Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.
Terán que:
•Avaliar o estado da execución das accións.
•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.
•Valorar posibles propostas.
A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:
•O logro dos obxectivos para o curso.
•Propostas de mellora para o seguinte curso.
Neste 1º trimestre, solicitamos o Itinerario 3 do PFPP de Polos Creativos coa temática: Aproveitamento dos recursos de Polos Creativos e organizamos as sesións de traballo.
Iniciamos a formación do PFPP (ABX, podcast e códigos QR), anulamos os Puntos TIC das aulas que non funcionaban por ausencia de tarxeta gráfica wifi, expurgamos 14 ordenadores, solicitamos 2 paneis dixitais para as dúas aulas novas de 1º e 2º C por desdobles do alumnado, actualizamos a conta wifi dunha parte dos equipos do centro (ordenadores e tablet de polos), localizamos todo o material dixital do centro, actualizamos a aula virtual para o alumnado e para os PFPP do profesorado, participamos no Programa Viravolta de Maker Store Carballo co préstamo do Tren Intelino así como no programa de préstamo da tenda Chafarix de Santiago de Compostela cunha maleta de xogos de pensamento computacional e realizamos xornadas de Polos Creativos en familia cada 15 días.
O Equipo Dinamizador de Polos Creativos, organizou actividades para todo o alumnado, empregando material dixital do centro e da dotación de Polos Creativos.
No 2º trimestre, rexistramos nunha folla de cálculo todo o material dixital do centro, instalamos 2 ordenadores novos na sala de mestres, realizamos unha sesión de Polos en familia impartida polo equipo de Polos Creativos da Consellería, continuamos coa formación do PFPP (varios tipos de robots), colaboramos con diversos equipos do centro poñéndolle tecnoloxía aos traballos e cambiamos a lámpara dun proxector.
Recollimos datos das aulas de 3º a 6º para solicitar paneis interactivos.
O Equipo Dinamizador de Polos Creativos, organizou actividades para todo o alumnado, empregando material dixital do centro e da dotación de Polos Creativos.
Durante o 3º trimestre, continuamos coas sesións de formación de Polos en Familia e do PFPP, rematando cunha sesión para coñecer Scratch a través de Lego Spike Essential. Arranxamos o estrusor da impresora 3D"Anycubik". Participamos no Reto Digicraft, presentando a maqueta do curso pasado: Taboleiro interactivo da Vila de Ribadeo. O Equipo dinamizador de Polos colaborou cos mestres do centro facendo fotos para as orlas, elaborando videos para participar en diversos concursos como "O cooperativismo". Rematamos o rexistro do material dixital, ademais, aproveitando o inventario, comezamos a marcar todo o material (Monitores, cpu.....) con etiquetas. Solicitamos a Antega, a recollida dun Rack en deshuso. O centro mercou 4 exemplares de Tren Intelino pola boa acollida durante o préstamo do 1º trimestre. Estamos á espera da instalación dos novos paneis educativos de 3º a 6º e de reubicar os paneis dixitais, en aulas que carecían delas. Recepcionar os novos portátiles para as aulas de 3º a 6º para o vindeiro curso.
Expurgamos en xuño, 2 impresoras, 4 videoproxectores e 1 scaner da xunta, ademais dun reprodutor de DVD, 2 altavoces, 1 ordenador portátil e 1 ordenador personal, 2 videoproxectores e 1 impresora mercado polo centro
O Equipo Dinamizador de Polos Creativos, organizou actividades para todo o alumnado, empregando material dixital do centro e da dotación de Polos Creativos.
Avaliación
A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.
Terán que:
•Avaliar o estado da execución das accións.
•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.
•Valorar posibles propostas.
A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:
•O logro dos obxectivos para o curso.
•Propostas de mellora para o seguinte curso.
Neste curso realizouse un gran traballo entre todos o profesorado á hora de elaborar o inventario dixital, que ata a data actual era inexistente. Todo o profesorado participou activamente no PFPP "Aproveitamento dos recursos de polos creativos". Actividade que resultou moi produtiva, xa que ao longo das sesións, se foron elaborando diferentes materiais relacionados cos recursos presentados.
Continuar aprendendo novos recursos co material da aula de Polos Creativos, crear wifis para cada aula e rexistrar todo o inventario no Xade.
Comunicación e difusión
O Claustro estará informado trimestralmente da execución do Plan e das valoracións que se fagan.
O Plan Dixital, unha vez informado a Claustro e aprobado en Consello Escolar, difundirase a través da páxina web do centro e tamén estará en Educalidade á disposición da comunidade educativa.