Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos desenvolverase do seguinte xeito:
- Realizarase unha avaliación procesual cunha frecuencia de realización de como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final que se realizará o remate de cada curso educativo. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
- Referente ó primeiro dos obxectivos (O01PD) revisamos os posibles espazos onde xa temos pensado que irán os Polos creativos. Trátase principalmente da aula de Tecnoloxía, Aulas de informática e Biblioteca.
- Referente ó segundo dos obxectivos (O02PD) xa tivo lugar o curso de Formación en traballar por competencias na aula virtual (moodle) e as actividades que fixeron os profesores están subidas á Aula virtual do centro. Ademáis comezamos coa formación relativa a Polos Creativos e IA e contamos xa ter en xaneiro os primeiros materiais educativos.
- No tocante ó obxectivo O01PD xa está feita unha proposta na cal os Polos irán á Aula de Tecnoloxía na súa maioría e outros (equipo de foto) irá á nova aula de Informática.
- Referente ó segundo dos obxectivos (O02PD) xa están acadas tódalas accións que nos propuxemos.
- No tocante ó obxectivo O01PD montaremos este curso unha nova aula de informática con ordenadores ABALAR. Xa hai profesorado formado na maqueta, pero aínda así procederase a facer un PFPP para o vindeiro ano.
- Referente ó segundo dos obxectivos (O02PD) xa están acadas tódalas accións que nos propuxemos.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos desenvolverase do seguinte xeito:
- Realizarase unha avaliación procesual cunha frecuencia de realización de como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final que se realizará o remate de cada curso educativo. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
- Acadáronse a grande maioría dos obxectivos propostos, polo cal a valoración é positiva. Simplemente non se acadou o relativo ós equipos de Polos Creativos porque por razóns externas ó centro ditos equipos non chegaron este curso 23/24.
- O problema é que moito profesorado formado en Polos non é definitivo no centro. Polo que precisarase ou máis formación ou que o que veña estea formado.
Comunicación e difusión
Logo da súa comunicaciòn ao Claustro e Consello Escolar, todas as actuacións relativas o Plan Dixital serán postas en coñecemento da Comunidade Educativa a través de diferentes canles: páxina web, email... co obxectivo de darlle a maior difusión posible para conseguir unha ampla participación e colaboración por parte todos.