Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro.

Nome do centro: CEIP LAVERDE RUÍZ

Código do centro: 27005813 Dirección: Rúa do Concello 6, 27150 Outeiro de Rei, Lugo

Correo electrónico: http://ceip.laverde.ruiz@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaverderuiz/

Neste centro impártese as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria, e é un centro de dobre liña. O centro ten algo máis de 300 alumnos e alumnas en total e 30 profesores e profesoras, incluíndo especialistas, servizos complementarios de transporte escolar e comedor.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

Este centro escolar atópase a 15 kilómetros do centro de Lugo, na zona oeste saindo pola antiga Nacional Vi e cerca de conexión á autovia A-6 Outeiro de Rei é un concello que ao estar cerca de Lugo ten unha serie de urbanizacións con moita poboación e que co transporte escolar e todas as actidades extraescolares organizadas polo concello  e o seu servizo de ludoteca facilita que as familias poidan conciliar horarios cos seus traballos. É, nos últimos cursos, un colexio que vai aumentando matricula ano a ano.

No proxecto educativo o uso das novas tecnoloxias son un principio fundamental do mesmo e este plan vai a favorecer o seu uso e aprendizaxe entre toda a comunidade educativa. As TICS e as axudas técnicas baseadas nas mesmas favorecen a aprendizaxe e desenvolvemento das competencias do alumnado.

Na PXA do curso 2023-2024 refléxase a actualización do Plan Dixital  onde consta a coordinadora TIC, os obxectivos e accións para este curso. Realizarase un PFPP para conseguir os obxectivos plantexados no plan de acción e levarase a cabo o seguemento e elaboración dunha reseña na memoria final de curso.

1.3.Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innova ción educativa, si no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.

No artigo 111 bis no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxias da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que onenten a formación inicial e per manente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aula.

O artigo 132 da devandita Lel establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercera drecolón pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificacion e formación do equipo docente, asi como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación profesional pola que se ditan instrucions para o desenvolvemento das ensinanzas de El EP, ESO no curso académico 2021-2022 se fa refe rencia a que os centros docentes elaborarán un plan dixital.

Nos mesmos termos se expresa a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Seastara Xeral de Educación Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do educativo no curso 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan insbucions para o deseña elatioración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autonoma de Galicia para a curse 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración deste documento partimos dunha avaliación da situación do centro coa realización do test Selfie e do test CDD. Os resultados foron analizados para plantexar unha análise DAFO, debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, usando unha análise cuantitativa e cualitativa e reflexión dos membros do equipo de traballo e propostas do claustro de mestres.

Desde os datos anteriores e unha reflexión colectiva plantexamos un plan de acción establecendo as prioridades e actuacións que se manifestan nos obxectivos SMART para a posta en marcha deste plan no curso 2022-2023. No presente curso 2023-2024 actualizamos os obxectivos e as accións ás necesidades do centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos que se utilizaron para a elaboración do contexto DAFO foron:

- Test SELFIE: Usouse a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

- Test CDD: De xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencia.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non existen no noso centro repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade O centro conta con dispositivos propios que necesitan renovarse. Infraestruturas Non
Debilidade Os docentes dispoñen de pouco tempo para aprender e poñer en práctica novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Os docentes dispoñen de pouco tempo para aprender e poñer en práctica novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Está pouco extendido o uso da aula virtual nos cursos ata 3º de Educación Primaria. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar con seguridade e respponsabilidade en internet. Alumnado Non
Fortaleza Valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza 1.- A infrastructura dixital nas aula de 5o e 6o de EP apoia o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Promovese o uso de software libre e a participación en actividades de formación axustándose ás nosas necesidades. Infraestruturas Si
Fortaleza Facilidade para buscar recursos en liña e crealos. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de servizos educativos corporativos para difundir información sobre o centro educativo virtual e participamos en actividades formativas individuals organizadas pola Administración educativa para actualizar as competencias dixitais do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza O claustro conta co apoio do equipo directivo para o DPC. Organización de centro Non
Fortaleza Existe cultura de traballo colaborativo en rede por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Coñecemos e respectamos as licencias de autor. Persoal docente Non
Fortaleza Somos conscientes e coñecedores das diferentes modalidades formativas para o profesorado: presencial, en liña, a través da cooperación e que contribúen ao desenvolvemento profesional a través das redes profesionais da formación interna e programas acreditados. Persoal docente Si
Fortaleza Os docentes intercambiamos dentro do centro sobre docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo e usamos recursos dixitais en aberto. Persoal docente Si
Fortaleza Queremos usar e somos conscientes das vantaxes de empregar a tecnoloxía con solvencia para a preparación das clases, impartición de clases, retroalimentación, apoio e comunicación. Persoal docente Si
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- A formación ofrecida pola administración ten límite de prazas, non chega adecuadamente aos docentes se é en formato online e se é en formato presencial é rápida e atropellada, quedando profesores descolgados e desmotivados da propia formación. Administración educativa Si
Ameaza Carga lectiva elevadísima sen tempo para a formación. Administración educativa Si
Ameaza Imposibilidade de mercar tecnoloxía con recursos propios axeitados ás nosas necesidades. Administración educativa Si
Ameaza Ratios elevados. Administración educativa Si
Ameaza Ausencia de orientación-asesoramento interno e de visitas de estudo. Contorna Non
Ameaza Escaso equipamento dixital nos fogares e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos. Contorna Non
Ameaza Os cambios lexislativos constantes tampouco axudan a unha formación continuada. Lexislación Non
Oportunidade Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna. Contorna Non
Oportunidade É o momento de regular o uso de dispositivos persoais no centro tanto do alumnado como do profesorado. Contorna Non
Oportunidade Hai docentes que están na vangarda de novas tecnoloxías para introducir nos procesos de ensino e aprendizaxe. Contorna Si
Oportunidade É o momento de realizar unha actualización profunda do equipamento dixital obsoleto que hai no centro. Contorna Si
Oportunidade Posibilidade de dispoñer de formación dixital continua no propio centro. Contorna Si
Oportunidade Existe a posibilidade de dispoñer de asistencia técnica, didáctica e mentorización no centro por docentes do propio centro competentes dixitalmente dispostos a desenvolvela coa liberacion horaria correspondente. Outras Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO establecemos unha sene de obxectivos, buscando que solucionen debilidades ou afronten ameazas, aproveitando as fortalezas e oportunidades. Tratamos de englobar estos obxectivos nas áreas de mellora segundo o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes ( DigCompOreg), para poder relacionalos nunha futura sesión de SELFIE.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Fomentar a actualización da competencia dixital docente do profesorado.
O02PD Dinamizar o uso da Aula Virtual do centro a todo o alumando de Educación Primaria (H.10)
O03PD Realizar o inventario dixital do centro.
O04PD Participar no proxecto de innovación Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Plantexamos unha avaliación procesual cunha frecuencia trimestral na que se avaliará:

- Execución das distintas accións plantexadas: en cada acción realizada, aprazada ou pendente.

- Valoración dos resultados.

- Modificación das accións, temporalización, recursos necesarios das mesmas

- Propostas de modificacións motivadas.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre foron solicitadas dentro do PFPP as liñas referidas á catalogación no sistema KOHA, uso do SAAC e a liña de Polos Creativos.

Comezou a formación nas dúas primeiras liñas pero non a liña de Polos Creativos, tampouco recibimos no centro ningún kit de Polos.

Comezamos coa dinamización da aula virtual do centro: todo o alumnado de primaria ten usuario e contrasinal actualizado e todos os mestres que imparten en primaria. O alumnado de 3º a 6º xa usa a aula virtual no centro facendo uso do carro e ordenadores portátiles conectados todos á wifi do centro. O alumnado do 1º ciclo vai tendo algún contacto coas novas tecnoloxías empregando os paneis dixitais e realizando algunha actividade interactiva nos ordenadores portátiles.

Non foi iniciado o inventario dixital do centro neste trimestre.

Gran parte do profesorado está a realizar cursos para actualizar a súa competencia dixital. O equipo Tics asesora no uso dos paneis dixitais recén instalados e resolve cuestións relacionadas co uso de aplicacións, actividades para a aula virtual,...etc

 

2º Trimestre

Neste 2º trimestre realizouse a formación na liña de Polos Creativos en radio e vídeo chroma co empréstito dos kits por parte do cfr durante 15 días. Tamén se fixeron actividades co alumnado. Non recibimos ningún kit no centro agás os kits singulares.

Houbo tamén formación en Koha dalgúns mestres e estase a catalogar fondos con ese sistema pero non se iniciou ao alumnado no empréstito dixital.

Tamén se recibiu a segunda formación en SAAC.

Empregan a Aula Virtual os alumnos de 3º e 2º ciclo e esporadicamente o alumnado de 2º nivel de primaria. Non se iniciaron no seu uso os alumnos do 1º nivel. Actualízanse os usuarios mestres novos no centro.

Non se iniciou o inventario dixital do centro.

 

3º Trimestre

Iniciouse ao alumnado NEAE no emprego do SAAC. Non se iniciou ao alumnado no empréstamo dixital xa que se rematou a catalogación no terceiro trimestre e se informou ao profesorado do funcionamento de KOHA a finais de maio cando xa se fai inventario da biblioteca e non se fan préstamos de libros.

Todo o alumnado dispón de usuario e contrasinal para entrar á Aula Virtual do centro, pero non todos os cursos fixeron un uso da mesma. O alumnado do terceiro ciclo usouna habitualmente, o do segundo ciclo esporádicamente e o alumnado do primeiro ciclo entrou pouco ou nada.

Iniciouse o inventario dixital do centro pero non está finalizado xa que temos pendente a entrega de equipos novos por parte da Consellería e tabletas mercadas co orzamento do plambe.

En canto aos Polos Creativos seguimos sen recibir material no noso centro, polo tanto non pode estar organizado. Traballamos cos préstamos do cfr. Si decidimos a ubicación para o vindeiro curso.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final basearase en:

- Inclusión na memoria final de curso.

- Propostas de mellora para a curso seguinte.

Valoración xeral

Valoramos positivamente a consecución dos obxectivos plantexados inicialmente pero non chegamos a conseguir o iniciar co alumnado o empréstamo dixital xa que se rematou coa catalogación no mes de maio, resultou complicado implicar ao alumnado do 1º curso do primeiro ciclo no uso da aula virtual do centro, foi difícil tamén a práctica co alumndo dos Polos Creativos por non dispoñer de ningún no centro, agás nos quince días do empréstamo por parte co cfr.

Proposta de mellora

Pensamos retomar no vindeiro curso os abxectivos que quedaron sen acadar, actualizar o inventario dixital e plantexar outros relacionados cos Polos Creativos se finalmente chega a dotación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento pasa formar parte do proxecto educativo e como ten que ser difundido entre a comunidade educativa e realizaranse as seguintes accións para este fin:

- Información e difusión entre o claustro de mestres.

- Aprobación e difusión entre os membros do consello escolar o

-Concreción anual PXA

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27008513