Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Colexio Plurilingüe Sagrado Corazón de Jesús é un centro plurilingüe concertado (pertencente ás Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl) de dobre liña dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, situado na casco urbano da vila de Ribadeo, na rúa Carlos III, nº 4 (CP 27700) que imparte ensino desde 4º EI ata 4º de ESO con 477 alumnos/as matriculados no curso 2022/23. O claustro está formado, no curso 2022-23, por 41 docentes (38 mulleres e 3 homes)

Código: 27010911 Teléfono: 982128415 CIF: R2700021E

Mail: cpr.sagrado.corazon.ribadeo@edu.xunta.gal

Páxina web: www.csagradocorazon.es

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O noso centro está situado no concello de Ribadeo, unha vila costeira na cabeceira da Mariña Oriental arraiana co Principado de Asturias. Posúe no censo de 2021 un total de 9871 habitantes distribuídos en 12 parroquias.

No concello de Ribadeo ten vital importancia o comercio e a hostalería, sendo o sector servizos en xeral a súa principal actividade

Dende un punto de vista lingüístico, podemos dicir que nos atopamos nunha zona minoritariamente galego falante. É perceptible unha diferenciación xeneralizada nos usos da lingua derivada da diglosia, así como un deterioro do galego oral, isto último fortemente relacionado coa perda de falantes asociada ó cada vez maior proceso de urbanización e despoboamento do rural. Isto é especialmente característico na vila en si, onde o galego comeza a ser residual entre unha poboación nova escasamente concienciada, a cal se desenvolve no seu día a día fundamentalmente en castelán. Un dos feitos que máis propicia esta situación é a falta da transmisión xeracional, un aspecto que cada vez é máis perceptible nos ribadenses máis novos. O Concello é, porén, un axente normalizador importante xa que utiliza o galego tanto no uso escrito coma no oral, ademais  presenta unha oferta cultural estable, de calidade, que non esquece as nosas raíces ao tempo que se abre a outras culturas con curiosidade.

O noso alumnado procede, na súa grande maioría, da vila xa que non dispoñemos de servizo de transporte que facilite a matrícula de nenos do rural. Porén o noso enclave favorece o acceso ó centro de alumnos procedentes de Asturias e, polo tanto, castelán falantes e alfabetizados neste mesmo idioma. Hai alumnos que proceden doutros países (Brasil, Portugal, Cuba, República Dominicana, Italia, Ecuador e Colombia).

Unha das nosas liñas estratéxicas de actuación é a Integración das TIC na aula: Procuramos que o noso alumnado se achegue á tecnoloxía dende o inicio da súa escolarización no Centro, todas as aulas teñen proxector e wifi. En infantil comezamos o achegamento a estas ferramentas co uso do ordenador, o encerado dixital, e a robótica. En primaria seguimos aumentando o coñecemento da robótica, empregamos a plataforma Snappet (en tablets compartidas en matemáticas e inglés), TATUM (lectura gamificada en soporte dixital), E-Dixgal (libro dixital individual proporcionado pola Xunta de Galicia). En ESO compatibilízase o soporte papel co dixital (proxecto E-Dixgal). En 1º e 3º ESO impártese robótica como curricular, dentro da materia de tecnoloxía.

Dende o noso Proxecto Educativo, trátase de concibir o tratamento das novas tecnoloxías dentro da educación como facilitadoras de aprendizaxe, situándoas así no centro da renovación pedagóxica que necesita a nosa Sociedade do Coñecemento. Ao optar neste Plan Dixital por dirixir os nosos esforzos cara ao logro dunha verdadeira pedagoxía dixital no noso centro, e para atender ás distintas realidades normativas nas que nos atopamos situados, este documento pretende ser o suficientemente dinámico e amplo.

É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de modo que se converta nun proxecto compartido para os membros da comunidade educativa, que dé coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. É por iso que será un instrumento que  formando parte da programación xeral anual (PXA) así coma do proxecto educativo (PEC) axude á consecución dos seguintes obxectivos xerais deste último:

Xestión de recursos:

¿   Investir nas novas tecnoloxías para a dixitalización das aulas

¿     Reducir os custos económicos ás familias

¿     Propoñer actividades extraescolares atractivas

Comunicación e imaxe:

¿     Difundir a imaxe do centro de cara á incorporación de novo alumnado.

¿     Mellorar a colaboración familia-escola

¿     Reforzar a comunicación centro-familias

Formación do profesorado

¿     Facilitar o acceso á formación do profesorado.

¿     Mellorar a competencia dixital do claustro.

¿     Continuar apostando pola innovación educativa

Metodoloxía e didáctica

¿   Fomentar o traballo cooperativo

¿     Mellorar a competencia comunicativa do alumnado

¿     Mellorar a competencia dixital do alumnado

Relación con outros Plans e proxectos do centro.

En todos os plans e proxectos do centro se introducen as TIC e se traballan as competencias dixitais. Algúns exemplos:

No Plan lector do centro aparece como liña de acción: A integración das TIC nas prácticas de lectura comprensiva e de escritura, como medio de buscar novos recursos para lograr os obxectivos propostos.

No Plan lingüístico: Implicar o emprego da lingua galega en todo tipo de actividades transversais do centro: plan lector, TIC, biblioteca... Potenciación  da presenza do galego a través nas novas tecnoloxías, blogs e redes sociais e educativas.

 

Proceso de elaboración

Dentro do organigrama do noso centro contamos cun Equipo TIC, que promove a mellora da competencia dixital da comunidade educativa e que coordinado cun axente externo responsabilízase de que a infraestrutura tecnolóxica do centro funcione correctamente. Este equipo xunto coa xefa de estudos é o que conforma o Equipo de Dinamización do Plan Dixital.

Na elaboración do Plan Dixital seguíronse os seguintes pasos:

Decembro 2021: Cumplimentación do SELFIE

Febreiro 2022: Realización do Test CDD

Marzo 2022: Recompilación de datos, reflexión e elaboración da DAFO

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar as "Táboas SELFIE e CDD" en Anexos.

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non soe contrastar a información que recolle da internet Alumnado Si
Debilidade O alumnado apenas aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non reflexiona sobre a súa aprendizaxe usando as TIC. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non colabora a través de tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non avalía o traballo dos compañeiros usando as TIC. Alumnado Si
Debilidade As familias prefiren chamar por teléfono a buscar información na web do centro. Familias Si
Debilidade O proceso de ensino-aprendizaxe non está respaldado polas tecnoloxías dixitais en todas as etapas educativas. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non conta con sistemas de protección de datos Infraestruturas Si
Debilidade O noso centro no non conta cunha estratexia ou plan dixital. Organización de centro Non
Debilidade A información na web debería estar mellor ordeada e localizada Organización de centro Si
Debilidade Non se avalían os progresos con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non debate sobre as vantaxes e desvantaxes que aportan as tecnoloxías dixitais na ensinanza-aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade En xeral, o persoal docente non realiza actividades de aprendizaxe dixital. Persoal docente Si
Debilidade Non se levan a cabo proxectos interdisciplinares usando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se avalía ao alumnado mediante tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non hai colaboración con outras organizacións a través de diferentes tecnoloxías. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non realiza retroalimentación utilizando tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado pode seguir as tarefas no EVA e/ou na Plataforma. Alumnado Si
Fortaleza O noso alumnado aprende a comunicarse utilizando a tecnoloxía. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de forma responsable e respectar aos demais cando utiliza internet. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado pode facer as tarefas no seu fogar usando software libre Alumnado Non
Fortaleza Comunicación fluída colexio-familia co profesorado a través de medios dixitais. Familias Non
Fortaleza Seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe pola Plataforma ou por Abalar móvil. Familias Si
Fortaleza Comunicación fluída colexio-familia co profesorado a través de medios dixitais. Familias Si
Fortaleza O alumnado pode empregar os equipos da aula de informática cando o precisa Infraestruturas Non
Fortaleza Valórase positivamente a formación en competencias dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Desde o ED poténciase a estratexia dixital do centro. Facilítase o DPC. O profesorado busca recursos educativos dixitais en liña e tamén crea algúns. Persoal docente Si
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Distintas condicións para conseguir axudas para o equipamento tecnolóxico nos colexios públicos e concertados. Administración educativa Non
Ameaza Pouca oferta de formación para o profesorado dos colexios concertados. Administración educativa Si
Ameaza Dotación incompleta de equipamento e recursos tecnolóxicos. Administración educativa Si
Ameaza Condicións socioeconómicas ANPA Non
Ameaza Presuposto reducido da ANPA Contorna Non
Oportunidade Participación do centro no proxecto Edixgal Administración educativa Si
Oportunidade Boa comunicación entre a ANPA e o colexio que xera colaboración en diferentes actividades Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os datos que se presentan a continuación son os referidos á situación actual do centro en materia TIC.

No tocante á conectividade o centro conta con varias redes para balancear a carga de peticións a Internet. Cóntase cunha VDSL de 32 Mbps e fibra óptica de 300 Mbps. Ademais instaláronse varias antenas repetidoras dotando de acceso Wifi a todo o centro.

Todos os espazos do centro teñen conexión á internet xa sexa por cable ou por wifi.

En canto ao equipamento, dicir que contamos cos medio que se detallan a continuación:

 

Contamos tamén con tablets de 10”: 6 en educación infantil (1 por aula para a atención individualizada do alumnado) e 5 en 1º ciclo de EP (para a realización de traballo cooperativo)

Por outra banda hai distintos grupos clase participando de iniciativas de mellora da competencia dixital:

·        E-dixgal:  5º EP, 6º EP e ESO con portátiles individuais

·        Snapett:  2º, 3º e 4º EP con tablets 7”

·        Robótica: 1º e 2º EP, 3º e 4º ESO

 

Os computadores do centro contan con sistemas operativos tipo Windows. En función da antigüidade dos mesmos existen diferentes versións 7 e 10. Outro tipo de programas, necesarios para o desenvolvemento das clases e o labor organizativo e educativo son: E- dixgal, Tatum, Snappet, Go Steam, Kubo.

A xestión académica realízase a través de Educamos, un tipo de SAAS para a xestión integral do centro, ademais das propias dependentes da Consellería de Educación como Xade e Abalar.

O colexio dispón de páxina Web (https://www.csagradocorazon.es/) que se actualiza frecuentemente. Tamén se inclúen novidades nas redes sociais: en Facebook, Instagram e a páxina de youtube.

O soporte, mantemento e actualización dos equipos informáticos corre a cargo de profesores do centro e personal técnico cualificado externo ao centro xa que existen diferentes problemas nos que se require a prestación de servizos externos.

Respecto ao tema de seguridade, e distinguindo entre seguridade física e seguridade lóxica, o colexio conta con licenza do antivirus NOD32 versión profesional nalgúns equipos,
PC e portátiles. Ademais os equipos susceptibles de seguridade, como son os de secretaría, orientación, convivencia, servidor e dirección, contan con identificación de usuarios e medidas físicas de acceso.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Renovar os portátiles de aula (do profesor)
O02PD Fomentar a consulta da páxina web por parte das familias
O03PD Distribuir a web de maneira que a consulta sexa rápida e intuitiva
O04PD Dinamizar o uso da aula de informática
O05PD Crear recursos dixitais para o alumnado
O06PD Proporcionar ferramentas e extratexias ao alumnado de 3o ciclo de EP e ESO para analizar a fiabilidade da información
O07PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao profesorado e alumnado para avaliar con tecnoloxías dixitais

Seguimento

Procedemento

A avaliación do Plan Dixital farase desde dous contextos:

- No contexto procesual a avaliación será levada a cabo polo Equipo de Dinamización Dixital, formará parte da orde do día como mínimo unha vez ao trimestre e analizarase a consecución ou non dos diferentes obxectivos e o estado de execución das distintas accións.

1º Trimestre

No primeiro trimestre cumpríronse os obxectivos seguintes:

Renovar os portátiles de aula: Ó acollernos á subvención para dotación de aulas dixitais poidemos renovar 17 equipos (en vez dos 4 que nos propoñíamos) e incorporar pantallas interactivas en 17 aulas do centro (aulas de grupo clase e outras de uso común)

Fomentar a consulta da páxina web por parte das familias: Presentouse a páxina web e a plataforma nas reunións de principio de curso e actualizáronse os documentos que teñen utilidade para as familias, queda pendente colgar as instrucións sobre o uso da plataforma, de abalar móbil, edixgal... aínda que se deron en papel as familias de 5º EP que se incorporan a edixgal por primeira vez.

Distribuir a web de maneira que sexa rápida e intuitiva.

Crear recursos dixitais para o alumnado: Solicitouse un PFPP e estase levando a cabo.

2º Trimestre

No segundo trimestre os obxectivos que se desenvolveron foron:

Crear recursos dixitais para o alumnado: Traballouse no FPFF con CANVA, Genialli, Kahoot, Padlet, Mentimeter...

Fomentar a consulta da páxina web por parte das familias: Refórzase a mensaxe ás familias de que o que precisen está na web para incrementar o seu uso e colgáronse as instrucións sobre o uso da plataforma, de abalar móbil, edixgal...

Dinamizar o uso da aula de informática: Estanse a dar clases extraescolares nela e en horario lectivo o alumnado de infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de EP acode a ela sempre que o precisa, acompañados do profesorado ou sendo partícipes de proxectos APS co alumnado de ESO.

Crear recursos dixitais para o alumnado: séguense a crear actividades e recursos para o alumnado, polos profesores que asistiron ó FPFFF

3º Trimestre

Despois de rematar o curso, quedan sen desenvolver os seguintes obxectivos:

Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado de 3º ciclo de EP e ao alumnado de ESO para analizar a fiabilidade da información: Déronse pequenos pasos no coñecemento das licenzas de autor (nunha sesión) pero non se profundizou o suficiente neste tema. 

Proporcionar ferramentas e estratexias ao profesorado e ao alumnado para avaliar con tecnoloxías dixitais.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación final valorarase a consecución de cada un dos obxectivos e enunciaranse as propostas de mellora a ter en conta.

Valoración xeral

Neste curso, co Plan Dixital 22/23 leváronse a cabo diferentes accións que fomentaron a dixitalización do noso centro grazas ás formacións que recibiu o profesorado, o equipamento renovado ou a mellora nas comunicacións e informacións cara ás familias. O noso plan foi acadado en grande parte e os obxectivos pendentes serán levados a cabo no vindeiro curso. 

Proposta de mellora

O obxectivo que ten que ver coa avaliación dixital sería o máis difícil de acadar, a nosa proposta é a de avanzar cara a este tipo de avaliación e que o profesorado teña as competencias necesarias para levala a cabo. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital explicarase á comunidade educativa nas diferentes reunións a comezo do curso e estará a disposición de todos/as  na páxina web coma o resto dos Plans do centro.