XUSTIFICACIÓN DO PLAN
Dentro da contextualización normativa en relación co Plan Dixital temos:
• LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132
• Resolución da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso 2024/25
• Resolución pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de FP no curso 24/25.
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO
O alumnado que accede a estudos do noso centro, non procede soamente da cidade de Lugo, senón que gran parte del é da provincia Lugo, e incluso de outras provincias da comunidade. Por todo isto os estudos demográficos e de actividade abarcan toda a provincia, xa que vai a ser a area de influencia do centro.
O Centro Integrado CIFP Politécnico de Lugo, concíbese como unha institución ao servizo dos cidadáns e do sector produtivo e debe servir á cualificación e recualificación das persoas acomodándose as súas distintas expectativas profesionais. O Centro Integrado pretende así mesmo, atender as necesidades de cualificación inmediatas e emerxentes do sistema productivo, ser un referente orientador para o sector produtivo e formativo do seu entorno, facilitar a integración das ofertas de formación profesional e rentabilizar os recursos humáns materiais e dispoñibles.
Dado que o obxectivo primordial do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo é desenvolver accións formativas derivadas da integración das ofertas de formación profesional, dirixidas á poboación demandante, xóvenes, traballadores en activo ocupados e desempregados, que faciliten o aprendizaxe ao longo da vida, ampliar as ensinanzas que imparte debe ser obxectivo prioritario a corto e medio prazo.
O PD estará integrado dentro do Pan Anual da Area de Calidade, Innovación e Orientarión Profesional do centro, o cal forma parte do Plan Anual 24/25.
PROCESO DE ELABORACIÓN
Para a elaboración do Plan Dixital formouse un Equipo de Dinamización do Plan Dixital composto por 5 persoas:
• Responsable do departamento de Calidade
• Vicedirección
• Coordinación Tic
• Coordinación de Formación
• Unha persoa do profesorado
Tendo en conta o DAFO, do primer plan dixital, realizase unha analise do mesmo, e realizase unha actualización do mesmo
Cos resultados do novo DAFO propuxéronse uns obxectivos para acadar no vindeiro curso escolar 24-25.