Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os
equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os principios:
a) A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de
comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.
b) O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha
reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.
c) A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla,
acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe
permanente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O Plan Dixital permitirá planificar a liña de formación a realizarase en base a información recollida do informe de análise da situación do centro.
Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, para así iniciou a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso Plan Dixital. No último trimestre do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro.
O centro poderá realizar, previo á aprobación, unha segunda análise da situación da competencia dixital de centro para a elaboración do Plan Dixital.
No curso 2022/2023, o centro procederá a implantación efectiva do Plan que estará sometido a un proceso de avaliación e mellora continua.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Como o uso das TICs é diario, non teñen unha motivación engadida por este motivo. -Dificultades á hora de seleccionar a numerosa información que atopan na rede. Alumnado Non
Debilidade - Reticentes ó uso das TICs e cambios metodolóxicos nas aulas. - Descoñecemento en moitos casos de ferramentas dixitais; o que impide a axuda ao alumnado. -Escaso uso da páxina web do centro. Familias Si
Debilidade Falta de equipos no primeiro agrupamento do centro (1º/2º e 3º) Infraestruturas Si
Debilidade - Falta dun horario oficial nos restantes cursos de Ed.Primaria, para impartir as competencias dixitais. - Oferta exclusiva para 5º e 6º. Oferta Non
Debilidade -Escaso coñecemento da lexislación en ámbito TIC (licenzas, uso de contidos dixitais que non son propios...) - Poderíamos compartir recursos dixitais elaborados no centro con outras institucións /coles. - Descoñecemento das distintas funcións do software libre educativo. Persoal docente Si
Fortaleza Manexo no uso das TICs, navegar pola rede, diccionarios en liña, plataforma E-Dixgal, libreoffice writer e impress, breakouts, gamificación... Alta motivación con determinados recursos dixitais (Kahoot, blooket, actividades H5P, ferramenta de autor...) Alumnado Si
Fortaleza - Comunicación pola aplicación corporativa ABALAR. - Pago dunha plataforma externa para uso educativo na escola (Snappet) Familias Si
Fortaleza - Ordenador por cada mestre/a - Proxecto E-Dixgal - Proxecto Snappet - Número suficiente de puntos de acceso á rede (escolas conectadas) Infraestruturas Si
Fortaleza - Experiencia previa no ensino a distancia (confinamento) - Inclusión no proxecto E-dixgal, Snappet. Oferta Non
Fortaleza - Asistencia cando hai problemas coa tecnoloxía. - Colaboración entre docentes. Reunións periódicas para a creación de contidos dixitais.(PFPP) Organización de centro Non
Fortaleza -Nivel alto de formación en TICs e emprego das mesmas na actividade diaria. Implicación moi alta por parte do profesorado actual no uso de ferramentas dixitais. Colaboración entre o profesorado no ámbito TIC. Emprego de ferramentas de comunicación corporativas (Abalar, correo electrónico, páxina web do centro...) Persoal docente Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Afondamento de fenda dixital no ámbito rural. - Falta de interese ou disposición por parte do profesorado. - Escasa ou nula presenza de contidos dixitais no currículo oficial. Administración educativa Non
Ameaza - Descoñecemento de moitas das actividades realizadas no centro. ANPA Non
Ameaza - Malas conexións a Internet nalgúns sitios do rural. - Non hai puntos wifi gratuítos. Contorna Non
Ameaza - Descoñecemento xeralizado das licenzas Creative Commons. - Demasiada burocracia. Lexislación Non
Oportunidade - Ofertas de formación - Dotar de máis equipos no primeiro agrupamento. Administración educativa Si
Oportunidade - Colaboración en charlas/actividades de formación relacionadas coas TIC (por exemplo organizaron un curso de mecanografía durante este curso escolar) ANPA Non
Oportunidade - Acceso rápido e sinxelo aos recursos dispoñibles por parte do centro. Contorna Non
Oportunidade - Coñecemento sobre os dereitos de autor e o seu uso. - Actualización sobre a normativa vixente (protección de datos) Lexislación Non
Oportunidade - Colaboración con fins educativos con outras entidades ou proxectos externos. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Actualización dos equipos E-Dixgal e dos ordenadores dos mestres/as
O02PD Solicitar o programa de innovación educativa: Introdución á robótica educativa en primaria.
O03PD Empregar canles dixitais na comunicación co alumnado e as familias
O04PD Crear recursos dixitais por parte dos docentes para compartir co alumnado e introducilos na plataforma E-Dixgal e na aula virtual da escola.
O05PD Elaborar co alumnado contos dixitais (cómics, debuxos) a través do programa SCRATUX (iniciación á robótica)
O06PD Usar a ferramenta de avaliación integrada no marco de E-Dixgal (cualificacións)

Seguimento

Procedemento

- Realizaremos de xeito trimestral un seguimento do plan dixital.

1º Trimestre

Obxectivo 1: Acadado, actualización dos equipos.

Obxectivo 2: En proceso, estamos pendentes de que se aprobe o plan.

Obxectivo 3: En proceso.

Obxectivo 4: En proceso, vanse creando contidos pero aínda non chegamos ao número establecido no obxectivo.

Obxectivo 5: Non acadado (realizarase no 3º trimestre)

Obxectivo 6: Non acadado (comezarase no 2º trimestre)

2º Trimestre

O01PD: Acadado actualización dos equipos.

O02PD: En proceso, estamos pendentes de que se aprobe o plan.

O03PD: Acadado e Páxina Web en proceso.

O04PD: En proceso, vanse creando contidos pero aínda non chegamos ao número establecido no obxectivo.

O05PD: Acadado (Contidos dixitais creados co alumnado e creáronse contos co programa Scratux)

O06PD: En proceso (Empregamos a ferramenta de avaliación de edixgal a través do apartado de cualificacións.)

3º Trimestre

O01PD: Acadado actualización dos equipos.

O02PD: En proceso, en espera de que saia nova convocatoria.

O03PD: Acadado e Páxina Web en proceso.

O04PD: Acadouse o número de recursos establecidos por mestre.

O05PD: Acadado (Contidos dixitais creados co alumnado e creáronse contos co programa Scratux)

O06PD: Acadado (configuráronse as avaliacións)

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O1PD- Número de ordenadores que hai que actualizar, ben por novas actualizacións ou por estar obsoletos.

O2PD-Conseguimos a dotación de material e inclusión no proxecto.

O3PD- Tanto % de familias que empregan ABALARMÓBIL
           Tanto % de familias que acceden á páxina web da escola
            Número de publicacións na web

O4PD- Número de recursos elaborados

05PD- Creación dun conto (cada nen@) empregando o programa SCRATUX

06PD- Os mestres do agrupamento empregan a ferramenta de cualificacións para obter a media ponderada dos traballos realizados e ter así un
maior seguimento do traballo realizado polo alumnado.

Valoración xeral

O1PD- Actualización dos 27 ordenadores

O2PD- Non se solicitou de momento xa que non saiu a convocatoria.

O3PD-    95% das familias emprega ABALARMÓBIL

              80% das familias accede á páxina web da escola

O4PD- 30 recursos elaborados por mestre/a

05PD- Realizan un conto dixital empregando e manexando o programa SCRATUX

06PD- O 75% do profesorado emprega esta ferramenta

Proposta de mellora

O01PD- Continuar coa actualización e mantementos dos equipos.

O2PD- Solicitar a inclusión no programa de Polos Creativos.

O3PD- Continuar coa actualización da páxina web e difusión a través de Abalarmóbil.

O4PD- Continuar coa formación e creación de contidos educativos para os diferentes niveis, tanto en E-Dixgal como na aula virtual.

05PD- Continuar o vindeiro curso con traballos neste aplicativo, xa que ten unha relación directa co apartado de programación con robots (Mblock)

06PD- Continuar coa formación e configuración desta ferramenta de cara o vindeiro curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En canto á difusión do plan, realizarase do mesmo xeito que tódolos documentos oficiais do centro. Pódese visualizar de xeito presencial na escola, ou a través da páxina web do centro.

Estará a disposición de todas as persoas que o requiran, e foi aprobado en claustro e consello escolar.