Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CEIP “Plurilingüe Monte Baliño" de Pantón, está encravado na zona urbana da vila de Ferreira de Pantón, situado na rúa Cardenal Páramo Somoza. Neste momentos conta con dúas aulas de educación infantil e tres de primaria. O alumnado do centro está constituído por 61 nenos/as e dez profesores. A par tamén contamos con unha cociñeira, unha limpadora e unha coidadora.
1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O centro está situado nunha zona rural, de importante actividade vinícola, entre os ríos Miño, Sil e Cabe ademais de estar atravesado por outros: o Ferreira e Carabelos. Unha poboación envellecida de 2974 habitantes distribuída nos seus 143 km2, dos cales son menores de 14 anos 134 persoas, o que corresponde a un 4,5% da poboación. O censo de pais/nais é de algo menos de cen, polo que se pode dicir que os matrimonios teñen moi poucos fillos (moitos son fillos únicos). Existe unha soa Asociación de pais e nais. Podemos afirmar que unha parte importante da poboación está ocupada no sector primario e o restos nos outros dous (aínda que ultimamente o sector servizos está collendo un auxe moi importante). O nivel socio-cultural pódese catalogar como medio (moitas familias só teñen estudios primarios). Aínda que hai algunhas familias que contan con estudios superiores.
O presente proxecto axudará en gran medida a consecución dos obxectivos marcados no PE ( Proxecto Educativo).

1.3. Breve xustificación do mesmo
 Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital de centro realizáronse unha serie de enquisas con diferentes ferramentas froito das cales xurdiron os informes SELFIE e do Tes de Competencia Dixital Docente. Con dita información e un proceso de reflexión colectiva elaborouse a Análise DAFO.

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Comportamento responsable. Alumnado Non
Debilidade Prácticas de avaliación. Alumnado Non
Debilidade Comentarios a outro alumnado sobre o seu traballo. Alumnado Non
Debilidade Comportamento seguro. Alumnado Non
Debilidade Verificar a calidade da información. Alumnado Non
Debilidade Outorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Creación de CCDD. Alumnado Non
Debilidade Adaptación ás necesidades do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Competencias dixitais do alumnado. Alumnado Non
Debilidade Protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais para a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade A non existencia dun perfil de orientación en XADE. Organización de centro Si
Debilidade A non posibilidade de comunicarse coas familias por non ser titora de ningún grupo. Organización de centro Non
Debilidade Avaliación do progreso. Persoal docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Necesidades de Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Debilidade Creación de Recursos Dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Emprego de Contornos Virtuais de Aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Adaptación as necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade Implicación do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinarios. Persoal docente Non
Debilidade A non posibilidade de crear usuarios e contrasinais nos ordenadores Edixgal. Persoal docente Non
Debilidade Non comunicación por parte da administración en tempo real dos datos do persoal substituto. Persoal non docente Si
Debilidade O cal melloraría a xestión da cociña. Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Organización de centro Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Fortaleza Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza Colaboracións. Persoal docente Non
Fortaleza Participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Aprender a comunicarse. Persoal docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Currículum sobrecargado. Administración educativa Non
Ameaza Lexislación inabarcable e en constante cambio. Lexislación Non
Ameaza Cobro de comisións por parte das entidades bancarias aínda utilizando banca electrónica. Outras Si
Oportunidade Estamos nun momento no que as diferentes administración educativas, tanto autonómica, coma estatal e uropea fan unha forte aposta pola mellora da competencia dixital nos centroseducativos. Administración educativa Non
Oportunidade Convenio co Ministerio de Interior para a realización de obradoiros sobre cuestións relativas a ciberseguridade. Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Equipar todos os equipos do centro con maqueta Abalar
O02PD Migar datos de servidores externos a ferramentas corporativas (C7)
O03PD Solicitar a eliminación das comisións bancarias.
O04PD Recibir comunicación en tempo real da cobertura das baixas de cociña e coidadores/as.
O05PD Solicitar a creación dun informe predefinido que recolla todas as comunicacións efectuadas en Abalar entre o colexio e os titores.
O06PD Solicitar a creación cun perfil específico para a orientador/a en Xade.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan estará a disposición de toda a comunidade educativa a través da páxina web do colexio despois da súa presentación a o Claustro e a presentación e aprobación por parte do Consello Escolar.