Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O seguimento do plan farase a través da análise trimestral de cada acción prevista para a consecución de cada obxectivo proposto. Cada obxectivo xa conta cuns indicadores específicos que axudarán a determinar se o este foi acadado ou se é necesario realizar variacións na formulación destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Este consistirá en realizar unha valoración da acción (9) e a declaración do estado (10) da mesma. Os indicadores de avaliación do plan anualmente serán:
-
Eficacia ou utilidade do plan nos distintos ámbitos.
-
Estrutura organizativa para a elaboración e implementación do plan.
Con data 15 de novembro de 2024 procédese ao cambio de estado do Plan Dixital en Educalidade, pasando de "En elaboración" a "Pechado con seguimento". Na lapela de vixencia do plan, deixouse constancia das datas nas que está previsto que se aprobe nos órganos colexiados:
- Data de aprobación do Consello Social: 29/11/2024
- Data de informe / aprobación do Claustro: 20/12/2024
Non se produciu modificación na celebración destas reunións, polo que esas foron as datas nas que se informou e aprobou o Plan Dixital nos órganos colexiados.
Ao remate do primeiro trimestre o estado de cada un dos obxectivos propostos é o seguinte:
- O01PD. Actualizar a base de datos a disposición dos alumnos de provedores de formación en centros de traballo. En proceso.
- O02PD. Redactar un manual para promover o uso responsable das TIC no centro educativo. En proceso. Fíxose unha labor de documentación e curación de contidos para proceder á redacción do documento no vindeiro trimestre.
- O03PD. Actualizar os contidos da páxina web do centro para mellorar a súa funcionalidade e ofrecer información actualizada sobre a oferta formativa e actividades do centro: En proceso, tendo neste momento identificadas a relación de enlaces e contidos desfasados que cómpre actualizar.
- O04PD. Potenciar a difusión das diferentes oportunidades que presenta a FP a través das redes sociais do centro (Facebook e Instagram): Acadado. Cumpriuse o obxectivo do ano no primeiro trimestre, cunha publicación periódica de post tanto en Facebook como en Instagram sobre diversos asuntos de interese para a comunidade educativa (ACFs realizadas, traballos levados a cabo polo alumnado e proxectos de innovación, entre outros…) polo que se consideran axeitadas as accións realizadas.
- O05PD. Mellorar a capacidade dixital de centro con repercusión no alumnado: Acadado. Chegouse ao número de alumnado a empregar simuladores de realidade virtual no primeiro trimestre. Neste trimestre usaron simuladores un total de 6 alumnas/os dos ciclos formativos da familia profesional de Instalación e Mantemento e 20 alumnas/os da familia de Transporte e Mantemento de vehículos.
- 006PD. Mellorar o engagement da comunidade educativa mediante a difusión de contidos nas redes sociais do centro educativo: En proceso, incrementouse o número de seguidores nas redes sociais do centro, aproximándonos ao valor obxectivo no primeiro trimestre do curso. Estase a publicar contido periodicamente en Facebook e Instagram, o que favorece o compromiso e alcance dos seguidores nas redes.
Avaliación
Os instrumentos usados para a avaliación serán principalmente as enquisas dixitais de satisfacción dirixidas aos distintos usuarios do plan (profesorado, alumnado, familias, ...) e entrevistas informais entre o persoal que participa no desenrolo do propio plan (equipo plan dixital, claustro, coordinador TIC,...). Estableceranse valores aceptables de resultado destas enquisas que serán revisadas polo Equipo do plan dixital para o seu traslado ao Equipo directivo.
Comunicación e difusión
A difusión do plan dixital do centro entre a comunidade educativa realizarase a través dos seguintes medios:
-
A páxina web corporativa.
-
As redes sociais do centro.
-
Abalar Móbil
-
E no caso dalgunhas accións máis concretas, tamén mediante a Aula Virtual.
Sen prexuízo de calquera outra comunicación que deba realizarse a través dos correspondentes órganos de goberno, participación e coordinación do CIFP: Claustro, Consello Social...
Á súa vez as accións concretas que está previsto desenvolver para a consecución dos obxectivos marcados no plan dixital, e que precisen publicidade, teñen asociado o seu propio protocolo de difusión e unha temporalización para ese fin, como se pode observar nas táboas correspondentes recollidas no apartado 3 deste plan dixital.