidade Equipos obsoletos e desactualizados Infraestruturas Si
Debilidade Carencia dunha boa conexión á rede Infraestruturas Si
Debilidade Falta de espazos específicos para as TIC Infraestruturas Si
Debilidade Inexistencia dunha estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Falta de sesións formativas no eido das novas tecnoloxías Organización de centro Si
Debilidade Equipos sen as actualizacións pertinentes e que non usan software libre Organización de centro Si
Debilidade Descoñecemento en materia de xestión e protección Persoal docente Si
Debilidade Cadro de persoal moi inestable (apenas definitivos) Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para a realización de formacións ao respecto Persoal docente Non
Fortaleza Alumnado responsable no uso das TIC Alumnado Non
Fortaleza Alumnado motivado polo traballo con TIC Alumnado Non
Fortaleza Familias con actitude colaboradora e abertas a propostas diferentes Familias Si
Fortaleza Certa porcentaxe das familias cin interese e competencia no uso das novas tecnoloxías Familias Si
Fortaleza Acceso a internet, pantallas e proxectores en tódalas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de espazo susceptible de ser empregado para as TIC Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia dunha canle comunicativa coa comunidade educativa Organización de centro Si
Fortaleza Participación na formación referida á implementación do Plan Dixital Organización de centro Non
Fortaleza Persoal implicado e colaborativo Persoal docente Non
Fortaleza Persoal con interese pola formación en materia de novas tecnoloxías Persoal docente Non
Fortaleza Persoal que procura, selecciona e elabora materiais empregando as TIC con frecuencia Persoal docente Non
26 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Cadro de persoal moi inestable Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia esixida que ocupa gran parte do tempo Administración educativa Non
Ameaza Falta de resposta ante a petición de recursos Administración educativa Non
Ameaza Actividades ofertadas exclusivamente deportivas e artísticas ANPA Si
Ameaza Falta de oportunidades/recursos por ser unha contorna rural Contorna Si
Ameaza Falta de interese por parte da poboación en xeral polas TIC Contorna Si
Ameaza Descoñecemento da base legal por parte do conxunto da comunidade educativa Lexislación Non
Oportunidade Existencia de programas e plans vencellados coas TIC Administración educativa Non
Oportunidade Nova configuración da directiva da ANPA, aberta á participación ANPA Non
Oportunidade Concello colaborador e aberto a propostas por parte do centro Contorna Non
Oportunidade Inclusión do concello na listaxe de Xeoparque mundial da Unesco, co cal se pretende reactivar a actividade/recursos da contorna Contorna Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Trala realización da análise DAFO, levouse a cabo a pertinente escolla de items sobre os que traballar e deseñar os obxectivos do plan Dixital. 

Para tal escolla, tíveronse en conta varios criterios, que son os que en diante se detallan. En primeiro lugar, pretendeuse facer unha selección asumible, marcando como límite 4 ou 5 obxectivos para este primeiro ano. Loxicamente, tamén se selecionaron aqueles nos que se podía ter unha repercusión real, e non naqueles externos e de dificil muda por depender de demasiados factores alleos. Igualmente, tratouse de sacar partido das fortalezas e oportunidades existentes, ainda que algunhas delas se viron modificadas ao longo do curso. 

Deste xeito, procurouse involucrar á ANPA e ao conxunto da Comunidade Educativa (Obxectivos 2 e 3), mellorar na medida do posible o equipamento dispoñible (Obxectivo 1), así como aproveitar a formación externa para mellorar a competencia dixital do noso profesorado (Obxectivo 4). 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualizar, poñer a punto e/ou renovar os equipos informáticos do centro
O02PD Implementar un sistema informatizado de rexistro de comidas para o alumnado de EI
O03PD Posta en marcha dunha actividade extraescolar vencellada co uso das novas tecnoloxías
O04PD Realizar actividades de formación, por parte do profesorado, en materia de novas tecnoloxías

Seguimento

Procedemento

Farase unha avaliación procesual unha vez ao trimestre, na cal se avaliará o estado da execución das accións, analizaranse e valoraranse os resultados acadados e, de ser o caso, faranse modificacións e propostas de mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre do curso leváronse a cabo as accións iniciais de cada un dos obxectivos, propiciando que nalgúns casos xa se desbotase a posibilidade de acadalos: 

Obx 1: O técnico analiza os equipos e actualízaos (AO1.1 e  AO1.2)

Obx 2: Por mor do cambio no posto de mestra de EI, este obxectivo non segue adiante. A mestra decide empregar unha metodoloxía alternativa para comunicarse coas familias. 

Obx 3: Após de ser falado no CE, comunícase ás familias. Ante a inminente disolución da ANPA, decide pospoñerse este obxectivo para o vindeiro curso.

Obx 4: Reúnese o claustro e decídese que a temática do PFPP sexa sobre webs dinámicas (AO1.1). Posteriormente, concrétase a formación co CFR de Lugo (AO1.2). 

2º Trimestre

Tanto o obxectivo 2 como o 3 atópanse aprazados para o vindeiro curso. 

Obx 1: Correspondería, ao longo deste e do próximo trimestre, levar a cabo a solicitude e adquisición de equipos informáticos. Estas accións non se levaron a cabo ante a expectativa de que se leve a cabo unha dotación por parte da consellería. 

Obx 4: Atópase en pleno desenvolvemento a acción número 3. Xa se realizou a formación externa, e continúase co grupo de traballo. 

3º Trimestre

Tanto o obxectivo 2 como o 3 atópanse aprazados para o vindeiro curso. 

Obx 1: Correspondería, ao longo deste trimestre, levar a cabo a solicitude e adquisición de equipos informáticos. Estas accións non se levaron a cabo ante a expectativa de que se leve a cabo unha dotación por parte da consellería. (Obxectivo parcialmente acadado).

Obx 4: Remátase con éxito o PFPP. A páxina web está actualizada e co acordo de mantela deste xeito. (Obxectivo acadado).

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizaráse unha avaliación final, levada a cabo ao rematar o curso escolar, onde se valorará o logro dos obxectivos, se farán propostas de mellora, e se iniciará a análise de cara á redacción do Plan do vindeiro curso.

Valoración xeral

A valoración final do grao de implementación do PD é negativa, dado que unicamente se acadou un dos obxectivos formulados para este curso (e outro de xeito parcial). 

Proposta de mellora

Como proposta de mellora preténdese retomar a liña establecida no presente curso académico e, polo tanto, tratar de acadar aqueles obxectivos que non foron resoltos de xeito satisfatorio este ano.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital será público e consultable polo conxunto da comunidade educativa. Para dita finalidade, figurará na Páxina Web do centro xunto co resto de documentación, sendo ademais posible acceder a el de xeito físico no propio centro escolar.