Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación á normativa vixente.

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/200, de 3 de maio, de Educación

  • Artgo 111 bis. TICs. No que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das TICs.
  • Artigo 121. Proxecto educativo. No que se establece que o PEC recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.
  • Artigo 132. Competencias do director ou directora. Entre outras, promover a innovación educativa.

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021/22.

  • Disposición adicional quinta. Plan dixital de centro. Os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xerak de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/22

Contextuaización e contribución ó PEC

  • Dadas as características xeográficas e socioeconómicas do concello, no que a maior parte da poboación activa traballa no sector primario, sendo a gandería a principal actividade, as novas tecnoloxías aínda non teñen a presenza desexada nos domicilios do noso alumnado, non contando aínda o 100% das familias cunha conexión a Internet de calidade. Non obstante, apréciase unha grnade melloría des a posta en marcha das Aulas Abalar en 2010, datas nas que a porcentaxe de familias con conexión a Internet era arredor do 50%.
  • O CPI Dr. López Suárez é centro é centro Abalar de primeira fase desde 2010. A satisfación mostrada en xeral polas familias, alumnado e profesorado involucrado no Proxecto E-Dixgal (implantado no centro desde 2014) propiciou a adhesión posterior ó Prxecto E-Dixgal, primeiro en 1º e 2º de ESO e, no curso 2021/22, a 3º e 4º de ESO, como unha evolución lóxica na traxectoria das novas tecnoloxías coas que o noso centro educativo se domprometeu.
  • O PD debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o PEC e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios
  • O PD contribuirá á PXA do curso 2022/23 en tódolos aspectos de funcionamento do centro

Proceso de elaboración

O deseño do Plan Dixital de Centro ten como obxectivo recoller as ideas principais, determinar as prioridades e establecer os niveis de planificación (programas, proxectos e/ou accións) que marcarán o plan de traballo do Centro no seu proceso de cambio de mellora. Así mesmo, a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implementación do PD de Centro é clave, tanto pola visión global que pode achegar, como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderados distribuídos que permitan o cambio atendendo a procesos democráticos.

O PD debería permitir á comunidade educativa:

  • Visualizar onde quere que chegue o centro
  • Entender onde está actualmente
  • Trazar o camiño que leve dun estado ó outro

Para iso, partimos da análise DAFO. Fixándonos nas debilidades mostradas, establecemos uns obxectivos a alcanzar no curso 2022/23, cuns indicadores que nos indicarán o grao de consecución dos memos, coas accións necesarias para logralos, así como os responsables de levalas a cabo dentro dunhas datas límite establecidos. Unha vez redactado este PD, corrixido e logo aprobado polo Conselle Escolar, oído o Claustro, deberá ser aplicado no curso 2022/23.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes (diversas aportacións feitas por membros do Claustre de Profesores), o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade UTIC 3. Infrautilización dos recursos dixitais para a aprendizaxe fóra do centro. Alumnado Non
Debilidade G5.G6- Escasa participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación, empregando ferramentas dixitais. Alumnado Si
Debilidade A2. Necesidade dunha maior concreción dunha estratexia dixital do centro e plan de avaliación do mesmo. Organización de centro Si
Debilidade DCP7. Pouco interese en parte do profesorado por unha formación dixital externa ó entorno docente. Persoal docente Si
Debilidade B3-. Escasa participación do profesorado en redes colaborativas. Persoal docente Non
Debilidade G1- Non aproveitamento total dos recursos dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade B2. Non correspondencia entre a inquietude e iniciativa e o máximo aproveitamento de tódolos recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza H3. Información e formación do alumnado no uso responsable das ferramentas tecnolóxicas e dixitais. Alumnado Si
Fortaleza 1. Ampla experiencia do centro nos proxectos Abalar e E-dixgal, o que contribuiu de forma importante ó desenrolo das competencias dixitais do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza A5-. O alumnado coñece, de forma aceptable, a política de uso das licenzas Creative Commons para a creación de contidos dixitais propios, así como a priorización do uso de software libre. Alumnado Non
Fortaleza PE.3-. Cada vez máis as familias empregan os recursos dixitais para a comunicación co centro. Familias Non
Fortaleza C2-. Boa dotación de equipamento tecnolóxico, tanto nas aulas como nas salas do profesorado, así como nas dependencias de xestión. Infraestruturas Si
Fortaleza C5-. Boa coordinación TIC, e boa asistencia e resolución de incidencias técnicas, así como soporte continuado ás necesidades de formación dixital do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza C3-. Non hai problemas de conectividade interna. Infraestruturas Si
Fortaleza C8, C10-. Dotación dixital xestionada ou facilitada polo centro para todo o alumnado para o seu uso, tanto entro como fóra do horario lectivo. Infraestruturas Si
Fortaleza P1. Páxina web actualizada con completa información do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Participación do centro en proxectos educativos do ámbito tecnolóxico e dixital desde os primeiros cursos de Ed. Primaria, tales como Robótica. Oferta Non
Fortaleza A3-. Entusiasmo e boa disposición do equipo directivo e do equipo docente a asimilar novas metodoloxías baseadas nos recursos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza A5-. O profesorado ten unha formación aceptable na importancia do uso das licenzas Creative Commons para a creación de contidos dixitais con fins docentes, priorizando tamén o uso de software libre. Persoal docente Non
Fortaleza 1. Ampla experiencia do centro nos proxectos Abalar e E-dixgal, o que contribúe á adquisición de hábitos dixitais no profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza 1. Boa formación dixital do persoal de administración. Persoal non docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Excesiva burocracia, que implica unha sobrecarga de traballo para o profesorado, restando tempo á atención dixital. Administración educativa Non
Ameaza C,3-. Os recursos dixitais de moitas familias vense ameazados pola limitada conectividade do medio rural. Contorna Non
Ameaza 1. Continuos cambios na normativa. Lexislación Non
Oportunidade 1. Acceso a novos recursos proporcionados pola Administración a través da participación en proxectos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade 1. As familias continuarán progresando no acceso e manexo das novas tecnoloxías, grazas ós proxectos dixitais do centro. Contorna Non
Oportunidade 2. Continuidade da colaboración da comunidade educativa coas administracións locais. Contorna Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO, centramos o foco nalguhas debilidades que queremos transformar en fortalezas, mediante a fixación de dous obxectivos que queremos alcanzar, específicos, medibles, alcanzables, relevantes e axustados a un marco temporal. Os obxectivos están contextualizados á área de melloras de prácticas de avaliación (G), no Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Avaliar e coavaliar ao alumnado empregando ferramentas dixitais (G.5)
002PD Maximizar os recursos dixitais dos que dispoñemos para a avaliación (G.1)

Seguimento

Procedemento

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que nos marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das accións levadas a cabo. Para levar a cabo a avaliación trimestral, teremos en conta os seguintes instrumentos e ferramentas:
Avaliación procesual:
o Comprobaremos trimestralmente se as accións para a consecución de cada obxectivo se axustan ás datas previstas de finalización, así como se os indicadores para medir o grao de cumprimento dos obxectivos se van conseguindo.

1º Trimestre

Acción 1 (Formación e sensibilización do alumnado, en titorías) do obxectivo 001PD (Avaliar e coavaliar ao alumnado empregando ferramentas dixitais (G.5)):

- Realizada no mes de outubro de 2022. O grupo de traballo do "Plan Dixital do Centro" elaborou pautas conxuntamente cos titores de ESO, e 4º, 5º e 6º de Primaria para a sensibilización do alumnado e debate en titorías sobre a coavaliación, autoavaliación, rúbricas, etc., que posteriormente se levaron a cabo nas aulas, por parte dos titores.
 

Acción 1 (Formación do profesorado, mediante grupo de traballo o centro, e/ou formación externa) do obxectivo 2 (Maximizar os recursos dixitais dos que dispoñemos para a avaliación (G.1)):

- Realizada ó longo do primeiro trimestre. No grupo de traballo do "Plan Dixital do Centro" tivéronse sesións para configurar e realizar a actividade de obradoiro para a autoavaliación e coavaliación do alumnado, así como outras actividades como tarefas, todas elas empregando a rúbrica como medio de cualificación.

2º Trimestre

Obxectivo 1:

Acción 1.2 e 1.3 Durante o trimestre parte do profesorado utilizou algunhas rúbricas para a avaliación, coavaliación e autoavaliación do alumnado. Aparte, creuso un curso na aula virtual, onde o profesorado pode ir subindo estas rúbricas. Esta acción continuarase durante o terceiro trimestre.

Obxectivo 2:

Acción 2.2 (Creación para todo o profesorado dun banco de recursos dixitais na aula virtual, tales como rúbricas utilizables para a avaliación) do obxectivo 002PD (Maximizar os recursos dixitais dos que dispoñemos para a avaliación (G.1): Esta acción comezouse no segundo trimestre, quedando pendente o seu remate para o terceiro trimestre.

Continuose co grupo de traballo do "Plan Dixital do Centro".Realizáronse prácticas de actividades de obradoiro para a autoavaliación e coavaliación do alumnado, así como outras actividades como tarefas, todas elas empregando a rúbrica como medio de cualificación.

3º Trimestre

Obxectivo 1:

Acción 1.2 e 1.3 Durante o terceiro trimestre parte do profesorado utilizou algunhas rúbricas para a avaliación, coavaliación e autoavaliación do alumnado. O curso da aula virtual foise incrementando coas rúbricas creadas polo profesorado, porén non se conseguiu alcanzar o 60% previsto en ESO e o 30% en Primaria, co que se seguirá a desenvolver no vindeiro curso escolar.

Obxectivo 2:

Acción 2.2 (Creación para todo o profesorado dun banco de recursos dixitais na aula virtual, tales como rúbricas utilizables para a avaliación) do obxectivo 002PD (Maximizar os recursos dixitais dos que dispoñemos para a avaliación (G.1): Esta acción continuose ao longo do terceiro trimestre, conseguindo unha maior implementación en ESO que en Primaria.

Continuose co grupo de traballo do "Plan Dixital do Centro". Realizáronse prácticas de actividades de obradoiro para a autoavaliación e coavaliación do alumnado, así como outras actividades como tarefas, todas elas empregando a rúbrica como medio de cualificación, conseguindo incrementar o valor do que se partía (5% do profesorado) ,aínda que non se conseguiu chegar ao 30% do profesorado, polo que se continuará co desenvolvemento desta acción no vindeiro curso escolar.

Outras accións:

Recepción e instalación de 7 paneis dixitais interactivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Avaliación final:
o Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
o A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.
o A avaliación da Competencia Dixital do alumnado a través de SELFIE, preferiblemente a final do curso.

Valoración xeral

Consideramos que a implementación do Plan Dixital no noso centro foi positiva, xa que implicou que parte do profesorado se implicara na consecución dos obxectivos propostos, redundando no beneficio do alumnado.

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, plantexamos unha continuidade dos dous obxectivos propostos, xa que a súa consecución foi parcial e ademais considerámolos de interese para seguir traballando, ampliando a porcentaxe de profesorado que empregue recursos dixitais para a avaliación e de alumnado que use ferramentas dixitais para autoavaliación e coavaliación.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado polo Consello Escolar, oído o Claustro, o Plan Dixital de Centro será exposto nos taboeiros do centro, publicado na páxina web, así como enviado ás familias mediante comunicación en AbalarMóbil.

Ligazón ó Plan Dixital