Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Dos sete obxectivos que contempla o presente Plan Dixital, coas súas respectivas accións, foi necesario pospoñer a consecución de catro accións correspondentes aos obxectivos: 1, 3 e 6 (AO1.1, AO3.3, AO3.4 e AO6.1). Isto debeuse principalmente á apretada axenda escolar e aos imprevistos que xorden e que son prioritarios. Con todo, a previsión é que no mes de febreiro todas estas accións queden pechadas e conseguidas.
Ata o de agora os resultados obtidos están a ser satisfactorios; aínda que non puidesemos seguir a temporalización proposta inicialmente.
Neste trimestre non modificaremos ningunha acción do noso PD e, como proposta de mellora, tentaremos ser máis coidadosos á hora de realizar as temporalizacións.
Ao longo deste trimestre atopámonos cun denominador común en relación co estado da execución das accións. Así, moitas delas acadáronse tras telas que pospoñer, tal foi o caso da AO1.2, AO3.3, AO3.4, AO4.3 e AO6.1. O motivo principal de non lograr executar estas accións a tempo foron: o cálculo desacertado do tempo necesario para conseguir pór en práctica as accións e o gran número de reunións e de equipos de traballo que temos no Centro.
Por outra banda, os resultados non foron plenamente satisfactorios; xa que algúns profesores, os menos, non demostraron todo o interese desexado para elaborar os materiais dixitais libres propostos, así como as actividades dixitais para o alumnado con necesidades educativas especiais. Por iso, houbo que insistir para que todos colaborasen e, aínda así, non se logrou o 100% de compromiso.
Neste 2º trimestre non se modificou ningunha das accións correspondentes aos 7 obxectivos do noso PD; somentes pospuxemos prazos para poder conseguir as metas propostas.
Por último, dicir que a principal proposta de mellora en relación co traballo realizado neste trimestre podemos expresalaa en dous enunciados: debemos ser máis xenerosos coa temporalización dos obxectivos, é dicir, debemos establecer intervalos de tempo máis amplos para acadalos; e debemos reducir o número de accións e/ou obxectivos a lograr, co gallo de non saturar ao persoal docente con máis traballo, e de investir o noso tempo realizando traballo de calidade, e non de cantidade, que nos permita mellorar a dixitalización no noso centro ao tempo que o profesorado e o alumnado adquire tamén unha maior competencia dixital.
Ao longo deste trimestre traballamos sobre seis dos sete obxectivos que configuraban inicialmente o PD do noso Centro. Non obstante, cómpre sinalar que a Dirección Pedagóxica decidiu, na última avaliación, pospoñer a consecución do obxectivo 7 para o vindeiro curso. Ademais, tamén debemos destacar que os obxectivos 5 e 6 somentes se acadaron parcialmente, o que supón que o ano que vén rescataremos estes obxectivos e as súas accións para poder acadalos, pois consideramos que son de gran importancia para o proceso de ensino-aprendizaxe.
Nas seguintes liñas, faremos o seguimento pormenorizado dos obxectivos e das accións correspondentes ao presente trimestre.
Obxectivo 1: Implementar o ensino mixto en todas as etapas educativas. Estado: Acadado.
AO1.2 Crear os materiais dixitais necesarios para unha ou dúas sesións de traballo. Neste caso debemos indicar que se retrasou o inicio da elaboración dos contidos dixitais de marzo para abril.
AO1.3 Utilizar os materiais creados no proceso de ensino en diferentes sesións de aula. Unha parte importante do profesorado puxo en práctica os materiais creados durante o mes de xuño, sendo utilizados como actividades de reforzo, consolidación e ampliación de contidos.
Obxectivo 3: Promover o desenvolvemento profesional continuo. Estado: Acadado.
AO3.4 Elixir a acción formativa que mellor lle conveña a cada profesor segundo os seus intereses. Esta acción pospúxose de decembro a xaneiro e febreiro, e no mes de maio os profesores comunicaron cal foi a formación realizada no presente curso ou a que aínda estaban a cursar.
Obxectivo 4: Formarse no espazo de aprendizaxe de Polos creativos. Estado: Acadado.
AO4.3 Elixir e realizar a acción formativa que mellor se adapte á aprendizaxe do maior número posible de espazos nos Polos creativos. Aínda que esta acción estaba planificada para os meses de decembro e xaneiro, foi o 31 de maio cando o profesorado finalizou a devandita formación.
Obxectivo 5: Deseñar, executar e avaliar actividades para o alumnado de ESO na plataforma Alexia Classroom. Estado: Parcialmente.
AO5.2 Elaborar e executar algunha actividade a través da plataforma Alexia Classroom para consolidar, reforzar ou ampliar os coñecementos do alumnado. Neste caso, somentes foron elaboradas e executadas 5 actividades das 15 que se esperaban realizar na plataforma Alexia Classroom. Non obstante, durante a sesión do claustro de fin de curso, varios profesores manifestaron telas realizado; pero olvidaron comunicalo para podelas evidenciar.
Obxectivo 6: Adaptar o proceso de ensino ás necesidades de aprendizaxe do alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE). Estado: Parcialmente.
AO6.2 Deseñar e poñer en práctica actividades dixitais libres para os alumnos con máis dificultades no marco do DUA (Deseño Universal para a Aprendizaxe). Aínda que o deseño das actividades comezou tal e como estaba previsto no mes de xaneiro, somentes se puido evidenciar a elaboración e a posta en práctica cos alumnos de catro actividades das dez que figuraban para acadar o presente obxectivo.
Obxectivo 7: Desenvolver proxectos/actividades colaborativas na etapa da ESO e en 5º e 6º de Educación Primaria empregando editores de texto. Estado: Pendente
AO7.2 Desenvolver os diferentes proxectos ou actividades colaborativas co alumnado. Como xa indicamos ao comezo deste seguimento, a consecución deste obxectivo pospúxose para o vindeiro curso.
Como proposta de mellora, evidénciase que tivemos bastantes dificultades para respectar os tempos marcados na planificación; por iso, para o vindeiro ano, intentaremos axustar mellor os tempos e non facer un PD tan ambicioso, senón con obxectivos máis plausibles e realistas.
Avaliación
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
A valoración xeral do Plan Dixital do noso Colexio para este curso 2023-2024 foi somentes satisfactoria; xa que aínda que acadamos na súa totalidade catro dos sete obxectivos do Plan, foron dous os que se acadaron parcialmente e un terceiro que houbo que pospoñer para o seguinte curso. Con todo, o claustro de profesores considera que demos un paso importante no fortalecemento da dixitalización no noso Centro Educativo.
Propoñemos os que se citan deseguido para o vindeiro curso académico:
1º. Evidenciar máis do 95% das accións propostas para o curso 2024-2025.
2º. Adquisición por parte do profesorado dun maior dominio de programas para crear REA (Recursos Educativos Abertos).
3º. Superar o número de certificacións en competencia dixital dos alumnos de 4º de ESO acadados no presente curso, que foron somentes dúas.
4º. Recuperar e abordar os obxectivos do presente curso cuxo estado foi parcialmente conseguido ou pendente.
5º. Idear un protocolo de actuación común para todo o profesorado que imparta clases a alumnos que usan o Chromebook, para aumentar o control ao acceso a páxinas non axeitadas, así como a existencia de contas paralelas e outras dificultades similares.
6º. Aumentar a avaliación do alumnado a través de medios dixitais.
7º. Aumentar o número de profesores participantes na realización de REA (Recursos Educativos Abertos).
Comunicación e difusión
O plan dixital 1.0 colgarase na páxina web do centro para que toda a comunidade educativa que o desexe poida acceder a el.
Ademais, o plan dixital do curso actual poderase consultar na seguinte ligazón: