Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.Datos básicos do centro.

Nome do centro: CEIP LAVERDE RUÍZ

Código do centro: 27005813 Dirección: Rúa do Concello 6, 27150 Outeiro de Rei, Lugo

Correo electrónico: http://ceip.laverde.ruiz@edu.xunta.gal

Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaverderuiz/

Neste centro impártese as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria, e é un centro de dobre liña excepto no curso de 1º EP que só é un grupo este ano. O centro ten algo máis de 300 alumnos e alumnas en total e somos 28 profesores e profesoras, incluíndo especialistas. , transporte escolar e servizo de madrugadores para o horario anterior ao inicio das clases e de ludoteca e actividades extraescolares deportivas para o horario máis alá das 14:30 cando saímos.

1.2.Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

centro escolar atópase a 15 kilómetros do centro de Lugo, na zona oeste saindo pola antiga Nacional Vi e cerca de conexión á autovia A-6 Outeiro de Rei é un concello que ao estar cerca de Lugo ten unha serie de urbanizacións con moita poboación e que co transporte escolar e todas as actidades extraescolares organizadas polo concello facilita que as familias poidan conciliar horarios cos seus traballos. E, nos últimos cursos, un colexio que vai aumentando matricula ano a and

No proxecto educativo o uso das novas tecnoloxias son un principio fundamental do mesmo e este plan vai a favorecer o seu uso e aprendizaxe entre toda a comunidade educativa. As TICS e as axudas técnicas baseadas nas mesmas favorecen a aprendizaxe e desenvolvemento das competencias do alumnado.

Na PXA do curso 2022-2023 commca a implantación deste plan e nela deberase plantexar unha concreción do mesmo implicará nomear unha coordinación TIC con horario axeitado e suficiente, a elaboración e aprobación dun PFPP para facer posible os olectivos planteados no plan de acción e o seguemento e elaboración dunha reseña na memoria final de curso.

1.3.Breve xustificación do mesmo

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innova ción educativa, si no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.

No artigo 111 bis no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxias da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que onenten a formación inicial e per manente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aula.

O artigo 132 da devandita Lel establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercera drecolón pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificacion e formación do equipo docente, asi como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación profesional pola que se ditan instrucions para o desenvolvemento das ensinanzas de El EP, ESO no curso académico 2021-2022 se fa refe rencia a que os centros docentes elaborarán un plan dixital.

Nos mesmos termos se expresa a disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Seastara Xeral de Educación Formación Profesional pola que se ditan instrucións para a desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do educativo no curso 2021-2022.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaria xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan insbucions para o deseña elatioración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autonoma de Galicia para a curse 2021-2022.

1.4. Proceso de elaboración

Para a elaboración deste documento partimos dunha avaliación da situación do centro coa realización do test Selfie e do test CDD. Os resultados foron analizados para plantexar unha análise DAFO, debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades, usando unha análise cuantitativa e cualitativa e reflexión dos membros do equipo de traballo e propostas do claustro de mestres.

Desde os datos anteriores e unha reflexión colectiva plantexamos un plan de acción establecendo as prioridades e actuacións que se manifestan nos obxectivos SMART para a posta en marcha deste plan no curso 2022-2023.

A person responsable das TICS coordinou todo o proceso e un grupo de mestres do centro, os mesmos que formaron parte do PFPP, foron os encargados da elaboración deste documento que poñemos en funcionamento do centro, formando parte do noso proxecto educativo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Instrumentos que se utilizaron para a elaboración do contexto DAFO foron:

- Test SELFIE: Usouse a ferramenta de autoavaliación SELFIE, coa finalidade de obter en liña un informe de autoavaliación do centro (informe SELFIE). Ferramenta, desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

- Test CDD: De xeito complementario, o profesorado realizou o test CDD baseado no marco DigCompEdu desde o seu perfil persoal. Este test permite obter un Informe Individual coa valoración global do seu nivel competencia.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro para poder ser utilizados polo alumnado cando os precise. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen no noso centro repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade O centro conta con dispositivos propios que necesitan renovarse. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen no noso centro repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Non existe unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non existe colaboración con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Debilidade Non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. Organización de centro Si
Debilidade Os docentes dispoñen de pouco tempo para aprender e poñer en práctica novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Os docentes dispoñen de pouco tempo para aprender e poñer en práctica novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Persoal docente Si
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en rede por parte do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade Está pouco extendido o uso da aula virtual nos cursos ata 3º de Educación Primaria. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado aprende a actuar con seguridade e respponsabilidade en internet. Alumnado Si
Fortaleza Valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. Alumnado Non
Fortaleza 1.- A infrastructura dixital nas aula de 5o e 6o de EP apoia o ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Promovese o uso de software libre e a participación en actividades de formación axustándose ás nosas necesidades. Infraestruturas Non
Fortaleza Facilidade para buscar recursos en liña e crealos. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispoñemos de servizos educativos corporativos para difundir información sobre o centro educativo virtual e participamos en actividades formativas individuals organizadas pola Administración educativa para actualizar as competencias dixitais do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza O claustro conta co apoio do equipo directivo para o DPC. Organización de centro Non
Fortaleza Coñecemos e respectamos as licencias de autor. Persoal docente Non
Fortaleza Somos conscientes e coñecedores das diferentes modalidades formativas para o profesorado: presencial, en liña, a través da cooperación e que contribúen ao desenvolvemento profesional a través das redes profesionais da formación interna e programas acreditados. Persoal docente Si
Fortaleza Os docentes intercambiamos dentro do centro sobre docencia con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo e usamos recursos dixitais en aberto. Persoal docente Si
Fortaleza Queremos usar e somos conscientes das vantaxes de empregar a tecnoloxía con solvencia para a preparación das clases, impartición de clases, retroalimentación, apoio e comunicación. Persoal docente Si
Fortaleza A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías só en aulas Edixgal-Servicio Premium. Persoal non docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.- A formación ofrecida pola administración ten límite de prazas, non chega adecuadamente aos docentes se é en formato online e se é en formato presencial é rápida e atropellada, quedando profesores descolgados e desmotivados da propia formación. Administración educativa Si
Ameaza Carga lectiva elevadísima sen tempo para a formación. Administración educativa Si
Ameaza Imposibilidade de mercar tecnoloxía con recursos propios axeitados ás nosas necesidades. Administración educativa Si
Ameaza Ratios elevados. Administración educativa Si
Ameaza Ausencia de orientación-asesoramento interno e de visitas de estudo. Contorna Non
Ameaza Escaso equipamento dixital nos fogares e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos. Contorna Si
Ameaza Os cambios lexislativos constantes tampouco axudan a unha formación continuada. Lexislación Non
Oportunidade Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna. Contorna Non
Oportunidade É o momento de regular o uso de dispositivos persoais no centro tanto do alumnado como do profesorado. Contorna Si
Oportunidade Hai docentes que están na vangarda de novas tecnoloxías para introducir nos procesos de ensino e aprendizaxe. Contorna Si
Oportunidade É o momento de realizar unha actualización profunda do equipamento dixital obsoleto que hai no centro. Contorna Si
Oportunidade Posibilidade de dispoñer de formación dixital continua no propio centro. Contorna Si
Oportunidade Existe a posibilidade de dispoñer de asistencia técnica, didáctica e mentorización no centro por docentes do propio centro competentes dixitalmente dispostos a desenvolvela coa liberacion horaria correspondente. Outras Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO establecemos unha sene de obxectivos, buscando que solucionen debilidades ou afronten ameazas, aproveitando as fortalezas e oportunidades. Tratamos de englobar estos obxectivos nas áreas de mellora segundo o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes ( DigCompOreg), para poder relacionalos nunha futura sesión de SELFIE.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar a formación en recursos TICs educativos para o profesorado (D1).
O02PD Xeneralizar o uso da Aula Virtual do centro a todo o alumando dos dous últimos ciclos de Educación Primaria (H.10)
O03PD Aumentar e actualizar os dispositivos dixitais do centro
O04PD Deseñar un plan para a abordaxe da aprendizaxe mixta (G.2)
O05PD Facilitar desde o centro o acceso ao alumnado á dispositivos dixitais nas aulas (C.14)

Seguimento

Procedemento

Plantexamos unha avaliación procesual cunha frecuencia trimestral na que se avaliará:

- Execución das distintas accións plantexadas: en cada acción realizada, aprazada ou pendente.

- Valoración dos resultados.

- Modificación das accións, temporalización, recursos necesarios das mesmas

- Propostas de modificacións motivadas.

1º Trimestre

Avaliación da consecución das diferentes accións a desenvolver para a consecución dos obxectivos establecidos no plan dixital:

OBXECTIVO 1: Aumentar a formación en recursos TICs educativos para o profesorado (D1).

- AO1.1: Ver que necesidades de formación hai no claustro de profesores: No mes de setembro realizouse unha sondaxe no claustro de profesores para determinar as necesidades de formación

- AO1.2: Solicitar formación mediante PFPP sobre as Bibliotecas Escolares e a liña TIC: A formación solicitouse en outubro. 1º Seminario: Implementación do PD. 2º Grupo de traballo: Iniciación ao E-DIXGAL

 

OBXECTIVO 2: Xeneralizar o uso da Aula Virtual do centro a todo o alumando dos dous últimos ciclos de Educación Primaria.

- AO2.1: Dar unha actualización a cada alumno do seu usuario e contrasinal na primeira semana de curso: O alumnado recibiu unha nova actualización do seu usuario e contrasinal ó inicio de curso.

 

OBXECTIVO 3 Aumentar e actualizar os dispositivos dixitais do centro.

- AO3.1: Inventariar os ordenadores para identificar os que habería que relevar por equipos novos: Os ordenadores foron inventariados. Detectouse o material que é necesario relevar por equipos novos. Procedeuse á solicitude do novo material informático.

- AO3.2: Darlle unha segunda vida aos ordenadores retirados que, tecnicamente, aínda podan servir como equipos de consulta noutras aulas: Os ordenadores foron organizados en carros de carga puidendo ser utilizados por todos os niveis de Educación Primaria.

 

OBXECTIVO 5 Facilitar desde o centro o acceso ao alumnado á dispositivos dixitais nas aulas.

- AO5.1: Comprar/solicitar á UAC ao menos unha ducia de equipos informáticos: Solicitouse novo material á UAC.

- AO5.2: Elaborar un protocolo para o uso dun espazo común con ordenadores para poder ir por turnos as clases a traballar neles: O centro dispón de un carro de carga móvil para poder rotar por turnos polas clases traballando neles.

- AO5.3: Elaborar un protocolo de uso dos dispositivos dispoñibles por parte dos grupos aula que os van usar: O centro dispón de horarios preestablecidos e flexibles para o uso dos carros de carga dos ordenadores.

2º Trimestre

Avaliación da consecución das diferentes accións a desenvolver para a consecución dos obxectivos establecidos no plan dixital:

OBXECTIVO 4: Deseñar un plan para a abordaxe da aprendizaxe mixta.

- AO4.1: Solicitar formación para unha programación e aprendizaxe mixta a través do PFPP: Esta acción foi posposta tralo acordo do equipo docente. A solicitude de formación destinouse a aumentar a formación en recursos TICs educativos para o profesorado.

- AO4.2: Elaboración dun plan para a aprendizaxe mixta tendo en conta os recursos dixitais das familias: Esta acción foi posposta tralo acordo do equipo docente. Para a elaboración dun plan para abordad a aprendizaxe mixta precisase formación. Priorizouse a solicitude formación en recursos TICs educativos para o profesorado.

- AO1.3: Creación de un repositorio na Aula Virtual para os docentes do centro: Esta acción foi posposta polo equipo docente. A sua consecución produciráse unha vez creado o plan para abordar a aprendizaxe mixta.

3º Trimestre

Avaliación da consecución das diferentes accións a desenvolver para a consecución dos obxectivos establecidos no plan dixital:

OBXECTIVO 2: Xeneralizar o uso da Aula Virtual do centro a todo o alumando dos dous últimos ciclos de Educación Primaria.

- AO2.2: Conseguir que o alumnado do primeiro ciclo sexa capaz, tanto na casa como no centro, consultar o subido polos profesores das materias. A gran maioría do alumnado do primeiro ciclo é capaz de consultar tanto na casa como no centro o subido polos profesores na aula virtual.

- AO2.3: Conseguir que o alumnado do segundo e terceiro ciclo sexa capaz, tanto na casa como no centro, para consultar e tamén contestar ao subido polos profesores das materias. A gran maioría do alumnado do segundo e terceiro ciclo é capaz de consultar tanto na casa como no centro o subido polos profesores na aula virtual.

OBXECTIVO 3: Aumentar e actualizar os dispositivos dixitais do centro.

- AO3.3: Dotar de paneis táctiles interactivos as aulas do centro que aínda non as teñen: Os paneis táctiles interactivos foron instalados en abril nas aulas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Pospúxose para o vindeiro curso a instalación dos paneis táctiles interactivos en 4º de Educación Primaria.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación final basearase en:

- Inclusión na memoria final de curso.

- Propostas de mellora para a curso seguinte.

Valoración xeral

Entre os aspectos aspectos positivos a destacar en relación coa implamentación do plan dixital:

- A formación recibida foi especialmente útil e valorada polo profesorado participante no pfpp

- O profesorado puido poñer en práctica nas aulas as ensinanzas adquiridas na formación recibida, sendo o alumnado o maior beneficiado.

- No 3º trimestre, coa chegada do equipamento solicitado á administración o alumnado puido gozar de maior disponibilidade equipamento informático nas aulas.

Entre os aspectos aspectos negativos a destacar en relación coa implamentación do plan dixital:

- A administración non foi capaz de remitir ó centro o material informático solicitado dende o inicio do curso. Solicitouse unha ducia de ordenadores que non foron recibidos ata o terceiro trimestre. Esto repercute negativamente nas posibilidades do centro para ofrecer material TIC co que traballar ó alumnado.

- A administración non puido instalar todos os paneis dixitais interactivos. As aulas de 4º de Educación Primaria, e unha aula de Educación Infantil non puideron gozar das novas tecnoloxías aportadas pola administración educativa.

- A incapacidade de recibir maior formación impediu acadar obxectivos que serán pospostos para vindeiros cursos escolares.

Proposta de mellora

Propostas de mellora para o vindeiro curso:

- Maior coordinación entre o profesorado que integra o equipo TIC.

- Debate sobre a necesidade de implantar EDIXGAL no centro.

- Debate sobre a necesidade de cumprir os obxectivos pospostos non acadados.

- Debate sobre a necesidade de formación para o vindeiro curso.

- Novos obxectivos do plan dixital a ter en conta para o vindeiro curso.

    1. Elaboración de un proxecto para a solicitude do programa “Polos Creativos”.

    2. Actualizar os horarios dos carros de carga. Por en funcionamento o 2º carro de carga subministrado pola consellería.

    3. Elaboración de un repositorio en liña para o profesorado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento pasa formar parte do proxecto educativo e como ten que ser difundido entre a comunidade educativa e realizaranse as seguintes accións para este fin:

- Información e difusión entre o claustro de mestres.

- Aprobación e difusión entre os membros do consello escolar o

-Concreción anual PXA

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaverderuiz/?q=taxonomy/term/202