Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan Dixital eláborase conforme ao disposto pola lexislación vixente que fai referencia a este documento:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Actualización da normativa que fai referencia ao Plan Dixital. Articulado dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do Plan Dixital no Proxecto Educativo de Centro:

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
- Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte:

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o Plan Dixital, no seguinte articulado:

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE e do Test de CDD, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións que se deben desenvolver.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Boa parte do alumnado asocia o o uso de dispositivos móbiles unicamente co ocio e o lecer. Alumnado Si
Debilidade Descoñece as posibilidades da programación e móstrase intimidado ante a súa dificultade. Alumnado Non
Debilidade Mostra cansanzo pola lentitude dos equipos e as constantes avarías do equipamento do centro. Alumnado Non
Debilidade Alto nivel de descoñecemento das novas tecnoloxías por parte de un alto porcentaxe das familias. Familias Si
Debilidade Escasa implementación das TIC no fogar (dispositivos obsoletos, conectividade precaria). Familias Si
Debilidade Pouca participación cando se intentaron facer sesións informativas sobre as ferramentas de comunicación do centro coas familias. Familias Si
Debilidade O servizo técnico da CCEU (UAC) non repara ou substitúe con prontitude o equipamento informático que se avaría. Infraestruturas Non
Debilidade A maqueta Abalar Libre non permite empregar algúns recursos educativos de terceiros: aplicacións online, recursos de editoriais, plataformas de streaming (Netflix e similares)... Infraestruturas Non
Debilidade A maior parte do equipamento informático do centro non responde de maneira eficiente ás necesidades de uso das TIC na aula: navegar pola rede, proxectar recursos audiovisuais, facer actividades interactivas,... Infraestruturas Non
Debilidade Lentitude por parte da administración educativa respecto da atención de solicitude de novo equipamento tecnolóxico. Infraestruturas Non
Debilidade Os horarios distintos de Primaria e da ESO dificultan a comunicación entre o profesorado destas dúas etapas educativas que se imparten no centro. Organización de centro Non
Debilidade Boa parte do profesorado é reticente a proxectos que fomentan o uso das TIC na aula (Edixgal, por exemplo). Persoal docente Si
Debilidade O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado está acostumado ao uso de ferramentas ofimáticas, que emprega en diversos traballos. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado con necesidad de apoio educativo forza a busca continua de novos materiais e a comunicación entre o profesorado. Alumnado Non
Fortaleza Ve como algo natural o uso de dispositivos móbiles. Alumnado Non
Fortaleza Toda a información de interese para a comunidade educativa é publicada na páxina web do centro. Organización de centro Non
Fortaleza A radio escolar, a revista, o blog da biblioteca e os tablóns de actividades axudan a difundir os traballos realizados. Organización de centro Non
Fortaleza Parte do profesorado está a empregar a aula virtual do centro no ensino. Persoal docente Si
Fortaleza A pandemia forzou o uso de ferramentas comúns (aula virtual, blog, documentos colaborativos online¿) que seguen utilizándose como apoio ao ensino presencial por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza Boa disposición do persoal de administración para o manexo da web do centro. Persoal non docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Abandono por parte da administración educativa dos centros que non participan nos "programas estrela". Administración educativa Non
Ameaza Escasa implantación de tecnoloxías que faciliten a conectividade á rede no concello. Contorna Non
Ameaza A supresión de prazas, que se ensaña especialmente cos centros do rural, obriga a algúns membros do profesorado a impartir materias afíns, o que implica unha sobrecarga de traballo. Esto supón unha redución do tempo dispoñible para tarefas como a dixitalización do ensino. Lexislación Non
Ameaza A lexislación actual limita a oferta de materias optativas. Eso dificulta poder cursar materias como Tecnoloxía ou Informática, asignaturas clave na adquisición de competencia dixital entre o alumnado. Debería contemplarse na lexislación un trato diferente (discriminación positiva) aos centros do rural, que contan cun alumnado escaso. Lexislación Non
Ameaza Exceso de lexislación educativa e curta vixencia das leis educativas. Lexislación Non
Oportunidade Boa parte dos labores de xestión (matriculación, faltas de asistencia do alumnado) faise mediante ferramentas dixitais corporativas (Xade, Abalar móbil,...). Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA promove cursos relacionados coas TIC no centro para o alumnado de Primaria. ANPA Si
Oportunidade A dixitalización está e auxe e, dende a pandemia, moi aceptada e recoñecida socialmente. Contorna Si
Oportunidade Nos últimos anos percíbese maior apoio do concello, por exemplo prestando equipos e transportando materiais durante a pandemia. Contorna Non
Oportunidade A preparación do plan dixital obriga a reflexión sobre diversos aspectos das tecnoloxías (autoría e licenzas, protección de datos¿). Lexislación Non
Oportunidade O CFR oferta cada vez máis actividades de formación en rede. Outras Si
Oportunidade O CFR oferta numerosos cursos de formación sobre o uso das TICs. Outras Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A Análise dos resultados do Informe SELFIE e do Test de CDD permitiu unha aproximación cuantitativa ao contexto DAFO do centro. Con todo, tamén se tiveron en conta na elaboración do contexto DAFO as experiencias e opinións dos membros da comunidade educativa.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con outras entidades (Cruz vermella, Garda civil,...) para desenvolver a competencia dixital de toda a comunidade educativa.
O02PD Creación dun repositorio de experiencias educativas (D3)
O03PD Promover a formación do profesorado para mellorar a competencia dixital
O04PD Promover o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado de ESO
O05PD Dinamizar a web do centro e o blog da biblioteca
O06PD Promover o uso dos equipos informáticos da biblioteca (ordenadores, impresora 3D, pantalla Chroma, Escornabots) con fins educativas
O07PD Uso dos contidos e actividades incluídos na sección de Orientación da aula virtual do centro
O08PD Actuar de maneira segura en internet (H1)

Seguimento

Procedemento

O seguemento do Plan Dixital será tarefa dos membros/as do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro, que actualmente son a secretaria e o Coordinador TIC. Para levar a cabo este seguemento o citado equipo poderá recabar a valoración da implementación do Plan Dixital no centro a outros membros da comunidade educativa.

1º Trimestre

O01PD    Colaborar con outras entidades (Cruz vermella, Garda civil,...) para desenvolver a competencia dixital de toda a comunidade educativa. A día de hoxe pode considerarse acadado xa que xa se celebrou unha conferencia / colaboración con estas entidades.

O02PD     Creación dun repositorio de experiencias educativas (D3). Se cadra fomos demasiado ambiciosos ao establecer este obxectivo. Polo de agora, obxectivo pendente de consecución.

O03PD     Promover a formación do profesorado para mellorar a competencia dixital. Varios membros do claustro están a inscritos nun PFPP con varias liñas de formación (polos creativos, elaboración de recursos dixitais con aplicacións online) para mellorar a súa competencia dixital.

O04PD     Promover o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado de ESO. Pouco a pouco, vanse incorporando á aula virtual novas actividades de profesores/as que aínda non publicaran nada neste entorno.

O05PD     Dinamizar a web do centro e o blog da biblioteca. Estas dúas ferramentas van adquirindo maior protagonismo na publicación e difusión de novas de interese para a comunidade educativa.

O06PD     Promover o uso dos equipos informáticos da biblioteca (ordenadores, impresora 3D, pantalla Chroma, Escornabots) con fins educativas. Como quedou recollido no obxectivo O03PD, conforme parte do profesorado gañe competencia no manexo deste equipamento irase promovendo o seu uso entre o alumnado.

O07PD     Uso dos contidos e actividades incluídos na sección de Orientación da aula virtual do centro. Obxectivo acadado parcialmente xa que non todas as titorías fan uso destes recursos educativos. Hai que salientar a inclusión de novas publicacións desde o Departamento de Orientación na aula virtual do centro.

O08PD     Actuar de maneira segura en internet (H1). Neste obxectivo, xa comenzamos a dar pasos para a súa consecución: os cursos da ESO e de 3º ciclo de Primaria teñen xa programadas as súas conferencias sobre seguridade na rede.

2º Trimestre

O01PD     Colaborar con outras entidades (Cruz vermella, Garda civil,...) para desenvolver a competencia dixital de toda a comunidade educativa. Obxectivo xa acadado no 1º trimestre.

O02PD     Creación dun repositorio de experiencias educativas (D3). Obxectivo pendente de consecución e de seguir as cousas como ata agora o máis seguro é que este obxectivo se elimine do Plan Dixital do vindeiro curso.

   
O03PD     Promover a formación do profesorado para mellorar a competencia dixital. Varios membros do claustro acaban de recibir a formación do PFPP para os Polos Creativos. A liña PFPP para a elaboración de recursos dixitais con aplicacións online non se vai realizar neste curso xa que a persoa encargada de coordinala aínda segue de baixa.

O04PD     Promover o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado de ESO. No referente a este obxectivo, o ritmo de consecución segue a ser o mesmo que o descrito no 1º trimestre: avanza con lentitude. Cabe dicir tamén que a aula virtual aloxa as actividades realizadas polo profesorado na formación PFPP e albergará tamén a revista escolar, que durante este curso tampouco se publicará en papel.

O05PD     Dinamizar a web do centro e o blog da biblioteca. Idem que o descrito no 1º trimestre.

O06PD     Promover o uso dos equipos informáticos da biblioteca (ordenadores, impresora 3D, pantalla Chroma, Escornabots) con fins educativas. Idem que o descrito no 1º trimestre. Cómpre sinalar tamén que este equipamento é empregado para levar a cabo unha actividade promovida pola ANPA: un taller de robótica.

O07PD     Uso dos contidos e actividades incluídos na sección de Orientación da aula virtual do centro. Idem que o descrito no 1º trimestre. Ademais, o departamento de Orientación leva a cabo publicacións puntuais na páxina web do colexio para difundir novas de interese para o alumnado e as familias: intinerarios formativos, prazos de matriculación,...

O08PD     Actuar de maneira segura en internet (H1). Idem que o descrito no 1º trimestre.

3º Trimestre

O01PD     Colaborar con outras entidades (Cruz vermella, Garda civil,...) para desenvolver a competencia dixital de toda a comunidade educativa. Obxectivo xa acadado no 1º trimestre.

O02PD     Creación dun repositorio de experiencias educativas (D3). Obxectivo pendente de consecución e de seguir as cousas como ata agora o máis seguro é que este obxectivo se elimine do Plan Dixital do vindeiro curso.

O03PD     Promover a formación do profesorado para mellorar a competencia dixital. Varios membros do claustro acaban de recibir a formación do PFPP para os Polos Creativos. A liña PFPP para a elaboración de recursos dixitais con aplicacións online finalmente puido levarse a cabo xa que unha profesora de Primaria se fixo cargo da coordinación desta liña de formación do CFR.

O04PD     Promover o uso da aula virtual do centro por parte do alumnado de ESO. No referente a este obxectivo, o ritmo de consecución deste obxectivo segue a ser o mesmo que o descrito nos  trimestres anteriores: avanza con lentitude. Ademais, non todo o profesorado emprega este recurso pero si a maioría. Cabe dicir tamén que a aula virtual aloxa as actividades realizadas polo profesorado na formación PFPP. No tocante á revista escolar, que durante este curso tampouco se publicará en papel, está aloxada na páxina web do centro.

O05PD     Dinamizar a web do centro e o blog da biblioteca. Seguindo a liña dos trimestres anteriores, estas dúas ferramentas van adquirindo maior protagonismo na publicación e difusión de novas de interese para a comunidade educativa, especialmente a páxina web do centro, que serve de ponte de comunicación coas familias.

O06PD     Promover o uso dos equipos informáticos da biblioteca (ordenadores, impresora 3D, pantalla Chroma, Escornabots) con fins educativas. O ritmo de consecución deste obxectivo é lento pero vai con paso firme. Polo de agora poucos son os/as docentes que os empregan nas actividades de aula.
Noutro orde de cousas, hai que deixar constancia de que equipamento de gravación de son (unha mesa de mesturas que xa estaba no centro e varios micrófonos de pé adquiridos polo centro este trimestre) pasaron a formar parte do equipamento tecnolóxico da biblioteca e foi usado polos grupos que cursaron a materia de Proxecto Competencial maiormente.
Por último, sinalamos tamén que o equipamento da biblioteca foi empregado para levar a cabo un taller de robótica, actividade promovida pola ANPA: .

O07PD     Uso dos contidos e actividades incluídos na sección de Orientación da aula virtual do centro. Idem que o descrito no 1º trimestre. Ademais, o departamento de Orientación leva a cabo publicacións puntuais na páxina web do colexio para difundir novas de interese para o alumnado e as familias: intinerarios formativos, prazos de matriculación,... Neste último aspecto, alumnado e familias seguen o publicado por este departamento. O seguimento nas titorías destes contidos e actividades é máis desigual xa que non todos os grupos escolares teñen as mesmas necesidades e o plan de acción titorial non se pode aplicar por igual.

O08PD     Actuar de maneira segura en internet (H1). Este obxectivo pode darse por acadado durante este curso xa que finalmente foron impartidas todas as conferencias sobre seguridade na rede programadas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro valorará o seguimento do desenvolvemento do Plan Dixital e a consecución dos seus obxectivos.
A tal fin, no contexto da avaliación procesual, que se realizará unha vez por trimestre, este equipo valorará o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final, que se realizará unha vez por ano, os aspectos que ha de considerar o citado equipo incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

En liñas xerais, pode dicirse que este segundo Plan Dixital segue a ser demasiado ambicioso. De feito, algún dos obxectivos do Plan de Acción deberían suprimirse xa que non levan trazas sequera de ser iniciados. Outros obxectivos, como o emprego do equipamento informático da biblioteca terán que baixar o nivel de esixencia xa o profesorado non dá abasto para acadar os indicadores do plan actual.
A pesar do anterior, pode considerarse a valoración da implementación do Plan Dixital no centro como positiva sobre todo se temos en conta que non se deu un paso atrás e melloramos en case todos os obxectivos do Plan de Acción. Así, valorase positivamente que continuemos avanzando na introdución das TICs no labor docente, que se usen de xeito habitual ferramentas como a aula virtual do centro pola maioría da comunidade educativa e que a web do centro sexa un nexo clave na comunicación do centro coas familias.

Proposta de mellora

Tras a experiencia acadada, consideramos que a idea central do vindeiro Plan Dixital debería ser dar prioridade á parte máis básica do labor docente relacionada coas TICs fronte aqueles obxectivos que a día de hoxe non son tan cruciais no traballo diario (dinamizar a web do centro, por exemplo). Así, conviría centrarse no uso da aula virtual, fomentar a navegación segura pola rede e continuar a formación do profesorado.
Convén tamén non perder de vista obxectivos como o O09PD (Promover o uso dos equipos informáticos da biblioteca (ordenadores, impresora 3D, pantalla Chroma, Escornabots) con fins educativas). Aínda que este obxectivo e outros similares non estean relacionados co traballo académico diario, as actividades relacionadas con estes obxectivos si deberían fomentarse aínda que sexa de xeito ocasional a fin de que estes obxectivos no caian na inactividade e no abandono.
 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A primeira versión do Plan Dixital subirase á Aula Virtual e publicarase en formato PDF na web do centro (https://www.edu.xunta.gal/centros/cpidiazmoreno/taxonomy/term/218), seguindo as instrucións dos mentores ADIX.

Na plataforma Educalidade tamén será posible visualizar unha versión pública do Plan Dixital sen necesidade de empregar ningunha conta persoal nin identificarse en Educalidade. Así, calquera membro da comunidade educativa poderá consultar a versión pública do Plan Dixital do centro. O enlace á citada versión pública do Plan Dixital será incluída no Proxecto Educativo de Centro no apartado Estratexia dixital de centro.