Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos,
indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución
das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles
modificacións das accións e as propostas de mellora.
Durante o primeiro trimestre levamos a cabo a elaboración do Plan Dixital para o actual curso académico e conformamos o novo grupo TIC do centro, no que cambiaron varios dos seus membros, entre eles a coordinadora.
En canto aos obxectivos, tamén os modificamos ou os cambiamos. O primeiro obxectivo, referido a promover o uso do ABALAR por parte das familias e o profesorado, conseguiuse satisfactoriamente neste trimestre, informando ás novas familias que se incorporan ao centro ao igual que o profesorado novo.
O segundo obxectivo está en fase de selección e creación de materiais para subir á páxina web do centro.
O terceiro obxectivo, referido aos Polos Creativos xunto coa biblioteca, está na fase de formación do profesorado e alumnado. Elaborouse un proxecto anual para o centro utilizando os polos creativos.
En canto ao cuarto obxectivo, estase revisando o inventario feito no centro para actualizalo e gardalo para cando sexa necesario utilizalo ou mostralo se se pide dende algún estamento.
Queda aínda moito que facer nos vindeiros trimestres pero imos no bo camiño.
Durante o segundo trimestre continuamos a traballar no noso Plan Dixital.
En canto aos obxectivos, o primeiro obxectivo, referido a promover o uso do ABALAR por parte das familias e o profesorado, seguese informando ás novas familias que se incorporan ao centro ao igual que o profesorado sustituto que chega ao centro.
En canto ao segundo obxectivo, creamos un curso de recursos e materiais na nosa Aula Virtual onde todo o profesorado pode subir recursos variados e materiais para as diferentes materias.
O terceiro obxectivo, referido aos Polos Creativos xunto coa biblioteca, está na fase de formación do profesorado e alumnado. Elaborouse un proxecto anual para o centro utilizando os polos creativos.
En canto ao cuarto obxectivo, estase revisando o inventario feito no centro para actualizalo e gardalo para cando sexa necesario utilizalo ou mostralo se se pide dende algún estamento.
Durante o terceiro trimestre continuamos a traballar no noso Plan Dixital.
En canto aos obxectivos, o primeiro obxectivo, referido a promover o uso do ABALAR por parte das familias e o profesorado, seguese informando ás novas familias que se incorporan ao centro ao igual que o profesorado sustituto que chega ao centro.
En canto ao segundo obxectivo, creamos un curso de recursos e materiais na nosa Aula Virtual onde todo o profesorado foi subindo pequenas actividades.
O terceiro obxectivo, referido aos Polos Creativos xunto coa biblioteca, rematouse a parte de formación e foronse realizando varias experiencias e actividades para cada unha das formacións. Foi un éxito a participación do profesorado e a súa implicación nela.
En canto ao cuarto obxectivo, continuouse revisando o inventario feito no centro para actualizalo e gardalo para cando sexa necesario utilizalo ou mostralo se se pide dende algún estamento. Quedan pendentes aqueles equipos que chegaron máis tarde e os que están por vir.
Avaliación
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo
unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro
dos obxectivos e as propostas de mellora.
En xeral, a implementación do PD neste curso foi positiva. Practicamente toda a comunidade educativa emprega a plataforma ABALAR, iniciouse a creación dun banco de recursos na aula virtual, realizouse unha boa formación en Polos Creativos...
Para o vindeiro curso quedan pendentes de realizar varias accións como ampliar e empregar o banco de recursos dixitais, creación da comunidade dixital AGUEIRO, por en marcha o aprendido na formación en Polos Creativos. En canto a isto último, precisariase contar cos medios tecnolóxicos para poder elaborar experiencias e actividades co alumnado como radio, cortadora laser, impresora 3D, Chroma, ... Esta sería unha das propostas de mellora para o noso PD.
Comunicación e difusión
Unha vez aprobado polo Claustro e Consello Escolar, comunicarase á Inspección Educativa e
pasará a formar parte da Programción Xeral Anual dos vindeiros cursos.
Para dálo a coñecer a toda a comunidade educativa, este Plan será publicado na páxina web
do Centro.