Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertence á comarca de Meira (partido Xudicial de Lugo). Segundo o padrón municipal, en 2019 tiña 1.731 habitantes, (1.794 no 2007), é dicir que, sofre unha pequena perda poboacional ano tras ano. O noso Centro está situado, pois, entre a Terra Chá, a comarca de Lugo e a da Montaña. A poboación escolar que acode ao colexio procede, ademais do propio concello, de Pastoriza (Baltar, Pousada e Fonmiñá) e Pol (Samartiño, San Andrés de Ferreiros e Lúa).O nivel social das familias que envían ás súas fillas/os ao colexio pódese considerar como clase media e media baixa, dedicándose fundamentalmente á agricultura e á gandaría. Tamén o sector industrial e de servizos (principalmente na capitalidade do Concello) ten unha importante presenza. O noso centro está adscrito ao IES “Pedregal de Irimia” de Meira e seguen a ESO e o Bacharelato a inmensa maioría do alumnado.Vistas, pois as características socioeconómicas do contexto do centro recollidas dentro do PEC; analizamos a repercusión que pode ter o Proxecto Dixital en relación ao PEC e á PXA do vindeiro curso 22/23; nos seguintes apartados:Plan para a potenciación das relacións da comunidade coas familias (abalar, web do centro e redes sociais).Plan de actividades propostas pola ANPA para o curso escolar, que recolle como unha delas a de mecanografía.Áreas de libre configuración:robótica e nocións de programación informática sinxelas.EDLG:impulsar a presenza do galego nas ferramentas TICS.Plan de Orientación:emprego da aplicación DRD orienta.Plan Anual de lectura:realización de actividades empregando diversos recursos e ferramentas: mesas de luz, tablets, ordenadores, aplicacións Fipgrid, Powerpoint, Filmora, Prezzi, elaboración de códigos QR...)Biblioteca Escolar:aspectos como a organización, xestión e catalogación de fondos dun xeito dixital a través do programa MEIGA;integrar na biblioteca as tecnoloxías da comunicación e desenvolver proxectos “maker” e robótica dunha meneira habitual.Contratos-programa Recupéra-T (ARCO e PROA+).Plan Proxecta (Paisaxe e sustentabilidade): comunicación de resultados obtidos (en forma de gráficos, táboas…) e difusión de actividades realizadas empregando tanto servizos dixitais corporativos, coma non corporativos.

  • Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente. 

    Para a elaboración do Plan Dixital do noso centro, tívose en conta o contexto lexislativo que se detalla a continuación:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional.   

  • Proceso de elaboración.

    A folla de ruta a seguir na elaboración do presente Plan Dixital foi a seguinte:

  • Configuración (no mes outubro do 2021) do equipo que forma parte do Plan Dixital: 10 docentes con destino definitivo, pertencentes ás distintas etapas que se imparten no centro.

  • Alta, da persoa coordinadora TIC, no espazo virtual creado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade; onde as persoas mentoras e coordinadoras dos centros traballan de xeito conxunto na elaboración do Plan Dixital.

  • Sesión formativa sobre o SELFIE (Webex)

  • Xornada informativa presencial no centro por parte do mentor do equipo ADIX. A esta sesión acode o 100% do claustro.

  • Realización do Test de Competencia Dixital Docente (CDD) a través da aplicación FPROFE, entre o 8 e o 28 de febreiro.

  • Xornada de formación (Webex); onde se dan as directrices a seguir para a elaboración do DAFO.

  • Xornada de formación relativa á elaboración do Plan de Acción (Webex).

  • Xornada de formación (Webex): pautas para a redacción final do PD.

  • A persoa coordinadora TIC fai entrega (no espazo virtual do equipo ADIX asignado) do presente documento, con data anterior ao 12 de xuño do 2022.

  • O Plan Dixital do centro preséntase nos derradeiros Claustro e Consello Escolar do curso 2021/2022 para a súa aprobación.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Fontes empregadas para a análise DAFO.

Para a obtención do DAFO, tivéronse en conta as seguintes fontes:

Autoavaliación SELFIE: inclúese a información do resumo das áreas do informe SELFIE para a etapa educativa de educación primaria.

Test CDD (Competencia Dixital Docente): recollendo datos obtidos do mesmo; relativos a: participación segundo perfil do profesorado,puntuación e nivel de competencia do centro,puntuación e nivel de competencia por etapas,distribución do profesorado por niveis.

De ambos apartados recóllense resultados en táboas, que poden ser consultadas na páxina web do centro; no apartado destinado ao Plan Dixital.

Interno
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 2. Non desenvolven habilidades dixitais nas diferentes materias, non dan crédito ao traballo doutros, non crean contidos dixitais, non programan nin codifican. (H6-H7-H8-H10-H11) Alumnado Non
Debilidade 1. Non aprenden a comprobar a veracidade da información atopada, nin son competentes na resolución de problemas técnicos. (H4-H13). Alumnado Non
Debilidade 3. O alumnado non pode levar os seus propios dispositivos ao centro (C13) Alumnado Non
Debilidade 1. Escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos. (UTIC3) Familias Non
Debilidade 2. Fenda dixital: áreas xeográficas con problemas de conectividade e non todo o alumnado ten acceso a dispositivos informáticos. (ADFC1) Familias Non
Debilidade 1. Características do software instalado nos equipos e actualización do equipamento dixital. (C1-C2) Infraestruturas Non
Debilidade 1. Ausencia e descoñecemento de novas estratexias dixitais. (A1) Oferta Si
Debilidade 2. Valoración escasa por parte do profesorado nalgúns ámbitos de formación ofertados no último ano. (DPC1-2-4-5) (PE3) Oferta Non
Debilidade 3. Ausencia de visitas de estudo. (DPC7) Oferta Non
Debilidade 2. Non usamos as tecnoloxías dixitais para avaliar competencias no alumnado, para que reflexione sobre a súa aprendizaxe e comente o seu traballo cos compañeiros/as. (G1-G5-G6) Organización de centro Non
Debilidade 1. Escasa implementación na aula das tecnoloxías dixitais para actualizar e innovar nas prácticas de E-A. (F1-F3-F4-F5-F6) Organización de centro Non
Debilidade 3. Non empregamos as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación nin para que o alumno documente/mellore a súa aprendizaxe. (G7-G8-G9) Organización de centro Non
Debilidade 4. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso (A5) Persoal docente Non
Debilidade 1. Falta de tempo e descoñecemento para explorar o ensino dixital; así como para o alumnado con NEE (A4-C15) Persoal docente Non
Debilidade 2. Non avaliamos o noso progreso de E-A con tecnoloxías dixitais.(B1) Persoal docente Non
Debilidade 3. Dificultade para crear recursos en liña.(E2) Persoal docente Si
Fortaleza 1. O alumnado aprende a actuar cada vez con máis seguridade e responsabilidade en internet. (H1-H3) Alumnado Non
Fortaleza 2. Formación dixital para o alumnado que forma parte do Voluntariado da Biblioteca Escolar. (C16) Alumnado Non
Fortaleza 1. Participación e entendemento entre a maioría das familias nas actividades requeridas desde o centro. Familias Non
Fortaleza 1. Contamos con equipo informático, pizarra dixital e unha tableta; así como acceso a internet por wifi en todas as aulas do centro. (C1-C3) Infraestruturas Non
Fortaleza 2. Uso da aula virtual do centro a partir do 3º curso de primaria e emprego de blogs de aula. (E3) Infraestruturas Non
Fortaleza 3.Aprendizaxe con tecnoloxías dixitais na aula de 5º de primaria (E-Dixgal). (C1-C2) Infraestruturas Non
Fortaleza 4. Servizo Premium -Aula Edixgal. (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza 1.Dispoñemos de (e empregámolos) servizos educativos corporativos (web, aula virtual, correo electrónico, espazo Abalar, Facebook...)para difundir información sobre o centro educativo. (PE6) Oferta Non
Fortaleza 2. Empregamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación coa comunidade educativa e usamos recursos dixitais en aberto. (E4-E5) Oferta Non
Fortaleza 1. Existen dispositivos dixitais xestionados polo centro que o alumnado pode usar (fóra do equipamento Edixgal). (C8-C10) Organización de centro Non
Fortaleza 2. Nas aulas hai equipamento informático mercado polo propio centro. (PE5) Organización de centro Non
Fortaleza 4. Facilidade para buscar recursos en liña. (E1) Persoal docente Non
Fortaleza 1. O claustro conta co apoio do equipo directivo para o Desenvolvemento Profesional Continuo. (D1-D2-PE2) Persoal docente Si
Fortaleza 2. Existe unha ampla plantilla de profesorado con destino definitivo no centro , o que garante a continuidade dos proxectos iniciados. Persoal docente Non
Fortaleza 3. Bo clima de traballo entre o profesorado (reflexionamos sobre as vantaxes e inconvenientes do emprego das tecnoloxías dixitais). (B2) Persoal docente Non
Fortaleza 1. Estabilidade profesional do persoal non docente. Persoal non docente Non
32 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Falta de equipos informáticos en número e calidade suficiente para uso do profesorado.(C2) Administración educativa Non
Ameaza 2. Aula de informática con espazo físico reducido e equipamento insuficiente e obsoleto, para uso do alumnado.(C1-C14) Administración educativa Si
Ameaza 3. Non contamos con asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais nas aulas que non son Edixgal. (C5) Administración educativa Non
Ameaza 1. Áreas xeográficas con falta de conectividade. (C3) Contorna Non
Ameaza 2. Non dispoñemos de medidas para avaliar as dificultades xurdidas da aprendizaxe mixta relacionadas co ámbito socioeconómico do alumnado. (C11) Contorna Non
Ameaza 3. Inseguridade e desinformación en canto á Política de Proteción de Datos de carácter oficial.(C7) Lexislación Non
Ameaza 1. Burocracia excesiva.(F) Lexislación Non
Ameaza 2. Constantes cambios normativos moi ambiguos e faltos de claridade; así como lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. (A-D-F-G) Lexislación Si
Oportunidade 1. Actuacións da Administración Educativa: oferta de formación no centro. (D1-D2-D3). Administración educativa Si
Oportunidade 1. Oferta de actividades extraescolares relacionadas co eido dixital. (H) ANPA Non
Oportunidade 1. Brecha dixital: apoio para abordar retos (sinerxia concello-centro educativo). (C12-B4) Contorna Non
Oportunidade 2. Colaboración con outras organizacións/entidades da zona e con outros centros educativos para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. (B3) Contorna Non
Oportunidade 1. O equipo directivo coñece a normativa relativa á adquisición de equipamento informático para os centros educativos.(PE4) Lexislación Non
Oportunidade 1. Oferta de actividades formativas por parte de entidades privadas que potencian habilidades dixitais no noso alumando. (G10) Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Análise DAFO.

A partir do Informe SELFIE e TCDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Inclúense as táboas que reflicten as diversas categorías, tanto relativas a aspectos internos (fortalezas e debilidades), como externos (oportunidades e ameazas). Ditas táboas poden consultarse na páxina web do centro, no apartado do Plan Dixital. 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O 01PD Crear un repositorio de recursos dixitais en liña (E2)
O 02 PD Modificar os espazos destinados á aula TIC (ampliación) e renovar o mobiliario da mesma.
O 03 PD Participar no DPC (D2) para mellorar a implementación de novas modalidades de ensino (A3)
O 04 PD Editar e publicar a revista escolar empregando novas estratexias dixitais (A1)

Seguimento

Procedemento

 

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o indicado a continuación:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao finalizar o curso escolar. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre

AVALIACIÓN PROCESUAL: Durante o 1º trimestre levanse a cabo a execución das seguintes accións, relacionadas cos obxectivos propostos no PD:

- Investigación sobre distintas aplicacións, páxinas, e ferramentas que podemos empregar para a creación de recursos dixitais. AO1.1

- Valoración positiva das obras realizadas na aula TIC, para ampliar o espazo da mesma. Aprécianse deficiencias a nivel técnico no cableado, considerando que é preciso unha segunda revisión para melloralo. Infórmase á UAC, emitindo a correspondente incidencia. AO2.1

- Reubícase material da aula TIC e elimínase aquel que non procede. AO2.2

-Solicítase PFPP con dúas liñas de formación: Programa EDIXGAL (centrándonos no apartado de avaliación) AO3.1  e Ferramentas de edición para a elaboración da revista escolar en formato dixital AO4.1

2º Trimestre

AVALIACIÓN PROCESUAL: Durante o 2º trimestre, faise unha nova revisión comprobando que as accións propostas seguen a execución planificada.

- Créase un curso na aula virtual para ir engadindo os recursos dixitais que cada docente considere oportuno. Infórmase da súa existencia a todo o claustro.AO1.2

- Realízanse as dúas sesións de docencia correspondentes á primeira das liñas do PFPP (Edixgal) con datas: 24 de xaneiro e 28 de febreiro. AO3.2

- Realízanse as dúas seións de docencia correspondentes á segunda das liñas do PFPP (Revista dixital) con datas: 7 de marzo e 28 de marzo. AO3.2

.

 

 

3º Trimestre

AVALIACIÓN PROCESUAL: neste 3º trimestre revísase de novo a execución das derradeiras accións contempladas no PD.

- Créase un grupo de traballo para a elaboración e recomplilación de diversos recursos dixitais. Ditos recursos incorpóranse ao repositorio de contidos da aula virtual do centro. Cúmprese o obxectivo referenciado no PD; pero incrementarase o número de recursos engadidos en posteriores versións. AO1.3

- Recíbese no centro unha partida de 17 equipos informáticos dentro do Proxecto Educa Transformación Dixital. Ditos equipos incorporaranse á aula TIC e tamén se usarán para a creación de aulas móviles. AO2.3

- Recíbense no centro 6 paneis dixitais interactivos; que quedan instalados nas aulas de infantil e 1º / 2º de primaria.  AO2.3

- Achega por parte da Consellería, dun armario arquivador para a aula TIC, 4 mesas e 8 taburetes. AO2.3

- Organízanse sesións de traballo conxunto entre o profesorado relativas aos dous itinerarios do PFPP. Datas: 25  e 26 de abril e 9 de maio. AO3.2

- Recompílase o material requerido para a elaboración da revista escolar. Empréganse distintas aplicacións/plataformas dadas a coñecer na formación previa. AO4.2

- Edítase, publícase e difúndese a primeira revista escolar en formato dixital, do noso centro. AO4.3

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realízase unha avaliación final ao rematar o curso escolar.

Dentro desta avaliación valóranse: o grao de consecución dos obxectivos establecidos dentro do Plan Dixital e as propostas de mellora a ter en conta na versión seguinte de dito plan.

Valoración xeral

A valoración xeral da implementación do Plan Dixital foi positiva; tendo en conta que se conseguiron a totalidade das accións previstas con relación aos obxectivos prantexados:

OBXECTIVO 1: Crear un repositorio de recursos dixitais en liña. Grao de consecución  100%

OBXECTIVO 2: Modificar os espazos destinados á aula TIC (ampliación) e renovar o mobiliario da mesma. Grao de consecución 100%

OBXECTIVO 3: Participar no DPC para mellorar a implementación de novas modalidades de ensino. Grao de consecución 100%

OBXECTIVO 4: Editar e publicar a revista escolar empregando novas estratexias dixitais. Grao de consecución 100%

Como aspecto negativo, destacamos a excesiva burocratización en torno  a este plan (e en xeral a todos); restando tempo de dedicación ás tarefas propias da actividade docente. Ademais non existe unha liberación horaria para a elaboración e coordinación do mesmo.

Proposta de mellora

Propostas de mellora:

- Menor nivel de esixencia en canto a trámites burocráticos e administrativos.

- Que as aplicacións nas que introducir os datos estén habilitadas antes da elaboración dos plans; e non "a posteriori" como no caso desta primeira versión do PD. Consideramos que é facer o mesmo traballo por partida dobre.

- Que as axudas (en canto a material se refire) por parte da Consellería; cheguen nun prazo de tempo menor.

- Facer unha redacción dos obxectivos máis concreta.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan.
 

A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022; establece no seu artigo 5.2 que o Plan Dixital será aprobado pola dirección do centro unha vez oído o claustro; debendo ser aprobado polo consello escolar.

Ditas accións levaranse a cabo nos derradeiros claustro e consello escolar do curso; quedando garantida así a difusión do mesmo a toda a comunidade educativa. O plan dixital publicarase na web do centro.