Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1    Introdución

1.1    Datos básicos do centro.

  • Tipo de centro: Concertado
  • Denominación oficial: CPR PLURILINGÜE MARTÍNEZ OTERO
  • Código do centro: 27004453
  • Provincia: Lugo
  • Enderezo: Paco Maañón, 12
  • Código Postal: 27780
  • Teléfono: 983 140 028
  • CIF: G27007053
  • Dirección de correo electrónico: cpr.martinez.otero@edu.xunta.gal
  • Páxina Web: www.martinezotero.es

O centro conta na actualidade con aproximadamente 300 alumnos/as (entre infantil, primaria e ESO), 23 profesores/as e 9 persoas pertencentes ao P.A.S (atenden administración, cociña e comedor, transporte, auxiliar de conversa, mantemento e servizo de madrugadores). O servizo de limpeza está contratado cunha empresa externa.

1.2    Contextualización do plan dixital no centro. Contribución do PD ao Proxecto Educativo do Centro.
1.2.1    Características do centro

Situado en R/Paco Maañón nº 12, 27780 Foz , Lugo. Tlfno. 982140028, Fax 982140426, cpr.martinez.otero@edu.xunta.gal, www.martinezotero.es 
Centro privado concertado, a súa entidade titular é a Fundación Benéfico – Docente “Martínez Otero”, declarada de Interese Galego (Rex. 1925/2, nº 107 na sección da Consellería de Educación). Impártese 2º ciclo de educación infantil, educación primaria e ESO nunha única liña.
Foz (aprox. 10.000 habitantes), xunto cos concellos de Ribadeo, Barreiros, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, Vicedo, Trabada, A Pontenova, Lourenzá, Mondoñedo, Alfoz, O Valadouro e Ourol, conforman a comarca da Mariña Lucense, que ten unha superficie de máis de 1.600 km2, cunha poboación preto dos 80.000 habitantes.
O Colexio recibe alumnado fundamentalmente de Foz, pero temos tamén alumnos/as procedentes de Barreiros, Burela, Cervo, Xove, Lourenzá, Alfoz e O Valadouro.


1.2.2    Características do alumnado
Atopámonos nun contexto de equilibrio entre as dúas linguas vehiculares, galego e castelán, sen detectarmos conflito entre os seus falantes.
Recibimos principalmente alumnado de países de fala hispana, fundamentalmente Latinoamérica (Perú, Uruguai, Arxentina, Colombia, Cuba), pero tamén doutros países con idiomas diferente aos nosos: Caboverde, Romanía, Bulgaria, Marrocos, China e Senegal; aínda que a maioría do alumnado xa coñece algo dalgún dos idiomas vehiculares.
Non detectamos grandes problemas de abandono escolar, ou temas relacionados coa convivencia no centro; cando se detectan, atállanse con diálogo entre as partes e/ou coas familias, recaendo a responsabilidade fundamentalmente nas titorías, orientación e/ou xefatura de estudos.
O plan dixital reforzará o proceso de implantación das TIC iniciado o pasado curso coa posta en marcha no centro de G Suite para centros educativos. Este conxunto de ferramentas de produtividade de Google destinadas á ensinanza permítelle ao alumnado utilizar as súas contas para completar tarefas, comunicarse cos seus profesores, e aprender destrezas propias da cidadanía dixital do século XXI.
En anos vindeiros buscarase impulsar a evolución e adaptación ás contornas dixitais, tanto nas comunicacións internas e externas con todos os membros da comunidade educativa, como nos proxectos de formación permanente no centro destinados á creación de materiais didácticos e de avaliación.
 

1.3    Breve xustificación do mesmo.
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
Ademais na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021/2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021/2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
Posteriormente e co fin de promover e garantir o desenvolvemento dun marco de acción que permita acordar e coordinar diversos aspectos que afectan ao uso das tecnoloxías na educación, desde aqueles relacionados con cuestións organizativas, ata outros máis pedagóxicos e propios dos procesos de ensino e aprendizaxe, foi publicada a resolución do pola que se ditan instrucións setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022 e que regula este documento.
Para a elaboración do Plan Dixital teranse en conta os principios:
a)    A resposta á realidade social resultante do uso xeneralizado das tecnoloxías de comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá.
b)    O enfoque cara unha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medio ambiente.
c)    A transformación dixital que inclúa unha visión da competencia dixital máis moderna e ampla, acorde coas recomendacións europeas relativas ás competencias clave para a aprendizaxe permanente.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Durante o primeiro trimestre do curso 2021/2022, o centro realizou a análise de situación mediante a ferramenta de autoavaliación SELFIE e o test CDD, para así iniciar a fase de diagnose e o deseño e elaboración do Plan Dixital.
Realizamos o DAFO do centro a finais do segundo trimestre e o Plan de Acción ao comezo do terceiro trimestre, obtendo os obxectivos que marcarán o noso Plan Dixital. No último trimestre do curso 2021/2022, o Plan Dixital será aprobado polo consello escolar, unha vez oído o Claustro.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Non coñece as vantaxes que proporciona o software libre ou de código aberto. Alumnado Non
Debilidade A maior parte do alumnado, non aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade Non se utilizan as novas tecnoloxías para traballos en grupo. Alumnado Non
Debilidade Non se dedica tempo fóra do centro con fins de aprendizaxe (só para ocio). Alumnado Non
Debilidade Non aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Unha pequena porcentaxe do alumnado segue a ter falta de recursos tecnolóxicos axeitados para realizar as tarefas escolares. Alumnado Non
Debilidade Hai familias que non dispoñen de medios ou non teñen os coñecementos axeitados para o correcto uso do correo electrónico ou abalar. Familias Si
Debilidade Conexión a internet deficitaria en moitas partes do centro. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de dotación de equipamentos informáticos modernos e actualizados para todo o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade A infraestrutura ou os espazos físicos do centro non facilitan a implantación e o ensino mediante tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade Non se dispón de repositorios ou bibliotecas en liña que conteñan materiais de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Non
Debilidade Algúns equipos están obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade O Equipo Directivo descoñece a normativa para a adquisición de equipamento informático nos centros educativos. Infraestruturas Non
Debilidade A resolución de incidencias depende dunha empresa externa e o coordinador TIC non dispón de horas suficientes. Infraestruturas Non
Debilidade Non se conta cun plan para identificar as dificultades ou desafíos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Non
Debilidade O desenvolvemento profesional continuo non se corresponde coas necesidades reais do profesorado e coas demandas das leis educativas. Oferta Non
Debilidade Falta de tempo para a correcta formación. Oferta Non
Debilidade Non se permite o uso de equipos informáticos propiedade das familias. Organización de centro Non
Debilidade Non se conta cunha estratexia dixital definida. Organización de centro Non
Debilidade Carécese dun plan de formación actualizado e eficiente. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non ten nin o tempo nin os coñecementos para explorar novos métodos e/ou crear recursos dixitais para reforzar ou complementar o seu método de ensino aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade Atópanse dificultades para encaixar as novas tecnoloxías nos currículos. Persoal docente Non
Debilidade Só unha parte do profesorado está implicado e en constante formación a nivel individual. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Debilidade Só unha parte do profesorado se considera seguro á hora de empregar a tecnoloxía á hora de preparar as sesións, impartilas e comunicarse co alumnado e familias. Persoal docente Non
Debilidade Non se avalían os progresos en materia de ensino e aprendizaxe con novas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Coñece e sabe usar a contorna virtual do centro. Alumnado Non
Fortaleza Aprende a actuar de maneira segura e responsable en internet e a comprobar se a información que atopa nas redes é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza Aprende a comunicarse utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Presenta unha boa predisposición ante a incorporación da tecnoloxía no proceso de ensino aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza As familias presentan unha boa predisposición ante o uso das novas tecnoloxías. Familias Si
Fortaleza Consideran que a comunicación co centro por medios dixitais é efectiva. Familias Si
Fortaleza Existe equipamento para que o profesorado utilice na súa práctica docente e pantallas dixitais na maioría das aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai dispositivos dixitais portátiles propiedade do centro que o alumnado pode utilizar cando os precise, no centro ou na casa. Infraestruturas Non
Fortaleza O software instalado nos equipos funciona correctamente. Infraestruturas Non
Fortaleza A oferta formativa por parte do centro cubre as necesidades básicas de formación. Oferta Non
Fortaleza O desenvolvemento profesional en liña é o medio máis ofertado e demandado polo profesorado. Oferta Non
Fortaleza Cóntase cunha boa predisposición á hora de desenvolver unha estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Fortaleza Séguese unha política de protección de datos actualizada e rigorosa. Organización de centro Non
Fortaleza Poténciase o uso de software libre e código aberto. Organización de centro Non
Fortaleza Poténciase o uso de novas tecnoloxías para a actualización da práctica docente. Organización de centro Non
Fortaleza Apoiase ao profesorado para que explore novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Utilización de abalar e correo electrónico para a comunicación coas familias. Organización de centro Si
Fortaleza Existen espazos en liña para compartir información entre todo o claustro. Organización de centro Non
Fortaleza Búscanse e úsanse de recursos educativos dixitais en internet debido á calidade, facilidade de adaptación, ... Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse recursos abertos e libres. Persoal docente Non
Fortaleza Boa predisposición para a actualización da práctica docente e a innovación educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Respéctanse os dereitos de autor a as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino e aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Realízanse actividades de aprendizaxe dixitais que motivan e fomentan a creatividade do alumnado. Persoal docente Si
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non existe certificación en competencias dixitais. Administración educativa Non
Ameaza As modalidades de formación ofertadas pola administración educativa non se axustan ás necesidades reais do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Falta de oferta para centros concertados de programas promovidos pola administración educativa. Administración educativa Non
Ameaza Achegas económicas insuficientes por parte da administración. Administración educativa Non
Ameaza Falta de recursos persoais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de apoio para implantar o uso dunha aula virtual no centro. Administración educativa Non
Ameaza Non existe ANPA. ANPA Non
Ameaza As empresas coas que se colabora non contribúen ao desenvolvemento dixital do centro. Contorna Non
Ameaza Escasa oferta de proxectos externos con viabilidade. Contorna Non
Ameaza Oferta de actividades formativas é escasa. Contorna Non
Ameaza As condicións de participación nas actividades de formación dificultan a súa asistencia e aproveitamento. Contorna Non
Ameaza É necesaria unha regulación para poder dedicar á tecnoloxía o tempo necesario para un uso proveitoso da mesma de acordo á normativa vixente. Lexislación Non
Oportunidade Boa predisposición para traballar e colaborar con outras entidades. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Promover a comunicación entre os titores e as familias mediante o uso da ferramenta AbalarPro (A2 - desenvolvemento da estratexia co profesorado)
O2PD Actualizar os dispositivos dixitais da aula de informática (C8 - dispositivos dixitais para o alumnado)
O3PD Actualizar os dispositivos dixitais da biblioteca (C8 - dispositivos dixitais para o alumnado)
O4PD Estender a infraestrutura de datos sen fíos a todo o centro (C1 - infraestrutura)
O5PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado do terceiro ciclo de EP para analizar a fiabilidade da información (H5 - verificar a calidade da información)

Seguimento

Procedemento

Cada unha das propostas do plan de acción deste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se os obxectivos propostos foron acadados e se é necesario realizar variacións no deseño destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Coa análise destes indicadores, farase o seguimento e as propostas de mellora para cursos vindeiros.
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Accións levadas a cabo no 1ºtrimestre:

  • Asignación ao equipo TIC da tarefa da formación e da mentorización sobre a aplicación AbalarPro do O1PD.
  • Determinación das necesidades de cada equipo da aula de informática do O2PD.
  • Determinación das necesidades de cada equipo da biblioteca do O3PD.
  • Convocatoria a reunión do profesorado do equipo TIC para avaliar as necesidades de conectividade sen fíos do centro do O4PD.
  • Creación de grupos de traballo na aula (3ºciclo de primaria) para analizar a información do O5PD.
2º Trimestre

Accións levadas a cabo no 2ºtrimestre:

  • Reunión do equipo TIC e o administrador do centro para a establecer os criterios para a actualización ou renovación dos equipos do O2PD.
  • Reunión do equipo TIC e o administrador do centro para a establecer os criterios para a actualización ou renovación dos equipos do O3PD.
  • Reunión do equipo TIC e o administrador do centro para a selección das áreas nas que se fará a mellora do O4PD.
  • Elaboración dunha rúbrica que se utilizará para analizar a información do O5PD.
3º Trimestre

Accións levadas a cabo no 3ºtrimestre:

  • Elaboración de dous retos con información de diferentes sitios web para valorar a súa veracidade por parte do alumnado coa rúbrica xerada do O5PD.
  • Solicitude da subvención pública para centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo dunha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
  • Os obxectivos O1PD, O2PD, O3PD E O4PD tan só se lograron cumplir parcialmente debido fundamentalmente á falta de dotación económica e/ou recursos humanos para levalos a cabo.
  • O obxectivo O5PD cumpriuse en tempo e forma resultando unha iniciativa moi beneficiosa para o alumando do 3º ciclo.
Proposta de mellora
  • Retomar os obxectivos O1PD, O2PD, O3PD E O4PD cara o vindeiro curso e tratar de buscar a financiación económica para levalos a cabo.
  • Ampliar o O5PD ao 2º ciclo da educación primaria e seguilo mantendo no 3º ciclo.
  • No caso de resolverse favorablemente a subvención para a dotación de aulas dixitais, levar a cabo cantas medidas sexan necesarias para o seu cumprimento.
  • Seguir solicitando en futuras convocatorias a subvención pública para centros privados sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para a dotación de aulas dixitais, financiadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dentro da estratexia para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa, no momento da súa entrada en vigor, unha vez aprobado polo Consello Escolar e oído en claustro, informarase á comunidade educativa a través da aplicación abalarMóbil e/ou do correo electrónico e gardarase así mesmo unha copia por escrito na secretaría do centro que quedará á disposición de calquera membro da comunidade educativa.