Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
Nome: CPI Plurilingüe de Navia de Suarna
Direción: Rúa Pallarón s/n 27650 A Proba de Navia
Correo electrónico: cpi.naviadesuarna@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/cpinaviadesuarna

O CPI plurilingüe de Navia de Suarna consta, por catálogo, de 2 unidades de Educación Primaria e 4 de ESO.
No curso 2021-2 a matrícula é de:
    • 9 alumnos/as deEI
    • 11 de EP
    • 11 de ESO
Profesorado:
        3 mestras especialistas (inglés, educación física e educación infantil) en EP
        1 profesora de relixión en EP
        11 profesores de ESO
        ¿ 1 PT

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
      1.2.1 Descrición xeográfica da comarca
      O CPI Plurilingüe de Navia de Suarna atópase situado na capital do concello de Navia de Suarna. Trátase dun concello situado na área montañosa da Galicia oriental, concretamente na zona setentrional da Serra dos Ancares. Ten unha superficie de 242 km2 distribuíndose as úa escasa poboación de forma moi diseminada en 20 parroquias e 103 lugares, feito que provoca unha baixa densidade de poboación.
      Trátase dunha comarca moi accidentada na que predomina unha paisaxe montañosa formada polas estribacións da Serra dos Ancares ao Sur e Leste e polas pequenas aliñacións con dirección NO-SE pertencentes ás Serras de Pedruñais e á de Meira na parte occidentais do concello. Estas zonas montañosas alternan coa zona formada polo val do río Navia, profundamente encaixado, que cruza o termo municipal de SO a NE no que existe unha ampla zona de terreos aptos para o cultivo.
      Demograficamente, o concello de Navia, ao igual que moitos outros concellos da Galicia interior, ven perdendo de forma moi significativa poboación, froito de      factores como a dureza das condicións orográficas e climáticas da zona e tamén por factores extrínsecos coma o proxecto de creación do encoro do Gran Suarna que limitou as posibilidades tanto económicas como demográficas de todo o concello. Na actualidade o seu censo segundo o INE a 1 de xaneiro de 2019 é de 1081 habitantes dos cales 600 son homes e 481 mulleres. Esta poboación está en gran medida envellecida.
      1.2.2 Análise do contexto socioeconómico
      Coa excepción ao pequeno comercio da vila de Navia, a base económica do concello baséase sobre o sector primario, fundamentalmente na agricultura e a gandería. A pesar da extensión do concello a superficie cultivada só supón aproximadamente o 11,4%. A superficie adicada a prados e pastos constitúe preto do 10%, mentres que a superficie forestal esténdese case polo 76% da superficie, o que indica a importancia do sector forestal como fonte de ingresos das familias labregas. Outro alicerce da economía naviega é o gandeiro destacando o vacún, ovino e porcino. Alén disto, ten certa relevancia tamén o sector forestal, da construción e o sector servizos.


1.3. Breve xustificación do mesmo
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
    • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.
1.4. Proceso de elaboración
Para elaborar o PD creouse un grupo de formación permanente do profesorado integrado polos membros do equipo directivo cuxo coordinador foi o director.
Da elaboración da documentación do PD encargouse o coordinador TIC, que tamén o é  do devandito plan. Os membros do Claustro unicamente participaron cando se requiriu a súa colaboración para realizar algunha enquisa, ben para o SELFIE e/ou para o test CDD do DAFO. O plan de acción foi integramente elaborado polo coordinador coa colaboración do director.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD:

1.3. Participación segundo perfil do profesorado

2.1. Puntuación e nivel de competencia do centro

2.2. Puntuación e nivel de competencia por etapas

2.3. Distribución do profesorado por niveis

 

Interno
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Alumnado Si
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Familias Non
Debilidade Fractura dixital: baixa (ou moi baixa) competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Participación das familias. Familias Non
Debilidade Equipos obsoletos (nalgúns casos) (C1-C2) Infraestruturas Non
Debilidade Recursos das editoriais E-DIXGAL deficientes ou moi deficientes nalgún caso (inglés) (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Repositorios ABALAR: desfasado e obsoletos. (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Maqueta ABALAR: demasiado ríxida. O coordinador (sempre e cando teña coñecementos (e supóñenselle) debera poder ter acceso como superusuario ou administrador (A3) Oferta Non
Debilidade Poucos materiais adaptados á realidade rural galega (incluído o uso do idioma) (E1-E5) Oferta Non
Debilidade Sobrecarga de accións e proxectos que chegan ao centro Organización de centro Non
Debilidade Falta (moi grande) de formación do profesorado. Baixa competencia dixital en xeral (D1-D2) Persoal docente Si
Debilidade Tratamento das licenzas e dereitos de autoría (A5) Persoal docente Non
Debilidade Reticencia ás novas tecnoloxías e posición acomodaticia (facer as cousas como sabes de sempre sin ¿asumir riscos¿) (A3-B1-B2-B3-D1-D2-D3-E1-E2-E3-F6) Persoal docente Non
Debilidade Creación de contidos dixitais (E2) Persoal docente Non
Debilidade Avaliación [G(todas)] Persoal docente Non
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino (A4) Persoal docente Non
Debilidade Mobilidade do profesorado: normalmente pouco persoal definitivo e con estadías curtas no centro (A3-B1-B2-B3-D1-D2-D3-E1-E2-E3-F6) Persoal docente Non
Debilidade Persoal sin estabilidade e compartido con outro centro Persoal non docente Non
Fortaleza Son coñecedores das ventaxas do uso do software libre no ámbito educativo e dispoñen e fan uso desas ferramentas no centro (H) Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do alumnado. Aulas E-DIXGAL [C8-C10-C13-H(todas)] Alumnado Non
Fortaleza Promove o desenvolvemento persoal do alumnado (H) Alumnado Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para o ensino. Aulas E-DIXGAL (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do profesorado. Aulas E-DIXGAL (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza En resumo: temos aulas E-DIXGAL [C(todas)] Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do alumnado. Aulas E-DIXGAL (C10) Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos físicos axeitados e suficientes (porque hai moi pouco alumnado). (C14) Infraestruturas Non
Fortaleza Recursos educativos online. (E1) Infraestruturas Non
Fortaleza Acceso a internet. Aulas E-DIXGAL (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Apoio técnico. Aulas E-DIXGAL (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas E-DIXGAL [C(todas)] Oferta Non
Fortaleza Comunicación ben organizada e regular coas familias (E4) Organización de centro Non
Fortaleza Aulas E-DIXGAL [C(todas)] Organización de centro Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do profesorado. Aulas E-DIXGAL (C1-C2-C10) Persoal docente Si
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Non
Fortaleza (Actualmente) competente no manexo de paquete ofimático e programas propios da administración educativa Persoal non docente Non
35 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Imposición de burocracia 2. Pódese converter nun elemento valeiro na programación 3. A dotación económica para gastos de funcionamento xeral: durante os últimos dez anos o centro recibiu aproximadamente 9000€ de media por exercicio, cuantía ridícula e que se destina practicamente na súa totalidade para a adquisición de combustible para calefacción. Administración educativa Non
Ameaza Ausencia de ANPA ata o curso pasado ANPA Non
Ameaza 1. Acceso a internet deficiente (C3) 2. Condicións socioeconómicas desfavorables (nalgúns casos) 3. Condicións demográficas: despoboaciónJ 4. Falta de empresas e oportunidades na zona (A6) Contorna Non
Ameaza 1. Imposición de burocracia 2. Cambios normativos 3. Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo Lexislación Non
Ameaza Falta de tecido empresarial na zona (A6) Outras Non
Oportunidade 1. A administración educativa aposta por isto [C(todas)] 2. É un incentivo para mellorar a calidade educativa (A3) Administración educativa Non
Oportunidade Dispositivos dixitais a disposición das familias por mor das aulas E-DIXGAL (C2-C8-C10) Contorna Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Nun centro tan pequeno e coa idiosincrasia do CPI de Navia: a maioría do profesorado non é definitivo e con tan pouco alumnado, as ferramentas empregadas non son as axeitadas e dan lugar a resultados sesgados e non fiables.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle/E-DIXGAL (Item G1*)
O02PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para analizar a fiabilidade da información (H5*)

Seguimento

Procedemento

O seguimento realízase coas seguintes accións:

reunión do equipo (poucas)

PFPP

Visitas do mentor ADIX (o que realmente axuda a completar esta burocracia inútil)

1º Trimestre

Non se fixo nada.

2º Trimestre

Empezouse co PFPP para o primeiro obxectivo (Empregar os libros de cualificación en contornas Moodle/E-DIXGAL (Item G1*))

Non se fixo nada do segundo Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para analizar a fiabilidade da información (H5*)

3º Trimestre

Remate do PFPP cuns resultados moi negativos (pouca ou nula implicación e interés por parte do profesorado do centro) na opinión do coordinador.

Do segundo obxectivo o mestre de EF Félix Prieto García elaborou unha Guía para o traballo dixita como tarefa para a Competencia Dixital Docente Nivel A2 que se axusta en algún punto. Engadiuse como anexo.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Avaliación procesual: realizarase como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Avaliación final: a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Por parte do coordinador unha valoración moi negativa polos seguintes motivos:

  1. Nula implicación do equipo docente na elaboración e no PFPP.
  2. Gasto de tempo do coordinador.
  3. Ferramentas para elaborar o PD farragosas e de dubidosa utilidade.
  4.  
Proposta de mellora

En canto ao PD en xeral:

  1. Que desapareza o PD.
  2. De non ser posible o 1: intentar facelo dunha forma mais sinxela e eficiente.
  3. Se non pode ser o 1 e 2: Reducción do horario lectivo ou remuneración económica para o coordinador do PD xa que a súa elaboración supón un importante "desperdicio" do seu tempo.

En canto a posibles obxectivos do PD (se non ocorre o descrito no punto 1) no centro o vindeiro curso:

  • Aproveitamento didactico dos paneis dixitais que se instalaron (instalarán) nas aulas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este PD publicarase na páxina web do centro, no apartado “Proxectos institucionais do centro”. Asemade incluirase, co resto da documentación (SELFIE, test CDD, DAFO e Plan de acción no curso (Plan dixital do centro) creado na aula virtual no apartado “Cursos para o profesorado”.