Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP “Sagrado Corazón” inaugurou as actuais instalacións no presente curso, ubicadas
na R/ Venancio Senra, a escasos douscentos metros das anteriores instalacións, inmerso no barrio
periférico do Sagrado Corazón, na saída natural da cidade cara Asturias.
A situación socioeconómica e cultural vén a estar constituída fundamentalmente por
poboación dedicada ao sector terciario, servizos e funcionariado, cun alto índice de familias
inmigrantes cun nivel socioeconómico medio-baixo.
No centro está creada unha ANPA, á que se lle facilita local no centro para as súas reunións
e actividades. Colabora na realización de diferentes actividades ao longo do curso académico.
As relacións do Centro coas familias ou titores legais do alumnado son fluídas e
respectuosas, recibindo puntualmente información académica e das diferentes actividades que
se realizan, informándoos/as habitualmente sobre a situación académica dos/das seus/súas
fillos/as, atendendo e dando resposta – na medida do posible - ás inquedanzas e suxerencias que
se plantexan.

No Centro particípase en diferentes proxectos e plans de innovación educativa, como:
-Seccións bilingües, dende o curso 2011/2012 en que foi autorizado por primeira vez, no que se
participa co alumnado de 5º e 6º de educación primaria na materia de educación plástica e visual.
-Plan de mellora da biblioteca escolar, incorporados na convocatoria de 2015 para o curso
2015/2016 ( PLAMBE_11)

Proxecto de educación dixital E-DIXGAL, ao que nos incorporamos no curso 2020/2021, que ten
por obxecto favorecer o desenvolvemento de proxectos integrais de educación dixital.
-Programa educativo Recupera-t, participando nos últimos anos, e que neste curso nas
modalidades de ARCO e PROA+

Este Plan Dixital incorporarase á PXA do vindeiro curso 2022/2023 xunto cos demais Plans
e Proxectos que se levarán a cabo no centro. Enténdese como un instrumento que debe favorecer
e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe coma no resto dos
procesos de xestión do centro, sempre co último obxectivo de colaborar no desenvolvemento
integral do alumnado. Por esta razón integrarase no PEC, na Programación Xeral Anual e co resto
dos plan e proxectos que se desenvolven no centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

SELFIE E TEST CDD

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 4. O alumnado non aprende a resolver problemas técnicos que se presentan ao utilizar as tecnoloxías dixitais (H13) Alumnado Si
Debilidade 1. O alumnado non pode levar a cabo comentarios sobre o traballo dos seus compañeiros. (G6 Alumnado Si
Debilidade 2. O alumnado aprende a crear contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Debilidade 3. Non se garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias (H10) Alumnado Si
Debilidade 1. No noso centro o alumnado non pode levar os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases (C13) Familias Non
Debilidade 2. Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3) Familias Si
Debilidade 2. Escaso uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado, agás aulas E-dixgal. (G1) Infraestruturas Si
Debilidade 3. Os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais pero carécese de aula de informática para traballo grupal e da correspondente dotación(C14) Infraestruturas Si
Debilidade 1. A infraestrutura dixital das aulas E-dixgal e espazos comúns non é adecuado para desenvolver procesos de ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1) Infraestruturas Si
Debilidade 1. Non existe unha estratexia dixital (A1) Organización de centro Si
Debilidade 2. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital (A4) Organización de centro Si
Debilidade 4. Os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais pero carécese de aula de informática para traballo grupal e da correspondente dotación(C14) Organización de centro Si
Debilidade 3. No noso centro non empregamos o uso das TIC para colaborar con outros centros (B4) Organización de centro Si
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital (A4) Persoal docente Si
Debilidade 2. Baixo desenvolvemento profesional a través de redes profesionais da formación interna (DPC4) Persoal docente Si
Debilidade 5. O profesorado usa as tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida reflexionar sobre asúa aprendizaxe. (G5) Persoal docente Si
Debilidade 3. Carga lectiva elevadísima (D) Persoal docente Si
Debilidade 4. Formación ofrecida pola administración improdutiva por excesiva burocracia e traballo extra que non axudan a formarnos (D1-D2-D3) Persoal docente Si
Fortaleza 1. O alumnado aprende a actuar con seguridade e responsable en internet (H1- H3) Alumnado Si
Fortaleza 2. O alumnado aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa (H4) Alumnado Si
Fortaleza 3. Existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise fóra do equipamento E-dixgal (C8-C10) Alumnado Si
Fortaleza 4. O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet (H6) Alumnado Si
Fortaleza 5. O alumnado aprende a dar crédito ao traballo doutras persoas que atoparon en internet (H6) Alumnado Non
Fortaleza 1. Dispoñemos de servizos educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia, correo electrónico corporativo...) para difundir información sobre o centro educativo virtual e participamos en actividades formativas individuais organizadas pola Administración educativa para actualizar as competencias dixitais do profesorado (PE1). Infraestruturas Si
Fortaleza 2. Promóvese o uso de software libre e a participación en actividades de formación axustándose ás nosas necesidades (PE2-PE3) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. O equipo directivo coñece a normativa en materia de adquisición de equipamento informático dos centros educativos (PE4) Infraestruturas Non
Fortaleza 6. Asistencia técnica, didáctica e mentorización no propio centro por docente do centro competente dixitalmente disposto a desenvolvela coa liberación horaria correspondente (C5). Infraestruturas Si
Fortaleza 4. Somos coñecedores das vantaxes do software libre no ámbito educativo e dispoñen e facemos uso deste tipo de ferramentas no centro se se adaptan ás nosas necesidades (PE5) Infraestruturas Si
Fortaleza 5. No centro hai dispositivos dixitais que poido empregar no meu traballo docente (C2). Infraestruturas Si
Fortaleza 7. Existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise fóra do equipamento E-dixgal (C8-C10) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (C14) Organización de centro Si
Fortaleza 1. Baixo desenvolvemento profesional a través de redes profesionais da formación interna (DPC4) Organización de centro Si
Fortaleza 2. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais só en aulas E-dixgal - servizo premium (C5) Organización de centro Non
Fortaleza 3. Comentamos vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas TIC(B2) Persoal docente Si
Fortaleza 12. Valoramos as competencias dixitais que o alumando desenvolveu fóra do centro educativo (G10) Persoal docente Si
Fortaleza 1.Baixo desenvolvemento profesional a través de redes profesionais da formación interna (DPC4) Persoal docente Si
Fortaleza 2. No noso centro avaliamos o noso progreso no ensino e aprendizaxe coas TIC (B1) Persoal docente Non
Fortaleza 6.O profesorado emprega entornos virtuais de aprendizaxe co alumnado (E3) Persoal docente Si
Fortaleza 7. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo e usamos recursos dixitais en aberto (E4-E5) Persoal docente Si
Fortaleza 4.A infraestrutura dixital das aulas E-dixgal e espazos comúns é adecuado para desenvolver procesos de ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1 Persoal docente Si
Fortaleza 5.Facilidade para crear recursos en liña (E2) Persoal docente Si
Fortaleza 9.Uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado en aulas E- dixgal. (G1) Persoal docente Non
Fortaleza 8. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado: fomentar a creativivade, motivación, colaboración e traballo interdisciplinar (F1-F3-F4-F5-F6). Persoal docente Si
Fortaleza 10. O profesorado emprega as tecnoloxías dixitais para proporcionar unha retroalimentación adecuada aos estudantes. (G3) Persoal docente Si
Fortaleza 11. Facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe e empregamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe (G8- G9) Persoal docente Si
Fortaleza 13. Somos conscientes e coñecedores das diferentes modalidades formativas para o profesorado: presencial, en liña, a través da cooperación e programas acreditados (DPC1-2-3-6-8) Persoal docente Si
Fortaleza 14. O profesorado conta co apoio do equipo directivo á hora de probar novas formas de ensinar con tecnoloxías dixitais (A3) Persoal docente Si
Fortaleza 17. Recibimos axuda do equipo directivo para utilizar as tecnoloxías dixitais con fins de avaliación (G7). Persoal docente Si
Fortaleza 18. Usamos e somos conscientes das vantaxes de empregar a tecnoloxía con solvencia para a preparación das clases, impartición de clases, retroalimentación, apoio e comunicación (SMT1-2-3-4) Persoal docente Si
Fortaleza 16. Facilidade para buscar recursos en liña (E1). Persoal docente Si
Fortaleza 15. Formación dixital continua no propio centro (D1-D2-D3). Persoal docente Si
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Cambios lexislativos constantes (A-D-F-G) Administración educativa Si
Ameaza 3. Ausencia de orientación-asesoramento interno e de visitas de estudo (DPC5-7) Administración educativa Si
Ameaza 2. Ratios elevados (F-G-H) Administración educativa Si
Ameaza 4. A infraestrutura dixital das aulas E-dixgal e espazos comúns noné adecuado para desenvolver procesos de ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais (C1) Administración educativa Non
Ameaza 5. Non existen, no noso centro, repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino e aprendizaxe, agás aulas E- dixgal(C16) Administración educativa Si
Ameaza O noso alumnado non aprende a codificar ou programar (H11) ANPA Si
Ameaza 2. Non temos un plan para axudar aos profesores a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica (C12) Contorna Si
Ameaza 1. Escaso equipamento dixital no fogar e escaso uso da tecnoloxía no fogar con fins educativos (UTIC1-3) Contorna Si
Ameaza 1. Imposibilidade de mercar tecnoloxía con recursos propios axeitada ás nosas necesidades (A1) (PE4) Lexislación Si
Ameaza 2. Carga lectiva elevadísima (D) Lexislación Si
Ameaza 3. Formación ofrecida pola administración improdutiva por excesiva burocracia e traballo extra que non axudan a formarnos (D1-D2-D3) Lexislación Si
Ameaza Non existe colaboración con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais (B3) Outras Si
Oportunidade 2. A asistencia técnica está dispoñible no noso centro cando xurdan problemas coas tecnoloxías dixitais só en aulas E-dixgal - servizo premium (C5) Administración educativa Non
Oportunidade 1.Acceso a internet en todas as aulas tanto por ethernet como por wifi (C3) Administración educativa Si
Oportunidade 3. Os espazos físicos facilitan o ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (C14) Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de actividades extraescolares relacionadas coas TICs ANPA Si
Oportunidade 1. Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna (B-E) Contorna Non
Oportunidade 2. Contamos con medidas para identificar as dificultades que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico (C11) Contorna Si
Oportunidade 1. No centro lévase protocolo de protección de datos (C7) Lexislación Si
Oportunidade 2. No noso centro respectamos os dereitos de autor (A5) Lexislación Si
Oportunidade Creación de canles colaborativas e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna (B-E) Outras Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a comunicación titor-familia empregando todos os recursos que ofrece ABALAR (A2)
O02PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI e EP (E2)
O03PD Desenvolver proceso de ensino aprendizaxe cos distintos cursos no Espazo Maker da biblioteca (F6)
O04PD Reorganizar os horarios do profesorado para dispoñer de horas para elaborar as actividades TIC do centro. (C)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos,
indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución
das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles
modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo
unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro
dos obxectivos e as propostas de mellora.

1º Trimestre
2º Trimestre
3º Trimestre

Dado ao longo periodo de IT da persoa coordinadora do centro, só se puido cumplir algún dos obxectivos previstos, tal e como reflectimos na avaliación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos,
indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como
mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución
das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles
modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo
unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro
dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 En canto aos obxectivos previstos foron acadados cun grado de satisfacción medio o de "Mellorar a comunicación titor-familia empregando todos os recursos que ofrece ABALAR" e o de "Desenvolver proceso de ensino aprendizaxe cos distintos cursos no Espazo Maker da biblioteca"    

E os obxectivos de "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente na etapa de EI e EP" e o de "Reorganizar os horarios do profesorado para dispoñer de horas para elaborar as actividades TIC do centro" non foron acadados por a longa incapacidade temporal da persoa coordinadora. 

Proposta de mellora

Reorganizar os horarios para a dispoñibilidade do profesorado do equipo TIC para realizar un plan axeitado de traballo ao longo do vindeiro curso escolar.

Facer un banco de recursos útil para todos os cursos deste centro escolar que estará a disposición de todo o profesorado e alumnado na Aula Dixital do CEIP Sagrado Corazón.

Elaborar no Espazo Maker un programa de actividades e proxectos para todos os cursos. Para o que haberá que organizar uns horarios de dispoñibildade do espazo para cada unha das aulas.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Claustro e Consello Escolar, comunicarase á Inspección Educativa e
pasará a formar parte da Programción Xeral Anual dos vindeiros cursos.
Para dálo a coñecer a toda a comunidade educativa, este Plan será publicado na páxina web
do Centro.