Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
Realizarase un seguimento trimestral do Plan de Acción para medir o grao de consecución dos obxectivos e comprobar a efectividade das accións deseñadas a partir dos indicadores específicos que axudarán a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas acción ao longo do curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, elaborarase un informe final no que se recolleran os resultados e se realizarán propostas de mellora para os cursos posteriores e que figurará na memoria final do centro.
En función das áreas que o precisen, formularanse de novo para actualizar o PD.En canto á implemenación do Plan, en caso de ser necesario poderá reorganizarse ou reelaborarse a estrutura do mesmo para unha correcta implementación.
Visitas ou videoconferencia co mentor ADIX (o que realmente axuda a completar esta burocracia inútil)
Obxectivo O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.
- 19/10/2023 Solicitado o Plan de formación permanente do profesorado para o obxectivo. Tan so se "apuntaron" ao curso 3 membros do profesorado.
- 12/12/2023 Aínda non se sabe nada do material a recibir. O coordinador de Polos está recibindo unha formación que non solicitou.
Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.
- 12/12/2023 Contidos da páxina actualizados. Á espera de introducir novos contidos/seccións.
Obxectivo O03PD Inventariar o material dixital do centro.
- 21/12/2023 Aínda non se recibiu ningún tipo instrucción por parte da administración para o manexo da aplicación Inventario.
O04PD Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.
- 12/12/2023 Enquisa elaborada polo coordinador. Será entregada en breve, tras o Nadal, ao profesorado para a súa realización.
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases
- Aínda falta material por recibir (paneis das aulas de ESO). Este obxectivo é a longo prazo, para o vindeiro curso.
Obxectivo O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.
- 30/1/24 comezou o PFPP, tarde mal e arrastro pola , decidindo os participantes realizar actividades relacionadas coa impresión 3D. O relator será o propio coordinador do PFPP. É indignante que, de algo publicitado pola Consellería a "bombo e platillo" co que, casi. se poderían construir satélites, cheguen uns kits singulares (recortables nin mías nin menos) cando está rematado o segundo trimestre.
Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.
- 11/03/2024 Contidos da páxina actualizados. Introducida sección de Plan Proxecta.
Obxectivo O03PD Inventariar o material dixital do centro.
- 11/3/24 Aínda que non se recibiu ningún tipo instrucción por parte da administración para o manexo da aplicación Inventario o auxiliar adminidtrativo do centro está empezando a inventariar o material do centro con devandita aplicación.
O04PD Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.
- xaneiro de 2024: repartiuse entre o profesorado do centro a enquisa. Os datos serán analizados no terceiro trimestre.
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases
- Aínda falta material por recibir (paneis das aulas de ESO). Este obxectivo é a longo prazo, para o vindeiro curso.
Obxectivo O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos.
- Celebradas as sesións de docencia (5 e 12 de marzo) impartidas polo propio coordinador de Polos e comezáronse coas sesións colectivas e individuais para elaborar recursos.
- Elaboráronse varias pezas para a PT coa impresora 3D. En concreto fíxose un tangram, dous xogos de 3 en raia e dúas "mans lectoras". Tamén se realizaron chaveiros personalizados para os docentes asistentes ao PFPP. Todo o relatado anteriormente realizouse cunha impresora 3D adquirida polo centro hai anos xa que do material de Polos aínda non está (nin creo que chegue antes do remate do curso). Todo un despropósito.
Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro.
- Por motivos persoais do coordinador do PD este obxectivo tivo que ser adiado de abril a maio. A data de 15/05/2024 so dous profesores mostraron interese en ser dado de alta na web do centro como editor de contidos. A data 11 de xuño ningún profesor/a subiu contido novo á páxina.
Obxectivo O03PD Inventariar o material dixital do centro.
- Inventariouse parte do material pero, como aínda queda moito por recibir (todo o de Polos e parte de paneis dixitais e equipos informáticos) o obxectivo adíase para o curso seguinte.
O04PD Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.
- Analizados os datos das enquisas polo coordinador do PD. Constan como documento adxunto no seguiento do obxectivo
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases
- Pendientes de recibir os paneis que faltan. En teoría chegarán a finais de xuño. Obxectivo adiado para o seguinte curso.
Avaliación
-
Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
-
Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Sin entrar en temas burocráticos e de tempo que conleva ser coordinador do PD, obxectivamente a valoración é moi negativa polo seguinte:
-
Obxectivo O01PD: Formar ao profesorado na realización de proxectos co material de Polos Creativos. So se interesaron polo PFPP dous profesores de 16 do claustro. Nula implicación do profesorado en dous proxectos nos que temos a "obriga" de participar todos os centro (Polos Creativos e Plan Dixital).
-
Obxectivo O02PD: Actualizar a páxina web do centro: soamente dous profesores mostraron interese en ter contas de usuario para subir material e/ou contidos á páxina web do centro.
-
Obxectivo O03PD Inventariar o material dixital do centro: como, en teoría, o centro ía recibir material de polos, panis interactivos e equipos informáticos "a esgalla" decidiuse incluir este obxectivo. Pois ben: a finais de curso non se recibiu, nin se espera, ningún material de polos nin equipamento informático. Pode ser que cheguen a finais de xuño, xullo ou agosto os paneis.
-
O04PD Analizar a utilización (e percepción de utilidade das súas ferramentas) da Aula Virtual do centro e de E-DIXGAL.
-
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases: como non se recibiron (os que faltan de ESO) no se levou a cabo este obxectivo.
Para o vindeiro curso quedan adiados os obxectivos (ou parte deles):
Obxectivo O03PD Inventariar o material dixital do centro: xa que aínda hai material que non chegou ao centro, ou que o fixo a finais de curso como son os paneis dixitais interacticvos e equipamento informático (ordenadores de sobremesa para as aulas e administración).
O05PD Formar ao profesorado na utilización e uso didáctico dos paneis interactivos instalados nas clases: porque, como digo no punto anterior, os panis chegarona ao centro no último mes de curso.
Comunicación e difusión
Este PD publicarase na páxina web do centro, no apartado “O centro”, cunha ligazón a Educalidade.