Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.  Datos básicos do centro

•        Tipo de centro: Público                                           

•        Denominación oficial: CEIP Fondo Nois

•        Código do centro: 27004519

•        Provincia: Lugo                                                

•       Enderezo: Rúa Nois, 2 (Fondo de Nois)

•       Código Postal: 27893

•        Teléfono: 982870331

•       NIF: Q77Q55088G

•        Dirección de correo electrónico: ceip.fondo.nois@edu.xunta.gal

•        Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfondonois/

•        Equipo Directivo:

- Director: Xoán Bieito García Lorenzo.

- Xefa de estudos: Juana Fernández Balseiro.

- Secretaría: Sofía Fernández Naray.

•        A plantilla do Colexio é a seguinte:

- Profesores de E.lnfantil: Xoán Bieito García Lorenzo, Sofía Fernández Naray, Cristina Lago Díaz e José Francisco Moreda Núñez.

- Profesores de E. Primaria: M.ª de Gracia Quiroga Labrada, Juana Fernández Balseiro, M.ª Isabel Mosquera Muíña, Roberto Fernández Rodríguez e Carla Castro Veiga (substituta).

- Especialista en P. T.: Isabel Fernández Jonte.

- Especialista en Inglés: Ana Isabel Muíña Álvarez.

- Especialista de A.L.(compartida): Eva Moirón Currás e M.ª Dolores López González.

- Especialista en Ed. Musical: Mario Arranz Carreño.

- Especialista en Ed.Física: M.ª Carmen Vega Díaz.

- Orientadora (compartida): Graciela Beatriz Dukart Aranzadi.

- Profesor de  Relixión (compartida): Francisco Gavín Rodríguez.

 

Actualmente o centro conta con 128 alumnos e alumnas. De entre eles, hai 34 en Educación Infantil e 94 en Educación Primaria.

1.2.  Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O CEIP Fondo Nois está ubicado na parroquia de Cangas, que pertence ao Concello de Foz.

Situado na costa norte da provincia de Lugo, o concello de Foz é un municipio turístico pertencente á comarca da Mariña que conta cunha poboación de arredor de 10.000 habitantes. Accédese a el a través de diferentes estradas, principalmente a autovía A-8 e a estrada nacional N-642.

O CEIP Fondo Nois está a escasos 100 metros da estrada nacional N-642 e a aproximadamente a 5 kms do núcleo urbano de Foz. En suma, pola súa localización mesmo atópase máis próximo ó núcleo do concello veciño, Burela, estando a menos de 2 kms del.

Concorren a este centro nenos/as da propia parroquia de Cangas, de outras parroquias do concello coma Cordido ou mesmo Foz e, incluso do citado concello veciño de Burela.

O nivel socio-económico das familias é na súa marioría medio. Un ou ambos proxenitores traballan e aínda que na súa maioría traballan no sector terciario (comercio, turismo, ocio, educación,...) tamén hai pais que traballan no sector primario por mor da pesca, e/ou agricultura e gandería e mesmo no sector secundario mediante a industria.

Polo tanto, a maioría das familias contan cun nivel socio-económico medio, sendo en algúns casos máis baixo e noutros máis alto.

As familias participan nas actividades organizadas polo centro e a relación cos mestres e mestras é en xeral boa.

No centro existe a asociación de nais e pais ANPA. A ANPA dispón dun espazo nas escolas vellas para reunións e para organizar actividades, e leva a cabo diferentes actividades extraescolares en horario de tarde.

Respecto á lingua familiar predominante, existe alumnado galegofalante orixinario de familias galegas e dentro do alumnado de orixe non galego ou mesmo estranxeiro o idioma predominante é o castelán. Aínda que en xeral o alumnado emprega ámbalas dúas linguas de forma natural, tamén pódese observar un pequeno retroceso no emprego do galego entre o alumnado. Suceso, que por outra banda, é común na comarca.

A contribución do Plan Dixital ó Proxecto Educativo de Centro vai supoñer para o vindeiro curso e os seguintes unha renovavión e unha actualización de mesmo en tanto á súa vertente dixital. Seguramente haxa que reformular e/ou modificar o propio Proxecto Educativo de centro por mor da súa actualización. Ó mesmo tempo, o Plan Dixital recolle as ideas básicas para ir desenvolvendo esta dixitalización.

A contribución do Plan Dixital para a Programación Xeral Anual ha de conter os obxectivos porpostos no apartado de obxectivos: A implantación de E-Dixgal en 5º de Primaria, a renovación de equipos dixitais no centro, o inicio da creación dunha mediateca e a creación dalgún material TIC por parte do profesorado.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Consultar "Autoavaliación SELFIE e Test CDD" en Anexos.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - PR AL. Condicionado pola nivel socioecómico das familas, algunhas non teñen acceso ós equipoes e/ou medios dixitais necesarios. Alumnado Non
Debilidade PR. O profesorado de algúns cursos e/ou áreas colabora con outras organizacións externas con respecto ás TIC. Familias Si
Debilidade PR, AL. Existe unha biblioteca en liña pero con escasez de materiais de ensino aprendizaxe. Familias Si
Debilidade - PR. A aula virtual atópase infrautilizada no noso centro. Infraestruturas Si
Debilidade - PR, AL. O profesorado do noso centro non emprega a aula virutal como ferramenta de avaliación. Infraestruturas Si
Debilidade ED, PR. No noso centro existe un proxecto ITC adaptado ó colexio pero non se está desenvolvemento. Oferta Si
Debilidade PR. A aula virtual atópase infrautilizada no noso centro. Organización de centro Si
Debilidade PR, AL. O profesorado do noso centro non emprega a aula virutal como ferramenta de avaliación. Organización de centro Si
Debilidade - PR, ED. A falta de formación por parte do profesorado imposibilita un debate sobre as ventaxas e desventaxas de estratexias dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - ED. Parte do profesorado non ten formación suficiente en TICs. - Persoal docente Si
Debilidade - ED, PR. O Profesorado non conta con disponibilidade horaria para a creación ed actividades dixitais. Persoal docente Si
Debilidade -ED, PR. O alumnado, polo de agora, non pode levar á casa os equipos informáticos propiedade do centro agás os destinados para tal fin (7). Persoal non docente Non
Debilidade - AL. O alumnado que presenta NEAEs non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Persoal non docente Non
Debilidade - AL. Non se empregan ferramentas dixitais de traballo en grupo. Persoal non docente Non
Debilidade - PR, AL. O alumnado traballa esporadicamente con material TIC. Non como ferramenta habitual. De ahí á falta de retroalimentación e reflexión. Persoal non docente Non
Debilidade ED, PR. O alumnado, polo de agora, non pode levar á casa os equipos informáticos propiedade do centro agás os destinados para tal fin (7). Persoal non docente Si
Debilidade AL. O alumnado que presenta NEAEs non ten acceso a tecnoloxías asistenciais. Persoal non docente Si
Debilidade AL. Non se empregan ferramentas dixitais de traballo en grupo. Persoal non docente Non
Debilidade PR, AL. O alumnado traballa esporadicamente con material TIC. Non como ferramenta habitual. De ahí á falta de retroalimentación e reflexión. Persoal non docente Non
Fortaleza -PR, AL. O centro conta con 7 equipos dixitais de préstamo. Alumnado Si
Fortaleza PR, AL. Existe unha biblioteca en liña. Familias Si
Fortaleza PR, AL. Hai previsión de realizar unha inversión importante en ebooks e equipos de imaxe e son. Familias Si
Fortaleza ED, PR, AL. O noso centro emprega as TIC como ferramenta motivadora e creativa e ademais como medio de reforzo, de ampliación e de atención á diversidade. Familias Si
Fortaleza -ED, PR. No noso centro contamos con material e dispositivos TIC. Infraestruturas Si
Fortaleza . - ED, PR. No noso centro contamos con diversos puntos de acceso á rede wifi e con portátiles a disposición dos nenos que o precisen. Infraestruturas Si
Fortaleza - PR. Contamos cunha aula de informática e portátil, canón, proxector e unha tablet en todas as aulas. Ademais, hai algunha aulas que traballan con SNAPPET. Infraestruturas Si
Fortaleza ED, PR. O noso centro cumpre coa lexislación vixente relativa á LEI de Protección de datos. Oferta Non
Fortaleza PR. O centro emprega software libre. Oferta Si
Fortaleza ED, PR. No noso centro contamos con material e dispositivos TIC. Organización de centro Si
Fortaleza ED, PR. No noso centro contamos con diversos puntos de acceso á rede wifi e con portátiles a disposición dos nenos que o precisen. Organización de centro Si
Fortaleza PR. Contamos cunha aula de informática e portátil, canón, proxector e unha tablet en todas as aulas. Ademais, hai algunha aulas que traballan con SNAPPET. Organización de centro Si
Fortaleza - ED, PR. O profesorado respecta a legalidade con respecto ós dereitos de imaxe e son. Persoal docente Si
Fortaleza - ED, PR. O profesorado conta cunha boa disposición para traballar e formarse en TIC. Persoal docente Si
Fortaleza -PR. O profesorado busca con interese materiais dixitais para levar á aula. Persoal docente Si
Fortaleza - PR. Os mestres empregan outros medios para poñerse en contacto coas familias. Persoal docente Non
Fortaleza - PR, AL. Na aula de informática contamos con equipos suficientes para abastecer cun ordenador para cada neno. Persoal non docente Si
Fortaleza - ED, PR e AL. O alumnado traballa de xeito seguro, crítico e responsable na rede informática, tamén supervisada e correxida polo profesorado. Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza ED, PR. Ás veces hai que esperar moito tempo para recibir a axuda necesaria con respecto a solucionar problemas con TIC e/ou internet de forma presencial. Outras Non
Oportunidade ED, PR, AL. O noso centro neste momento non conta co proxecto E- Dixgal. Non obstante, preténdese implementalo para o próximo curso. O que posibilitará unha mellor valoración dixital do centro e das aulas. Administración educativa Si
Oportunidade ED, PR. O noso centro cumpre coa lexislación vixente relativa á LEI de Protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade ED, PR. A UAC está sempre dispoñible para a axuda que sexa necesaria. Outras Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

1.1.  Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

O centro ten unha rede wifi que ten unha conectividade boa, aínda que non todos os equipos se conectan a él facilmente. Infraestruturas de voz e de datos (conexións cableadas e sen fíos). En suma, hai un ordenador para cada aula ademáis dun canón, dunha pantalla dixital e dunha tablet. Tamén hai unha sala de ordenadores con 20 ordenadores dispoñibles para traballar. Para o profesorado, existen 3 ordenadores na sala de mestres dous dos cales non funcionan axeitadamente debido a que son un pouco vellos e non soportan actualización dos sistemas operativos, un non funciona e outro funciona mal. Cada membro do equipo directivo ten un ordenador propio no seu despacho.

No tocante a servicios dixitais, o centro emprega servizos dixitais postos en marcha dende a Consellería para a comunicación cos pais/nais: espazo Abalar, Abalarmóbil, etc. Pero tamén se empregan outras plataformas como Gmail. Como ferramentas educativas, o centro consta dun aula virtual e unha páxina web do centro onde se reflicten traballos  feitos de diversa índole. Tamén se empregas diversas páxinas web para a pescuda e/ou creación de contidos.

A xestión do mantemento do equipamento do centro corre a cargo do equipo TIC e da UAC de ser necesario.

Hai un proxecto TIC.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Elaborar unha mediateca que conte con material TIC.
002PD Mellorar o equipamento da sala de mestres e as pizarras dixitais das aulas.
003PD Fomentar que cada mestre elabore un material TIC para o centro.
004PD Implantar o programa E-Dixgal no centro.

Seguimento

Procedemento

Para a avaliación do Plan Dixital temos a orientación das datas escritas nas táboas do Plan de Acción.  Sen embargo, esta avaliación terá lugar en dous momentos:

·     Unha avaliación procesual que se dará ó final de cada trimestre, e no que se valorarán os estados de execución das acción, unha análise e valoración dos resultados obtidos no momento, e, de ser o caso, posibles modificación.

1º Trimestre

- Implantouse Edixgal en 5º de Educación Primaria.

- Algúns docentes reciben formación Edixgal.

 

2º Trimestre

- Comézase un PFPP para a creación de recursos e materiais a través de ferramentas dixitais.

- Créase un blogue co fin de que sirva de banco de recursos para o profesorado do centro. Nel iranse subindo materiais e recursos de elaboración propia así como outros recursos educativos atopados pola rede e que poidan servir de axuda.

3º Trimestre

- Agás as aulas de 5º (aula edixgal) e 6º, o resto contan xa con un panel dixital mellorando así os soportes informáticos e dixitais das nosas aulas.

- A coordinadora do Plan Dixital facilítalle ao resto de docentes o enlace a un curso sobre paneis dixitais para poder comezar a empregalos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación co grao de consecución de obxectivos nos seguintes contextos:

No contexto da avaliación procesual, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao trimestre, facendo xuntanzas do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e levantando actas de ditas reunións, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Analizarase se os obxectivos e as accións do Plan Dixital se están a acadar ou non.

No contexto da avaliación final mediante os correspondentes instrumentos, a frecuencia da súa realización, que será como mínimo unha vez ao ano, e os aspectos a valorar, que serán, como mínimo, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

No presente curso levamos a cabo diferentes accións a través dos obxectivos e das accións diseñadas neste Plan Dixital. O profesorado implicouse na medida xusta para acadar, alomenos, o 50% dos obxectivos deseñados no Plan de Acción. Consideramos que é necesaria unha maior implicación de todo o profesorado de cara á execución do plan completo así como de seguir avanzando na dixitalización do centro e aumentando as competencias dixitais tanto do profesorado como do alumnado. 

Proposta de mellora

De cara ao vindeiro curso, a expectativa de mellora a nivel competencial e de dixitalización é alta e gustaríanos que aumentara a participación de todo o profesorado e tamén a súa involucración en todo ao que o Plan Dixital se refire. 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do Plan Dixital cómpre ter un contacto fluído coas familias e a contorna do centro. Non obstante, e dadas as melloras que poden supoñer as implantacións dos obxectivos deste Plan Dixital no futuro do centro, estase xa a traballar en estratexias de publicidade que axuden á súa difusión, por exemplo, a web do centro.