Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Concello de Folgoso do Courel, no que se sitúa o centro, comprende diversas localidades de baixa poboación, en xeral afastadas entre sí e con comunicacións por estrada deficientes, tanto no interior do propio concello como en relación ós concellos limítrofes. O alumnado que acude ó centro faino no transporte escolar e utiliza o comedor escolar cada día. Neste contexto rural e de poboación tan dispersa, as relacións dentro da comunidade educativa son comparativamente difíciles con respecto ó que ocorre en medios urbanos ou núcleos máis densos, facendo moi importante contar dende o centro con infraestruturas que apoien dende o eido educativo a cohesión desta comunidade e o seu acceso á realidade tecnolóxica actual. O Plan Dixital que se presenta aquí apoia as liñas de acción do Proxecto Educativo de Centro, buscando favorecer, mediante a dixitalización dos entornos e unha maior presenza dos medios tecnolóxicos nas interrelacións entre a comunidade, toda a actividade desenvolvida e difundida dende o eixo central que constitúe o centro educativo. A adopción das novas tecnoloxías non é nova no Centro, que participa xa de numerosos programas tecnolóxicos e traballa en proxectos nos que estas son ferramenta esencial e, á vez, produto; Fálase de EDIXGAL, DigiCraft, ou o Clube de Ciencias, como tamén da participación en competicións e proxectos de alta compoñente tecnolóxica como CANSAT ou SERVET. Cómpre destacar novamente que a importancia das tecnoloxías dixitais se revela se cabe aínda máis importante neste medio rural e relativamente illado, non só polos aspectos antes comentados das propias comunicación e interrelación locais, senón por te-la capacidade, a través do traballo realizado no centro, de difundir e poñer en contacto á poboación do concello con ferramentas e procesos que forman parte do mundo tecnolóxico actual e que teñen un grande potencial para mellora-la vida e as condicións desta, contribuíndo de maneira efectiva ó progreso de toda a sociedade.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os datos foron extraídos do SELFIE.

Interno
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade "Dificultade de asistencia técnica (HW) Equipamento non estandarizado (SW) Equipos de aula precisan renovación Conexión precaria" Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe Infraestruturas Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Alta provisionalidade (afecta negativamente ó desenvolvemento de proxectos, falta tempo de preparación e desenvolvemento, imposible incorporar/manter docentes provisionais) Currículo excesivo e tempo limitado Depende do voluntarismo Administración educativa Non
Oportunidade A alta provisionalidade favorece a renovación Administración educativa Non
2 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do DAFO elabórase o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Revisar, actualizar e aumentar os dispositivos dixitais do centro. (Item C1*)
O02PD Promover o uso da Aula Virtual por parte do alumnado e o profesorado (Item E3*)
O03PD Manter unha comunicación fluída entre a comunidade educativa: Plataforma Abalar (Item E4*)
O04PD Promover os Polos creativos

Seguimento

Procedemento

Farase un seguimento trimestral do Plan de Acción.

1º Trimestre

No primeiro trimestre levouse a cabo unha revisión e difusión do Plan Dixital (PD)

Deseguido, amósase a revisión dos obxectivos do PD:

  • Obxetivo 1, (Revisar, actualizar e aumentar os dispositivos dixitais do centro) Revisados todos os equipos de aula (portátiles, pizarras, pantallas...) e clonados coa Maqueta Abalar, os que non puideron ser clonados co swtich instalada a Maqueta Abalar Libre. Aulas Edixgal (1º, 2º, 3º Eso OK) Renovouse un equipo (portátil de aula F de 1º da Eso), pendente 2 necesidades renovacións. Incidencias abertas pendentes de resolución. Visita técnico Edixgal, UAC e empresa Redes (Lugo) Pendente a dispoñibilidade da plataforma de inventario para o secretario.
  • Obxectivo 2 (Promover o uso da Aula Virtual por parte do alumnado e o profesorado) Creados os cursos con contidos para o profesorado que o precisa. Un 67% do profesorado utilizou a plataforma Edixgal ou a AV (non se ve útil a AV para infantil nin para primaria) Pendente a creación de actividades. Previsto para febreiro a realización dun curso sobre Edixgal no centro para varios docentes participantes.
  • Obxectivo 3 (Manter unha comunicación fluída entre a comunidade educativa: Plataforma Abalar) Informouse do uso desta plataforma á comunidade educativa, axudouse a implantar nos móviles das persoas titoras, proxenitoras do alumnado e mantense unha comunicación fluída e periódica a través desta canle e empregala como único medio para transmitir informacións (mensaxes, citas e informes de titoría, etc.)
  • Obxectivo 4 (Promover os Polos creativos) Solicitado a través dun PFPP formación relacionada cos Polos Creativos, pendente o envío da mensaxe á comunidade educativa e o contidos da web.
2º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos agás o 1 correspondentes ao 2º trimestre

 

3º Trimestre

Acadáronse todos os obxectivos agás o 1 correspondentes ao 3º trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Procederase a o facer seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos propostos, realizando:

  • Unha avaliación do proceso, unha vez ao trimestre, valorando a realización das accións e o logro dos resultados sinalados segundo os indicadores asociados aos obxectivos, recollendo as propostas de modificación das accións e de mellora que se consideren oportunas.
  • Ao remate do curso, realizarase unha avaliación final sobre o conxunto dos obxectivos recollidos no plan de acción e recompilando as propostas finais de mellora que se consideren oportunas.
Valoración xeral

A valoración xeral é positiva porque se acadaron a maioría dos obxectivos, e os que faltan debéronse a circunstancias alleas ao centro

Proposta de mellora

Para o curso seguinte agardamos continuar co desenvolvemento da competencia dixital tanto do alumnado como do profesorado

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital porase a disposición de toda a comunidade educativa, mediante un enlace de descarga na páxina web do Centro. Ademáis estará dispoñible tamén na aula virtual.