Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Na Lei Orgánica 2/2006 establécese a promoción das TIC como medio apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe.

Tamén a Resolución de 17 de xuño de 2021 contempla que o uso das TIC como recurso didáctico será unha das medidas metodolóxica que favorezan o pleno desenvolvemento de todo o alumnado.

Na Resolución do 3 de Setembro de 2021 insístese na necesidade de “promocionar e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, dende aqueles relacionados con cuestión organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe.”

 

Contextualización. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O centro imparte Educación Infantil, Educación Primaria e ESO

O alumnado procede maioritariamente da zona rural dos concellos de Láncara, O Páramo e o Corgo. Dispón de servizos de comedor e transporte escolar.

A actividade económica da zona, ademais da gandeira e agrícola vinculase a industria da venda de mobles, na que existen diferentes empresas de certa importancia.

A propia Consellería nos califica coma un centro educativo situado nun contexto socio-económico medio-baixo, adicándose as familias do noso alumnado a traballar no sector terciario ou nas industrias dos Concellos limítrofes. En moitos casos hai, ademais, unha agricultura e unha gandería de autoconsumo.

No aspecto sociocultural, a formación académica das familias presenta un nivel predominante de estudios básicos, ás veces incompletos, se ben a tendencia dos últimos anos é a dunha progresiva mellora da situación.

Sen desprezar a progresión sociocultural do noso entorno, o dia a dia nos sitúa ante familias, cunha concepción da escola na que predomina mais o servizo publico que o seu carácter educativo; isto provoca que moitas veces a relación familia-escola non sexa a desexada e que moitas familias apenas teñan presenza coma parte activa da comunidade educativa.

Ó noso centro acoden alumnos e alumnas dos concellos de Láncara, O Corgo, O Páramo e algunha parroquia do concello de Sarria. Adscrito a este centro está soamente o CEIP do Páramo, xa que as numerosas escolas unitarias da zona foron integrándose no centro ata o ano 2008.

Hai unha proporción bastante equilibrada entre nenos e nenas e teñen como lingua materna o galego nun 80%. Hai unha relación moi directa entre os resultados escolares do alumnado e o nivel cultural das familias; así, no seo de familias cunha composición estable e nivel cultural medio ou medio-baixo, prodúcense resultados escolares satisfactorios de rendemento escolar, do mesmo xeito que o alumnado con dificultades de aprendizaxe está adscrito a unha clase social baixa ou moi baixa, con problemas de estabilidade que supoñen carencias afectivas e de estímulos ambientais para os nenos e nenas.

O absentismo escolar non representa problema algún no centro. A elo contribúe sen dubida o feito de que a maior parte do alumnado utilice o transporte escolar do centro a diario.

A estrutura das familias do noso alumnado responde a tipoloxía na que conviven pais, fillos e avós en moitos casos; tamén se aprecia que os fillos polo xeral non pasan de un o dous, o que conleva que nos últimos anos exista un descenso significativo da natalidade coa consecuencia lóxica dun descenso da matrícula do centro. En xeral tratase dun alumnado de ámbito rural, provinte de varios pobos moi pequenos e espallados pola zona, con un núcleo de poboación único, a Pobra de San Xiao.

 

Proceso de elaboración

A redacción do Plan Dixital foi froito da colaboración e o traballo de todo o equipo de Dinamización do Plan Dixital, con reunións periódicas, aproveitando a estimable axuda e seguindo as directrices marcadas desde a coordinación da zona Adix Lugo2.

Os integrantes actuais do equipo de Dinamización do Plan Dixital son: Carlos Carballo Sieiro, Raquel Estéve López, María Victoria Fernández López, Benjamín Muras Geada e José Antonio Domínguez Arias (coordinador).

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para xerar a análise DAFO empregáronse como instrumentos de recollida de información o informe SELFIE e o test de competencia dixital docente (TCDD).

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non concienciado da importancia da recuperación das materias pendentes. O seu uso das TIC's ten que ver máis co ocio que coa aplicación práctica no seu día a día académico. Alumnado Non
Debilidade Horarios de traballo moitas veces non compatibles con actividades abertas do centro. Familias pouco participativas no día a día do centro e en moitos casos con escaso interese sobre a actividade académica do alumnado. Familias Non
Debilidade A antigüidade dunha parte dos equipos, obriga a unha labor constante de mantemento. Equipamentos mal empregados e con un funcionamento deficitario. Mantemento dos equipos e periféricos moi complexo polo alto número de incidencias. TokApp de centro para a comunicación inmediata coas familias e profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade A maioría do alumnado e transportado o que dificulta a organización de actividades fora de horario. Oferta Non
Debilidade Os programas de recuperación de pendentes dan pouco resultado. Métodos de avaliación tradicionais que dificultan o uso das rúbricas. Insuficiente acondicionamendo dalgún espazo as características do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade Uso de metodoloxías tradicionais e acomodación. Formación básica dos profesores en competencias dixitais. Reticencia a introducir novas formas de organización e metodolóxicas. Este Plan estaría elaborado por 6 persoas cando o claustro está composto por 34. Desgaste que supón estar ¿convencendo¿ continuamente a profesionais que non cren moito en elo. O medo ó uso das novas tecnoloxías, ó descoñecido ou ó que non podes controlar e que supón un esforzo, provoca inmobilismo. Escéptico á innovación educativa e ó uso das TICs. Deficiente en competencia dixital. Falta de autoavaliación do profesorado. Escasa formación en didácticas emerxentes. Non asume a importancia pedagóxica do aprendizaxe por competencias, polo que se traballan mal ou se enmascaran. Prioriza a ensinanza de contidos. Persoal docente Non
Debilidade Coa excepción da admistrativa, o resto do persoal non docente e pouco propenso a integrar as novas tecnoloxías no seu día a día. Comunicación deficiente coa administración cando se precisan substitucións. Persoal non docente non ten conta corporativa nin acceso a ferramentas da administración. Persoal non docente Non
Fortaleza Porcentaxe alta de alumnado da ESO que obtén titulación. No centro estudan alumnos de outras nacionalidades. Escasa conflitividade, o que permite dedicar tempo a outras actividades. Ratio de alumnado por aula non elevado. Alumnado Non
Fortaleza Boa relación co profesorado e alumnado. Moitas familias mostran ilusión e vontade de participar e implicarse na vida do centro. Familias Non
Fortaleza Equipamento a nivel de aulas: conexión a internet, ordenador de aula, proxector e EDI. Aula Virtual (plataforma Moodle) en 1º, 2º e 3º Primaria (en 3º só por parte do profesorado) e Secundaria. Uso de EDIXGAL en 6º de Primaria e 1º ESO. Aula de informática dotada con 20 ordenadores. Ordenadores para o profesorado que imparte en cursos EDIXGAL. Plataforma ABALAR para o seguimento dos alumnos por parte das familias. Páxina web, que se emprega para facer públicas e visibles desde as programacións de materias e de departamentos didácticos ata actividades realizadas polo alumnado. WIFI mellorada e recentemente ampliada Infraestruturas Non
Fortaleza A oferta educativa do centro integra tres etapas educativas con necesidades moi diferentes. Moitas actividades extraescolares e moi variadas. Participación do alumnado en proxectos en liña. Oferta Non
Fortaleza Varias persoas do centro solucionan problemas técnicos e reparan en ocasión equipos informáticos. Transparencia na xestión económica do centro. Consello Escolar activo. Cóntase con representantes de pais/nais e de alumnos. Centro dinámico na proposta de novas actividades. Pouco absentismo escolar. Estabilidade do equipo directivo. Bastante profesorado con destino definitivo no centro. Organización de centro Non
Fortaleza En xeral, moi boa relación entre o profesorado. Concienciación do equipo directivo da importancia do uso das TIC e da realización dun Plan Dixital de centro real e práctico. Cultura de traballo en equipo, o que facilita a realización de proxectos interdisciplinares. Claustro con inquietudes, con membros partidarios de innovacións pedagóxicas. Iniciouse o traballo con ABP e aprendizaxe cooperativa nos grupos de educación infantil e por parte dun grupo reducido de profesores en Educación Primaria. Persoal docente Non
Fortaleza Administrativa do centro con boa formación e disposición para o traballo coas TIC's. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A burocracia excesiva e o papeleo restan enerxías e gañas. Administración educativa Non
Ameaza ANPA con pouco apoio das familias. Falta de sintonía entre algúns membros da ANPA e o equipo directivo. ANPA Non
Ameaza Ausencia dun pacto pola educación e sensación de que calquera cambio de goberno traerá novas modificacións lexislativas coma leva pasando dende fai máis dunha década. Lexislación Non
Oportunidade Mellora na competencia dixital para transformar os centros de ensino. Administración educativa Non
Oportunidade Membros da ANPA mostran ilusión e vontade de participar e implicarse na vida do centro. ANPA Non
Oportunidade "Imaxe" de modernidade e continua renovación ante as institucións. Crear relacións coa sección de Cultura do Concello da localidade para elaborar proxectos comúns. Participación en proxectos colaborativos que se establecen entre centros educativos a través das redes sociais. Contorna Non
Oportunidade Ampla oferta en plans e proxectos dende a Consellería de Educación (Plan Proxecta, Contratos-programa, Erasmus+, etc.). Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da ferramenta AbalarPro (teléfono móbil) Espazo Abalar (ordenador) como medio de información académica coas familias
O02PD Colaborar con outras entidades (Cruz Vermella, Garda Civil,...) para desenvolver a competencia dixital dos alumnos.
O03PD Solicitar á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a actualización ou reposición do hardware obsoleto e/ou estragado
O04PD Difundir os Polos Creativos na comunidade educativa e en especial entre os docentes, recompilar manuais e experiencias pedagóxicas para o uso dos materiais que se reciban.
O05PD Promover o uso da aula virtual do centro por parte do profesorado de ESO no uso do bloque de cualificacións

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente farase un seguimento das accións de cada obxectivo e se resumirán neste bloque.

1º Trimestre

Desenvolvéronse todas as accións previstas para o primeiro trimestre.

2º Trimestre

Desenvolvéronse todas as accións previstas para o segundo trimestre agás o 5º obxectivo

3º Trimestre

Desenvolvéronse parcialmente as accións previstas para o terceiro trimestre agás o 4º e o 5º obxectivo

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha vez ao ano, valorarase o logro dos obxectivos e incluiranse propostas de mellora.

Valoración xeral

En xeral, a colaboración foi boa. Desenvolvéronse todos os obxectivos agás o 4º e o 5º.

Proposta de mellora

Desenvolver o vindeiro curso os obxectivos que quedaron aprazados e continuar impulsando as competencias dixitais do alumnado e o profesorado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A través da páxina web do Centro publicitaráse o link do Plan Dixital:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27005913