Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
O noso Plan Dixital vai segundo o establecido para este 1º trimestre, no que se refire aos obxectivos e accións poden comprobarse o seu estado de execución en cada unha delas.
O noso Plan Dixital vai segundo o establecido para este 2º trimestre, no que se refire aos obxectivos e as accións, pode comprobarse o seu estado de execución en cada unha delas.
Ao longo deste 3º trimestre fixemos un traballo técnico de rematar de deixar o Centro actualizado no que a equipos, conexións e rede. No que se refire a espazos, acondicionados a obsoleta Aula de Informática en recuncho para recibir e traballar no futuro co material de Polos Creativos, ademais, recibimos formación coas diferentes sesións, aínda que non é suficiente ao non dispoñer das ferramentas necesarias. Queda pendente realizar un Protocolo adaptado á realidade do Centro.
Avaliación
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando: no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Os aspectos máis salientables a destacar do noso Plan Dixital son os avances en tema de conectividade, rede, renovación de equipos, outros aspectos que quedan pendentes son os equipamentos de Polos Creativos, aínda que dispoñemos dos espazos acondicionados para elo.
No que ten que ver coa formación e uso aula virtual e novas ferramentas de ensino-aprendizaxe o profesorado está moi implicado, e crea, realiza e traballa dunha maneira creativa co alumnado para explotar os talentos de cada alumna/o.
Rematar coa elaboración do Protocolo adaptado á realidade do Centro e equipar o Centro coas ferramentas de Polos Creativos e seguir recibindo formación, para estar actualizados e seguir completando cada un dos membros do Claustro a súa Acreditación da Competencia Dixital Docente a través dos 6 niveis dos que consta.
Comunicación e difusión
Dada a transcendencia do Plan Dixital, é moi importante que toda a Comunidade Educativa sexa coñecedora da existencia del e ademais do procedemento e secuenciación da súa posta en marcha. Entendemos que calquera Plan no eido educativo, incide en moitos máis aspectos ca os referidos ao recinto escolar, polo que todos/as os/as axentes que poidan ter relación co medio familiar e da contorna do alumnado, han de ser non só coñecedores senón tamén participantes directos no desenvolvemento del. Deste xeito para a súa difusión, empezaremos pola lectura pausada e interpretativa do que supón este Plan dentro do Claustro de mestres e mestras. Por outra parte será o Consello Escolar quen en definitiva o aprobe e como órgano no que participan tanto mestres/as, pais/nais, representante do Concello e persoal non docente, tamén será un medio que contribúa á súa difusión. Os medios de difusión masivos como poden ser a web do centro ou os que están dentro da Rede Corporativa da Xunta como o espazo Abalar tamén servirán para que ninguén se quede sen coñecelo.